Amizade do gato e a campá

Branca Lúa

n2brancaluaamizadedogatoeacampa.html

     Habitaba un michiño o carón dunha igrexa, entre táboas dunha casoupa abandoada. Debido que o gato o ser tan negro e a xente tan supersticiosa huían de él, nen sequera os outros michos se acercaban a él, nin os cans o perseguían simplemente estaba só entre a oscuridade e nebrura da noite.Tantas noites absorto na soidade que entablou amistade cas campás e cando repinicaban o dar as doce escoitabase o gato maullar, pasaron os anos e tódalas noites chovese ou tronara o gato facíalle o coro a doce melodía nocturnada súa amiga a campá. Unha noite o micho subeu o campanario para poder ver a súa amiga máis preto e nunca se imaxinara o que vería dende alí; tan pouco os seus pés e tanta fermosidade por enriba da súa cabeza, a beleza dos astros o engatusaran e ante o poder que tiñan aquelas grandes e fermosas estrelas relucintes sobre él, xamais puido baixar do campanario porque aquela beleza o atrapara como quen atrapa un ave nunha xaula. Pouco tempo debeu pasar até que finou o micho. Non se volveu escoitar maullar un gato na aldea, nin unha campá. Outra campá toca os poucos metros o funeral dos dous amigos.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega