Anduriña do recordo

David Ferreiro Nieto

Respirei os zumes todos deses tempos dourados e escollín a memoria por ilícito presente

 

Colección de outros tempos,
añoranzas, alegrías,
transfórmanse en pensamentos,
fórxanse cada día.

Anduriña do recordo
que bates as ás da vida
ergue altos os momentos
que carrexas cada día.

Non deixes que o esquencemento
entorpeza por desidia
co seu muro de tormento
o teu percorrido aínda.

Voa alto e garda os folgos
que che quedan desos días,
cando xuntes os fragmentos
farás o puzle da vida.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega