Deus

Diego Taboada

n3diegotaboadadeus.html
Négome a esperar nada de ti
desque non respondes ás
miñas arelas de sosego.

A ser enganado por un paraíso
travestido de spranza futura
nos séculos do marasmo e do
desconcerto humano.

Néganse a esperar nada de ti, Deus
desque os teus indolentes representantes
deron ó ceo, o que debía ser da terra.

Mais eu, son un ser da terra, e á terra
debo estes versos de desengano de
impenitente amante da xustiza
que guindo ó teu alén.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega