Un comeza

Diego Taboada

n3diegotaboadauncomeza.html
Un comeza escribindo, tristezas
de dous días, e logo remata
por escribir pra alivia-la
súa tristura.

Un comeza escribindo, certezas de
idealista inxenuo, e logo remata
por buscar crenzas no cumio da
incertidume.

Un comeza soñando, co destino
do escritor, e logo acaba maldicindo
á necesidade de encher liñas en
branco.

Un comeza a correr detrás da
"felicidade", pra logo ser
feliz sen ter que depender
desa infiel prostituta.

Un só escribe, pra ofender ós necios
e dar osíxeno ós humildes; ofender
ó necio, coa verdade, e merecerse
o seu insulto; dar osíxeno coa
palabra. Qué delicia.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega