Irak 2003

Diego Taboada

n3diegotaboadairak.html
Vólvense tolos, os homes de wall street,
informan frenéticamente ós telediarios
da saude do mercado

As armas que os seus amos venden
apuntan xa, a miles de kilómetros
cara as casas da miseria, mulleres
e nenos

Confetti, sorrisos e Champagne
nas festas dos rañaceos de Avery
road

En Bagdad, as nais tusen entre o po dos
escombros da casa da miseria, buscan
ós seus fillos

Tolo mundo, asesínase con mando a distancia
e os homes piden responsabilidades
no sitio equivocado

En Avery Road segue a caer confetti,
mulleres do alto mercado do sexo
brindan con accionistas: hai guerra,
polo tanto, ¡hai mercado!

¿Qué pasará cos homes?, pregunta
un despistado, ¿qué pasará no
mercado?, pregúntase en Avery
Road.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega