Boume

Brives Francisco

n2brivesfranciscoboume.html

Boume afastar do mundo
do ruido, do noxo
do asfalto e de ti

Boume arranxar o reloxo
que rompiches un dia
e que xa non late coma sempre

Boume alonxar da xente; dos pais
e dos recordos por ver se no vacio atopo
unha sombra que me de acougo

Boume, e se poidera nomear as
veces que xa fixen iso...

Boume ir onda non me malsine,
onda non me alcontre.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega