Frío, moito frío, non podo moverme e doeme todo. Escoito o son da auga
caer polo teito e as paredes abaixo mentras choro. Axuda, preciso axuda.
Iso é o que me gustaría berrar pero non podo, estou inmobil,
aterrorizada e sigo tendo frío. Clavaseme o aire no corpo coma agullas
punzanses, coma se eu fose unha tea que atravesar. Todo esta escuro, a
miña mente non pensa con claridade e o único que se me ven a cabeza
son os capitulos de Mac Giver os cales, non me sirven de nada. O meu
sentido comun abandooume de todo e xa non penso con elocuencia. Fai
menos dunha hora non imaxinaría atoparme nesta situacion por nada do
mundo. So cavilaba na noite que me esperaria, chea de traballo e soa,
sen ninguen que me axudara. Pero agora, desexo volver a eses pensamentos
e a miña casa, preciso facelo ou pareceme que me vou volver toda.
Xa me dicia miña nai que non deberia aceptar
traballos arriesgados e menos facer reportaxes de investigacion pero eu,
nunca lle fago caso. O son de tódolos animais que hai o meu arredor
confundeme. Non sei se é que son gorilas e algun lince de contrabando
ou uns cantos raposos. Todos na mesma situacion ca eu e non nos podemos
axudar. Pensar que eu viña axudalos a escapar e denunciar os malditos
miserables que lles fan isto e agora son outro animal da coleccion pero
do que ainda non se decataron.
Removome no chan húmido e frío e atopo unha
especie de obxeto metalico. Palpoo con coidado e decatome de que é unha
navalla. Colloa coas dúas mans e a poño diante de min, no meu colo.
Non sei que facer con ela, nese intre o meu valor e nulo e non se me
ocorre nada. Espero. O son duns pasos chega os meus oidos e poñome
nerviosa, histerica, temblame todo e sego pegada a parede. Escoito como
se abre unha porta a só uns metros de min e logo mais pasos. Agarro a
navalla coas duas mans e ergome a duras penas con moito coidado de non
facer ruido. Sei que alguen esta preto de min, sinto como respira, e
parece atemorizado. Mais e mais preto sinto a sua presencia, o aire esta
revolto e movese de forma estrana. Algo rozame o pe a toda velocidade e
me provoca un escalofrío. Enton sen decatarme a miña man se desplaza
para diante e clava a navalla en algo. Un berro sordo invade a
habitacion e o corpo de algo cae o chan. Silencio os animais xa non se
moven, calados, esperan algo.
Acercome as xaulas e intento abrilas, pero eles
seguen sen producir un só son. Calados, esperan. Saben o que vai pasar
e iso asústalles. Coñecen todo debido o instinto que a min me falta.
Teñen medo pero non poden falar, sábeno. Mentras palpo o meu redor un
coitelo crávaseme na gorxa. O frío desaparece e comezo a marearme. O
corpo non me funciona e perdo o equilibrio. A vista se me nubla pero xa
non me doe nada agas a gorxa. Sinto coma se tivera nela atrancada unha
espiña de pescado. Xa non teño medo por min, asimilo o ocurrido e caio
o chan. Agora está quente, é comodo e confortable. Sintome ben e cerro
os ollos. De lonxe sinto unha risa e os berros de novo dos animais da
habitacion. Agora xa non escoito nada. Nin vexo. Teño sede e non sinto
o corpo. Algo me despraza polo espacio e me leva a algures. Escoito de
supeto unhas palabras: ¡Sila, Sila, Sila!. Collenme do brazo e
zarandeanme, os meus ollos volven ver e estou en clase, a miña titora
esta diante de min berrando o meu nome. Eu quero escusarme pero ela non
fai mais que berrar. Cando cansa de facelo vaise a sentar e atopo diante
de min un libro: Historia de una redactora. ¡ Un libro!- exclamo eu.
Todos miranme e empezan a rir. Gañeime un castigo e sentin a morte, por
un libro. ¡Incrible! |