Debate de fe

Charbonnier

n2charbonnierdebatedefe.html

    
¿Qué queres de min? ¿Qué agardas dos meus soños? ¿Tan necesario son para a túa existencia? Equivócaste. Só trato de que comprendas que non te preciso, que es independente, que podo vivir sen ti. No meu camiño, non hai ningunha pedra que non poidas saltar sen a túa axuda, non hai problema que non poida solucionar sen a miña colaboración, que podo conseguir a calquera rapaza sen o teu encanto, sen o meu maldito encanto, que tanto te envexo. E estou farto de que sempre me envexes. Dígoche adeus, non quero volver a verme, terei que irme, porque non me aturas máis. Non chores, no fondo sentes o mesmo. Sempre viviches do conto, sempre estiveches tralo espello. Ti e eu, eu sen ti, o mar sen aloumiños. ¿Somos incompatibles? Non. ¿Somos opostos? Non. Non é posible. Eu creeite, irmán, e creeite á miña imaxe. Non lles escoites, es así porque quixen, no te desviaches. Xa sabes que coñezo o futuro. Créeme, si non foses así, haberíasme decepcionado. ¿Qué sería de min, sen ti? ¿Pode existi-lo amargo si non hai azucre? Ou, más exacto, ¿pode alguén crer que algo está amargo, se non coñece o azucre? E, para que isto non aconteza, o azucre precisa darse a coñecer, gustarlle a alguén, que se sinta dependente del, e transmita esta dependencia ó resto da humanidade. Así son eu. Sen ti, sen o teu antagonismo, non sería "necesario". Sería algo absurdo, esquecido, sen función, sen sentido, un monicreque soterrado no caixón das lembranzas carentes de sentimento. Estamos baixo a submisión do cosmos. Quen non estea preparado para ser eu, non pode ser ti. Eu son Deus, Deus son eu, todos son ti, ti es eu, non hai ningún eu excepto a través do noso amor. Amor é todo, eu son amor, ti es amor, ti es eu, eu son ti. Eu son o Mesías, ti es eu, por lo tanto ti, Belcebú, es o Mesías. A sociedade es ti, sexamos un, deixa de existir, volve a ser eu e serás libre, convértete no Mesías. Pode que sexa día despois do serán. A natureza permanece impávida e non tes nada que temer excepto a ela mesma, remata tódolos teus problemas. Unamos as nosas forzas pola causa, fundemos unha nova orde social, comecemos un novo movemento relixioso. Fixémo-lo mundo, dirixámolo entón. Eu son ti, ti es eu, somos un ante min, ante ti, ante a nosa unión, fillo meu.

A Jan.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega