Sen título

Dade

n2dadesentitulo.html

Quería que volveses,
tiña ganas de te ver,
falarmos outra vez,
de todo, de nós ...
Chegaches.
Hai demasiada xente.
Estou partida en dous,
non sabes que dicir.
Non puiden preguntar:
¿Vas marchar de novo?
¿Falaremos outra vez?
¿Volves pra quedar?
Non puideches contestar.
Crin que xa pasara ...
Crin saber esquecer ...
As canciós inda pasan,
seguen a falar de ti.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega