Himnos de taberna

Diego Taboada

n3diegotaboadahimnosdetaberna.html
Eu quixera, que os meus versos fosen
himnos de taberna, pra converti-las
noites tristes.. en cantos de alegría.

Vago sen rumbo. Son poeta ocioso, mestúrome
coas voces do mundo, e raño na existencia
dende abaixo, dende a dor profunda dunha
anónima cotidianeidade.

Os meus versos son alcohol, non quero opiáceos
praos mortos, nin bágoas de crocodilo. !Vinde conmigo!,
ensinareivos himnos de taberna. Rebelión satírico-burlesca
contra a tolemia do mundo.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega