Esperanza

Charbonnier

n2charbonnieresperanza.html

Agonía
Suor, lágrimas e risas
costumes de cobras malditas
que cortexan ó sol no estupor.

Alento
Espírito libre que entra na alma
dun pobre diaño que agarda moribundo
a forza coa que deixar de loitar.

Inercia
Estatuas que observan xirar á lúa
cigarro que escoita no seu tenro flotar
nun urinario enchido de fedor.

Amor
Suicidio de poetas pola obra ideal
enxalza a morte vestida de azul
estiñe a vida ata facela asfixiar.

Loucura
Amparo de cordos ditosos de amar
silencio da auga no leito do mar
castigo do home que non soubo chegar.

Silencio
Música que á fin sona para min
mentres agardo ó que poida pasar
calando a alma no seu tenue queixar.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega