Hei de cantar

Carlos Camiño Lema

n2carloscaminholemaheidecantar.html

..........................................

Hei de cantar á beira do mar,
Á beira do río hei cantar,
Hei de cantar en galego, meniña,
A fala grande da nosa terriña.

..........................................

Hei de cantar, meniña,
Hei de cantar con devoción,
Para que algún día
Poida ter unha ilusión.

..........................................

Aos prados meniña
Tamén lles hei cantar,
Cantareilles galego
Como lle canto ao meu lar.

..........................................

O meu lar, meniña,
Onde me eu criei,
As terras labradas,
As flores que prantei.

.........................................

Hei de cantar á beira do mar,
Á beira do río hei cantar,
Hei de cantarte en galego, meniña,
aínda que teña que chorar.

.........................................

Hei de cantarlles aos montes, meniña,
Heilles cantar con gran devoción,
Hei de pasear os grandes prados,
Hei de pasealos cheo de ilusión.

.........................................

Pasea meniña, pasea meu ben,
Que ti tes unha vida que non ten ninguén,
Que non ten ninguén, que non ten ninguén,
Pasea, pasea, pasea meu ben.

........................................

Pasea con grande ledicia,
Pasea cantando galego,
Pasea, pasea meu amor,
Que che hei gardar no meu corazón.

.......................................

Hei de cantar, á beira das figueiras,
Que me dan figos, meniña, sen parar,
Eu cantareilles en galego, miña nena,
Agora dan figos, a máis non dar.

.......................................

A máis non dar, a máis non dar,
Figos e figos, nena, sen parar,
Cantando en galego, meniña,
Cantando en galego, sen descansar.

......................................

Hei de cantar á beira da fonte,
Hei de cantar co corazón,
Hei de cantar, meniña galega,
Hei de cantar con gran devoción.

.....................................

Hei de cantar con gran devoción,
Con gran devoción e co corazón,
Á beira da fonte, meniña,
Cando vexa a miña terriña.

.....................................

Canten galegos, canten galegos,
Canten a GALICIA, non o pensen máis,
Porque se o pensan dúas veces,
Nunha xamais lle cantarán.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega