Liberdade

Diego Taboada

n3diegotaboadaliberdade.html
Qué difícil é quererte; fasnos vagar polo
mundo, sen saber cando dicimos "hola"
ou "adeus", prívasnos pousa-la nosa
arela en espacios finitos; amando en
cada persoa ao mundo todo.

Lugar de encontro praos que soñamos
mundos máis soportábeis, praos que levamos
a túa lei grab(v)ada no peito, praos que cremos
no milagro redentor da palabra, na necesidade
individual e colectiva do verbo que sae da carne
e na carne busca acougo.

Qué difícil é quererte, qué difícil practicarte,
en plena cultura do medo e do dominio.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega