Sede

Aultre Narai

n2aultrenaraisede.html

                    Se caes e non dis nada ninguén te vai axudar
     Se camiñas soa polas rúas é porque foxes do que queres e non podes

Luz xogando ás escondidas coas follas dos carballos

Conformismo ou suicidio?

Non é o que parece e todos se confunden
Que fácil é agochar segredos diante de todos
Ninguén se fixa no evidente
Música para desestresarte de tanta electricidade
Tensión acumulada
Silencio e palabras roubadas para poder seguir vivindo
Latexos do corazón que te delatan
Ai! Quen fose aire para estar en todas partes
Salas de cine baleiras para ti
Segredos de salitre e mel
Barcos que xamais deixarán este porto


E todo nas túas mans
Un olor
Un instante e
Nada
Lúas cheas que non traen solucións
Hai de quen te vixía polas fiestras e non cho di!!
Hai de quen morre e morre por ti e cala!!
Escuridade de cegos para sentir o corpo


Os lobos veñen a comerte e
Ti
                                                 Parva
Deixalos

A lingua caníbal esperando/rezando/suplicando
Non hai camisas de forza que me reteñan esta vez
Quero o que quero e punto
Non quero querer
Non quero pensar
Non quero ler
Non quero escribir


Quérote a ti


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega