( )

Crecarey

n2crecareyparenteses.html

El largáballe cabos
de palabras entretecidas
cada vez que a ela a levaba
a marea da conversa
e a mergullaba na realidade reflectida.
Ela estiraba as mans
—tentaba—,
pero sempre remataba afogando
nas pupilas chorosas
da famenta Alicia.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega