Sen título

Crecarey

n3crecareysentitulo.html
Abafar,
avanzar enguedellada,
afogar,
rabuñar as paredes planas
desta donda e infinita cova branca
que no seu minguar todo esmaga.
Camiñar, temer,
correr, tremer,
esvarar, caer...
Erguerse.
Seguir camiño coas pernas,
as mans,
a cara,
—a alma—
mazadas.
Véreste engulida polo espello
e sufrir a arcada.
Trousar os anacos de vidro,
sentilos cravarse segundo pasan.
Apertar as pálpebras.
Tratar inutilmente de acadar as cousas nunca desexadas,
de zurcir o esgazamento do peito...

...Buscar o acobillo infinito e quente das sabas,
encrequenarse así na cama,
sempre cara adentro,
sempre coa gorxa atafegada.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega