Andares Galegos

Carlos Camiño Lema

n2carloscaminholemaandaresgalegos.html

..............................
Andar e andar
Até nunca parar,
Por Galiza enteira
Até nos cansar.
..............................

Da Coruña a Santiago,
De Santiago a Ferrol,
Andando e andando
Para poder ver o sol.

..............................
Andar e andar...
..............................

Ese astro de luz
Acompáñanos sempre,
Nós imos andando
Desde Ferrol a Ourense.

..............................
Andar e andar...
..............................

Xente pobre atopamos
Que nós queremos axudar,
Anden e anden contentos
Para nos poder alegrar.

..............................
Andar e andar...
..............................

A Pontevedra chegamos
Todos moi emocionados,
Uns moi ledos,
Outros moi cansados.

..............................
Andar e andar...
..............................

Voltamos á Coruña
De alí a dous días pasados,
Uns un pouco mareados,
Outros moi emocionados.

..............................
Andar e andar...
..............................

Chegamos a Arteixo,
Á terra de Murguía,
Marchamos para Lugo
Con fervor e alegría.

..............................
Andar e andar...
..............................

Voltamos á Coruña,
Pasamos por Padrón
Lembramos a Rosalía
Con grande devoción.

..............................
Andar e andar...
..............................

E así remata a nosa andaina
Duns lugares a outros,
ANDARES GALEGOS,
E que os demais sexan contos.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega