Galiza en nunca xamais

Branca Lúa

n2brancaluagalizaennuncaxamais.html

Foron días de loita,¡e os que aínda non chegaron!
foron treboadas, terremotos, huracáns;
linguas cortadas que xamais amosaron
mentras os nenos resisten unidos das máns.

Un neno vello, traizoado, pequeno,
un neno que sabe voar, pero non ten ás;
demasiado pronto quitado do seno
demasiado pronto o son das súas campás.

Vai en compaña de pequenos amigos
aínda mais ananos ca él,
con fouces nas maos, unidos
nunca xamais se deixaran vencer.

Todos contra unha voz que se impón ante todas
de barba negra e bó traxe,
os pequenos escolle a espada ante a esmola
contra un garfo na mao que arranca tripaxe.

¡Cantos capitáns garfos no mundo!
¡cantos días de silencio, Peter Pan!
xiremos as velas e botemos rumbo
o país de nunca xamais.

¡Cantos amenceres tenguidos de sangue!
¡cantas noites pintadas de pranto!
¡cantas respotas errantes...!
mortes, sombras, inxusticias, ¡canto!


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega