"Non te arrepintas, non"

Dade

n2dadenontearrepintas.html

Non te arrepintas, non
de non amarme.
Non permitas que te magoe
esta pena que non é a túa.
Dóiche, véxoo.
Así demostra-lo que es,
que me sigues querendo,
inda que te manque.
Nunca deixes de enfrontarte
a min, a todo.
Así demóstralo.
Fas que siga como estou ...
eclipsada, só iso.
Deslumbrada de vez
e cada vez que ises ollos,
brillantes e tristes ó tempo,
fitan os meus
sempre cómplices.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega