Dominio. Lendas de paixón dun dominio perdido e atopado por un afgano

Dominio

n2dominiolendasdepaixon.html

capítulo 1


foi nunha fría mañán de novembro,
bueno non tan mañán,
xa case era a hora de comer.










capítulo 2


en realidade tampouco era tan fría,
fóra ,
de feito a xente estaba na praia.










capítulo 3


nesas circunstancias vin eu ó mundo, aló na bela california dos usa. baixo o signo de escorpio. a miña familia era unha familia tradicional americana, cá pequena salvedade de que meu pai era chino, miña nai brasileira, o meu irmán maior era o fillo do butaneiro que era de afganistán, a miña irmá maior (que era dous anos máis nova cá meu irmán o maior) saiu dunha relación extramatrimonial de meu pai cá camareira do burguer da esquina en vinganza polo de miña nai có butaneiro. eu, en teoría fun froito da reconciliación, que durou pouco porque meu irmán pequeno é fillo do carteiro.










capítulo 4


viñera miña aboa (galega, claro) por parte de nai, que quería presencia-lo nacemento da primeira filla non nacida do "pecado" nesta familia. o parto non tivo complicacións, miña nai estaba desexando botarme e a min tampouco me levaba idea quedar alí dentro có día tan bonito que facía, ademáis a conxunción das estrelas era a axeitada. eu saín cun sorriso, coma sempre. meus irmáns maiores non miraron con bos ollos a miña lexitimidade e de seguido camelaron os meus pais e a miña avoa para coidarme a cambio dunha paga semanal, que xa cobraban, pero que ós meus proxenitores lles pareceu ben que aprendesen a gana-lo seu pan. corría o ano 1972.










capítulo 5


miña irmá, foi pasalo nadal como era tradición có seu pai, o butaneiro de afganistán, porque a ela non lle molaba eso de que un vello gordo barbudo vestido de vermello se metese na súa casa pola chimenea, nunca cheguei a entender que asociación de ideas lle levaba a facer comentarios do tipo de vello verde (esto aparecerá en episodios posteriores: ós anuncios de amena, un momento revelador). o seu pai, asentado desde habia anos, cunha empresa propia de distribución de gas butano e demáis derivados da terra (quen di gas, di patacas...), trataba de educa-la súa filla na paz interior (non sei se é exactamente ese o concepto que aplicaba), no amor e respecto ó pròximo. cando a ela se lle escapou, nunha conversa descoidada.










capítulo 6


o perverso plan que trazara có seu medio irmán. o pai, o noso querido afgano agarrou o turbante con desesperación, preguntábase unha e outra vez en que fallara, que non lle dera el á súa filla querida, como podía tirar ó lixo anos e anos de adicación. miña irmá tíñao claro, con cinco anos de idade non se podía permiti-lo luxo de ter unha herdeira lexítima. tese apoiada firmemente polo meu irmá, daquela con catro anos, xa. o noso querido afgano recoñeciu nos ollos da súa filla a determinación dun piloto camikaze que anos antes vira no seu pais, e aínda que eu non era sangue do seu sangue, nin carne da súa carne (bueno de refilón algo pillaba), sentiu, polos seus principios, como súa a misión quizáis imposible de salvarme. directamente non o podía facer, a súa maquinadora filla tíñao vixiado. pero el sempre tiña a man, desde os vellos tempos, o número do seu sempre amigo, antes coñecido como "o sirio".










capítulo 7


"o sirio" acudiu á cita, 48 horas exactas desde que o noso
querido afgano o chamara. eu daquela aínda non era moi consciente dasituación. o sirio tiña unha cara amable pero distante. o noso querido afgano estaba triste e nervioso, a noite anterior fora moi dura. cando foi levar a miña irmá de volta das vacacións de nadal, tratou, sen levantar sospeitas de achegarse a min; cousa bastante dificil porque na tele estaban dando a misa do papa, que miña nai, brasileira e beata, non podía perder por nada do mundo, para estas celebracións invitábase a canto bicho vivente e coñecido (por esta orde) había. el conseguiuno. veu xunta min, metiume na mochila, pechouna e volviu para escoita-lo oficio. en afán de aparentar naturalidade, pousaba e tiraba a mochila tranquilamente, coma se nada importante tivese dentro, tivo sorte de que non dese sacado a mordaza cá que me pechou a boca porque berrar non berraría pero mordisco (cal siga en acción) íalle ó pescozo fixo. despois todo veu rodado, na casa quedaban todos borrachos, meus irmáns inconscientes de non sei que sustancia que lles meteran nos cereais. na dutifri sirio tomou a mochila, que por disimular (mal raio o parta) tamén se adicaba a deixala en calquera sitio. no avión viaxei en primeira, eso sí, entre as maletas máis pijas.










capítulo 8


cando o avión aterrizou eu xa non era a mesma. deixara atrás unha vida (un mes case de vida, case nada) e agora tocaba escomenzar unha nova. sirio sacoume da mochila, unha vez no taxi. en ningún momento me dixo a onde nos dirixíamos, el seguía o seu plan mental, a min xa case me facia falta cambia-los cueiros e un biberón, pero non era tempo de pedir. españa, non era o que esperaba, a ambientación tipo alcántara non era moito do meu agrado porque estaba viciada do americanestail. pero sabía que me acabaría adaptando. unha vez baixamos do taxi, sentámonos nun banco do parque, alí foi onde moi amodiño me explicou o meu destino, non me podía levar con miña avoa, era moi galega si, pero calquera relación cá miña familia volvería a poñer en perigo a miña vida. non. decididamente non podía ir vivir con ela. o noso querido afgano déralle ó sirio un enderezo, alí nos presentamos, abriunos a porta unha encantadora dama, cun aspecto un tanto sospeitoso, tirando a vixiante do réxime, pero tíñamos que confiar no noso querido afgano. sirio tampouco as tiña todas consigo, pero el tamén confiaba no noso querido afgano. a encantadora dama, tra-las súas gafas chiscounos o ollo e convidounos a pasar, no salón había, incomprensiblemente había unha mesa de billar, toda-las bolas eran negras excepto a número oito, aquelo pareceume unha chorrada, de feito aínda non sabia que aquelo era un número, só me quedei cá imaxe, unha bola vermella cun debuxo (que logo descubrín que era o numero oito).










capítulo 9


Vivín naquela casa a miña máis tenra infancia, a encantadora dama, conmigo non falaba moito, todo o que sei dela seino porque me adiquei a rebuscar en todo o que había na casa. pronto deixou de parecerme inusúal aquela mesa de billar que había alí no medio, pouco a pouco fun descubrindo o seu significado. aquelo antes era un bar de carretera, pero a cidade, por chamarlle algo, foi aumentando e quedou coma quen dí céntrico, co que a clientela xa non gozaba do anonimato e deixou de ir. deducín que a encantadora dama, noutrora, rexentara unha casa de moral distraida. tamén có paso do tempo descubrín que aquel billar fora, berce de conspiracións contra o réxime, as bolas de negro era o loito
polos caídos, e a vermella era a que sobrevivía, aló por asturias cá pasionaria, que no fondo creo que era o amor segredo da encantadora dama. cá maioria de idade, e cás sabias ensinanzas que me transmitiu a encantadora dama (esto es dentro-esto es afuera, esto es lejos-esto es cerca... é que se parecia moito ó de barrio sésamo, pero en plan señorita de lacoruña) saín a vivi-la miña vida. mirando atrás sobrevirira a franco, cousa impensable cando cheguei, agora tocaba superar aquel que eu pensaba corto período de goberno popular, éravos moi inocente daquela. adiquei os primeiros anos da miña independencia a saber da miña esquencida familia. para eso contactei cun detective, o anuncio do xornal era moi chamativo "crawford praivat investigueixons" na recepción en lugar da tipica secretaria habia un home, con cara de funcionario, pálido, con gafas e pinta de malas pulgas










capítulo 10


o secretario de "crawford intestigations" a parte de ser un seco de coidado fíxome un interrogatorio completo antes de deixarme entrar, íame deixar pasar ó despacho de crawford, pero no último momento dixo que non, que me atendería o seu socio que era moi bo (bueno, realmente dixo que era lapolla) pero son demasiado fina para repetir semellante cousa. crawford ó parecer estaba moi ocupada investigando unha infidelidade dun actor de joligú chamado yorx cluni. pasei ó despacho. e detrás da mesa estaba un detective moreno, ben plantado, atendido dilixentemente por unha secretaria (esta si, coma a típica secretaria dos detectives das peliculas). senteime e conteille a miña historia. o dectective que nin se inmutou, claro xa estaría afeito a toda clase de historias conmovedoras, para min, aínda así, foi traumático decir de palabra todo o vivido. preguntoume que cal era o motivo de querer saber da miña familia. díxenlle que me preocupaba, que botaba de menos o afecto paternal e precisaba o apoio dunha nai nesta fase da miña vida. miroume duramente, inquirindo. non criu nin unha palabra do que lle decia, parecía saber e así llo fixo constar á secretaria, que os meus motivos eran outros.










capítulo 11


e claro que os meus motivos eran outros, eu quería saber que posibilidades había de recupera-la miña hexemonía. ó final confeseino, visto que o plan choreira non funcionou, pois a ver se lle interesaba o caso decíndolle a verdade. non lle puxo moito entusiasmo, pero imaxino que se debía ó seu carácter frío, mandoume volver pasada unha semana. pareceume a semana máis longa endexamáis vivida. non me daban pasadas as horas, non daba contados os segundos, e xa, por fin, a chamada. do outro lado a voz da secretaria decíndome que o día seguinte me quería ver o detective no seu despacho para comunicarme o resultado das súas pesquisas, que o caso se resolvera con éxito, como era de esperar, que para eso o tío era lapolla (eu tan fina e decindo estas ordinarieces). chegou o día, e cheguei eu ó despacho de "crawford investigueixons", cunha hora de adianto. é que non aguantaba máis, parecer parecía que ía á consulta da seguridade social polo adianto, pero eu son así. o recepcionista cando me viu, baixou as gafas e miroume por enriba delas, mal, por suposto. díxome que esperase sentada, con toda a súa parsimonia, para min que o dixo con doble sentido. ó pouco de estar eu sentada entrou na oficina unha muller. rica, polo menos eso aparentaba. sofisticada. polo menos eso parecía. deslumbrante, polo menos eso lle pareciu ó recepcionista, que cando a viu caiulle a queixada ata a mesa, saiulle a lingua e notábaselle que tivo que facer un grande esforzo para non inunda-lo despacho cás súas babas. homes. preguntou polo detective, o recepcionista, cando dou desempañado as gafas alcanzou a preguntarlle o nome; ela, cá súa voz estudiada, curtida nas festas da jaisosaieti, dixo: srta. newlook, o meu nome é siga newlook, el estame agardando. o recepcionista non daba feito, pero ó escoita-la voz saiu a secretaria de dentro do despacho e fíxooa pasar.










capítulo 12


a secretaria parecía nerviosa, coma se se tratase dunha clienta moi importante, coma ós que lle fan a pelota nos bancos, pois igual. non sei o que pasaría no despacho, pero non botou moito tempo dentro. saiu igual de estilosa que entrara, con paso firme. o recepcionista volviu a babear. aínda non me tocaba, pero estaba que fervía na silla, porque decía eu que agora xa entraría eu, porque non había ninguén máis agardando, porque non habia movemento ningún. xa me tocaba


(punto e a parte adicado a espís trín)

de súpeto sae a secretaria do detective do despacho e entra no outro despacho, que debía ser o da famosa crawford que estaba en joligú; acto seguido sae o detective (que era tan bo que decían que era lapolla, pero que eu son tan fina que non digo estas cousas) e tamén entra no outro despacho. soa o telefono. o recepcionista fai ademán de collelo, pero adiantanselle dentro do despacho e case non dou tempo ó timbre do teléfono a avisar de que había alguén do outro lado querendo falar. escoitánse voces, a secretaria sae do despacho. ó pouco sae o detective, quédaseme mirando, e dime, hoxe non vai poder ser, temos un tema urxente entre mans.

(outro punto e a parte, este sen dedicatoria, pero que se vexa que trato de reformarme)


como un tema urxente entre mans? como se atrevia? que podía haber máis urxente có meu caso? urxente? saíame lume polos ollos, debiumo notar, porque por primeira vez desde que o coñecía notei un atisbo de sentimento no seus ollos. explicoume que a srta new look tiña urxencia familiar (nin que a miña non o fose), tratábase do secuestro do famoso investigador en temas inalambricos, zyxel 650. era cousa de vida ou morte. acudira a el como último recurso posto que a polícia non daba razón do paradeiro da víctima.


(outro.... bueno hoxe estoume portando ben)

a min como que me daba igual o secuestro do 650 das narices, como que ma traia un pouco frouxa, pero a mirada do investigador era de clemencia e ablandeime. non podía delegar na súa xefa (esto é un contrasentido pero bueno) porque desque fora a joligú a investigar unha suposta infidelidade de yorxcluni, non volvera, o último que soubera dela era que probablemente a seguinte infidelidade do tal yorxcluni era ela. o investigador estaba notablemente afectado, entrou no despacho. a secretaria foi á máquina do café e antes de que eu collese a porta (é decir de que a abrise, porque lla deixei alí, que tan mala tampouco son) contoume que estaba afectado porque hai tempo, nun caso anterior, no que tivera ocasión de coñecer ó profesor zyxel 650, porque non sei
en que fregados se metera desta vez

(e outro, pero xa paro, que está rematando)

cruzárase no seu camiño unha misteriosa muller que lle roubou o corazón e que non conseguía esquencer, saira da nada e marchou sen deixar rastro, era catwoman. volvería a cruzarse no seu camiño? sería quen de conquistala desta vez? de que parte estaría? que relación tiña có profesor? desexaba, tal vez, o investigador, que o zyxel 650 se metese nun fregado aínda causando a conseguinte dor a srta new look, con tal de volver a ver a catwoman...










capítulo 13


por suposto que o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son tan fina que non digo esas cousas) non desexaba que o doutor zyxel650 se metese en lios, non desexaba causarlle dor á srta. newlook; el só quería volver á ver a aquela misteriosa muller (catwoman), e se poidese ser nun luxoso restaurante, un íntimo reservado, mellor que nunha pelexa dentro dunha nave industrial abandoada coma a última vez.

(punto e a parte adicado ó sector_abertzale e a jundiouskispé)

a min, sinceramente como me importaba bastante pouco a historia de amor do investigador, eu o que quería era saber dunha vez por todas o resultado das pesquisas sobre "o meu". así que me presentei alí, na oficina de "crawford investigueixons" ó día seguinte, cedo, tan cedo que debería ser pecado. o recepcionista xa estaba alí, para a miña sorpresa, tiña a cara de costume; miroume mal, coma sempre, e mandoume sentar. pasaron coma unhas duas horas ata que apareceu alguén máis; e eu pensando que estaban traballando coma tolos nos seus respectivos despachos. entraron a un tempo o detective e a secretaria

(este adícollo a espís trín, porque foi o que insistiu nos ptos e a parte)

mellor dito, a secretaria e o investigador ( que a parte de ser lapolla era todo un cabaleiro). gustaríame decir que me recibiron có mellor dos seus sorrisos, pero non. a min tanto me tiña, non pasara todo o que pasara para que me detivera agora unha mala cara. en nada mandaronme pasar ó despacho. soltoumo todo de carreilla: "os teus irmáns están posicionados, tua irmán ten copado o .com; teu irmán o .net; e o pequeno o .org (esto díxoo cun sorriso irónico)"; ademáis xa contactaron cá "familia" para copa-los territoriais."

maldición! pensei. "non che queda moito, polo que loitar", e o moi cabrón dío tan ancho, que non me queda moito polo que loitar, como se lle pode decir

(por certo, o de antes tamén era un punto e a parte, pero non sabía a quen adicarllo pois non dixen nada)

a unha persoa de 18 tenros aniños que non lle queda nada polo que loitar. afundiume na miseria. debiumo notar na cara que por primeira vez notei un atisbo de emoción na mirada. "podes vir traballar con nós" dixo, "crawford chamou desde unha illa do caribe a onde tivo que emigrar (polos celos da muller de yorxcluni) con yorxcluni ata que as cousas se calmen; e nos estamos a tope de traballo"

(este adícollo a cisco, que hai moito que non nos di nada)

non tardei nin medio segundo en decidirme, estaba sen un can, e o soldo estaba moi ben. sentáronme no despacho da crawford, e atendería como tal, ata que ela viñera. a primeira chamada que tiven soaba así de misteriosa: "son o doutor tcp/ip, teño no meu poder ó doutor zyxel 650, volverán a saber de min, ha, ha, ha". saín a toda hostia do despacho, entrei no do investigador, a secretaria alterouse, miráronme. conteilles a chamada e no mesmo momento que rematei entrou pola porta unha figura envolta nunha capa de coiro negro.










capítulo 14


era claramente unha figura feminina, desenvolviu a capa e apareciu ela, espectacular, non fixo falta que me dixen que era. tampouco ninguén o dixo. o traxe negro axustado, de coiro tamén, supoño. o antiface dáballe aínda máis misterio á súa persoa, e as unllas relucintes un aire perigoso. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu nunca digo tal porque son moi fina) mandounos sair. a secretaria saiu toda dilixente ela, pero eu tiña curiosidade, dei a volta para ver se me enteraba de algo pero dei cá mirada do investigador suxeríndome que ou saía ou me partía as pernas no mellor dos casos

(punto e a parte adicado ó sector_a, para que lle vaia sendo máis leve a súa volta)

eu sair saín, pero quedei na entrada a ver se escoitaba algo. non parecía que falasen, só se vian as duas figuras de pe unha enfrente da outra. ó pouco saíron, díxolle á secretaria que se ían ó restaurante, coma se ela xa soubese de que estaban falando. e marcharon, a misteriosa muller (catwoman, xa sabedes) agora parecía máis relaxada, e o investigador abriulle amablemente a porta, coma se ela fose de cristal e tivese medo de que se rompese. eu mentras fun ó meu despacho prestado de crawford, que seguía emigrada nunha illa do caribe ata que se calmasen as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente. a verdade, estarían apurados, pero eu non tiña nada que facer


(este adícollo a siga, que hoxe case non sae)

mentras no restaurante máis luxoso da coruña (non digo o nome porque nin me sobornan, nin me pagan nin nada, así que non lle fago publicidade), tal como el soñara, no reservado máis íntimo, mentras de fondo soaban os violíns stradivarius, estaba mirando ós óllos a catwoman. ela viñera a falarlle do caso de zyxel650, pero el non podía desaproveitar aquela ocasión, quizais a última que se lle presentaba, o caso xa se solucionaría, tíñame a min para facelo, do doutor xa se preocupaba a srta newlook, xa era xente dabondo. así que el seloulle os beizos cun dedo cando ela escomenzaba a falar sobre o posible paradeiro do malvado doutor tcp/ip. ela trataba de manterse distante, de non deixar ve-las súas emocións, xa lle fixeran dano antes, e estaba disposta a defende-lo seu corazón con unllas e dentes

(este adícollo a bruxiña, microfiltro e fr)

o investigador coñecíaa ben, mellor do que ela pensaba. si, efectivamente, como ela pensaba el sentíase atraido polo seu físico, era atracción animal. pero non, non era só eso, ou si foi eso ó primeiro, aquel parón do corazón, aquela subida de temperatura (ollo, que dixen temperatura), aquela dilatación das pupilas da primeira vez que a viu. sen embargo agora xa non era así. o corazón só parecía later cando estaba ela, ou cando pensaba nela. non, non só era atracción animal, amor si, quizais. el colliulle a man, e faloulle mirándoa con sinceridade, contoulle dos seus sentimentos. ela era unha muller libre, non estaba disposta a comprometerse facilmente. el pediulle unha oportunidade para demostrarlle o seu amor, non lle pedía nada a cambio. ela trataba de resistirse, non por el, que sabía que era de lei; senón por ela que non quería sofrer.

(este a juindouskispé e a rpv para que as nosas compañeiras se reencontren)

el soubo adiviñar ese medo, nos seus ollos, prometiulle que nunca lle faría dano aínda que para eso tivese que renunciar ó seu amor. a ela encolléuselle o corazón, emocionouse. el achegouse amodiño a súa cara, e case sen tocala, rozándoa levemente doulle un bico nos beizos. en contra do que el esperaba, ela agarroulle a cara cá outra mán, e o bico fíxose máis profundo e para eles dous, eterno.

(espero non decepcionar a ninguén se non mañán tratarei de reconducilo)










capítulo 15


güi bouz nou, dat aimnot guat llu niiiIIiiid....an aaaiaaiiaiiiiiiiii güil olgueis looov lluuuUUUuuuu era o que escoitaba o investigador (que era tan bo que decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa)na súa cabeza mentras via esbaecerse a esbelta figura de catwoman no horizonte. cando chegou á oficina traia esa cara de derrota adorable, dos herois despois dunha batalla inxusta. miroume, lanzoume un sobre que traía e dixo con voz distraída "traballa algo". eu emocioneime toda, por fin, por fin, o meu primeiro caso, que me interesaba máis polo feito de cotillear nas vidas alleas que por solucionarlle a vida a ninguén. entrei no meu despacho (que non era o meu, que era de crawford que emigrara a unha illa do caribe mentras non se calmasen as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente). abrín o sobre, dentro había unhas fotos un home que a min persoalmente non me decían nada, e de fondo (da habitación) sempre un bulto case imperceptible. chamei á secretaria a ver se me botaba un cable


(este punto e a parte adìcollo ó yeti, que o teño moi esquencido)

celia entrou a modo (así se chamaba a secretaria, é que as veces anda un pouco colgada), coma se non vise a urxencia. mirou as fotos, e dixo coma se fose a cousa máis obvia do mundo: "é o malvado doutor tcp/ip", e seguiu "e este, sinalando ó bulto (que habìa ó fondo da habitación) é o doutor zyxel 650"; si ho, pensei eu. esta có colgada que andaba via pantasmas. ela insistiu, dixo que o mellor sería chamar á srta. newlook para informala. eu como era nova no oficio seguinlle a corrente, pero para min que non coordinaba moito. a srta. newlook chegou pronto, alterada pero sen perdela súa natural compostura. dando leccións de elegancia ó entrar no despacho. colliu as fotos, mirounas e case lle saltan as bágoas de emoción. efectivamente como decía a colgada, perdón, quero decir celia, era o doutor zyxel 650. a srta. newlook, tratou de non alterarse, pero a firmeza e seriedade da súa voz delataban o seu natural enfado. decía como coxx se adicaron a facer fotos en lugar de rescatalo, ela díxoo con outras palabras porque ser, aínda vos é máis fina cá min. e a verdade é que tiña razón unha vez de estar alí.

(este adícollo a campanilla, princess e dinámico)

pero a cousa tampouco era para poñerlle unha reclamación á catwoman, que bastante fixo con traerno-las fotos, coma para andarlle con mexiricadas por enriba. celia saiu do despacho facerlle unha tila a dona siga, por se decídia abandoa-la súa corrección; non fixo falta, sacou do bolso (aí acojoneime un pouco, porque tiña pinta de ser un bolso deses nos que as srtas sofisticadas agachan unha desas pistoliñas de prata mortais) un cheque en branco e ordeou cá mirada á vez que cá súa doce voz decía "fagan todo o que sexa preciso". e marchou de novo. igual de estilosa que entrara. eu non sabía por onde escomenzar. o investigador estaba fora de xogo; decidín acudir a celia de novo, xa que non se enganara cá identificación do doutor zyxel 650. volviu mira-las fotos. "é a fábrica abandoada da revoltosa" dixo, tamén me contou que estaba na entrada do polígono da grela.

(este adícollo a juindouskispe e a sector_a porque son a hostia)

alí me plantei, celia quedara en avisa-la policia se non a chamaba nunha hora (calquera se fiaba dela có colgada que anda). entrei por un oco do portalón, que non era que fose moi grande, pero é que unha ten un tipazo (tirando un pouco para a casa); dentro había de música de fondo os grandes éxitos dos oitenta, un ambiente un tanto bohemio e unha gran librería. non había ningunha clase de laboratorio. pero que clase de doutor era este malvado doutor tcp/ip?. tratei de situar toda-las cousas que se vían na foto, e de súpeto


(e o punto e seguido de hoxe adícollo a ojo avizor, que xa hai moito que non lle digo nada, aínda que sigo facéndome a interesante, por suposto)










capítulo 16


unha man na nuca, dou a volta e era el, inconfundible, igualiño que na foto, mosqueoume a súa risiña malvada ó descubrirme e ver que case me estaba saindo o corazón pola boca do susto. era, por suposto, o malvado doutor tcp/ip. aínda que no trato era amable eu non me fiaba nadiña posto que a parte de ser malvado malvadísimo doutor tcp/ip, tiña secuestrado o despistado doutor zyxel650 sabe deus e a virxe do carme con que malvadas intencións, desde habia varios días. indicoume que pasase a unha especie de salón, onde estaba a gran biblioteca; pasei. díxome que sentara nunha cómoda butaca, e ofreciume unha infusión; que rexeitei por suposto porque a saber que era aquelo; daquela ofreciume un bocata de xamón con pan,aceite de oliva e tomate, ou un de calamares ... estábame provocando

(punto e a parte adicado a clio, a beatelcom verde e a poppy que parece mentira que aínda non lles adicara un)

cando por fin aceptou as miñas negativas a todo comenzou a falar do tema que nos ocupaba. "todo comenzou coma unha inocente aposta", si, si, pensaba eu. seguiu falando "entre invisible" di sinalando a non sei onde "e máis eu". contou que apostaran a ver quen era capaz de ler antes a versión ampliada dos episodios nacionales, escritos de dereita a esquerda e facendo o pino. segun unha voz que fluia de non se sabe onde ganara ela, sen embargo o malvado doutor tcp/ip decia que ganara el. pero bueno, imos ver, a min é que me estaban poñendo que me medraran os colmillos dous milimetros polo menos; e deberonmo notar, porque de seguido comenzou o doutor a decirme cal era o papel de zyxel 650 en todo aquel fregado. o malvado doutor tcp/ip explicouno con claridade

(este adícollo as foreiras para que liguen moito)

o despistado doutor zxyel 650 era o que lle proporcionaba a invisible a súa pócima da visibilidade, e sen ela estaba condeada a unha vida de anonimato total, cousa que as ansias de figurar de invisible non podían tolerar porque eso si, invisible si pero ante todo divina. ó non aceptar que perdera a aposta e non pagar o que debìa, porque as débedas de xogo son sagradas e esta máis, que consistía en preparlle unha cea romántica cunha tal cor ó malvado doutor tcp/ip. pois eso que o malvado doutor tcp/ip se enfadou e retivo á unica persoa que lle daba a invisible a súa razón de vivir. o pobre e despistado doutor zyxel 650 estaba alí nunha esquina, non tiña mala pinta, só de anxiño indefenso. a min aquelo escapábaseme das mans, pero a miña axil mente ideou o plan infalible. xogamolo ó todo ou nada, apostei có doutor tcp/ip, que xa non me parecía tan malvado, a que se adiviñábamos entre todos unha canción, a que el quixese só decíndonos tres palabras aleatorias da letra da mesma, que nos deixaría ir, a nolos dous, porque invisible andaba ás súas anchas

(este ós foreiros, para que idem)

as palabras aleatorias foron: no, novo, vento; estaba clarísimo, pero que facil mo puxera, non o podía crer. dixen o título o autor e pouco máis digo tamén a data da inspiración do verso. e así en pouco tempo estábamos de volta no despacho de crawford investigueixons, recibiunos o investigador (que era tan bo que lle decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), tamén estaba esperando a srta. newlook que se fundiu nun abrazo desesperado có despistado doutor zyxel650. o investigador mandoume entrar no meu despacho, (que non era meu, que era de crawford ,que tivera que emigrar a unha illa do caribe ata que as cousas se calmasen cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente), felicitoume e doume un papel. "é o meu contacto en beigin, pódeche axudar có teu"

(e o punto e final adícollo a lapolla, polo retraso)










capítulo 17


collín o papel emocionada, podíame axudar có meu, era un contacto do investigador (que era tan bo que decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) en beigin. beigin, meu pai nacera por alí a man dereita, quen o sabe; de calquera xeito e como o investigador decía podíame axudar có meu. chamei, do outro lado unha voz falando chinés, doume cincuentamil explicacións que eu por suposto non entendín, e eso que parecía que se estaba explicando moi ben. eu veña a repeti-lo nome do contacto: a-d-s, si, si a-d-S-l, non, non R non, l, si L (arrecarallo que lle costa ben entenderme), p-p-p... si como parís. Celia entrou no despacho, fumando unha infusión relaxante, así lle chama ela ( é que anda sempre algo colgada), para decir que me tranquilizase que xa me estaban escoitando en betanzos, e que non había necesidade de armar tanto escándalo. eu expliqueille que non me entendían e que quería falar có contacto do investigador en beigin; daquela ela colliu o teléfono e díxolle cá súa voz tranquila, guichi-tai-pon-nonseique adslppp, e listo; afundiume na miseria, pero se a celia esta anda sempre colgada... eso pensaba eu.

(este punto e a parte adícollo a timofónica, a copperjet e a vesania)

por fin conseguín falar có famoso contacto en beigin adslppp, tiña unha voz especial, si esa é a palabra, destas que lle poñen ós poseidos nas películas, non sei, como algo sinistro; ou eso ou xa me estaba afectando o tabaco relaxante da outra. quedou en investigar sobre as miñas raices aló no oriente, para ver se había algún pariente afín a miña causa e xuntos facíamos forza. emocioneime ó ver algunha posibilidade no horizonte de recupera-lo meu lugar no mundo, aínda que tampouco cabía facerse moitas ilusións. saín a recepción a toma-lo aire, alí estaba o recepcionista, apático coma sempe có seu pin do numero oito, algo que me lembraba irremediablemente a aquela bola de billar có número oito da miña infancia. non me dixo nada, el ó seu.

(este adícollo a mariposa* que pronto volve)

de súpeto entra na oficina un home todo alterado, preguntando polo investigador, e berrando ós catro ventos, bueno a só un vento (é que só tiñamos un aparato de aire acondicionado)que quería facer unha reclamación, e que quería facer unha reclamación e punto. eu non dixen nada como era nova, o recepcionista sin alterarse, eso si, chamou a celia. celia saiu, na súa onda, tratou de calmar ó home e díxolle que entrara no despacho do investigador. deixounos alí falando sos e veu ó meu despacho (que non era meu, que era o de crawford que tivera que emigrar a unha illa do caribe mentras non se calmaban as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente), contoume que era o sr. sport, clio sport; que lle levaran un caso había uns meses, sobre un taller que vendía coches roubados ou non sei que, e que non quedara moi contento, porque resulta que o coche que lle venderan era o único que non era roubado e non poideran empaquetar ó dono porque non había probas e ademáis estaba moi ben cuberto e ademáis nos non tiñamos culpa de que lle cobraran de máis por unhas llantas de aleación, que no carrefour que estaban de oferta, porque o mercado eche así e debiu mirar primeiro os prezos antes de mercar, que se o dono do taller era moi engaiolador nos non lle tiñamos culpa.

(este non llo adico a ninguén, pero é que ata a eu estaba afogando de só escribilo)

o parecer o investigador logrou calmalo, porque pasada unha hora o tal clio saiu do despacho có mellor dos seus sorrisos e a súa camiseta sen mangas de ligón de praia. o investigador veunos contar que lograra calmalo comprometéndose a axudalo cun problemiña que tiña un amigo seu que rexentaba un garito (antro de moral distraída, é que sigo sendo fina de máis) cun grupo, según eles, de feministas radicais que esixian que asegurase as traballadoras, un numero limitado de clientes e demáis melloras que considerabla intolerables, non porque pensase que as súas "rapazas" non o merecesen, se non porque lle quitaba todo o morbo ó negocio e os clientes sentíanse coma na oficina, e baixaba a recadación ó final da noite, que en definitiva era o que contaba.

(bueno, o punto e seguido adícollo @s que se van para que volvan pronto)











capítulo 18


o investigador (que era tan bo que decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) considerou que en certos aspectos do caso, como por exemplo poñer a raia ó grupo que según o amigo do sr. sport, clio sport, que rexentaba un garito (antro de moral distraida, que eu sigo sendo fina de máis),era un grupo de feministas radical. porque o investigador, que era un romántico empedernido, un cabaleiro á vella usanza, podíase considerar según desde que punto de vista algo, un pouco, lixeiramente, así de refilón, se te fixas moito, a duras penas, vagamente, machista; e el era consciente de eso, e non ía ser, era un dos reproches que lle facía catwoman nalgún dos seus encontros esporádicos, cando se vian enfrentados por circunstancias do destino. algo que el non podía correxir, e que sabía que catwoman nunca lle habìa perdoar de todo, aínda que parecía que conforme pasaba o tempo xa o estaba aceptando tal como era.


(este punto e a parte adícollo @s que traballan o finde, que sexa leve)

e aló fomos o investigador e máis eu ó garito (antro de moral distraída) que rexentaba o amigo do tal clio; normalmente para casos coma este acompañaríao crawford, que para eso era a xefa e ademáis feminista-republicana de pro, pero tivera que emigrar a unha illa do caribe ata que as cousas cá muller de yorxcluni se calamsen e puidesen vivir o seu amor libremente. na entrada estaban posicionadas varias membros do grupo supostamente feminista radical; o investigador doume sinais de que me apañara con elas (no sentido de que tratase de resolve-lo conflicto, por suposto) mentras el entraba coñece-lo dono do garito. eso me dixo, fieime da súa palabra, aínda que tendo en conta a natureza masculina e a natureza do antro dubido que fose exactamente exacto. alí non había lider, todas mandaban e todas falaban, afortunadamente todas opinaban o mesmo porque se non a ver que facía eu. primeiro falei cunha tal juindouskispé, que tamén tivera que emigrar a unha illa do caribe, pero non por problemas (perdón incidencias) cá muller de ninguén, se non por puro vicio e perversión en xeral, porque se algo sabía juindouskispé era o que valía a pena na vida, e desde logo como disfrutalo. ela díxome lonxe de disminui-lo morbo da relación profesional-cliente, que as empregadas non estiveran tan saturadas aumentaría na atención personalizada ó cliente; cousa que os faría quedar máis satisfeitos e por suposto que a caixa aumentase a recadación ó final da noite, que era en ultima instancia o que importaba.


(este adícollo a chicamala, wendy e troya)

juindouskispé díxome que se quería outro punto de vista un pouco máis radical me dirixise ó sector máis radical, radical, o secor_a; a min como que me dou un pouco de medo, pero tanto me animou a juindouskispé, que non sei se sería para sacarme de diante para ligar cun garda de seguridade que estaba alí diante e que quitaba o sentido; que non sei, porque ser son moi mal pensada, pero é que o deducín porque tan pronto como se desfixo de min aló lle atacou; porque por suposto unha muller liberada ataca ela (atacar atacaba eu, pero é que non me esperan, é que me escapan). eu, mentras, achegueime á portavoz do sector_a, que me estaba mirando mal, pero mal, como averiguando as veces que cedera terreo a un "home" facendo retroceder anos de loita feminista. a parte do que xa me dixera juindouskispé, tamén me falou das medidas sociais, coma o de aseguralas, as revisións, etc. que idem de idem repercutirian no alcance do éxtase dos clientes. ó final logrei ver un toque de tenrura tra-la coraza de loitadora incansable... é que levaba unha pinza de cor rosa, emocionoume.


(este adícollo a antivirus, ó ph7, clavija e bágoas)

convencéronme a verdade, porque mira, si; e vou eu e entro no garito para ver como ian as negociacións có amigo de clio. e vaia panorama que encontro, os bandas estes todos tirados nunha esquina da barra, ajarrados a unha cervexa. pero, vamos, como que lle puxen as pilas ó investigador pero de inmediato. a que viñéramos eh? a que?. el díxo que estaba negociando, que tiña que poñerse ó nivel dos especimes para que se confiasen e alcanzar un entendemento. presentoume ó amigo do tal clio que era o dono do garito (antro), era un tal timofónica, que tiña como socios investidores a un par de empresarios de dudosa reputación, bueno dudosa non era, era ben clara, de mala reputación, coñecidos nos baixos fondos como dinámico e beatelcomverde, o primeiro pola rapidez cá que facía os desfalcos, e o outro porque era capaz de matar a quen fose por un disco dos beatles, o da cor aínda non o averiguei, pero estando onde estaba tirado, non era difícil de adiviñar. como estaba un pouco mosqueada polo estado no que estaba o investigador chamei ó despacho de crawford investigueixons, colleume o recepcionista e dixenlle que me pasase con celia, el díxome que non podía que estaba falando cunha amiga súa que se chamaba cpsa, que a fora buscar para tomar un café pero que levaban xa duas horas fora e que supoñía que andaban as duas colgadas por sabe deus onde.

(e o punto e seguido, adícollo ós que rematan o finde)










capítulo 19


estaba a punto de colga-lo teléfono. para ir ó garito (antro) a colgar ós cacho machistas explotadores que estaban ajarrados das cervexas cun punto xa máis que pasado da raia, cando o recepcionista me di que espere, e se pon do outro lado unha voz descoñecida, aínda que moi melodiosa; díxome que era craword (a famosa crawford que tivera que emigrar a unha illa do caribe ata que se calmasen as cousas cá muller de yorxcluni e poidesen vivi-lo seu amor libremente), explicoume que tiña moi pouco tempo, que viñera por non sei que documentación e que volvía deseguido á vivir ó caribe có susodito yorxcluni, que se estaba moi ben e que como aquí as cousas ían tirando divinamente, que ela preferia estar vivindo de rentas que para eso era a xefa. no pouco anaco que me deixou conteille o panorama, díxome que esa actitude aínda que non era a habitual no investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son fina de máis para repetir semellante cousa) tampouco era sorprendente porque ó fin, era humán e home, fráxil combinación segun ela. díxome que fixese o que mellor me parecese que era a seguinte na escala e que celia aínda non viñera, porque fora tomar un café cá súa amiga cpsa e estarían colgadas coma case sempre


(este punto e a parte adícollo a espís trín,tío por fin vin a luz; e a fr para que se recupere dese mal trago, nunca mellor dito)

eu seguín as instruccións da xefa, fixen o que me dou a gana; como juindouskispé xa ligara có cachas, díxenlle que se animara e que entrara no garito (antro) a falar có dono, que no estado en que estaba a cúpula directiva sería unha negociación facil, cando menos estarían en avantaxa. ela falou có sector máis radical, có sector_a, e por fin decidiron entrar. dentro de novo, a situación dexenerara considerablemente, o investigador estaba enriba dunha mesa coma se dun escenario se tratase representando un espectáculo fullmonty; é que o vivía o tío... se a catwoman o vise... incluso me pareciu ver á representante do sector_a esbozar un sorriso, pareciume, asegurar, o que se di asegurar non podo. juindouskispé decidida achegouse a timofónica, que lle puxeran así porque antes tiña unha compañía de teléfonos eróticos e de futuro deses, e claro nótase que non deixaba moi contentos ós clientes. eu diría que o home se emocionou algo, para min que pensou que ía ligar. non sei que falaron, a verdade, despois a representante do sector_a tamén se achegou, e el que estaba xa un pelín pasado pasou de decir sempre que non con cara de mala hostia a decir sempre que sí, con ese sorriso descolocado dos borrachuzas (termo co que se chamaban os tipos estes entre si, pero que eu sigo sendo fina, pero a fidelidade histórica manda). o beatelcom verde collera unha guitarra e estaba acurrucado nunha esquina acariñándoa coma se fose unha moza.


(este adícollo a lapolla, porque hoxe tivo que esperar algo máis)

cando dei convencido ó investigador para que baixase da mesa e non quitase máis roupa da que lle permitía a decencia, as empregadas xa estaban celebrando o novo acordo có seu xefe, as supostas feministas radicais tamén se uniran á festa e agora resultaba bastante dificil discerni-los bandos antes enfrontados. cada quen que o entenda como mellor lle parece, pero aínda que o expresei moi finamente, creo que se me entendiu ben. todo o que puiden facer xa o fixera, por preocuparme pola virtude do investigador perdera o momento do consenso e xa non había ninguén libre con quen consensúar pois marchei; o investigador quedou alí con toda a camarilla. eu fun durmir, porque de vez en cando e aínda que non o diga, eu durmo, máis ben, máis cando que vez, pero tampouco ben eso ó caso.

(este adícollo a siga, que nos é fiel aínda que non estea e a vampi)

botei uns dous ou tres anos traballando en crawford investigueixons, vivín varios romances de crawford con famosos artistas de joligú e algún nacional; eu seguía sen ter sorte nese aspecto e tras varios romances fallidos e moitos intentos infructuosos máis, decidira tomar un ano sabático, tiña aforrados algúns cartos e aproveitando as informacións que pasara adslppp, o contacto en beigin do investigador, e decidín viaxar ata o lonxano oriente para face-las miñas propias pesquisas. máis que nada por ver se se me daban mellor. cando cheguei, o primeiro que notei raro foron os carteles, que eran raros de carallo, igual era polo idioma, ó aeroporto veume recoller un axudante de adslppp. xa levaba algún tempo agardando porque tiven unhas pequenas dificultades no tramo que vai desde a porta do avión á porta de saía dentro da terminal. como deci-lo, que fixen unha turné polos almacéns, os hangares, as alfándegas, os diversos vestuarios, a comisaría, a oficina de obxectos perdidos, o comedor, os dormitorios do persoal de garda, a dutifri... e xa por fin, para ahora da cea cheguei á saida.

(o punto e seguido adícollo a cisco)










capítulo 20


o axudante de asdslppp poñía medo, non por feo, nin por grande, nin porque estivese armado ata as orellas en plan rambo; é que tiña unha pinta de chulo castigador que tiraba para atrás, e de non ser porque levaba un cartel có meu nome e veu cara min decirme que o acompañara ó seu coche; pero non có ton amable da famosa hospitalidade oriental, non, para nada. chámabase fr, que mo deixou moi claro. e case me asesina, cá mirada, que tocar non me tocou, porque se o fixera xa estaríla morto que levo vistas eu moitas películas de jet li para que veña un matón calquera a toserme. pois eso que case me asasina cá mirada cando tropecei ca maleta no coche, é que lle debiu doer máis que ó coche, vino sofrer. para min que na vida mo perdoará na vida. non falou nada en todo o camiño. levoume ó hotel que tiña reservado, e mentras eu me estaba rexistrando, el estaba facendo un rexistro visúal de toda a mercancía, é que non pasaba unha (tía, enténdese) sen que el se decatase, aínda non sei como non lle daban de hostias, porque non se cortaba nada o tío.

(este adìcovo-lo a tod@s porque como dixo un compañeiro o outro día cando viu o foro, na idade media queimaron a xente con menos delito)

eu quedei desfacendo as maletas e el volviu á oficina de adslppp para seguir traballando, disque. o panorama era alucinante, que vistas, canta xente, hostia a fábrica de comtred ó fondo, jo, non me estraña que fose tan cara a habitación. da fábrica contárame adslppp nas numerosas conversacións que mantiveramos en relación "ó meu". despois baixei e fun dar unha volta para ir coñecendo o terreo. entrei nun centro comercial, tiña antollo dunha camiseta de songoku, bueno a min o que me gustaba era picoro, porque sempre me resultaron moi atractivos os homes cás orellas puntiagudas. non sei como, imaxino que a cabra tira o monte, pero acabei nunha tenda de "fotos de chicos"; era moi nova eu para tanta emoción xunta, saín da tenda algo mareada, e tropecei cunha moza que tamén andaba de compras por alí, así de pronto fíxoseme moi coñecida e saudeina, igualiño que se a atopara de copas polos viños, sen decatarme de que estaba en beigin, e que probablemente aquela persoa nin sequera fose galega.

(este adícollo a crawford, porque hoxe non sae)

ela, sorprendentemente, tamén me saudou cá mesma naturalidade; que tal? canto tempo, fai bo día, o que se di nestes casos para alonga-la conversa ata que averiguas quen é a outra persoa sen chegar a ter que preguntarllo directamente e quedar fatal, claro; porque seguramente a outra si te coñece (ou non). conforme falábamos fun caendo, era a lider do sector_a, do caso aquel do garito(antro) que leváramos a medias o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa); estaba de paso, díxome que estaba de vacacións có seu novo ligue, que ían de camiño ó himalaya coñecer á familia do individuo en cuestión; porque aínda que no estaba moi segura, porque tanto el coma ela eran duas pezas de coidado, por se a cousa ía en serio pois para ir coñecéndose. a ela o que lle daba medo era a sogra, máis que nada pola embergadura física. estivemos polo centro comercial de tendas un pouco máis, ela comprando atuendo de abrigo, disque ó seu "compañeiro" non lle facía falta porque xa viña preparado de nacemento, e non, que se o yeti ten frío no himalaya xa me dirás.


(este adícollo a vanderbilt, para que lle escriba a fr)

despois xa nos despedimos, ela quedaba parando un taxi, cousa practicamente imposible en beigin, na zona de tendas en hora punta, pero á lider do sector_a, o sector máis radical do grupo supostamente feminista radical, non había taxi, nin taxista que se lle resistise, e se ela decía que parase paraban e punto. nese punto decateime de que eu nunca chegaría a nada... a min non me paraban, non somos nada. e como os taxis non me paraban chamei a fr, para que me viñese recoller; era xa hora de poñerse mans á obra, perdón, creo que me expresei mal, era xa hora de escomenzar a traballar na busca das miñas raices


(e o punto e seguido adicóllo as foreiras, pola victoria)










capítulo 21


a obra non dou moitos resultados, seguín toda-las posibles pistas, calquera mínimo indicio pero non dei atopado restos da miña familia, nin restos nin enteiros, nada de nada. pasei varios días investigando, indo a locales (antros) de todo tipo. seguindo as leccións que me dera o invetigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), pero non deron o seu froito. que nada, de beigino único que saquei en limpo foron unhas películas descatalogadas de jetli (máis que nada para serguir cás leccións de artes marciais) e unhas "fotos de chicos" moi interesantes e culturais. eu seguía investigando sen desanimarme, baixo a atenta mirada de fr, que non deixaba de advertirme que non entrase en determinado tipo de sitios (antros), que non me mezclase con determinada clase de homes (macizos con cara de malos); pero eu, pese a recoñece-la valía dos seus consellos e aprecia-la súa preocupación, non lle facía nin puto caso.


(este adícollo @s que volven)

pasados dous meses xa dei por perdidas as esperanzas de atopar nada, así que fixen caso dunha chamada anónima que me devolvía ó meu país natal, aló pola california. a chamada anónima, viña dunha voz, que para ser anónima facíaseme familiar. pero a verdade nada tiña que perder e en beigin, pese a natural hospitalidade oriental; e ós datos aportados por adslppp e a protección inestimable de fr, xa non ofrecía máis nada. así que nun arrebato collín e marchei. aló me fun á california, por ver máis que nada se me pasaba coma a crawford e atopaba un yorxcluni da vida có que emigrar ó caribe. cá emoción esquencíuseme despedirme,porque cando se me mete algo na cabeza non penso en nada máis e a verdade yorxcluni está un pouco usado pero aínda... en california todo cambiara, imaxino, porque lembrar non lembraba como quedara cando me fun. curiosamente no hotel no que me aloxei tamén recibín unha chamada anónima da voz, que para ser anónima soábame bastante. o primeiro que fixen foi facer unha visita a joligú, non porque as chamadas anónimas me guiasen alí, se non máis ben por se caia un yorxcluni, e bueno quen di yorxcluni di vinsvau.


(este adícollo a campanilla)

mentras en beigin, fr fora recollerme ó hotel como levaba facendo desque estaba alí. estrañoulle non atoparme, porque normalmente eu sempre estaba, porque o moi cabrón tiña o costume de virme espertar ás oito da mañán, a nai que o pariu, que para min que o facía a propósito porque unha vez que dixera que era un pouco chulo, ou por eso ou polo golpe aquel que lle dera ó seu coche cá maleta, nunca cheguei a sabelo. despois pensouno e xa non lle estrañou tanto porque pensou que andaba nun deses locais (antros) polos que andaba últimamente. cando o recepcionista lle dixo que marchara daquela alarmouse, foi falar có seu xefe adslppp, que tamén se alarmou pois sentíase dalgún xeito responsable porque viñera da parte do investigador. decidiron falar cá xente cá que me relacionaba ultimamente. ninguén lle dixo nada, porque ninguén sabía nada. foron ampliando o radio de acción e acabaron chamando á lider do sector_a que era o sector máis radical daquel grupo de feministas supostamente radicais do conflicto do garito (antro) do amigo de clio sport que se chamaba timofónica e que estaba pasando uns días no himalaya coñecendo á familia do yeti. ela non dubidou en presta-la axuda que fixese falta, porque sempre estaba disposta a axudar e porque xa estaba un pelín (nunca mellor dito) farta xa de tanta reunión familiar, porque o yeti é moi majo, si, pero a familia non é que fose numerosa é que era grande e case non lle deixaba espacio. así que non dubidou en baixar un momento a beigin, que non era que lle quedase de paso precisamente pero unha boa causa era unha boa causa.


(este adícollo a troya, a wendy, e a vampi para que por fin teña a matanza canibal)

adslppp plantexou a estratexia cá súa voz profunda, sinistra, diría eu. decidiron que investigarían cada un polo seu lado e despois xuntaríanse para ver a que chegaban. polo seu lado adslppp chamou a "crawford investigueixons", crawford non estaba, estaba de viaxe con alguén famoso do que non se podía decir o nome, o investigador poñeríase a traballar. fr dou varias voltas a cidade. a lider do sector_a entrou nos locais (antros) que eu soia andar para averiguar algo, porque estaba segura de obter máis información que fr, porque si e xa. como nos locais (antros) non obtivo nada, foi ó meu hotel, no rexistro de chamadas viu un número que lle chamou a atención, non por nada, pero chamoulle atención, chámalle instinto (algo se lle pegaría do yeti). púxose en contacto con juindouskispe, que no conflicto aquel do garito (antro) do amigo de clio, timofónica; chegara a ter "moi boas relacións" con timofónica, xa nos entendemos, e algo podía facer dado que no pasado tivera unha empresa de teléfonos eróticos e timos varios, así que algo sabería de como averiguar quen chamara. juindouskispé quedou en facelo e chamala despois. cando baixou, no bar do hotel, viu ó yeti ajarrado a un vaso de guisqui, todo deprimido; achegouse a el, e falaron, el pensou que o deixara para irse cun amante ó hotel; ela acariñouno, e díxolle que ela non facia esas cousas, que a ver quen pensaba el que era ela (no fondo afagoulle a esceniña, pero tampouco llo ía demostrar)


(ánimo que xa está acabando)

mentras na coruña, o investigador chamara á súa nova axudante, posto que eu non estaba e crawford "desaparecera"; a nova axudante do investigador era unha japiflauer, andaba seguido repartindo alegría, decían as malas linguas que era pola súa afición a un deporte coñecido como as flallincaps, pero xa se sabe como son as malas linguas... case sempre acertan. o investigador explicoulle a mariposa* de que ía o asunto para escomenzar a traballar, bueno el non, ela, que para eso era o xefe

(o punto e seguido adícollo a siga, pop3 e a microfiltro )










capítulo 22


a líder do sector_a, o sector máis radical do grupo supostamente feminista radical do conflicto aquel do garito (antro) do amigo de clio sport, chamado timofónica, non tivo que agardar moito pola resposta da súa amiga juindouskispé. tan pronto como localizou a timofónica puxéronse os dous a localiza-lo número de teléfono que collera a lider do sector_a das chamadas que se recibiran na miña habitación. cando a lider do sector_a escoitou de quen procedía a chamada quedou paralizada; cousa que pode parecer do máis normal, a quen máis, quen menos pásalle algunha vez, pero que lle pase á líder do sector_a, xa non era tan normal. pola súa parte fr seguìa dando paseos no seu coche por toda a cidade, para min que esquencera o propósito do seu tour e estaba a ver se pillaba algo. na coruña a nosa japiflauer, puxérase a traballar intensamente no caso; ou como lle decía ela sempre ó investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) cando este lle encargaba algo, decía "a dalo todo"; que viña sendo o de traballar intesamente que dixera eu, pero en estilo mariposa*.

(este adícoo a: nós, @s traballamos no finde)

mariposa* puxérase a revisar todo-los meus casos antigos, por se me secuestrara algún cliente insatisfeito, cousa practicamente imposible (e digo practicamente porque son moi modesta que se non diría imposible de todo), pero como mariposa* non me coñecía, pois non sabía como ía a cousa. tamén cabía a posibilidade de que fora un enimigo destes terribles ó que eu lle estragara os seus plans maléficos para destrui- lo mundo, o universo e os pementos de padrón (cousa totalmente imperdoable, excepto para sinchan, claro). a nosa japiflouer decidiu tomar un respiro despois de tragar todo-los arquivos dos meus casos. chamou á súa inseparable amiga poppy; que se coñeceran hai moito (bueno moito non, porque son uns bebés como quen di) tempo nun campeonato de litelflallincaps (chupitos voladores), no que quedaran as duas como ganadoras, que non houbo maneira de desempatar e os organizadores do campionato decidiran poñerlle fin cando xa quedaran sen existencias e os de brugalcompani xa non daban feito a tanta demanda. poppy xa pedira cando chegou mariposa*, porque esto de repartir alegría por todas partes leva o seu tempo, e claro, sempre chegaba tarde. pero poppy, xa a coñecía e como era a súa amiga aguantábaa.

(este adícollo a cisco, para que o luns nos diga algo)

estiveron falando un bo anaco, e falaron, e seguiron falando... ìmolas deixar que falen un pouco máis, porque as coñezo, que despois se me van ás rebaixas de pull e quedan tan anchas; porque mariposa* acababa de cobrar e poppy non, pero era unha executiva da hostia e ganaba un soldo da idem, e ía de compras cando lle petaba. eu por joligú acabei aburríndome, porque a voz anómima, aínda que me resultaba demasiado coñecida para ser anónima, non facía máis que facerme dar voltas, e "do meu" nada de nada; así que me fartei e mandei á voz ánonima a paseo, e eu funme a brasil, que me tiraba o rollo brasileiro, sería por parte de nai, digo eu. o sangue tira. cando cheguei facía calor, pero cando escomencei a ve-lo persoal aínda foi peor... é que eu non sirvo para estes climas tropicais.

(este adícollo a princess e a miguiña)


o investigador viña camiñando rúa arriba, pensando en quen lle mandaría deixa-lo coche no garaxe, porque por moi bo tempo que fixera, ir costa arriba tampouco era a ilusión da súa vida. ó chegar á costa viu na outra acera a troya, o corazón doulle un pinchazo, que facer? achegarse e falarlle? facer que non a vía?, a cousa non era tan sinxela, troya era enimiga mortal de catwoman, e achegarse a ela suporía perde-la oportunidade con catwoman; aínda que se era práctico, como total ata que o despistado doutor zyxel 650 se metese noutro fregado ou a srta. newlook volvese polo despacho, ela non ía aparecer, e con un pouco de sorte eso aínda tardaba uns meses; así que se xogaba ben as cartas (homes!!) podía facer un apaño interesante. pero mentras botaba contas troya xa desaparecera. no fondo sentiuse aliviado. de fondo escoitábase: ail zinc of llu evri estepup, an aiIIiiillll guil olweis lov lluuuuuuu

(este adícollo ós trasniños de sábado)










capítulo 23


o investigador (que era tan bo que decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) chegou ó seu apartamento e tiña unha visita inesperada. si, era catwoman, coma se o seu instinto felino adiviñase os malos pensamentos que lle pasaran pola cabeza aquela tarde ó ver á súa enimiga mortal, troya. traia mirada de poucos amigos e as unllas máis afiadas que nunca. o investigador xa se temía o peor, que por un só mal pensamento perdese á heroína da súa vida; tampouco se podía ter tan mala sorte, se foi un pensamento de nada. ela estaba sentada no sofá, como esperando unha explicación. ou eso pensaba o noso investigador. mentras, mariposa* e poppy xa saquearan pull, e agora tiñan provisión de roupa para estar super-faxion por uns días, que tampouco é que lles fixera moita falta porque elas con calquera cousiña que puxesen estaban divinas. a sesión de compras servíralle para aclarar algo as ideas, non podía ter nada que ver con ningún caso antigo, porque imos ver, tampouco é que eu levase casos de suma importancia, quitando aquel dos pementos de padrón. aquel caso si que lle preocupaba a mariposa*.
o nome que lle dixera juindouskispé era cisco. a lider do sector_a non podía dar creto ó que escoitara, cisco. cisco era un magnate dos negocios, que hai moitos anos investira no cultivo do pemento de padrón, na castaña de ourizo e no queixo de tetilla; a visión de futuro do magnate traspasaba o típico tabú de que o producto propio non servía máis que para vender na feira polas verduleiras, e chegou a montar unha empresa de exportación tremenda, colonizou japón en primeiro lugar; as castañas para o marronglacé, so pimentos invadiron o mercado e escomenzaronse a empregar en todo tipo de platos típicos xaponeses; deste feito arrancarons diversas posturas ultraconservadoras culinariamente falando en contra dos pimentos das que o seu expoñente máis coñecido é yosito, o famoso debuxante de debuxos que fai que as súas personaxes protagonistas odien os pimentos (sinchan), para min que porque lle tocou algún que picaba. o queixo de tetilla... triunfou por méritos propios... homes.
o que non era capaz de discernir a lider do sector_ a era o porque de que semellante magnate me chamase a un hotel de beigin e que relación tiña eso cá miña desaparición. chamou a adslppp para quedar e poñer en común os achádegos de cada un. quedaron aquela tarde mesmo. ela, volvía xa para coruña, posto que comenzaba a liga e non se podía perder por nada do mundo este espectáculo, ademáis o yeti xa estaba algo farto da vida familiar, e a liga é a liga, porque parece ser que no himalaya non habia deso, posto que os campos de futbol en vertical sempre acaban favorecendo ó do campo de abaixo e despois había moitas pelexas para cambiar de campo no segundo tempo, e ademáis como pillasen o árbitro costa arriba o pobre non tiña escapatoria. adslppp tivo que facer varias chamadas a fr, antes de que este lle collese por fin o teléfono. resistiuse a volver, posto que as vistas percorrendo as ruas de beigin non eran nada malas. adslppp recurrindo a métodos de xefe aprendidos da súa temporada de traballador na fábrica de comtred fíxoo volver de inmediato... díxolle que ou volvía ou lle quitaba o coche... e eso non

no despacho de adslppp puxeron en común todo o que averiguaran. a parte do de cisco non había máis datos, fr adicárase ó que se adicara, para que logo me viñera có instinto protector non deixándome entrar nos locais (antros); e adslppp aínda non recibira noticias das investigacións na coruña. có que quedaron en que xa que a lider do sector_a volvía que ela pasaría pola oficina de crawford investigueixons e vería o que entre todos podían facer. mentras eu xa chegara a sao paulo, e escomenzaba a toma de contacto (non pensar mal, que xa me gustaría).










capítulo 24


no despacho de crawford investigueixons só estaba celia, o recepcionista marchara de lua de mel, celia mandou pasar á lider do sector_a (que era o sector máis radical do grupo supostamente feminista radical do conflicto aquel no garito (antro) do amigo de clio sport,timofónica) ó despacho de mariposa*, a japiflauer axudante do investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) que estaba levando o caso da miña desaparición. en realidade, non era o despacho de mariposa*, era o despacho de crawford que agora "estaba" na riviera francesa con alguén moi importante do que non se podía menciona-lo nome.mariposa* estaba no despacho con toda a documentación repasada, e cás súas deduccións ben anotadas para contrastalas cá lider do sector_a. era cedo, era moi cedo... era incrible que a esas horas houbese alguén traballando, pero alí estaba ela ó pe do cañón dándoo todo.

(este adícollo a rox)
(onte non fixen dedicatorias, porque xa non se me ocorría ninguén, pero a rox nunca lle adiquei nada, creo)

a parte de comentarios varios sobre o estupendas que estaban ambas, cousa que por outra parte era total e absolutamente certa, púxeronse "có meu". ambas chegaran á conclusión de que dun xeito ou outro cisco era a clave para averiguar o meu paradeiro. mariposa* vendo os meus casos antigos vira que no caso aquel dos pimentos de padrón; que foi un dos meus casos máis memorables, e máis sinxelos á vez; porque se trataba de averiguar que contaminaba a semente dos pimentos de padrón das plantacións de cisco para que lle saisen picantes, pero picantes picantes (vamos, que se non fora tan fina diría que picantes de carallo)para min que foi nesa época cando os probou yosito, e aínda que non conseguín que procesaran o culpable e cisco non quedou escesivamente satisfeito (bueno se o medimos nunha escala de cen, quedaría no 98, que tampouco é mal porcentaxe), os pementos nunca máis volveron a picar e o negocio de cisco seguiu aumentando. o caso é que o presunto axente contaminante era un trasniño que vaga os sábados pola aldea onde estaban as plantacións, e como era moi salado, pois deixaba un certo picor nos prados que traspasaba ás sementes; pero claro, con que cara lle explico semellante cousa a un empresario serio e responsable; como pensei que o prioritario era solucionar o problema (perdón a incidencia) pois fun falar con bruxiña para que me axudase a poñerlle as pilas ó trasniño e punto, se no fondo era moi majo, vestido de verde e cás súas campañiñas alegrando as noites tristes e frías da aldea. a cisco o que non lle pareceu ben foi que non lle quixese decir quen era o culpable, para demandalo igual, pero bueno, tampouco lle dei moita importancia.


(jo, paseime)
(este adícollo a sisuko e a atena)

mentres a lider do sector_a e mariposa* decidían a cal dos múltiples despachos das múltiples sedes das múltiples empresas de cisco ir primeiro, na súa casa o investigador estaba a punto de vivir unha nova experiencia persoal moi enriquecedora. contra do que el pensaba, é que no fondo como que lle tiña moito "respecto" a catwoman (por non decir algo de medo) e sempre se poñía no peor. pero catwoman non tiña aquela pose de ataque por que ó noso investigador se viñesen as ideas luxuriosas ó ver a troya, nin nada parecido; ela era unha señora e estaba por enriba de todo eso. o que ocorría era que de novo, outra vez, o despistado doutor zyxel 650 volvera ás andadas, bueno el non, é que se volvera a perder (para min que o facía para chamar a atención, porque xa está ben, a desaparecida era eu, e para unha vez que tiña toda a atención ven este a meterse polo medio...) có conseguinte sufrimento da estilosa srta. newlook, que xa estaba algo farta e que como que cada vez sofría menos (hala, esto por roubarme o protagonismo). cando o investigador se sentou ela escomenzou a contarlle como ocorrera todo, ata onde ela sabía.

(e o punto e seguido adícollo a lapolla madrugador, madrugar é peor que o do piercing)










capítulo 25


o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) escoitou atentamente a catwoman, mentras trataba de controlar que non se lle notase moito que lle caía a baba, claro. ela díxolle que as últimas novas que tivera sobre o despistado doutor zyxel 650, era que saíra a merca-lo pan para almorzar, porque lle gustaba moito o leite con sopas. foi a srta siga new look a que dou a voz de alarma; pero non coma sempre, esta vez estaba bastante enfadada, porque o que se di normal xa non era. siga falaba cá polícia, coma sempre, mantendo a compostura, pero a tensión reprimida dáballe un aire terrorífico a aquelas palabras "avísolles porque pese a todo aínda o quero, pero xa non podo máis, atópeno, e se está ben ", esto foi todo o que puido escoitar catwoman có seu agudo oido felino; pero o resto xa o imaxinaba polo ton dramático da petición. o investigador saiu rápido para o despacho e púxose a traballar canto antes. coincidiu na saída do ascensor con mariposa* (a nosa japiflauer) e a lider do sector_a (o sector máis radical daquel grupo supostamente feminista radical do conflicto no garito (antro) do amigo de clio, timofónica)... seino, seino, aquí houbo un salto temporal, que si que o do investigador e catwoman foi pola tarde e o de mariposa* e a lider do sector_a pola mañanciña cedo pero é que houbo un fallo en matrix, sonvos cousas que unha non pode evitar... de momento.

(este adícollo a pelusa, sinto non escribir ben o teu nick, pero ten demasiadas variantes para a miña maneira simple de escribir de todo-los xeitos fágoo con cariño)

mariposa* e a líder do sector_a decidiran ir á sede central centralísima das industrias cisco, a preguntar moi amablemente, eso sí, que sabían daquela chamada recibida na miña habitación no hotel de beigin. quedaron con poppy, porque como era unha executiva da hostia (perdón, perdón, que se me esquencía que son fina de máis para decir estas cousas, era unha executiva de moito nivel) e tiña contactos tamén de moito nivel, que lles podía axudar ás nosas intrépidas e sempre divinas investigadoras. a sede central centralísima das industrias cisco estaba en juanflorez, a min é que aquel edificio de escaleiras cara abaixo dábame arrepíos e non daba sabido porque. a elas non lles daba mal rollo nin nada, pero a min... non sei, como un presentimento. non lles fixo falta sequera preguntar, nun dos andares viron ó lonxe ó malvado doutor tcp/ip; elas só o coñecían por fotos, e aínda que en persoa nunca o viran tampouco lles resultaba tan malvado como sempre o describía eu nos informes (é que sol algo esaxerada); mariposa* propuxo unha estratexia de achegamento que foi secundada por poppy, e aínda que non moi dacordo tamén pola lider do sector_a; ela prefería seguilo e ver a onde ía. as nosas intrépidas investigadoras achegáronse a el, foi mariposa* a que rompiu o xeo, pediulle lume

(este adícollo a cor, por solidaridade con ese tmo alto)

pero o malvado doutor tcp/ip non fumaba, un pequeno erro de cálculo, que se lle vai facer. daquela decidiron que unha retirada a tempo valía o seu prezo en prata, e optaron pola estratexia proposta pola líder do sector_a; có que estiveron todo o día para arriba e para abaixo, agachándose detrás das columnas, detrás das fotocopiadoras, xunta a máquina do café, ligoteando có executivo de turno (de paso que estaban..). xa case estaban cansadas de subir e baixar, é que o malvado doutor tcp/ip, non se sabía exactamente que facía, pero en forma si que debía estar o tio, pois eso, que de súpeto metiuse nun despacho semiabandoado, colliu o teléfono de forma sospeitosa (é decir, coma se queimara ou algo, mirando a un lado e a outro... poño esto para que non se pense que o colleu ó reves, porque claro de forma sospeitosa, pero de que? de que non tiña moitas luces ou de que era un malo malísimo en acción). situáronse ben, para poderlle ler os labios, habilidade que desenrolara a lider do sector_a cando foi visitar á súa familia política porque como eran todos tan grandes, ou lle berraban, ou se
enjruñaban para falar con ela, ou o máis cómodo, porque se algo teñen os familiares yeti, é que son dun cómodo... que a lider do sector_a se buscase a vida, e así, ela mantiña as distancias; para verlles a cara, e adquiriu esta sempre útil habilidade.

(e o punto e seguido adícolle a quen me puxo a carpeta, porque non sabes o útil que me é)










capítulo 26


se non se pode, quen é especialista é especialista e punto, e quen non pois non; nembargantes as nosas intrépidas investigadoras: mariposa* (a nosa japiflauer), poppy (a nosa executiva de alto nivel) e a líder do sector_a (a nosa radical preferida). se falamos en profesional en sentido estricto, esa era mariposa*, as outras duas eran aficionadas ocasionales; pero se falamos de profesional, no sentido de que a que sabe sabe, esa era a líder do sector_a, e as outras duas nastideplasti. porque o de ler nos labios ten o seu aquel. a conversa do malvado doutor tcp/ip por teléfono según:
-poppy: que me dixo que? pero non me queres? era tan mono? pois será gai, pero gai, non non tan mono, e ten o cú mal feito, non hai comparanza, víbora
-mariposa*:que disco é? no pelo que fixeras? e como queda o moño? pois non queda mal, nada mal, non non o maromo, e veu cun que ten acento, non ten cara nin nada.
- a líder do sector_a: que fixo que? pero non lle dixeras? e daquela como? pois da igual, xa da igual, non non abandoo, é ben cú de mal asento, non ten parada, localízaa.
obviamente, ou se non é tan obvio aclároo, a que acertou na interpretación foi a líder do sector_a, ás outras duas seguiron perfeccionando as súas respectivas habilidades de lectura de labios, e incluso chegaron a facer traballos esporádicos en televisión (na boda dun tal felipe e tal, pero eso foi moito despois). a conversa tampouco era moi clarificadora. cando o malvado doutor tcp/ip saiu, non traia moi boa cara, nin mala tampouco, era a que tiña, porque quen poidera escoller!; as nosas tres intrépidas investigadoras abandoaron a sede central, centralísima de cisco compani, e foron ó despacho de crawford investigueixons; celia estaba "tomando unha infusión" tranquilizadora das súas, vamos que estaba colgada; o recepcionista seguía de vacacións por lua de mel; elas entraron no despacho do investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa). o investigador estaba concentrado, mirando pola fiestra, en realidade quedara un pouco alelado tra-la visita de catwoman. a irrupción das nosas tres heroinas devolviuno ó mundo real.

(este adícollo a non sei, porque me borraron os contactos e agora non se me ocorre ninguén)

mariposa* expúsolle os resultados da investigación, e lonxe de parecerlle algo escasos atopounos moi clarificadores, non para o caso de mariposa*, senón para o del; igual o cú de mal asento era o despistado doutor zyxel 650, que non tiña parada e que tiñan que andar sempre tras del. o investigador puxo a funcionar as rodas do seu cerebro (que si, que si, que si que tiña) e dou en asocia-las duas desaparicións, aínda que podía asegurar que eu seguise desaparecida baixo a custodia de ninguén; resultáballe bastante difícil imaxinar a ninguén capaz de reterme por tantos días; pero non vaiades a pensar, el non o decía por que me coñecese, porque traballásemos un lote de anos xuntos, polos meus excelentes resultados en todo-los meus casos; polas miñas extraordiarias habilidades e forma física; non, el decíao porque lle resultaba case imposible imaxinar que alguén fose capaz de aguantarme tanto tempo seguido; a única posibilidade que lle cabía remotamente na cabeza, era que me tivesen nun refuxio antinuclear blindado subterráneo no medio do deserto. xefes


(este adícollo a campanilla e a sisuko)

o investigador quedou en contactar có malvado doutor tcp/ip, porque despois daquel caso no que "eu" rescatara ó despistado doutor zyxel 650, quedaran en contacto e incluso se pasaran un día que outro a saudar ó seu amigo común timofónica (xa me entendedes), que era o que tiña o garito (antro) e era amigo de clio sport, uns dirían duas maneiras de ser rico, eu diría que duas maneiras de ser golfo, pero é que son moi fina. mariposa* e as súas compañeiras de investigación ocasionais foron ó despacho da primeira, que non era dela que era de crawford que estaba aló pola riviera francesa cun individuo moi importante do que non se podía deci-lo nome; e chamaron á srta newlook, por se lles podía aportar algún dato máis. cousa que estaban desexando porque tanto escoitaran falar do seu estilo, da súa clase e do seu todo que

(e o punto e seguido adícollo @s que volven)










capítulo 27


a srta. new look entrou no despacho dando clases de elegancia, distinción e saber estar, como era costume nela. celia, que estaba colgada coma sempre, pero un pelín máis porque acababa de cumplimenta-la infusión tranquilizadora das duas, cunha infusión relaxante ás catro, e claro. díxolle que pasase ó despacho de mariposa* (a nosa japiflauer campiona en flallincaps), que non era de mariposa* que era de crawford, que andaba aló pola riviera francesa cun home moi importante do que non se pode deci-lo nome. no despacho estaban tamén poppy (a nosa executiva de alto nivel, que tan alto era que podía pasa-lo día por aí investigando, que total xa traballaban os outros por ela, que para eso era unha xefaza de que te cagas, perdón, que me esquencía que son moi fina, era unha xefa de altísimo nivel) e a líder do sector_a (a nosa radical favorita, lider do sector máis radical do movemento aquel supostamente feminista radical do caso do conflicto do garito (antro) do amigo de clio). siga new look non as decepcionou en absoluto, sentouse, escoitounas con atención. e doulles toda a información que tiña.


(este adícollo a venecia, troya e a bruxiña)

díxolles que o día antes que fora un día normal, que non parecía alterado, bueno o despistado doutor zyxel 650, alterado nunca; que non lle notara nada raro, que saira polo pan para as sopas, porque como o día antes acabou con todo (a fame évos moi mala) pois tocáballe a el erguerse para mercar máis. a lider do sector_a suxeriu a posibilidade de que marchase con outra. quen tal lle dixo, erguiuse da silla cun xesto rápido e axil, mirounas fixamente, escomenzáronlle a medra-los colmillos "se se foi con outra, será o último que faga". elas creronllo, coma para non crerllo, porque a srta. newlook era moi estilosa, pero caralladiñas (perdón bromas) as xustas. cando elas lle explicaron que fora unha pregunta inocente e que non tiñan ningunha proba ó respecto, siga, xa se tranquilizou e volviu á súa pose de sofisticación de sempre. de súpeto, o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), entrou no despacho, acababa de recibir unha chamada de catwoman, as nosas intrépidas investigadoras miráronse entre si, cun sorriso entredentres, vacilando porque sabían que ó outro como que lle facía bastante ilusión o tema.


(este adícollo a microfiltro e a espís trín)

catwoman localizara por fin ó despistado doutor zyxel 650, que se perdera, porque foi polo pan, pero viu no parque que lle cadra de camiño un paxaro moi raro (era un miñato, pero nunca tal vira), e fora detrás del a ver se localizaba o niño; e localizouno, e púxose a estudia-los costumes, os horarios, e alí se quedou nun solar ás aforas (por aló polo polígono de carral). catwoman, non sabía se mata-lo a latigazos, se deixarllo a siga para que lle dera un mordisco perigoso dos seus, ou á policía porque xa era moito o traballo que lles daba; pero é que non podía, era coma un animaliño indefenso. chamou ó investigador para que o viñese buscar. a srta. new look, alegrouse, menos que outras veces, pero alegrouse e acompañou ó investigador a buscalo. o reencontro foi conmovedor, porque ela non puido evitar que a invadise a tenrura. era así, había que aguantalo. mentras, as nosas investigadoras, na oficina quedaron como estaban, se o das chamadas do malvado doutor tcp/ip non tiñan nada que ver cá desaparición do despistado doutor zyxel 650, daquela si terían que ver cá miña desaparición, como elas pensaban desde un principio.

(este adícollo @s feisteir@s de hoxe)

eu pola miña parte seguía por brasil. non conseguía atopa-las miñas raices, pero estar estábao pasando moi ben, facendo contactos (xa me entendedes); que país, que grande todo, que calor, que maravilla. pero índa incomprensiblemente para min, todo cansa, é que aínda non me cabe na cabeza. pero ó final todo cansa, e acabei volvendo para a coruña, porque visto o visto, non daría atopado nin un punto de apoio para o meu rexurdir como dominio propio, xa que meus irmáns tiñan copados os xenéricos e os territoriais; e volvín para a casa, abatida, perdedora. para ser sincera, este abatemento duroume ata que entrei no avión de volta e vin ó azafato, que vamos entender entendía, pero estaba dun ben que aínda que o avión quedase sen motor eu soiña mantíñao a flote (é que estaba nas nubes)

(este adícollo ós que serán)

cando cheguei á coruña o primeiro que fixen, despois de ir deixa-las maletas na miña casa, que tiña unha pinta de casa abandoada, cá pintura caendo, as plantas secas, o gato que case me come cando entrei (pola fame que tiña), o canario que xa non sabía a onde subirse porque o gato xa estaba cubrindo toda-las posibles maneiras de engancharse á xaula; visto o panorama marchei, a ver se lles traía algo de comer. pero no super vin na estantería o guaraná e xa me dou a morriña, saín e fun cara a oficina de crawford investigueixons; abriume celia, o recepcionista seguía de lua de mel. díxome que o investigador non estaba, que se quería que podía pasar ó despacho de mariposa*, que era a que estaba porque crawford estaba aló pola riviera francesa cun home moi importante do que non se pode deci-lo nome. eu pasei ó despacho, estaban as nosas tres intrépidas investigadoras entre un montón de papeles intentando casar toda-las pezas, que a cousa non tiña sentido ningún, estaban que se tiraban dos pelos. cando celia me presentou case me matan cás miradas. eu conteilles dos meus desplazamentos; pero as cousas non casaban de todo. así que todas divinas elas deixáronme alí con todo o papeleo, e dixéronme que me apañase eu que fora a que o liara todo. mariposa* presentou a súa dimisión que ela non estudiara para investigar trapalladas, que podía estar cobrando unha pasta no csimaiami que te cagas (perdón, un soldo impresionante). de camiño ó ascensor, e visto o ben que se complementaban as tres intrépidas investigadoras, decidiron poñerse pola súa conta e loitar contra o mal, defender ós inocentes, e impoñe-la xustiza, serían "os ánxeles de charlitas".


(e o punto e seguido adícollo @s resacos@s de mañán)










capítulo 28

de volta no meu despacho, bueno, non era o meu, era o de crawford, que estaba por aló pola riviera francesa cun individuo moi importante do que non se pode deci-lo nome (pero que pronto adiantarei as iniciais); e mentras eu andaba por alí. os papeles que deixara mariposa* (a nosa japiflauer, que marchou con poppy e a líder do sector_a para convertirse nos angeles de charlitas) tiñan un montón de información sobre as chamadas que me fixera supostamente o malvado doutor tcp/ip; escomencei a segui-lo rastro e tratei de averiguar que relación tiña o malvado doutor tcp/ip cá cisco compani, porque se algo me quedara claro
da única vez que coincidín con él é que non era doutor deses científicos, se non dos outros deses que len unha chea de libros, escoitan música de culto e toman o te as cinco. por un recibo, dunha tarxeta, dunha recarga, dun teléfono móvil, dun empregado, dunha das subcontratas, dunha das filiais da cisco compani, averiguei que o abuelo de cisco fora combatira na guerra de cuba codo con codo có avó do malvado doutor tcp/ip, como se coñeceran de nenos escoitando as batallinas dos respectivos, fixéronse amigos, despois colleron camiños separados, sen embargo, cando a cisco compani escomenzou a medrar e xeito tan desmesurado, cisco pediulle axuda a tcp/ip e nomeouno conselleiro executivo (algúns teñen unha potra)

(este adícollo a lapolla para que se nos anime)

o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) deixara á parelliña na casa e viña no coche de camiño á oficina, distraído, pensando en catwoman, non estaba moi seguro de que o seu, no fondo, sensible corazón, fose capaz de soportar tanto altibaixo. cada vez que se atopaban había unha descarga de enerxía que o elevaba ó máis alto, e logo o baixón. xa todos sabemos que se te distraes non conduscas, e case, polos pelos non atropella a unha impresionante moza que cruzaba polo paso de peatóns. dou freado a tempo, pero ela xirou a cabeza violentamente como para poñerlle as pilas ben posta, cruzáronse as miradas dos dous, de novo uns violíns de fondo, que digo violíns, unha orquesta sinfónica en todo o seu esplendor

(este adícollo a miss comtred e a anao)

volvín a chamar a timofónica, que lle pasara a información a petición de juindouskispé (que se entenderan moi ben, a raiz daquel conflicto no garito (antro) que rexentaba timofónica), para ver se me aclaraba as súas anotacións porque tiña unha letra un tanto complicada. no momento que o chamei non me puido coller, ó teléfono saiume unha tal copperjet, polo que me dixo, debía traballar con el; timofónica estaba ocupado, é que despois de moitos negocios escuros decidiu pasar ó lado legal, porque andar en trapicheos varios xa non lle facía gracia, ademáis que xa non se sentía con ánimos para semellantes fregados, así que puxo unha academia de baile; cousa que lle permitía estar rodeado de mulleres igualmente (esto é básico para el), ganar cartos legalmente e pasalo ben, porque eso sí, pasar, había que pasalo ben. decidín ir á academia e así falaba con el en persoa, así entereime de que a tal copperjet era unha das mestras da academia, a máis sofisticada, alta, delgada e de maillots plateados, deslumbrando. timofónica díxome que tiña que ir a un sitio (antro) dun amigo seu e que me daban os datos do empregado que facía as chamadas, para que fose falar con el se quería. e aló me plantei

(este adícollo @s que traballan o finde)










capítulo 29


e a orquesta seguia soando a ritmo de clásico popular, cando se xirou para velo, a longa melena rubia xirou cun movemento lento e harmonioso. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) sacou os lentes de sol para ver aquela aparición. daba igual que o seu coche estivese plantado en metade de linares rivas cortando todo o tráfico de saída da cidade, daba igual que ela estivese plantada no medio e medio do paso de peóns, impedindo o paso daquela minusválidos en silla de rodas, que tiveron que facer mil e unha maniobras para chegar ó outro lado da acera. daba igual, porque naqueles dous metros cadrados parara o tempo, e o espacio perdera a súa dimensión, soaba a orquesta, descubriu o sol e floreceron os xeranios dos semáforos.
eu saira da academia de baile de timofónica (que antes tiña un garito (antro) no que tra-lo conflicto con aquel grupo supostamente feminista radical coñecera a juindouskispé, e que chegaran a entenderse bastante ben, gracias ó que lle botaron un cable có do numero de teléfono que chamara á miña habitación do hotel de beigin á lider do sector_a (a nosa radical favorita, que agora era membro das anxeles de charlitas)) cun complexo de torpe que sobrepasaba o normal, e non entendo porque, porque eu ser sonvos axil coma unha gacela. pero aqueles movimentos latinos (pese ás miñas raices e ó meu paso por brasil) non debían estar feitos para min. presentía que estaba moi preto de averigua-lo motivo das chamadas feitas polo empregado de cisco compani, posiblemente por orde do malvado doutor tcp/ip, para terme de paseo por medio mundo.
mentras tanto, a nosa japiflauer favorita, mariposa* (que era outra das membros dos anxeles de charlitas, xunto cá xa mencionada líder do sector_a e a nosa executiva de alto nivel favorita, poppy) estaba disputando un campionato de flallincups, valedeiro para o campionato mundial. a competición era moi dura, o título estaba moi disputado, coma sempre a loita final limitábase a dous candidatos, a ela e a dinámico (que tamén o coñecíamos do conflicto aquel do garito (antro) do amigo de clio, timofónica, que lle chamaban dinámico pola rapidez coa que facía os desfalcos, e que agora cá idade formalizou e abriu unha fábrica de roupa, sacou a liña bollicaoslain, con moito éxito entre os executivos de alto nivel). nacera desde a primeira competición na que coincidiran unha relación odio-rivalidade, que conforme ía pasando o tempo ía derivando en rivalidade-compañeirismo, e uns anos despois compañeirismo- (xa me entendedes)
eu ía de camiño á casa do malvado doutor tcp/ip, que sacara da información pasada timofónica. xa anoitecía, no centro (non, se o de ser malvado, malvadísimo ten o seu aquel), as ruas estaban escuras, de súpeto tropecei con, con,... cá srta. siga newlook. que andaba de ronda nocturna, aproveitando que o despistado doutor zyxel 650 durmía. entendamos o de ronda nocturna, é que a estilosa e elegante siga tiña as súas necesidades fisiolóxicas, repito, entendedéo ben... era unha vampira (que xa o dixen en capítulos anteriores) mal pensados. acompañoume durante un anaco, mentras estudiaba ó persoal, quen poidera botarlle un mordisco ó primeiro pedazobollo que se lle pon diante... eu tamén quería, aínda que sigo decindo que o da sangue é unha guarrería. por fin xa localizou a unha boa présa, pasárao polo seu escaner, estaba perfectamente de saude (é que hoxe en día as vampiras /os, teñen que estar moi preparados, que xa non che é o de chegar e encher), a parte que tiña un pescozo apetecible e tívome que deixar. eu seguín ó meu destino










capítulo 30


o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) conseguiu reaccionar despois de tan maravillosa visión, bueno e tamén despois de que viñera o garda de tráfico a poñerlles as pilas ós dous tórtolos polo atasco que formaran en plena entrada/saida da cidade. a misteriosa moza desvaeciuse entre a multitude, deixando ó investigador cunha mezcla de desacougo,ansiedade e felicidade, que lle resultaba de todo estraña por se-la primeira vez que lle pasaba. que sí, que era a primeira vez, de veras que si. cando chegou a casa o primeiro que fixo foi poñerse en contacto con guguelmen para averiguar cal era a famosa melodía que soaba incesante na súa cabeza desde aquel momento. o de averiguar quen era a misteriosa rubia, xa era cousa del, porque para eso era un profesional en toda regla.

despois da miña visita a academia de baile de timofónica (o dono daquel garito (antro) do famoso conflicto aquel, con aquel grupo supostamente feminista radical) chamou a juindouskispé, non lle dera boa espiña tanta pregunta pola miña parte; porque para el a etapa das estafas telefónicas, nùmeros eróticos e de futuro, e antros de perdición (perdón, garitos) xa pertencía ó pasado e non estaba seguro de querer que fose de dominio público (síntoo é que non resistín, en realidade a timofónica que máis lle daba, pero é se non hoxe case non saio). a conversa con juindouskispé foi agradable, coma nos vellos tempos (cando o do famoso conflicto que acabaran moi ben, xa me entendedes), estiveron falando durante un bo anaco. despois colgaron. timofónica quedou máis tranquilo porque juindouskispé díxolle que era de fiar, que se non xa se encargaba ela.
pola súa parte juindouskipé tamén botou a vista atrás, tratou de lembrar que fora o que os separara. non fora ningún mal rollo, con timofónica non había malos rollos, en todo caso se eras cliente daqueles negocios seus; e con juindouskispé tampouco había cabida para malos rollos, porque tiña un talante tranquilo aínda que moi firme; vamos que che pon as pilas pero sen que se lle mova un pelo á tia. si, xa o lembraba, fora o do mounstruo das sete caras e o seu mono mediometro. ó mellor ela non lle prestara demasiada atención a timo naqueles momentos, pero o deber é o deber. despois do conflicto no garito(antro) de timofónica, no que lideraba aquel famoso grupo supostamente feminista radical, presentóuselle outro reto, outra pedra no camiño, outro muro que derribar. cá lider do sector_a (a nosa radical preferida) entretida aló polo himalaya, tivo que enfrontarse ela soa ó mounstruo das sete caras. aquel mounstruo tiña unha explotación subterránea, disque lle chamaban mina, aló polo centro da coruña, onde máis tarde se edificaría a sede central centralísima da ciscocompani. naquela mina traballaban día e noite, sen descanso miles e miles de escravos.

semellante despropósito chegou a oidos de juindouskispé, decidiu rematar con aquel sufrimento e liberar ós escravos sometidos. meditou coidadosamente o plan de ataque. nunca se enfrontara có mounstruo das sete caras pero xa lle falaran del e dos seus sucios trucos. daba igual, se algo era juindouskispé, era valente, a parte de estupenda, divina, intelixente e eso si, e sobre toda-las cousas tiña unha loira melena impecable e divina. aclaro e especifico esto porque era moi tolerante e dialogante, pero a quen lle descolocara un pelo da cabeza era capaz de seccionarlle o pescozo con só miralo










capítulo 31


jundouskispé (a lider daquel movemento supostamente feminista radical do conflicto do garito (antro) do amigo de clio, timofónica, có que se acabara entendendo moi ben (xa me entendedes) prepara ben a estratexia, estaba claro que un piquete na entrada porque os escravos vivían dentro da mina e entrar e sair só o facía o mounstruo das sete caras, e de cando en vez, moi de cando en vez, o seu mono mediometro. ela deseñou unha estratexia de infiltración, da que estaba segura, segurísima, vamos que se lle metera entre cella e cella que ía funcionar e se algo era a parte de divina,estupenda e valente, juindouskispé era unha testaruda de campionato, pero de todo-los xeitos consultouno cá lider do sector_a (a nosa radical favorita) que andaba de tonteo aló polos pafs do himalaya tomando güisquionderrocs có yeti. pouco sacou en limpo daquela conversa a verdade, como que pese ó frio que debía facer polo himalaya a lider do sector_a non tiña a cabeza precisamente idem, e non lle dou moitas pistas sobre o acertado ou non do seu plan.

en principio pensara entrar a traballar de incógnito, imaxinaba que non levarían un control moi exhaustivo da man de obra, porque polo que lle contara o mounstruo das sete caras non era precisamente compasivo, entraban por unha porta os novos escravos e saían por outra os que xa non servían, deixábanos alí todos tirados na praza do libro (ese foi o nacemento dun movemento social chamado bigbotel) para que se apañasen como poidesen, que non se apañaban nadiña, porque estaban xa máis colgados que que. o que fallaba lixeiramente era o feito de que os escravos eran todos homes, eu igual, igual podía pasar, pero o dela era bastante difícil porque era moi feminina e ademáis moi orgullosa de selo. sen embargo, pola causa o que fixese falta, eso sí, menos corta-la súa loiramelenapantén, eso si que non. contactou para o camuflaxe con venezia, que rexentaba unha tenda de disfraces de categoría para as festas dos ricos. venezia era unha multimillonaria vida a menos cá crise do petróleo, que vivira sempre de viaxe en viaxe e de festa en festa, e agora tiña este negocio, moi lucrativo por outra parte, alugando os traxes que noutrora viviran eses momentos de luxo e descontrol.
venezia moviu os seus contactos e conseguiu un perfecto atuendo de excravo para juindouskispé, caracterizouna de tal xeito que parecía mesmiñamente un escravo. bueno eso pensaban elas. para entrar na mina, tivo que contactar cun antigo carceleiro, que por outra parte fora o que lle dera a voz de alarma a juindous. por fin aproveitando o abrigo da escura noite entrou na mina. espís trín, que no fondo temí pola seguridade de juindouskispé, digo no fondo porque era un home frío, impasible, chamou a venezia para trasmitirlle a súa preocupación, e así el quedou tranquilo e venezia preocupada, que chamou a súa íntima amiga siga (á que lle conseguía traxes negros de seda natural de importación para as súas cacerías nocturnas (as da sangue, non é que saíse de ligoteo por vicio) como esixía a súa natural elegancia e estilo; que á súa vez chamou ó investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) porque lle tiña moita fe, como que sempre acaba atopando ó seu despistado doutor zyxel650. o investigador, que coincidira con juingouskispé había uns días no conflicto do garito (antro) de timofónica, pensou que tampouco había moito de que preocuparse, que antes lle facía ó mounstruo das sete caras acababa a ciruxía que el acabar con ela.
dentro da mina, todo era escuro e lúgubre ó principio. ulía ás descargas de carbón do porto de a coruña, si, si, esas que di o alcalde que non hai. a primeira, primeiriña impresión de juindous foi, como decilo, como que lle caía a baba, tremendos cachimáns musculosos e sudorosos (cando escoitei a historia moita envexa sentín). despois viu que o que daba as ordes non era o mounstruo das sete caras, máis por deducción que por que o soubera, porque aquelo non podía se-lo famoso mounstruo das sete caras, que non, que aquel parecía máis ben minilló. por unha rexouba soubo que aquel era o famoso mono do mounstruo das sete caras, o famoso mediometro. por esa rexouba e porque era un mono, claro. despois foi sabendo que mediometro chegou a mina procedente dunha descarga de escravos da amazonia. o mounstruo de sete caras convenciu a medimetro con llacusis, cava e festas luxuriosas, para que este á súa vez convencese ó resto da súa tribu de monos mediometro para ir con eles. cando chegaron, a mina non era precisamente o que lles prometera o mounstruo das sete caras, nin sequera a mediometro; pero o mounstruo das sete caras camelou ó mediometro facéndoo medioxefe (non podía ser doutro xeito) e este para enfrontarse ós seu empregou o método máis efectivo endexamáis inventado para escaquearse de calquera posible culpa por actuación indebida, e que eu en canto tiven coñecemento del, poño sempre en práctica, o método en cuestión consiste en decir chorando, eso de: yanadienomequiere. oes, é que non falla. juindous púxose a traballar coma un máis (tratando de controlarse ante tanto cachimán, que forza de vontade mimadriña) un día










capítulo 32


da semana seguinte, o sábado creo que me dixo, juindouskispé (a líder daquel movemento supostamente feminista radical (que xa queda máis que claro que non porque agora estaba defendendo a liberdade dunha pila de cachimáns (ai que envexa, deus))do lio aquel do garito (antro) do amigo de clio, timofónica)un daqueles pobres (buenorros, que envexa deus) escravos a descubriu, era só cuestión de tempo, porque ser eran unha panda de porcos, e juindouskispé por máis que tratou de adaptarse a semellante forma de vida, non puido, é que non podía, porque en canto notou que se lle manchara a súa loiramelenapantenporquellolovalgo, púxose toda eléctrica e tivo que meterse xa, pronto, de inmediato nos vestiarios; que desgraciadamente para a miña imaxinación algo alterada os escravos non empregaban moito, porque total ó día seguinte xa se volvían a emporcallar. o escravo entrou a propósito, vamos, con toda a intención do mundo, como que xa se cheiraba algo, pero non porque fose a hostia da investigación, se non porque espís trín lle pasara a información, porque dentro da súa extrema preocupación pensou que sería convinte ter alguén dentro para apoiar á nosa libertadora. el, en realidade sospeitaba de varios escravos máis que entraran había pouco, pero coma os outros non facían máis que comer e durmir, despois de traballar coma escravos, claro; pois quedáballe juindouskispé. lóxica masculina en estado puro.
juindouskispé alarmouse, aparentemente non, que nunca se alteraba; non sabía se desfacerse del (léase, darlle un lixeiro golpe inofensivo, por outra parte, na cabeza para que tivese unha amnesia ou así) ou agardar a darlle unha oportunidade por se o podía abducir para a causa. home non, peazo bollo. pero juindouskispé, non o pensaba no mo mesmo sentido ca min, ela era por soluciona-la historia. estiveron falando un bo anaco. el, díxolle como chegar ós apousentos do mounstruo das sete caras, para velo de preto, e poder rematar con el. porque para rematar con el o mellor era coñece-los seus puntos flacos. aquelo parecía outro mundo, estaba que te cagas de ben (perdón, estaba decorado cun gusto exquisito), nunha das habitacións escoitábase ó monomediometro (traido desde a amazonia con promesas falsas sobre llacusis e tal, que traizouu a toda a súa tribu e que para librarse do linchamento empregou o famoso método do llanadienomequiere, que funciona sempre, sempre) cantando ó ritmo dunha cinta de cancións do vran horteras. seguiro para a diante, helpdesk, que así se chamaba o escravo que descubrira a juindous lavando o pelo, estaba un pelín asustado (porque son moi fina, que se non díria eso que estades tod@s pensando) porque nunca chegara tan lonxe. jundious seguía o seu plan, chegaron a unha estancia maravillosa, incrible, vamos para morrer do gusto, ó fondo había alguén mirándose no espello. esa é a peor, díxolle helpdesk a juindouskispé, ela mirouno, mirou a aquela figura sen verlle tal espanto. el explicoulle que cando o mounstruo das sete caras adoptaba a forma supermegafashiondelolas, adoptaba tamén o seu máis terrible mal humor, habería que incrementa-la producción probablemente, reduciríanlle á ración da comida, que ían facer, este mes xa puxera tres veces, é que así non se pode, que non, que xa estaban nos ósos (xa non digo nada). foi tal a reacción de pánico que juindouskispé viu que non habia tempo, que habia que actuar e canto antes. estiveron esperando un pouco máis, e o mounstruo das sete caras abandoou a estancia. hepdesk explicoulle que ás veces ía a por un deles, que o secuestraba e que nunca máis se sabia del, podo dar detalles de para que o quería pero xa me entedes. juindous aproveitou, contra das advertencias e consellos de helpdesk, a ausencia do mounstruo das sete caras para entrar nos seus apousentos e averiguar máis cousas, como por exemplo que provocaba o cambio de cara, cal era a cara máis vulnerable ou como rematar con el
por outra parte deixáramos, antes das lembranzas de juindouskispé ó investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) contactando có investigador cibernético para averiguar cal era aquela melodía que soaba mentras viu á misteriosa dama. a melodía era balero, pouco lle dixo esta información, el era máis doutro tipo de música, baladas románticas e cousas así. pero aquel momento máxico ben merecía o esforzo. a señorita newlook xa rematara cá súa presa de pescozo tenro e dispoñíase a volver para a casa










capítulo 33


eu xa chegara ó portal do enderezo que me dera timofónica (o dono daquel garito (antro) do conflicto aquel có grupo supostamente feminista radical liderado por juindouskispé, no que acabaron entendéndose moi ben, e que agora tiña unha academia de baile porque decidira por fin ir polo "bo camiño"), era unha casa senorial, como correspondía ou eu tiña en mente que correspondía ó malvado doutor tcp/ip. a entrada era impresionante, de mármore blanco, có pasamanos dourado, e alfombra granate e dourada ó pe das escaleiras de caracol. o ascensor estaba protexido por unha reixa de forxa e raios infravermellos. nin de coña ía entrar, subín os quince pisos a pe, xa dixera que estaba moi áxil, pois si, precisamente por burradas coma esta. cando cheguei ó piso número sete, senteime a descansar, érache un edificio de moito nivel, e tiñan sofás de coiro nos descansos; estaba desfeita, quedei durmida
helpdesk (o escravo aliado de espís trín que pillara a juindouskispé (a líder daquel movemento supostamente feminista radical do conflicto do garito (antro) do amigo de clio, timofónica có que se acabara entendendo moi ben (xa me entendedes) e que estaba lembrando porque a súa relación se enfriara) non se atrevía a entrar nos apousentos do mounstruo de sete caras, e insistíalle a juindouskispé en que apurase e marchase de alí canto antes. ela nin caso que lle facía, escomenzara a revolver, nos caixóns non había nada, bueno si que había algo, perfumes carísimos, roupa carísima, zapatos carísimos, complementos carísimos, bolsos carísimos. cousa que por outra parte era normal, que para eso tiña sete caras. juindous saiu da habitación, colliu o pasillo e doulle por ir abrindo cada porta que atopaba. helpdesk, ó ver que juindous desaparecera no interior da mansión do mounstruo de sete caras pensou que era mellor meterse na boca do lobo acompañado que quedar alí plantado el só, a espera de que o monomediometro rematase cá súa colección de cancións de vran horteras e o pillase e se chivase ó mounstruo de sete caras cousa que se daba por sentado que ía facer, porque para eso o trouxera o mounstruo de sete caras.
cada estancia parecía o apousento dunha das caras do mounstruo de sete caras, chamaba a atención aquela que ulía a pan recén forneado, que a helpdesk lle puxo os pelos de punta, non só pola fame que tiña, senón tamén porque se a cara de supermegafashiondelolas era mala malísima, a do panadeiro era terrible, non lles daba latigazos, non os maltrababa fisicamente, só lle daba por cociñar saborosos manxares e comelos diante deles, eles por suposto mortos de fame. juindous, ó ve-lo estado no que estaba o seu compañeiro improvisado de aventura (dixen aventura, pero de aventura, non do outro, malpensad@s) díxolle unhas palabriñas de ánimo, xa sabedes, ti podes, es un valente, preciso do teu apoio, como te rajes agora esfólote, o que se di nestes casos; eso sí sempre có seu ton doce e tranquilo, e cun lixeiro golpe de loiramelenapantenporquellolovalgo ó final, para deixa-las cousas claras. e tanto que lle quedaron claras, helpdesk colleu alento e tirou para adiante, ó final se todo saía ben el sería un heroi, porque ó final o mérito sempre o levan os tios, pensaba juindouskispé.

nun despacho atoparon toda a información que precisaban para destrui-lo mounstruo das sete caras e o seu imperio de escravitude. helpdesk apuraba, pero juindous sabía que as cousas feitas con xeito acababan saindo mellor que as feitas ás présas. o malo é que helpdesk tiña razón en que se non apuraban os ía pilla-lo tren. escoitáronse pasos, firmes e mecánicos. pararon ó carón da porta. un silencio. juindouskispé mira a helpdesk, poñéndoo firme para que o pánico non lle fixese delatalos. pasos que se alonxan. un momento de respiro pensou helpdesk, juindous púxose a recoller todo coma unha tola. tirou de helpdesk. e puxéronse a correr polo pasillo. ó fondo pasos, moitos pasos, moi rápidos. espertoume unha man fría no pescozo, podería decir que me espertei de súpeto toda alterada, pero non, a sensación era agradable, bastante agradable










capítulo 34


e tanto que non era unha sensación desagradable, foi, o primeiro espertar agradable que tiña en anos, ata que reaccionei, claro. cando lle vin a cara quitoume o alento, non por feo, senón por pedazobollo. pensei que estaba no paraiso, e mireino toda alelada (xa me entendedes: babeando), el sen embargo non me miraba do mesmo xeito, eu diría que con algo de incomprensión, sorpresa ou similar (por non decir espantado). tardei en decatarme de que estaba tirada no sofá do descanso do edificio no que vivía o malvado doutor tcp/ip, e que tiña como quen di, enriba de min, a un tío descoñecido, grande de máis para poder desfacerme del sen chegar ó punto dos golpes baixos, con cara de un pelín de mala hostia, que me poñía (xa sei o que ides decir, que poñer póñenme case todos, pero non é certo, estes poñíame de verdade, non o de babear, senon de poñer)

os pasos cada vez achegábanse máis, juindouskispé (a lider do grupo supostamente feminista radical do conflicto aquel do garito (antro) do amigo de clio, timofónica, có que se acabara entendendo moi ben (xa me entendedes)) e helpdesk (o escravo amigo de espís trín, que pillou a juindouskispé lavando a súaloiramelenapantenporquellolovalgo) non daban feito a correr escaleiras abaixo para meterse en calquera burato da mina, para escapar de non sabían quen, pero que por se tal, mellor era previr que despois chorar. en realidade e eles non o sabían, pero eu que teño poderes si, os pasos que corrían detrás eran dos cans asasinos do mounstruo das sete caras que os soltara o monomediometro (ese que se deixou convencer polo mounstruo das sete caras con promesas de llacusis,saunas e vicios varios, e que induciu a toda a tribu a vir á mina, con semellantes promesas tamén, e que cando os outros remataron de escravos para que non o acusaran, lincharan e demáis, empregou o milagroso método do llanadienomequiere, que funciona que te cagas (perdón, é infalible) e que emprego sempre desde que tiven coñecemento del, para escaquearme de calquera metedura de gamba, en caso de que eu algunha vez meta a pata, porque dentro da perfección, pois eso é practicamente imposible) , sen querer, claro, porque cando pasara polo despacho do mounstruo e vira que alguén revolvía, pensou que era o mounstruo das sete caras e foi facerlle a puñeta os cans asasinos, pero enganchouselle a chaqueta no pecho e abriuno sen querer... se o vedes correr... juindouskispé metiuse nunha cova tirando de helpdesk, alí parecía que non había perigo, e tiñan luz có que lle podían botar un ollo a información que extaeran do despacho. na documentación (bueno, nos papeluchos que colleron, pero era para que quedase como máis interesante) atoparon información de sobra sobre o mounstruo das sete caras; juindous deduciu cá súa lóxica aplastante, que (según uns datos confidenciais que non podo revelar aquí) a mellor maneira de rematar có mounstruo era lograr que se fluctuase sucesivamente entre a cara supermegafashiondelolas e a do panadeiro, porque o segundo non pensaba máis que en comer, e a primeira non pensaba máis que en adelgazar, e todo xeneraría un bloqueo do seu organismo autodestruindoo. a maneira de que as outras caras non aparecesen era moi sinxela, posto que a cara do panadeiro aparecía sempre despois da da supermegafashiondelolas (porque fame había) e a da supermegafashiondelolas aparecía cando había fame (pero da outra, xa me entendedes). como todo, se non hai necesidade, créase, así que fixeron un castin de escravos, colleron os tres máis cachas, obrigáronos a bañarse, poñerse tipo metrosexual (o que hai que ler) e aló os mandaron ós aposentos do mounstruo. eles ser eran ben cachimáns, pero ír ían un pouco asustados (acojonados, que o ser fina non pode estar reñido con deci-la verdade).

conseguiron ter pechado ó mounstruo cós cachimáns uns sete días, cando por fin os escravos quedaron para o arrastre, apareciu o panadeiro con máis fame (da de comer) que nunca, e aló se enchiu, a supermegafashiondelolas apareciu cando rematou de facela dixestión e púxose a vomitar coma unha tola, doulle fame e apareciu o panadeiro... e así ata que según a lóxica deducción de juindouskispé morriu desintegrado. liberaron os escravos, para a alegría dalgunhas afortunadas peatonas que pasaba por juan florez naquel momento. os medios de comunicación viñeron raudos a entrevistar ós dous herois, porque pese a que case todo o fixera juindouskispé, para eles eran os dous. helpdesk, fíxose millonario vendendo a súa historia a toda-las revistas do corazón, porque helpdesk despois dunha ducha ganaba moito, e retirouse a gastar toda a pasta (cartos, perdón) das esclusivas á riviera francesa. juindouskispé, pola súa parte, centrouse máis na súa loita contra as inxustizas do mundo, agora que tiña o respaldo da popularidade e o poder da fama pouco a pouco foi deixando de lado a timofónica
o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa)










capítulo 35


tivo que deixar de lado a investigación sobre a dama misteriosa da balada clásica, porque recibiu unha chamada alarmante. non esta vez non era a srta. newlook alterada pola inexplicable desaparición do despistado doutor zyxel 650. era o yeti. si o yeti. que chamaba alarmado porque que despois do último e desastroso partido do depor, a líder do sector_a (a nosa radical favorita, agora membro dos anxeles de charlitas, grupo adicado á defensa dos febles, inocentes e indefensos do mundo) (que non entendo eu que con tantos defensores da xustiza, dos inocentes e tal, que aínda houbese problemas (perdón, incidencias) no mundo) desapareceu misteriosamente. o yeti supoñía que agarrara unha que nin para que e que agora estaría perdida por sabediós onde, e o peor, con sabediós quen; claro que este último punto xa trataría el de arreglalo en privado. o investigador (que é tan bo que todos din que é lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) estaba xa baixando de camiño á rua para recoller pistas o antes posible e non perder nin un posible rastro; tan pronto como saiu do ascensor soulle unha chamada perdida, era unha mensaxe de rox

rox era un, como decilo, era, era era un greñudo de vida disipada, moi bo rapaz e todo eso, pero non deixaba de ser un greñudo de vida disipada que non facía máis que andar de troula por aí con outro greñudo, un tal pelusa, que tal andaba. rox coñeciu a juindouskispé na peluquería, onde se non, porque ser, pódese ser moi arrastrado, pero eso non quita ter unha melena divina. rox chamara ó investigador porque vira a juindouskispé, á lider do sector_a, a mariposa*, a poppy, e a non sei quen máis meterse nunha limousine desas a altas horas da noite; bueno a aquelas horas da noite, e pareciulle estraño. ben, el era así, a outros teríalle pinta dunha despedida de solteira, pero a el pareciulle estraño... é que compartía o gusto de celia polas infusións relaxantes... xa non fai falta decir máis. o investigador, que coñecía a rox daquel caso de crawford (que seguía aló pola riviera francesa cun home moi importante do que non se pode deci-lo nome, pero que xa pronto vou deci-las iniciales, porque mira, total a exclusiva non ma pagan, pero doume o gusto de decilo, que si) das camisetas desteñidas do grupo de jevimetal (que se tal xa vos conto outro día), non lle daba demasiada importancia ás súas informacións porque é que xa o coñecía, ademáis non lle gustaba moito porque fixera moi boas migas con celia e distraíaa do seu traballo (si, era posible distraela máis); pero a coincidencia cá chamada do yeti pareceulle máis que interesante
cando me dei posto de pe xa non me pareciu tan peazobollo coma cando estaba tirada, ó final tampouco era tan alto, nin tan grande, nin tan sexi, xa case me estaban dando ganas de volverme a deitar. que nada, nin me poñía sequera. xusto tivo o efecto contrario nel, porque xa non poñía aquela cara de case enfado; para min que lle estaba cambiando á cara de campión que poñía fr cando andaba de ligoteo no seu coche aló por beigin.










capítulo 36

a cara ser non sería a mesma que poñía fr de ligoteo por beigin, pero a actitude xa se lle parecía de máis. mireino de arriba a baixo coma quen mira a un coordinador estresado, e dei a volta para seguir escaleiras arriba en dirección ó piso do malvado doutor tcp/ip. el agarroume por un brazo, cousa que nunca endexamáis debiu facer, chanteille unha patada ben dada (xa me entendedes) e seguín subindo. diante da porta do malvado doutor tcp/ip non se escoitaba nada, non se vía luz por debaixo da porta e o cerrollo estaba tapado, có que me librei de que a ladra da súa nai me metese un pau no ollo (referencia a un clásico popular). con todo o morro e tendo en conta que xa eran as tantas da mañá doulle ó timbre. no descanso soou coma un trono, pero dentro nin se debiu escoitar porque nin puto caso que se me fixo. insistín, volvín darlle o timbre. volviu a soar coma un trono, volveron a nin puto caso facerme. e volvín a darlle ó timbre. volviu a soar coma un trono, e de súpeto algo que me agarra polo pescozo, impedíndome case respirar
a outra que vira rox (o jreñudo de vida disipada amigo de pelusa, outro que tal baila, e que se levaba moi ben con celia, porque tiñan gustos similares polas infusións relaxantes) era a srta. newlook, si, tal como ledes, imaxino porque alguén tiña que poñe-lo toque de clase naquel grupo de escándalo, porque imos ver, as angeles de charlitas eran tres loitadoras en pro dos inocentes estupendas, pero... a lider do sector_a, que compartía afición co yeti polo juiskionderocs; mariposa* a nosa japiflauer, que entre os campionatos de flallincaps e os de littelflallincaps non daba feito, poppy que tamén lle daba ben ás littelflallincaps; e juindouskispé que tamén loitaba moito pola xusticia e a libertade, pero cando se poñía... bueno, que polas tantas xa podía ser a cousa de desastre total; como se coñeceran cando o da miña desaparición no despacho de, naquel tempo mariposa*, que xa sabemos que non era dela, tampouco meu, para que enganarnos, ser é de crawford (que seguía aló pola riviera francesa vivindo a vida loca cun home moi importante do que non se pode deci-lo nome, pero que pronto desvelarei porque total a exclusiva non ma pagan e polo menos doume o gusto de decilo)
que como soubo o invetigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) que a non se sabía quen era a srta. siga newlook? pois moi fácil, por primeira vez na historia de crawford investigueixons, fora o despistado doutor zyxel 650 quen dera a voz de alarma, que tampouco é que estivera moi alarmado, bueno que si, que estaba moi alarmado, pero ó seu estilo, como el era tan tranquilo; e sabía das indispensables saídas nocturnas de siga (reitero que saía por necesidade non por vicio, máis que mal pensad@s) pois ó primeiro pensou que se retrasara un pouco, porque aínda que ademáis de estilosa era máis puntual que o horario greenwich, sempre podía haber unha primeira vez. xa cando pasaron cinco minutos viu que aquelo non era normal e decidiu chamar ó único número que había na axenda de siga anotado como emerxencias, é que a pobre tiña que estar preparada, có especime que tiña na casa










capítulo 37

o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa)achegouse ó ático onde vivían o despistado doutor zyxel 650 e a estilosa srta siga new look; bueno, aquelo era para perde-lo gusto, todo acristalado, ó carón das estrelas, con todo impecable e cada cousa no seu sitio; menos no despacho do despistado doutor zyxel 650, que non había quen entrase, todo cheo de papeis por todas partes, no mellor dos casos porque tiña a mesma manía que os magos de terri practcher de empregar lonchas de beicon de separadores, aquelo era unha guarrería, pero os homes xa se sabe. estiveron falando un bo anaco antes de meterse en materia, porque escomenzaron falando de que tarde era, despois comentaron o partido de fútbol, despois non sei que dun serxei que era moi bonito, e así ata que por fin se puxeron a falar do que realmente nos interesa a nos. según o despistado doutor zyxel 650, a srta. newlook fora a durmir aquela noite coma sempre, e era de supoñer que pasada a media noite se erguese para as súas escapadas nocturnas (que o fai por necesidade, non por vicio, que sodes moi mal pensad@s), coma sempre, que el soubese non quedara con ninguén, nin tiña previsto ir a ningunha festa vampira nin nada, de feito no armario non faltaba ningún dos elegantes traxes que siga levaba as festas, nin lle sacara as etiquetas ós que acababa de mercar na tenda de venezia (aquela ricachona vida a menos, que tiña unha tenda de disfraces de alto nivel)

todo aquelo levou ó noso investigador ó punto onde lle dixera rox (o jreñudo de vida disipada que fai moi boas migas con celia porque comparten gusto polas mesmas infusións relaxantes) que vira a ás nosas intrépidas heroinas meterse na limousina. aparentemente non había sinais de loita; xa dixera rox que entraban moi animadas. fixo varias preguntas os matóns (enténdase vixiantes dos garitos (antros) da zona) e entre os quince entrevistados conseguiu reconstrui-la matrícula da limusina (tanto músculo, tanto músculo). era xa moi tarde, volviu para a súa casa a durmir algo antes de volver ó despacho. porque eso sí, algo aínda que fose pouco había que durmir, pero o máis importante era o da ducha, a colonia e o traxe de marca, que para eso era o investigador.

o brazo que me afogaba seguía apertando (a nai que o pariu), ó mesmo tempo unha man tapoume a boca; nestas circunstancias o único que acertaba a pensar, máis ben a desexar, bueno que case o suplicaba era, por deus que sexan dos que as lavan despois; porque era o mesmo que atopara nas escaleiras, podíalle ve-los pinchos do pelo. tiña un peinado un tanto estraño, como saido dun comic manga, todo para arriba en pinchos, sería a moda. eu agarraballe a man con forza intentando que me deixase libre, pero nada. cando sentiu o meu calcañar na súa perna, daquela xa se abrandou e soltoume. choraba, o pobre choraba, estaballe ben por meterse conmigo. armou alí un escándalo tal que se os vecinos non espertaran é que estaban empachados de tranquilizantes. e non espertaron. cando a criatura se repuxo, fíxome un xesto có dedo (mal pensad@s) para que calase, aínda tiña morro o tio despois da que montou el có seu drama. eu tan boiña non dixen nin pio. daquela el sacou a carteira e ensinoume unha tarxeta.










capítulo 38

a tarxeta, era unha especie de carnet do centro superior de investigacións, que o tío me ensinou con todo o orgullo do mundo, a min a verdade é que me deixou indiferente, porque a ver, aquelo ben podía ser calquera cousa, eu que sabía, nunca antes vira un carné do centro superior de investigacións; e no suposto de que fose certo, e que que o tio fose do centro superior de investigacións, podía el acabar cá fame no mundo? sabía el onde estaba o fin do arco da vella? podía el descubri-las vacunas para as enfermidades do mundo?, non, pois daquela tanta cousa tampouco era. eu ía pasar del e volver toca-lo timbre pero desta sacou unha pistola da chaqueta e apuntoume; pero imos ver, que a min tanto me da, que se tiña que volver a pegarlle unha patada ben dada que o facía sen máis; a min con pistoliñas, ha, ha, ha. ó ver que nin me inmutaba, o tio desesperouse, gardou a pistola e comezou a suplicar. mal feito, porque me dou a risa, home pordiós, comprendo que estou estupenda, pero hai que saber mante-lo tipo.

a limusina era dunha compañía de coches de aluguer de coches de moito requinte (caros) que, casúalmente, rexentaba espís trín (o carceleiro aquel do conflicto-liberación da mina de juan florez que resolviu juindouskispé (a nosa loitadora-libertaria de loiramelenapantenporquellolovalgo, que no conflicto do garito (antro) aquel do amigo de clio, timofónica, có que se acabara entendo moi ben (xa me entendedes)) pero que tivera que compartir méritos con helpdesk (que vendera as súas memorias ás revistas de corazón e cá pasta (perdón cos cartos) que ganara foi vivir coma un lligolómetrosexual á riviera francesa, que non sei que terá porque últimamente todos se me van para alí. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) erguise con moita enerxia e moi animado, posto que lle chamaba moito a atención o caso da misteriosa desaparición das nosas heroinas; polo feito do misterio en si; pero no fondo, no fondo, ou bueno, igual non tan no fondo, como andaba polo medio o despistado doutor zyxel 650 e a estilosa srta. newlook, por unha sinxela regla de tres igual volvía catwoman, ou a rubia aquela do paso de peóns, que tampouco estaba mal, e que a estas alturas da banda sonora, xa case lle viña dando igual. erguiuse, duchouse, puxo a súa colonia de marca, o traxe de diseñador famoso (que non digo o nome porque non me pagan a publicidade, e como tampouco teño maior interese nin é fundamental para o desenrolo da historia pois non o digo e xa) e saiu cara o seu despacho

en realidade a noite anterior fora unha noite coma outra calquera, juindouskispé abatida pola morriña chamou á lider do sector_a (a nosa radical favorita) por se podían quedar para tomar algo. a líder do sector_a díxolle que pola tarde non, que ela mái-lo yeti tiñan que mercar cortinas (xa me entendedes); pero que pola noite podía quedar. juindouskispé agradeciullo eternamente e colgaron. a líder do sector_a como notou moi tristona a juindous decidiu chamar ás súas compañeiras dos ánxeles de charlitas para armala gorda (perdón, para ter unha festa animada). mariposa* (a nosa japiflauer) non o dubidou nin un segundo, claro que se apuntaba, e poppy (a nosa executiva de alto nivel) tampouco o dubidou, ben pensouno un pouco máis, igual dous segundos, pero dubidar, o que se di dubidar, non o dubidou. cando lle soou o móvil, mariposa* estaba de tendas con siga (a estilosa e sempre elegante srta. newlook), porque en temporada non se podían permitir non estar á última e non fose ser que saise algo novo e elas non se enterasen. ademáis como siga, polas súas escapadas nocturnas (que eran por necesidade, non por vicio, mal pensad@s) tiña que andar sempre de negro, pois agradecía ver aqueles elegantes nas tendas caras (porque quen pode, pode, esto de chupa-la sangue tipo banco...)










capítulo 39

xa desvalijaran a tenda do ottodisampietro, porque a mariposa* (a nosa japiflauer) tocáralle a lotería e estaba disfrutando do momento euforia despilfarro; e a estilosa srta. newlook, pois xa era millonaria de por si, unha fortuna que lle viña de familia de hai moitos anos; aínda que a administraba con moito xeito, porque esto de ser divina e eterna obligábaa a facer uns equilibrios financeiros impresionantes, pero tiña moitos anos de práctica e apañábase moi ben. despedíronse na porta da butic e cada unha foi para a súa casa poñerse aínda máis estupenda para baixar pola noite. siga chegou ó seu ático, deixou as bolsas no sofá e toda emocionada foille contar ó despistado doutor zxyel 650 que tal lle fora o día; o despistado doutor zyxel 650 estaba traballando no seu despacho-laboratorio. a siga non lle gustaba molestalo mentras estaba cás súas investigacións, pero xa era moi tarde e tiñan que cear; é que se non o avisaba el non se decataba e quedaba alí días enteiros sen comer nin durmir, alí metido; de feito antes de coñecer á estilosa srta. newlook, era anoréxico e insomne.
e mira que insistiu, e tocoulle no ombreiro, e díxolle que tiñan para comer arroz tres delicias, que era o plato superfavorito de zyxel 650 (éravos así de sinxelo o rapaz) e que sempre funcionaba, porque nada máis escoitar eso de arr, xa se lle encendían os ollos e vìñalle o sorriso á cara. pero nada, o tío seguia concentrado. como xa se lle facía tarde, siga foi cear; volviu xunta o doutor, e o tío nada, nin caso; siga foise arreglar, decidiu estrenar o que mercara, que por unha vez que saia de noite sin ir de cacería (que o facía por necesidade, non por vicio, malpensad@s; claro, claro e vos diredes, si por necesidade pero ben que escolle pescozos tenros e ben formados; e vos que, cando ides mercar melocotóns (esto vai sen intención) a caso non escolledes os de mellor pinta, pois ela igual) pois ía de estreno. antes de marchar deixoulle unha nota na pizarra do laboratorio. alí seguro que miraba, seguro que tiña que facer algunha anotación dunha fórmula ou algo así, seguro, bueno, seguro seguro. e algo preocupada por non darse despedido do desastre do seu mozo, baixou porque mariposa* xa a estaba esperando. igual foi o lixeiro e súave click da porta cando a pechou siga, ou igual a alineación das estrelas, o caso é que por fin o doutor despertou do seu letargo científico e púxose a escribir coma un tolo na pizarra do laboratorio; eso si, e por suposto, borrando antes todo o que alí había escrito, e eso si, por suposto, sin molestarse en ler o que alí estaba escrito. nin o de quérote, nin o de
bicos... eu matábaoo
despois foron recoller a poppy (a nosa executiva de alto nivel) que levaba uns segundos agardando, porque a limusin tivera dificultades para da-la volta na esquina da rúa onde vivía (poppy enténdese, non a limusin) e é que a coruña non está feita para certos lujos. a siga, de todo-los xeitos, o da limusin parecíalle unha ostentación algo falta de clase e estilo, pero ó fin, e como lle dixo mariposa* foi o microbús máis cómodo que atoparon. a lider do sector_a (a nosa radical favorita) púxolles as pilas polo retraso, e cando lle explicaron que fora por causas de forza maior, e lle contaron cal foi a causa de forza maior, díxolles que vaia conductor que levaban, que ela collía a limusin e pasaba ou facía un oco nos edificios... ser évos ben capaz. por fin, e cun lixeiro retraso de 3"01´ e non sei cantas milésimas dixo siga atendendo ó seu reloxo máis puntual que a hora greenwich, pola conta que lle tiña, en relación a certa circunstancia vampir@s-amencer, que xa todos coñecemos; pois eso que chegaron á casa de juindouskispé (a nosa loitadora-libertaria de loiramelenapantenporquellolovalgo), que estaba algo desanimada baixando no ascensor, pero cando viu o plan da noite xa se animou; e dentro da limusin máis aínda porque había unhas botelliñas de cava. ían cear ó campanillas`, un restaurante deses finos finos; rexentado, como o seu nome indica por campanilla, unha deusa da cociña moderna










capítulo 40

o campanillas´ estaba cheo de xente, había a típica cola dos locales de moda de novallor; elas como xa reservaran, mediante un contacto que tiña espís trín (o antigo carceleiro do caso aquel da mina, no que juindouskispé (a nosa libertaria de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) liberou a maior cantidade de cachimans que ninguén liberara antes, aínda que tivo que comparti-lo éxito do seu traballo con helpdesk porque estamos nunha sociedade algo machista, e có que ganou vendendo as exclusivas á prensa rosa foise vivir coma un lligoló-metrosexual na riviera francesa), mesa deixáronas entrar, que aínda que o rasgo fundamental que as caracteriza é a modestia total e absoluta, pese a estar estupendas e maravillosas nunca se lles subiu á cabeza, sen emabargo non poideron evitar pasar có paso firme e a cabeza erguida das modelos creídas por diante daquela multitude envexosa
cando o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) chegou ó despacho recibiuno o recepcionista cun case sorriso (é que viña da lua de mel, xa me entendedes) e celia toda eficiente a esas horas da mañán (porque aínda non lle dera tempo a tomar ningunha desas infusións relaxantes que tomaba ela) díxolle que no seu despacho o estaba agardando dinámico. dinámico? pensou o investigador, que raro. el coñecera a dinámico no conflicto aquel do garito (antro) do amigo de clio, timofónica, porque era un dos tres socios de timo, que por daquela andaba en negocios turbios de desfalcos, de feito chamábanlle así pola rapidez cá que escapaba cós fondos. estranoulle, normal, porque aquel individuo só lle podía traer dores de cabeza, sabedíos en que se metera, e en que clase de perigos (esto era o que máis lle preocupaba ó investigador) o metía. de todo-los xeitos, o investigador, que ante todo era un cabaleiro, entrou a enfrontarse có descoñecido. dinámico estaba sentado, xa non tiña aquel aspecto de marioconde con cara de malo que el coñecera había tempo; agora ía vestido arreglado pero informal (por suposto cá última colección da súa marca bollicaoslain), e a cara de malo, ó investigador, xa non lle parecía tanto. pódese decir que porque xa levaba visto moitos malos e estaba curado de espanto.
non me gustaba que suplicase, pareciume un espectáculo lamentable, e poñíame dos nervios porque me lembraba ó método llanadienomequiere do monomediometro (e que eu empregaba desde o mesmo momento en que tiven coñecemento del polo ben que funcionaba). debiume notar que a súplica en lugar de ablandarme o corazón me poñía de máis mala hostia e erguiuse. díxome que adiante, que se quería que chamase; é que o tipo parecía que lera o manual de como sacar de quicio a dominio; porque imos ver, que me tiña que dar el permiso a min para chamar. pois claro que ía chamar, xa o fixera antes moitas veces e por suposto que o ía volver facer, e non facía falta que me dese a súa venia un semimachoman saído dun comic manga. e timbrei, e outra vez volviu soar coma un trono, pareciume notar un sorrisiño cínico na cara do detective do csi, nin caso. o malvado doutor tcp/ip debía ter un sono ben profundo... bueno el si, pero a veciña de abaixo, saiu do ascensor ca bata acolchada e cara de poucos amigos; invitounos bastante pouco amablemente a abandoa-lo edificio antes de que chegase a policía, que por se o dubidábamos, xa nos indicou que avisara antes de subir. estrañoume










capítulo 41

e tanto que me estranou. non era un detective do csi? eso me dixera, incluso me ensinara o famoso carné aquel cá insignia e todo. sen embargo en canto escoitou á veciña do malvado doutor tcp/ip decir que avisara á policía, púxose nervioso, ou igual non, de todo-los xeitos parecía intranquilo. eu, porque tampouco me apetecía unha multa ou o que puxesen por timbrarlle a un veciño con nocturnidade e alevosía e marchei a fume de carozo; o detective que parecía saído dun comic manga tamén corría pero aínda non sabía (eu) por que. xa na rúa botei a andar, rápido, pero andar, que unha pode estar acojonada, pero mantendo o tipo. o do csi seguíame, os pasos cada vez aproximabanse máis; eu mirando de reollo; si, efectivamente era o dectective do csi. pegoume un berro antes de poñerse a miña altura, sería para evitar calquera reacción instintiva miña (xa me entendedes). eu como o de contactar có malvado doutor tcp/ip me saira mal, e tiña gana de vacilar a alguén, pois comencei a decirlle que moito medo tiña da policia para ser el tan investigador superior
dinámico explicoulle ó investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa)o porque da súa presencia no seu despacho; o día anterior celebráranse as probas clasificatorias por nacións para o campionato mundial de flallincaps, e mariposa* (a nosa japiflauer) non se presentou e aínda que a el lle veu moi ben porque por primeira vez na súa historia lograra clasificarse sen maiores problemas (perdón, incidencias) posto que era unha rival dura de roer, non podía evitar preocuparse. porque como xa (repito: xa) vos contei a relación derivara a un sano compañeirismo-(xa me entendedes) e non podía evitar preocuparse. estivera falando con clio despois do campionato; porque eso si, moi preocupado e moi tal, pero sempre despois de recolle-la copa do trunfo (o premio é lóxico, o da copa digo). clio aconselloulle que fose ve-lo investigador, porque aínda que a el non lle foi de gran axuda no caso aquel do taller mecánico, solucionou satisfactoriamente o caso do garito (antro) aquel do seu amigo, timofónica.
a comida estivera deliciosa, o champán exquisito; e ó final conseguiron, non sei con que artes, liar a campanilla para que fose con elas de pendoneo (no mellor sentido da palabra, claro). as tantas da madrugada, o conductor da limusín xa non podía cá alma, e como as outras seguían de troula, deixonas tiradas nun pub do orzán. en realidade tiradas non, esperou a que se metesen dentro, e aproveitou a ocasión para escaquearse. cando as nosas heroinas, mariposa*, juindouskispé (a nosa libertadora favorita), a lider do sector_a (a nosa radical favorita), poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita), siga ( a nosa estilosa vampira favorita) e campanilla (a nosa cociñeira de sete estalos favorita) sairon do pub e se atoparon con semellante panorama, non dubidaron en tomar elas o mando, é decir o volante, e coller rumbo á seguinte festa; as condicións nas que estaban calquera delas non eran as óptimas para conducir, pero dentro do malo, a srta newlook, que sempre lograba mantelo tipo (non é que as outras non o mantivesen, que sempre estaban estupendas, pero as circunstancias son as circunstancias), e ademáis polo seu estilo de vida (as cacerías nocturnas, que o facía por necesidade, non por vicio, malpensad@s) aguantaba mellor a presión da nocturnidade. sen embargo ó arrancar pisou demáis o acelerador, con moito estilo eso sí, pero armou un escándalo que










capítulo 42

conseguiu chama-la atención de todo-los matóns abreportas do orzán, pero de todos, e mira que a maior parte ó que están e ás loiras e loiros; pero ó que pasa realmente moito non están, será que non dan para todo. o caso é que lles chamou a atención a maneira tan estilosa e contundente de arrancar. elas dirixíronse á terraza en juan flórez, un subterráneo de mala fama inxustificada; e xa case ó presa da euforia dunha noite de desenfrene decidiron ir ás vegas, porque nunca foran, e porque tiña pinta de ser un sitio moi divertido. hortera, puntualizou a estilosa srta. newlook, pero divertido sen dúbida, aqueles casinos cheos de bombillas, as pelexas de loita libre americana, aquel deserto de nevada (para min que é o de nevada); que á srta. newlook lle parecía máis chic ir a dubai, pero juindouskispé (a nosa libertadora favorita) dixo que consideraba opresora unha cultura que obrigaba ás mulleres a levar velo, por moi sofisticada que fose a illa e atractiva que lle resultase a viaxe, non lle daba a súa inquietude revolucionaria para soportar semellante cousa. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) non tardou en apoia-lo argumento da súa, noutrora compañeira de loita naquel grupo supostamente feminista radical. a srta. newlook, ó ver que tanto poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita), coma mariposa* (a nosa japiflauer) decían a todo que si cun sorriso despistado, froito sen dúbida das flallincaps e litelflallincaps; decidiu que mellor ír ás vegas, antes de que as apresasen en dubai e acabasen vendéndoas no mercado de trata e blancas por revolucionarias.
o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) díxolle a dinámico que lle viría ben que lle botase unha man, posto que crawford seguía aló pola riviera francesa (livinlavidaloca, cun home moi importante do que por fin vou deci-las iniciais, porque total a exclusiva non ma pagan, e polo menos doume o gusto de decilo, por que si, porque son unha cotilla impresionante, así que o digo e punto, por amor ó cotilleo puro e duro, e as iniciais con j.m) e desde que mariposa* o deixara para unirse á lider do sector_a e poppy nos angeles de charlitas para loitar contra as inxustizas do mundo, e eu quedara no seu sitio, que de min tampouco sabía nada desde había un día, que xa estaba comezando a sospeitar que me desaparecera cás outras; pois sentíase un pouco so. eso foi o que lle dixo, pero en realidade é que se non o caso absorvíalle todo o tempo e non se podía adicar a buscar á famosa rubia do paso de peóns daquel mediodía memorable. dinámico, que ultimamente estaba moi centrado na expansión no lonxando oriente, oriente medio e oriente próximo da súa marca de roupa bollicaoslain, dubidou durante uns segundos; e chegou á conclusión de que non era mala escusa para tomarse un respiro e desestresarse, porque a el sempre lle parecera que esto da roupa era cousa de mulleres (era un pouco machista... bueno era un machista de moito n... perdón, perdón, era moi machista) e polo tanto non debía ser tan duro; pero á experiencia ensinoulle que se o da roupa era cousa de mulleres, as mulleres debían ser máis, pero moito máis, pero que moitísimo máis eficientes e traballadoras que os homes, porque a el custáballe un idem (ou incluso os dous)
o detective do csi que parecía saido dun comic manga esquivaba as miñas preguntas, evitando respostar ós meus porques; pero como que lle gustaba a presión (do interrogatorio, malpensad@s), porque ben que podía coller, cruzar ó outro lado e listo; pero non, seguía ó meu carón, non sei se para evitar que volvese ou que averiguase algo. como detectei este interese do que vos falo, decidín facer algo útil, é decir, chantaxe. díxenlle que se non me decía todo o que sabía do malvado doutor tcp/ip, ou o porque estaba alí ó mesmo tempo cá min, que ía dereitiña a primeira comisaría de policia que atopase, ou no seu defecto ó primeiro axente ou coche policial que me cruzara. quen tal lle dixo, non sei como decilo, acojonouse (por moi fina que sexa, esto só se pode decir desta maneira), convidoume a entrar nunha cafetería para escomenzar a responder a todo o que eu lle preguntase, facendo un chiste dixo que incluso o seu número de teléfono, nin gracia que me fixo, que ía eu derrochar quince céntimos en chamalo, nin que fose vinsvau


próximamente: aparecerán tres novas personaxes en protagonistas de emocionantes aventuras










capítulo 43

dinámico enfróntábase á súa nova aventura (á de investigación, malpensad@s) cunha mezcla de emoción e interese peculiar, case infantil diría eu; no fondo estaba tranquilo porque deixaba ó mando do seu imperio bollicaoslain, a mr. llollovic, a súa man dereita, no que confiaba plenamente porque sempre desde que entrara a traballar como estilista nos comenzso primeiros do imperio lle dera moi bos consellos e sempre acertados. non sempre foi así, según conta mr. llollovic, dinámico non confíaba moito nel máis que nada pola súa pinta de mariquitísima superfashion que sempre ía axustadísima e maquillada coma unha porta; esto era a xustificación que lle daba mr. llollovic, pero a verdade é que el sempre ía no punto xusto entre elegancia e provocación. o que lle fixo cambiar de opinión a dinámico respecto á competencia do estilista de bollicaoslain como conselleiro, e o que o convertiu directamente na súa man dereita, foi aquela discusión que tiveran para decidi-lo nome da marca á hora de sair ó mercado. quen sabe porque combinación cósmica, a mr.llollovic metéraselle entre as cellas que se tiña que chamar zara, e arredediós que zara, e zara para aquí e zara para aló. a dinámico o nome parecíalle bastante insulso, pobre, pretencioso e pouco comercial. mr. llollovic chegara a retirarlle o saúdo cando se cruzaban nos antigos talleres (que morriña); dinámico que xa estaba moito de volta de todo, pasaba. pero dous anos despois, tras moito traballo, unha moi dura incursión no mercado da moda (vamos, que levaron hostias ata no carné de identidade; perdón, que se me esquencía que son moi fina: custoulles moito facerse un sitio no mundo da moda), tras interminables xornadas de reunións cós clientes, tras incontables negativas, despois de todo eso, coller o xornal e ver que unha tal compañía inditex cá súa marca zara, está barrendo no mercado mundial, pois acláralle a un moito a ideas.

cando chegaron ás vegas facía unha calor que case parecían duas. durante o voo, no jet privado da estilosa srta. newlook, tiveran tempo para durmir placidamente, e erguéranse todas máis divinas que nunca. juindouskispé (a nosa libertadora favorita de loiramelenapantenporquellolovalgo (xa había varios capítulos que non o escribía todo e eso non pode ser)) estaba facendo organizando a súa axenda para que lle dese tempo a visita-lo gran cañón, porque para ela era o único que pagaba a pena daquel país abandoado ó capitalismo desenfrenado. a líder do sector_a (a nosa radical favorita), mariposa* (a nosa japiflauer favorita, bueno, a única e inimitable) e poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) as nosas angeles de charlitas estaban a ver se lles daba tempo de achegarse a joligú, para velos estudions onde naceran ás súas inspiradoras; vale, que as outras eran de mentira, pero as súas ensinanzas (bueno, as dos guionistas) sempre eran un referente. a estilosa srta. newlook, agradecía ver ás súas compañeiras de viaxe xa en bo estado, e a ela mesma. ela non tiña máis plan que o de relaxarse, gastar unha pasta gansa (perdón. unha cantidade importante de cartos) e se lle cadraba e lle apetecía visitar ó seu amigo lordguille, que a cousa era máis difícil do que parecía, porque de día durmía e pola noite, xa se sabe. o hotel que reservaran tiña estatuas gregas por todas partes, falsas por suposto, pero pasando da americanada da decoración, as habitacións eran, eran, ser eran unhas desjrasiadas porque se estaban dando unha vida mellor que a de crawford na riviera francesa (que estaba livinlavidaloca cun tal j.m. que é un home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero como total non me van paga-la exclusiva, pois doume o gusto de decilo, porque son unha cotilla e punto) e o helpdesk (aquel escravo da mina de juanflorez que se aproveitou do esfrozo libertador de juindouskispé e está vivindo coma un lligolómetrosexual tamén na riviera francesa, a conta das exclusivas que vende ás revistas do corazón) que xa é decir.

o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) decidiu facer un último intento, xa que celia desistira había tempo e ademáis estaba na súa hora do café (esto é un eufemismo deses, porque ser era unha infusión relaxante das súas) e eso era sagrado, e o recepcionista, que seguía aínda eufórico tra-la súa lúa de mel, pero nada cooperante, coma sempre á hora de facer favores; e tivo sorte, por fin lle collín o teléfono, é que non me enteraba de que me chamara unhas catro veces, e eso que o levaba có vibrador (nótase que non estaba moi sensible naquela época). despois da bronca de xefe, que era máis ben un discurso paternalista, preguntoume se podía ter algunha idea do paradeiro das nosas heroínas; por suposto eu nin idea, eu estaba tratando de sonsacar ó detective supersegredo e non me daba o cerebro (que si, que o teño) para máis. ordeoume, sempre no seu estilo de cabaleiro anos cuartenta, que me puxese en contacto cón adslppp aló en beigin, non porque tivese algunha lóxica, senón porque era o que facíamos sempre










capítulo 44


campanilla ergueuse cedo, coma sempre, para ir ó restaurante. mirou ó ceo e non puido máis que suspirar; no último momento, cando a limusin estaba na pista de despegue, esperando para subir pola estilosa escaleira do llet privado da estilosa srta. newlook; ata o último minuto, case poñendo o pe no primeiro escalón. pero o deber, a súa lealtade para cós clientes, para con todas aquelas persoas das que privaría da súa maestría na cociña, para cós ricos ingredientes que serían privados de pasar polas súas expertas mans... (mal pensad@s); toda esa responsabilidade, todo ese sentido do deber, todo eso xunto con que non estaba disposta a dilapidar os aforros, aqueles cartiños que tiña aforrados para cambia-lo dalí da entrada do seu chalé de dous milmetroscadradosnadamenos, por un picasso. é que xa non lle combinaba có sinfonier de madeira talladadoséculoquincenadamenos que acaba de adquirir e a situación era insostible; non podía derrochar aqueles aforros nas vegas; non. eso era o que lle dictaba a cabeza, pero ó mirar ó ceo, de novo, volviu a suspirar eso era o que lle dictaba o corazón.
o hotel, que era unha horterada con estatuas gregas, pero que as habitacións estaban de vicio, cá súa piscinallacusi, cá súa cama de colchón de plumas de pato salvaxe da laponia oriental quilométrica, con climatización, que non aire acondicionado, bueno, todo o que se poida decir queda corto. a dona do hotel, era unha executiva agresiva, que se fixera có control da cúpula directiva da empresa de lecer que xestionaba todo o complexo, gracias a unha información moi interesante (xa me entendedes) sobre o anterior director, un manta sen cerebro que non só se adicaba maiormente a dispersión moral, senón que ademáis non tiña a suficiente intelixencia para ser discreto nas súas dispersións. anao, a executiva agresiva directora do complexo de lecer, que era íntima de poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) e ofreciuse para facer de guía nas instalacións do casino. vale, aparentemente tampouco é tanto ofrecimento, pero en realidade si que o é porque quen mellor que a xefa do cotarro (perdón das instalacións) para advertir das ruletas trucadas, das cartas marcadas, etc. que xa sabemos todos que a nosa japiflauer, mariposa*, era unha experta nestes temas, e a ela non lle facía falta guia ningún para detecta-la desviación da ruleta e calcular en que número ía cae-la bola; pero o resto das nosas heroínas, especialmente juindouskispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) e a líder do sector_a (a nosa radical favorita), porque a elas estes locais de despilfarro capitalista non lles gustaban moito... para min que era por non gasta-los cartos... bueno, creo que estou poñendo en cabeza doutras os meus propios pensamentos, pero vos non digades nada

duas horas despois de que o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) me chamase coma un histérico (xa sei que no capítulo anterior escribín que mo dixera có seu estilo de cabaleiro dos anos corenta; pero é que unha está toda atareada tratando de sonsacarlle ó detective supersegredo do csi que sabía do malvado doutor tcp/ip, cal era para el o sentido da vida e a súa talla de... bueno esto non ven ó caso agora, nin é interesante para a historia, nin fundamental para explica-lo que estaba explicando; eso que eu toda concentrada no interrogatorio, toda profesional, e non tiña outra cousa que facer que chamarme, á cuarta chamada, unhas tres horas despois da primeira, xa o notei algo nervioso; pero aínda se alterou máis cando lle dixen, na quinta chamada, que aínda non chamara a adslppp, o noso contacto en beigin. despois, cando a conversa có detective supersegredo do csi xa non daba para máis, e non parecía moi disposto a convidarme a xantar, deille vía e fixen por fin esa chamada

adslppp, moi amablemente, díxome que faría o que estivese na súa man, pero a súa voz soaba como a que non lle encontraba o sentido a chamada. dixo que movería todo-los seus contactos aínda que a información que lle dábamos non era moito, nin moi coherente e que o facía polo cariño que lle collera á líder do sector_a cando o do meu. faloume da súa nova socia, miss comtrend, unha detective de moita sona en joncon, tanto pola súa eficiencia na resolución dos casos como, máis ben, por ser unha asídua da prensa rosa, posto que era da nobleza, disque










capítulo 1326


ui! creo que me despistei










capítulo 44


miss comtred aproveitaba o seu estatus privilexiado dentro da nobleza para sacar adiante os máis estraños e complicados casos. estaba especializada en roubos de guante blanco, fundamentalmente diamantes; máis que nada porque a comisión, que ela traballaba a comisión era maior. estaba na oficina cando adslppp (o contacto en beigin) recibiu a miña chamada, e porque ela é moi sofisticada e moi eduacada e non se ri da xente, porque tal como llo contaba adslpp era para escojonarse de risa (perdón, rirse moito). contoulle que estes do oeste sempre nos andábamos perdendo e que tiñamos o mal costume de preocuparnos e meternos na vida dos demáis; porque se nos daba por marchar có amante de incógnito a vivir libremente o noso amor, pois os outros todos en manada veña a buscarnos uns ós outros, ten contactos en beigin para esto

á líder do sector_a (a nosa radical favorita) todo aquelo das vegas parecíalle unha americanada total e non paraba de rosmar (perdón, de facer comentarios reprobatorios). a estilosa srta. newlook suxeriulle ir dar unha volta polos teatros, que poñían musicais de recoñecido prestixio e que era algo bo de ver aínda que fose en usa e nas vegas. á líder do sector_a non lle pareciu mala idea de todo e aló se foi; non conseguiu arrastrar a juindouskispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita), que estaba concentrada nunha negociación por videoconferencia e díxolle que de ningunha maneira podía abandoar aquel proceso, antes o deber que a devoción díxolle antes de que a líder do sector_a cruzase a porta. botouse a andar rúa a baixo, seguindo o plano que lle configurara anao (a nosa executiva agresiva favorita), non se daba decidido entre gris ou siete novias para siete hermanos; ó final decantouse por gris

o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla) estaba facendo unha distribución do traballo, pero faltábanlle operarios, pese a que eu, por fin xa chegara ó despacho, e estaba metida no meu despacho (que non era o meu, que era o de crawford, que andaba aló pola riviera francesa livinlavidaloca cun home moi importante de iniciais j.m, do que non se podía deci-lo nome pero que por puro amor ó cotilleo dixen eu as iniciais xa que non cobro pola exclusiva, e que máis pronto tamén vou deci-lo significado das mesmas) traballando intensamente, dándoo todo que diría a nosa japiflauer mariposa*. dinámico chegou todo emocionado e pasou directamente ó despacho do investigador. o investigador mandouno sentar e díxolle que primeiro tiña que volver ó último lugar onde viran ás nosas heroínas e tratar de buscar rastros delas. dinámico facía por lembrar que perfume usaba mariposa*, sentia non ter sido máis observador, homes, para que lle fose máis fácil a tarefa. entrou celia no despacho, máis colgada cá nunca, xa levaba uns días así; eso era por rox (o jreñudo de vida disipada, que atopara un traballo de capitán na flota interestelar) pensaba o investigador, e avisouno de que o yeti xa chamara tres veces preguntando como avanzaba o caso. o investigador lamentaba que os colgues de celia non lle restasen eficiencia en certos momentos, ó contrario como lle provocaban un comportamento compulsivo, a tía non facía máis que entrar cada dez minutos a darlle o aviso. comportamento que chegou a contaxiarlle ó investigador cando me chamou para que falase con adslppp, mal que lle sente que llo diga










capítulo 46


miss comtred (a investigadora, nova socia de adslppp, que era da nobleza) sentiu empatía pola nosa busca, a parte que lle resultaba moi terno eso de que nos preocupásemos tanto uns polos outros, e a parte porque era unha cotillaaaa. púxose a traballar de seguido. ó único que coñecía na coruña era a mr. llollovic (o conselleiro executivo de bollicaoslain e man dereita de dinámico, superfashion victim total) porque era tamén asíduo das festas da llet en londres, parís e milán. mr. llollovic xa a invitara en multitude de ocasións, pero a ela eso de vir á esquina do mundo non lle parecía nada glamuroso e sempre declinaba as invitacións con comentarios tan sutís como, non vou porque o meu llet privado non da aterrado sen caer ó mar. armouse de paciencia e decidiu poñer a proba o seu espíritu aventureiro, coma aquela vez que se apuntara ó safari para socios exclusivísimos do rico´s club a kenia (pero o do gadis vaime tocar a min) e decidiuse chamar a mr. llollovic e aceptar por fin a súa invitación

a líder do sector_a (a nosa radical favorita) saiu de gris, toda emocionada, cantando e bailando, e veulle á mente un flash tipo operativa nova, do yeti todo engominado, aínda lle pareciu máis alto. notou algo de morriña, pero lembrou ó protagonista do musical e xa lle pasou. decidiu ir dar unha volta polo bacesteix a ver se se podía facer algo. pola súa parte a estilosa srta. newlook xa estaba preparando a súa saida nocturna (que o facía non necesidade non por vicio, malpensad@s) non se estrenara aínda no continente americano, pero lordguille xa lle dixera que como atopase a un bo, estaría moi bo, pero como dese cun destes criados a base de colesterol e hamburguesas, máis lle valía ter a man un limón amargo; cousa que por suposto ía ter en conta. juindouskispè (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita), mariposa* (a nosa japiflauer, favorita) e poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) estaban en gabinete de crise. juindouskispé xa rematara cá súa negociación por videoconferencia, con éxito por suposto, e decidira ir cás outras duas outras semitolas ó casino. xa baixaran e estaban todas, como son elas, divinas, na cola para cambia-los cartos. juindouskispé lembrábao con total certeza, déranlle os cartos a mariposa* que era a experta, porque quedaba moi jañanciño (perdón, quedaba moi inadecuado) eso de non saber que fichas se queren, porque os dos chalecos decátanse de que non tes nin idea e despois desplúmante. mariposa* metéraos no bolso, que para mariposa* era unha extensión do seu corpo e que incluso quería máis que a súa vida, ela decía que porque era de deseño exclusivo (claro, despois a fama de tacaña téñoa eu, claro). poppy, estaba que se tiraba dos pelos, porque có cómoda que é a súa visa ouro dixital, eh, que a ver se nos modernizamos; as outras duas non pasaban polo aro, e veña, que o tiñan que levar en efectivo. e o peor era que o bolso de mariposa* tiña máis cousas dentro que o peto máixico de doraemon, e tiveron que sacar, duas revistas de mulleres, tres barras de labios, dous estuches de maquillaxe completos, cinta aislante (que si), dous alicates, un adival, tres chaveiros automaticos de tres coches distintos, un tacón...
o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) cando lle dou empaquetado a dinámico a investigación da desaparición das nosas heroínas púxose ó seu, tratou de invocar mentalmente a catwoman, cantou aquelo de aaaIaIaiiii guil olguais lov lluuUuuu ou aquelo de anchEin mai jAaart; pero nada, daquela pensou en chamar ó despistado doutor zyxel 650 porque malo sería que con el non aparecese. mentras seguía as súas investigacións sobre a rubia do paso do peons daquel día, que día aquel. mentras, eu, no meu despacho (que non era o meu que é de crawford, pero está aló pola riviera francesa livinlavidaloca cun home moi importante de iniciais j.m, do que non se pode deci-lo seu nome, pero que como non me pagan a exclusiva digo as inciais por puro amor ó cotilleo, e como me poña en nada digo o nome completo, porque si e xa) recibín unha misteriosa chamada










capítulo 47


era clio (si, si, ese clio de: o famoso caso aquel do conflicto có grupo supostamente feminista radical do garito (antro) de timofónica o amigo de clio, este, este), decía que tiña información moi importante que facilitarme sobre o malvado doutor tcp/ip. non quixo decir máis por teléfono. citoume pasada unha hora nunha cafetería que supostamente estaba no mesmo sitio que o garito aquel (antro) de timofónica, pero que agora estaba en plan cafetería pija, cara por suposto. xa case non me lembraba de onde estaba o garito aquel, tiven que agardar a que o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) rematara de falar có despistado doutor zyxel 650, para entrar no seu despacho e preguntarlle se tiña o enderezo por algures no seu superficheiro; é que o tío levaba control de ata o mínimo detalle; porque eu o último que sabía de clio é que traballaba nunha axencia publicitaria e que estaba especializado en anuncios cortos radiofónicos, xa sabedes, destes que poñen no medio dos partidos e tal. agardei porque celia me atrancou a porta, porque eu non me corto nada, pero a tipa esta (perdón, a nosa secretaria tan eficiente) cando anda colgada (perdón, cando toma demasiadas infusións relaxantes das súas) dalle polos comportmentos obsesivos e ponse dun profesional
un kit repara medias de rejilla, un par de guantes de seda rosa fucsia, un paquete de maices blandito, outro tacón, unhas pinzas de depilar, rimel, purpurinas varias, unha camiseta das supernenas... poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) estaba dos nervios, non poido seguir alí mirando como saían cousas daquel burato negro sin fondo que tiña mariposa* (a nosa japiflauer favorita) por bolso, que se o chega a saber mércallo en lugar de alugar aquela nave industrial no polígono para a nova planta de producción da súa empresa. juindouskispé tratou de tranquilizala, e sairon as duas a toma-lo sol, porque outra cousa non, pero nas vegas sol hai a barrer. foron tomar algo a un restaurante que había por alí que lles recomendara moi ferventemente anao (a nosa executiva agresiva favorita, que controlaba o hotel casino e arredores gracias a un desliz do anterior controlador), e que era o único que non parecía unha hamburguesería destas que poñen sabediós que e que as nosas heroínas en particular odiaban. cando entraron só había unha mesa ocupada, había nela dous cachimens, miráronse entre si, e como lendo o respectivo pensamento, sentáronse na mesa do lado dos susoditos; tendo en conta que o resto do restaurante valeiro, porque o restaurante era largo coma a arxentina era un cante (despois a mala fama lévoa eu)
mr. llollovic (o conselleiro executivo de bollicaoslain, superfashion victim e estupendo de la muerte) recibiu con alegría a chamada de miss comtred (a descendente dunha familia noble metida a investigadora de roubos de guante blanco e que se asociara con adslppp, o noso contacto en beigin) pese a que levaba con man firme a empresa non era un dictador en absoluto, máis ben todo o contrario, e menos unha vez que dinámico delegara nel porque se ía adicar ás labouras de investigación colaborando có investigador, porque eu tampouco era de gran axuda (eso decía o investigador, porque eu ser son do máis eficiente, estou estupenda e supermodesta) e crawford seguia aló pola riviera francesa cun home moi importante do que digo as iniciais j.m. porque total
ninguén me paga a exclusiva e polo menos doume o gusto de decilo, por puro amor ó cotilleo e xa. púxerase a buscar habitación nos hoteis de máis nivel da cidade, bueno miss comtred encargáralle que lle reservara unha planta enteira, que non era moi difícil porque estaban en tempada baixa e estaban todos case valeiros de todo. mr. llollovic tampouco tiña pensado cumplir todo-los seus caprichos porque se poñía a pedir e non paraba, que case lle teñen que facer un aeroporto novo, que seguía insistindo en que caía ó mar.










capítulo 48


a conversa có despistado doutor zyxel 650 foi moi gratificante, porque o científico era moi despistado, pero un encanto, detalle que ó investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) nin lle ía nin lle viña, á estilosa srta. newlook un pouco máis, a verdade. o investigador douno convencido para sair da casa, porque desde a misteriosa desaparición das nosas heroínas, pechárase na casa colgado do teléfono porse a súa amada chamaba; parecía mentira, tan científico, tanto estudio, tanta historia cós tubos de ensaio e non era capaz de entender que o teléfono móvil servía para andar por aí con el. xa me parecía a min que tanto estudiar non podía ser bo. quedaron no restaurante aquel onde quedara con catwoman, por tentar á sorte, máis que nada, pola noite, a eso das dez, aquela hora máxica. notábaselle na cara cando entrei no despacho, estaba un pouco alelado (estaba tonto de todo, pero como son tan fina), tardei uns segundos en devolvelo á terra, cando conseguín que se centrase pregunteille polo garito (antro) aquel do famoso conflicto có grupo supostamente feminista radical do amigo de clio, timofónica; preguntoume a que viña esa pregunta tanto tempo despois, porque alí o único que había agora era unha cafetería de moito requinte e xa non quedaba rastro no algodón das escuras e distraídas actividades que se realizaban alí noutrora (cando se poñía fino el tamén...)

mr. llollovic (o noso conselleiro executivo superfashion victim favorito) estaba tan emocionado cá visita de miss comtred (a noble que se metera a investigadora de roubos de guante blanco e que se acabara asociando con adslppp, o contacto en beigin), que incluso estaba de bon ánimo para enfrontarse á reunión máis importante de todas. á reunión das reunións; si, era a reunión cós seu máis directo competidor, o conselleiro executivo da perralleiroslain, microfiltro; era a negociación polo espacio no ultramoderno centro comercial de sandiego, era unha loita encarnizada polos metros cadrados; os dous titáns da moda enfrontados. o xerente do ultramoderno centro comercial de sandiego, un tal bágoas, que xa tiña o nome ó xeito, estaba lixeiramente asustado (moi asustado, moito) e non puido durmir desde o día en que tiña que mediar entre os dous titáns da moda galega. tanto foi así que non lle quedou outra que falar con bruxiña (a nosa meiga preferida) para que lle dese un preparado de herbas tranquilizantes (non relaxantes coma as de celia, non confundades), que ademáis de tranquilizalo, curáronlle un principio de reuma, equilibraronlle o ton da pel reactivando a melanina, e cincuentamil cousas máis, porque os preparados de bruxiña eran algo así coma a aspirina en natural, valían para case todo.
a segunda parte do quijote, o código davinci e o diario de bridget jones, duas mandarinas, unha grapadora, un fular rosa, unha chaqueta de moair... juindouskispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) e máis poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) disfrutaban a un tempo da exquisita comida e das vistas maravillosas (ás da mesa do lado), respondendo ás expectativas creadas por anao (a nosa executiva agresiva favorita). recibiran unha mensaxe da estilosa srta. newlook para quedar nunha sala de festas do centro, bueno de máis ó centro, porque nas vegas todo é centro, porque todo está entre duas aceras. a mensaxe tamén decía que quedaban cá líder do sector_a (a nosa radical favorita), que ó final consegui falar có protagonista de gris, e estaba toda emocionadda; bueno toda, toda non, facíalle ilusión e tal porque era un actor coñecido e moi guapo; pero vamos, que aínda que lle quedaba moito que andar ó elemento en cuestión para chegar a emocionar á líder do sector_a, porque para eso fai falta algo máis cá unha cara bonita (e non me refería ó cú, malpensad@s).










capítulo 49


un destornillador de estrella, duas puntas de aceiro, un gato hidráulico portátil, dous móviles con cámara, un paquete de panos de papel, unhas natillas, e por fin, por fin, aleluia, aleluia dixo aquel do tupé que estaba na cola xusto detrás de mariposa* (a nosa japiflauer favorita), e que despois levaría ás listas de exito semellante expresión. o do cambio tamén dou gracias á canta deidade se lle ocorreu en tan milagroso momento. por fin aparecera o sobre cos cartos. xa cambiou as fichas e mandoulle unha mensaxe ás nosas queridas heroínas, jundonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) e poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita), que xa cearan pero na post comida estaban de intercambio cultural cós pedazo cachimáns da mesa do lado, e a punto estiveron de deixar plantada á nosa japiflauer pero a conciencia non as deixaría disfrutar do postre así que se miraron, leronse o pensamento e volveron para o casino. e como xa se sabe, toda-las boas accións teñen o seu premio
no restaurante, case non había xente, como case sempre, pese a que era un restaurante boísimo e de moito renome; igual estaba valeiro porque tamén era moi caro, carísimo, pero a hostia de caro (perdón, excesivamente caro). o investigador (que todos decían que era tan bo que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) chegou puntual, con esta puntualidad elegante de chegar uns minutos antes; total para que, o despistado doutor zyxel 650 no fora puntual nin cando naciu, que chegou cun mes de retraso e porque o sacaron que súa nai xa non podía máis. o investigador estaba nervioso, pero non sabía discernir se pola emoción de volver ó sito daquela maravillosa cita ou por sentir remorsos, no fondo sentíaos, por utilizar vilmente (bueno vilmente non) ó despistado doutor zyxel 650 para contactar con catwoman. pero o seu corazón era o que mandaban, e decían algúns despiadados que no amor e na guerra todo vale, cousa totalmente inhumana menos cando é unha mesa a que o di... e o fai, claro. ó primeiro liu o xornal, despois xa se fartou de ve-las mesmas noticias de sempre e púxose a observar ó resto dos clientes. non podía ser
o investigador dixérame as señas exactas do café este de alto requinte no que se convertira o garito (antro) aquel do amigo de clio, si, si ese clio, timofónica de cando o conflicto aquel có grupo supostamente feminista radical. eu cheguei tarde, non, pois non, non foi por facerme derrogar, é que a medio camiño, que eu ía con moito tempo, sempre puntualísima de la muerte; pero a medio camiño, como decía atopeime có detective supersegredo do csi por casúalidade, claro; eso era o que el me facía crer, pero unha non naciu onte, que desde que me rescatou o noso querido afgano ata ese momento xa espabilara algo, que xa chovera moito.despacheino de seguido, o que me custou foi despistalo, porque tamén me seguia, xa sabedes porque lle coincidía de casúalidade ir polo mesmo camiño ca min, claro.










capítulo 50


pero era, si era ela, aquel ombro cuberto de coiro negro era inconfundible para o noso investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa). o despistado doutor zyxel 650 non daba chegado, o investigador miraba o reloxo con esperanza, a ver se non viña, ogallá non viñese. pero non tivo sorte. cando estaba no punto de estiramento de pescozo máiximo que lle permitía a elegancia, para tratar de verlle a cara á suposta catwoman, para confirma-las súas sospeitas; tropezou có despistado doutor zyxel 650, cá súa mirada inocente, sen decatarse, de que non era a el a quen buscaba, nin por quen agardaba, en realidade. o investigador tivo que facer uso de toda a súa forza de vontade para escoitar o que lle estaba contando o doutor. nin unha triste chamada da estilosa srta. newlook, pero que nin unha triste chamada. ó investigador non lle estrañaba, ou si, porque pese ó desastre de mozo que tiña a srta. newlook sempre se mostrara atenta e cariñosa. o ombro feminino cuberto de coiro permanecía inmóvil, o investigador supoñía que escoitando, por eso trataba de mostrarse o máis atento e cabaleiroso posible, que o era, que o era, non estou decindo o contrario
na ruleta mariposa* (a nosa japiflauer favorita) estaba arrasando, gracias ós seus infalibles cálculos matemático-físicos; juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) e poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) mirábanse preocupadas, non porque se sentisen acosadas por aqueles cachimáns que non facían máis que cumplirlles os caprichos e regalarlles centos e centos de fichas, se non porque o tipo que se encargaba da ruleta parecía nervioso, preocupado, e cada vez que mariposa* acertaba facía amago de premer un botón vermello que tiña á súa dereita; e mirar cara arriba para aquel espello de deseño tipo romano, que era unha horterada tremenda. mariposa* non facía caso ás sutiles advertencias de juindon para que cambiase de xogo; mira que juindon lle decía que había tres matóns mirándoas mal, que levaban pistolas e quen sabe que máis armas segredas, que lle ía desteñilo tinte, que se lle ían nota-las raices pero nada, que mariposa* estaba estupenda de calquera maneira e non se asustaba facilmente. o que levaba a mesa cada vez estaba máis nervioso. anao (a executiva agresiva que se fixera có control de toda a instalación gracias a un desliz do anterior executivo agresivo) non daba sinais de vida. poppy decidira sair, chamou á lider do sector_a (a nosa radical favorita) para tomar algo por aí. a líder do secto_a non o dubidou, quedou con poppy en quince minutos; deixou plantado, plantadísimo ó protagonista de gris, porque era moi guapo, tiña un cú que... sen comentarios, uns ollos (que si, que si, que tamén lle mirou á cara) de escándalo; pero era un plasta insufrible, empeñábase en cantarlle as cancións románticas e como que non lle ía moito o tema.

clio (si, si, ese clio, do daquel conflicto có grupo supostamente feminista radical do garito(antro) do amigo de clio, este, este, timofónica), cando cheguei díxome que levaba agardando vinte minutos e que xa me valía; por suposto non me afectou o comentario, porque unha é unha muller fría e calculadora e ademáis porque cando estaba a vinte metros ben que o vin entrar, que era el, e que non había nin dous minutos. homes! pasoume unha carpeta negra, de coiro (non, esta non é catwoman, a ver se nos centramos), eu boteille a man, porque pensei que era para eso, pero en canto me viu as intencións dou un golpe enriba da carpeta impedíndome abrila. miroume ós ollos e dixo que se a abría non había volta atrás, o que lese tería que ser capaz de asumilo, non sería fácil de esquencelo. eu ó escoitar o que me estaba decindo, ademáis que o decía con aquel misterio, é que me estaban dando ganas de apartarlle a man a cuchilladas ou así, menos mal que unha é pacífica e non o fixen, porque el non apartaba a man e seguiu decindo










capítulo 51


a líder do sector_a (a nosa radical favorita) agradeciu a chamada de poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita porque esta non é das que chaman para poñer a parir ós teleoperadores, de veras que non), xa non sabía como desfacerse daquel plasta e precisba tomar algo tranquilamente. pero cando se xuntaron, a líder do sector_a notou que poppy estaba moi alterada; a líder do sector_a tratou de tranquilizala e cando o conseguiu, poppy contoulle o que estaba ocorrendo no casino. a nosa radical favorita, que xa coñecía a mariposa* (a nosa japiflauer favorita) do tempo que levaban traballando xuntas contra a inxustiza no mundo, sabía perfectamente que ningunha advertencia conseguiría freala, cando se poñía con algo facíao con toda-las consecuencias, a dalo todo, que di ela. contra do que esperaba poppy, a líder do sector_a decidiu (porque ela era así) que debían volver ó casino porque se a cousa era como lle contara juindon ía precisar reforzos. a estilosa srta. newlook despois da súa habitual saída nocturna (que o fai por necesidade, non por vicio, malpensad@s) con éxito, afortunadamente non lle tocara ningún daqueles das hamburguesas que lle dixera lordguille
siga tratara sen éxito de porse en contacto có despistado doutor zyxel 650 en multitude de ocasións. a única resposta que obtiña era aquel desesperante "el móvil al que llama está apagado o fuera de cobertura, nana-nana-nana (pero non leades esto como nana,nana (canción corporativa) senón como nana-nana (de chincha rabiña))". e porque ela é todo unha dama, que se non xa tiña mandado á compañía telefonica a dar unha volta por casablanca ou así. e porque ela era toda unha dama, non mandamba dar unha volta por casablanca ou máis lonxe ó doutor zyxel 650, porque igual deixara o móvil na nevera ou quen sabe onde. chegou ilusionada ó casino, onde viu ás súas compañeiras na mesa da ruleta, tan estupendas coma sempe, pero cun certo aire de preocupación, que non é que se lles notase moito (non tiñan o pelo de punta, nin olleiras profundas, nin se estaban ajarrando do pescozo unhas ás outras) é que ela tiña un sexto sentido para eso. juindon respirou cando viu que todas estaban xuntas de novo. de súpeto mira para arriba e ve que anao (a superexecutiva agresiva, que dirixia todo o complexo xogo e vicio desenfrenado gracias a un desliz do anterior directivo)
o investigador(que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) seguía mirando por enriba do ombreiro do doutor zyxel 650, controlando aquel ombreiro recuberto de coiro. tiña que ser ela. o doutor zyxel seguia desconsolado pola falta de noticias da súa querida srta newlook. o investigador trataba de ser comprensivo, pero é que xa non lle daba a paciencia para máis. como non sabía que escusa poñer, chamoume a min sin que o despistado doutor se decatase, e despois cando lle collín xa me tratou coma se eu o chamase a el, xefes!. a clio (si, si ese clio o amigo de timofónica, o que tiña o garito (antro) aquel, no que houbo o conflicto aquel có grupo supostamente feminista radical, si, ese clio) non lle gustou a interrupción. el seguía cá man plantada enriba da carpeta de coiro negro, que nada tiña que ver con catwoman; non me deixou darlle moito rollo ó investigador. tíñame ameazada, bueno, non, é que me miraba mal. por fin colguei. e xa estaba case sacando a man para darme por fin a famosa carpeta, e nese xusto momento plántase ó noso carón, quen ía ser, o detective supersegredo do csi. clio alterouse, vinlle intención de coller de novo a carpeta, pero non lle dei tempo. fun máis rápida, apodereime dela, e sen darlles tempo a reaccionar, nin ó camareiro, porque tampouco pagara, marchei correndo










capítulo 52


lles está facendo señas coma unha tola, juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) supuxo que aquelas señas significaban que era hora de abandoa-la sala, si, decididamente; bueno, eso ou é que á anao (a nosa executiva agresiva favorita) frotara a lámpara máxica do xenio do chiste de así non, anormal. juindon tratou de frear a mariposa* (a nosa japiflauer favorita) na súa escalada cara o asalto á banca do casino; pero pese á súa persúasiva mirada non foi capaz. xa estaba case disposta a emprega-lo seu infalible golpe de melena, cando a líder do sector_a (a nosa radical favorita) a parou. non, eso, non juindon, díxolle a líder do sector_a comprendendo a gravidade da situación. a líder do sector_a, ben sabía, por experiencia, do tempo que levaba traballando contra as inxustizas no mundo cóvado con cóvado con mariposa* e poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita), que mariposa* non renunciaba ó trunfo tan facilmente, deformación profesional dos campionatos das flallincaps. daquela cá axuda física da estilosa srta. newlook, e poppy; e a axuda moral de anao, agarraron a mariposa* como poideron e sairon de alí, de novo, a fume de carozo. subíronse ó primeiro coche que pasou, porque non era momento de poñerse con exixencias e pedir un cadilac rosa, o taxista, ilegal, por suposto, non dubidou en acata-las ordes de juindon, porque tiña aquela mirada, e porque detrás sairan coma vinte matóns, con traxe negro, gafas negras e unha cara de mala hostia... (bueno cada un dos matóns có seu traxe, cás súas gafas e cá súa cara de mala hostia, claro)

no ultramoderno centro comercial de sandiego podíase corta-la tensión cun coitelo, cun coitelo ben afiado, porque a tensión era moita. bágoas (o executivo de alto nivel que xestionaba o ultramoderno centro comercial de sandiego), pese á pócima relaxante (non coma as de celia, se non relaxante das de relaxante de verdade) que lle preparara bruxiña seguía cós nervios a flor de pel. coidaba cada detalle, procurando que en ningures se fixese referencia a bollicaoslain por se se enfadaba microfiltro (o superexecutivo agresivo menos fashion victim cá mr. llollovic) e decídia abandoa-lo centro; e tamén que non houbese nin sinal de perralleiroslain, por se se enfadaba mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total), que non só se conformaría só con non puxar polo precioso espacio do ultramoderno centro comercial de sandiego, senón que o tería cruzado para sempre xamáis, retiraríalle o crédito nos traxes caros, e que ía ser dun executivo de alto nivel coma el, porque perralleiroslain, era outro estilo, ademais se microfiltro se decataba de que lle pedía crédito porque mr. llollovic llo cortara (o crédito, malpensad@s) tampouco llo ía dar. que sinvivir. pola súa parte mr. llollovic estaba máis interesado na chegada de miss comtred (a detective da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis ganancia lle daban e porque vivía de pinga (perdón, moi ben) mentras os investigaba e que acabou asociándose con adslppp, o noso contacto en beigin)

o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) xa non sabía como poñerse para non incomodar ó despistado doutor zyxel 650, tampouco sabía como decirlle que xa non aguantaba máis, que lle daba igual todo, que se aquel ombreiro envolto en coiro era de catwoman ou que o viño fose dunha mala colleita (esto é un decir, porque como o viño fose malo... o despistado doutor zyxel 650, cal cliente de adsl non pillaba as indirectas do investigador nin tirándollas con flechas envenenadas. o investigador empregou o último cartucho que lle quedaba. díxolle ó despistado doutor que tiña que ir ó baño, a todo o mundo lle pasa, incluso ó noso investigador por moi elegante e cabaleiro que fose. ó doutor non lle pareciu escusa en absoluto, el ás veces tamén... o investigador pasou moi preto daquel ombreiro envolto en coiro unido a unha figura de muller tamén envolta en coiro










capítulo 53


dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador pola súa preocupación natural por mariposa* (a nosa japiflauer favorita), porque era a súa rival-compañeira nos campionatos de flallincaps, que despois deribou en compañeira-xa me entendes; e tamén porque o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) non estaba de humor para levar tantos casos porque crawford seguía alo pola riviera francesa livinlavidaloca cun home moi importante do que non se pode deci-lo nome, pero que eu digo as iniciais, que son j.m., por puro amor ó cotilleo, e porque como total non me pagan a exclusiva pois doume o gusto de decilo; e porque eu andaba medio desaparecida perseguindo ó malvado doutor tcp/ip e tirándolle do rollo ó detective supersegredo do csi; e porque a el apetecíalle máis invocar a catwoman, que traballar, que para eso era o xefe en funcións) pensou que o mellor era poñerse en contacto cá axencia que lle arrendara a limusin ás nosas heroínas. foi á oficina da axencia arrendataria, e como el estaba afeito a ser xefe non se conformou con falar cá amable comercial que o atendía, esixiu ver a espís trín

efectivamente, aquel ombro envolto en coiro negro, pegado a unha figura de muller envolta en coiro negro era catwoman. o investigador tratou de disimula-la alegría de velo, e póidoo facer sen maiores problemas, homes. catwoman mirouno de reollo, sen facer demasiado esforzo en miralo de frente. xa sabía quen era, en realidade estábao controlando. que pensaba el. el por facerse o duro pasou de largo e foi ó servicio, como lle dixera ó despistado doutor zyxel 650. uns minutos minutos despois volviu. de frente atopouse cun sorriso cómplice de catwoman que o desarmou por completo, e saiulle ese sorriso transparente, así como inocente. non sabía se parar a falar con ela ou seguir. ela volviu a baixa-la vista, estaba claro. tiña que seguir. volviu á mesa e por fin o despistado doutor dou sinais de vida fóra do seu despiste. ensinoulle o móvil, tremáballe a man. era unha chamada perdida da estilosa srta. new look pensaba el, o investigador mirou ó doutor pensando de a ver quen carallo era aquel número que non era deste país, e a el parecíalle que era dos usa e como ía estar a srta. newlook nos usa, porque era toda unha dama e a ver como lle ía dar por ir ós usa; sen avisar antes, sen deixar ningunha nota. canto máis o pensaba máis desexaba saber de quen era aquel número. pedirían un rescate, seguro
quen me vía, avda. finisterre abaixo, non corría voaba, non era unha vespa, non era un clio espor (non, non, ese clio non), era dominio fuxindo de clio (si, si, ese clio, o amigo de timofónica o dono do do garito(antro) aquel do conflicto có grupo supostamente feminista radical que era amigo de clio, ese clio) e do detective supersegredo do csi. a clio pronto o despistei, non só porque eu fose máis rápida, é non todo é ir ó ximnasio porque non é o mesmo correr rúa abaixo, que unha está moi axil; pero ó detective, o moi cabrón, non había maneira de deixalo atrás. seguíame a poucos metros de distancia. salvoume que cando case estaba a punto de collerme apareceu da nada o camareiro do café superpijo que puxeran no sitio do garito (antro) aquel, que se abalanzou sobre o detective atrapándoo polas pernas e facéndoo caer ó chan; primerio pillara a clio, que lle dixo que pagaba eu, pero ó verse incapaz de alcanzarme optou por paxaro en man, e pediulle contas ó detective, que o pobre (si, ho, si) non tiña arte nin parte na factura dos cafés, pero que se joda (perdón, perdón, que có fina que son non podo decir estas cousas, que se amole un pouco, bueno moito); non quedei mirando a ver se lle pagaba ou non, pero estou segura de que si, porque o camareiro era algo así coma duas veces o detective, incluíndo o seu pelo de punta tipo comic manga










capítulo 54


o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) saiu do restaurante mirando o papel que lle dera o despistado doutor zxyel 650 con aquel misterioso número de teléfono americano, que lle daba na alma que era para pedir un rescate. non, díxolle catwoman interpoñéndose no seu camiño con paso decidido e mirándoo fixamente, eso sí, cun sorriso sincero. ó investigador caiulle o papel ó chan, porque era o único que levaba nas mans, que se non caeríalle todo o que poidese caer, a lei da gravidade, que tiña estas cousas. non que?, alcanzou a decir el, cun sorriso nervios (é que en determinadas circunstancias a capacidade oratoria do noso investigador non daba para máis, por moi elegante, cabaleiroso e culto que resultase noutra situación). non piden rescate, só avisan, dixo cá súa voz doce, envolviuse na súa capa de coiro negro e desapareciu en tres áxiles movimentos, facendo honor ó seu nome. o investigador non sabía se alegrarse porque catwoman o guiaba, se porque non parecían estar secuestradas as nosas heroínas, ou se por rematar dunha vez de aguantarlle o rollo derrotista do despistado doutor (que é moi bo rapaz, pero... a estilosa srta newlook, unha santa, pensaba o investigador)
ó verme libre do meu máis directo perseguidor, xa andiven máis amodo, porque bueno, correr é de covardes (porque unha xa ten moito traballo con ser tan fina, coma por enriba tratar de non ser covarde). fun dereitiña ó despacho de crawford investigueixons. entrei, abrindo a porta de súpeto, despertei ó recepcionista que aínda lle duraba a cara de felicidade da lúa de mel; pero celia nin se inmutou, andaba un pouco colgada, xa me entendedes. metinme no meu despacho, que non era o meu, que era o de crawford que seguía aló pola riviera francesa livinlavidaloca cun home moi importante, do que non se pode deci-lo nome, pero que eu digo as iniciais que son j.m. porque me da a real gana (perdón, porque me apetece) e porque total non me van paga-la exclusiva e polo menos doume o gusto de decilo, porque si, por puro amor ó cotilleo. e é máis, hoxe, porque si, digo o nome, hala, que o don mega importante do que supostamente non se pode deci-lo nome pero que estou demostrando que é perfectamente posible é john. xa sentada na mesa, tremábame a man o ergue-la tapa da carpeta de coiro
as nosas heroínas, comandadas por juindon (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo), organizadas (postas en cintura) pola líder do sector_a (a nosa radical favorita), e equilibradas pola estilosa srta. newlook, xa parecían verse fora de perigo; mariposa* (a nosa japiflauer favorita) lamentaba que non lle desen un segundo, só un segundo máis para salta-la banca; poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) lamentaba que tardasen tanto en face-la entrar en razón, pero conforme o taxi se ía achegando ó aeroporto os ánimos estaban máis tranquilos. juindon incluso comezou a facer chistes sobre o que lle podería pasar ós vinte matóns se elas os chegan a pillar. a líder do sector_ a medio sorriu, case lle fixo gracia. as outras riron e seguiron facendo chistes. juindon comprendiu a preocupación da líder do sector_a. mirou ó taxista. mirou polo retrovisor e, ou había moita tormenta ou o que tiñan detrás era unha flota completa de todoterreos negros, cás lunas tintadas e cuns teitos solares que se comezaban a abrir. todas presentiron o perigo a un tempo. juindon díxolle










capítulo 55


a amable comercial que o atendía, sasser, explicoulle que espís trín (o antigo carceleiro da mina aquela do soto de juanflorez onde estaban esclavizados a maior concentración de cachimans endexamáis vista) non podía atendelo, que para eso estaba ela alí, e que o faría encantada (atendelo, malpensad@s). dinámico (o dono de bollicaoslain, que se metiu a investigador porque estaba preocupado por mariposa* (a nosa japiflauer favorita), eterna rival nos campionatos de fallincaps que despois derivou en compañeira, e despois de compañeira en xa me entendedes) montou un cristo (perdón, chamou a atención de tal maneira) que o mesmo espístrín, que estaba atendendo ás súas labores de xefe da empresa de aluguer de limusins, entre outras, saiu do despacho todo alarmado temendo pola vida da súa empregada. dinámico, que como investigador andaba máis perdido que fr lendo esto, ó ver que xa conseguira chama-la atención do xefe quedou pensando en que era exactamente o que fora buscar alí. reflexionou, e comezou a preguntarlle pola limusin, que quen a alugara, que a que hora a entregaran, que quen era o conductor, onde o podía localizar, que canta xente ía, que se ían homes (esto non era unha pregunta profesional exactamente), que cando a tiñan que entregar, parece que xa lle ía collendo o xeito
o papel daba voltas e máis voltas na mesa, o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) estaba agardando a chamada de timofónica (o amigo de clio, si, si, ese clio, dono do garito(antro) aquel do conflicto có grupo supostamente feminista radical, que acabou entendéndose moi ben con juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapanterporquellolovalgo preferida), xa me entendedes), que pese a que estaba moi ocupado cás súas clases de baile deportivo, fixo un alto, polos vellos tempos, para botarlle un cable ó investigador, que tan ben lle solucionara o famoso conflicto. celia, que cada día estaba máis colgada (polas infusións relaxantes, non porque se namorara, aínda que desde que rox (o jreñudo de vida disipada amigo de pelusa, outro que tal baila) se metera a capitán interestelar tíñalle o seu aquel) pasoulle a chamada, era de estados unidos, díxolle timofónica, dunha empresa de xogo; timofónica coñecíaa ben, de cando se adicaba as estafas telefónicas. o investigador colgou, quedou preocupado, veu o meu despacho, que non era meu, que era de crawford, que seguía aló pola riviera francesa livinlavidaloca cun home moi importante do que non se pode deci-lo nome, pero do que eu digo as iniciais, j.m. e que tamén dixen o nome, john, porque si, e xa, por puro amor ó cotilleo e porque total a exclusiva non ma pagan; eu xa tiña aberta a carpeta de coiro, tiña os importantes documentos que desvelaban terribles misterios sobre o malvado doutor tpc/ip, nas miñas mans
os todoterreos aproximabanse perigosamente, e o teito solar cada vez estaba máis aberto; o taxista empatizara plenamente cás nosas heroínas, pero aquel vello peixó dos cincuenta, có número de bastidor borrado non daba para máis. do todoterreo que ía en cabeza sae a primeira figura, as nosas heroínas estaban observando atentamente o transcurso dos acontecementos, os angeles de charlitas (é decir, a líder do sector_a (a nosa radical favorita), poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) e mariposa*) xa se estaban equipando para a loita, a estilosa srta. newlook estudiaba ás súas posibles víctimas, porque non era de noite, nin era unha das súas necesarias saídas (que o fai por
necesidade non por vicio); pero era a guerra. juindon quedou algo máis que sorprendida cando viu que a figura que saía do todoterreo era nin máis nin menos que o mounstruo das sete caras. juindon case se sorprende, pero no fondo sabía que o final que vira do mounstruo de sete caras non podía ser o que ela vira, fora demasiado fácil










capítulo 56


jundonkispé (a nosa libertadora de loiramelentapantenporquellolovalgo favorita) recoñeciuno por puro instinto, porque a verdade era que o aspecto do mounstruo das sete caras era diferente cando menos do que ela vira aló cando o conflicto da mina de juan florez, cando liberara a maior cantidade de cachimans endexamais vista. o mounstruo traia un traxe de mariñeiro coma de primeira comunión cun gorro que deixaba ó descuberto parte da súa lustrosa cabeza. ás nosas heroínas doulles a risa cando viron semellante personaxe, e non entendían aquel atisbo de preocupación que lle percibiran a juindon. con decirvos que nin medo lle tiñan xa (bueno antes tampouco) ós lanza mísiles que tiñan os dous escoltas do mounstruo das sete caras; e como que case lles dou máis ganas de tirarlles os tejos ós macizos aqueles que de pelexar. juindon díxolles quen era, elas mirábana, parecía que falaba en serio; miraban ó capitán intrépido e non podían cá risa. mariposa* (a nosa japiflauer favorita) estaba tirada no chan chorrando que non podía máis, poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) non estaba no chan pero ándaballe certa, o estado era parecido. a estilosa srta. newlook, trataba de mante-lo nivel dada-las circunstancias pero case a sobrepasaba. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) estaba rindo, que si, que si, que hai testemuñas ó respecto, para que vos decatedes do alcance da situación. a nosa radical favorita, a líder do sector_a, nada menos, a imperturbable, mirada asasina que desteta ós nenos, si, estaba rindo.
o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) ó ve-la miña cara de soprendida cando entrou no meu despacho (que non era o meu que era de crawford que por fin nos chamara había uns minutos para decir que o estaba pasando moi ben (en realidade dixo que non volvía nin de coña, que nunca o pasara tan ben, que eso era vivir e que non sabíamos o que perdíamos)) mirou detrás da porta por se tiña alí ó amante agachado. desgraciadamente para min non había tal amante, viu a carpeta. mireino confirmándolle que si, que aquela era a famosa carpeta que contiña os misteriosos documentos que desvelaban terribles informacións sobre o malvado doutor tcp/ip. el miroume preguntándome se xa os lera, eu mireino decíndolle que non. cando por fin decidiu falar, preguntoume se sabía algo do tal casino que traia anotado, desde onde o despistado doutor zyxel 650 recibira aquela misteriosa chamada. nese momento entra dinámico pola porta, todo emocionado e cun montón de respostas. espís trín contáralle con todo o detalle que poido o percorrido da limusin aquela fatídica noite. o investigador, quedara sorprendido da eficiencia de dinámico, e incluso me dou por pensar que demasiado contento, non sei porque miraba para a miña silla bágoas (o executivo de alto nivel que xestionaba o ultramoderno centro comercial de sandiego) tivo que poñerse firme para que mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) e microfiltro (o superexecutivo agresivo menos fashion victim cá mr. llollovic) non se lles subisen á chepa, porque poñíanse a pedir e pouco menos que lles había que facer un centro para cada un. ó final púxoos










capítulo 57


cada un nun lado, bágoas (o executivo de alto nivel que xestionaba o ultramoderno centro comercial de sandiego) escoitounos con toda a atención que as infusións relaxantes de bruxina (que eran relaxantes das de verdade, non coma as de celia, xa me entendedes) lle permitían. chegou á conclusión que era inútil seguir con aquel debate entre divas, porque mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) veña a decir que a luz non era a axeitada, que facían os deseños demasiado doces, pouco agresivos (xa me diredes, chamándose bollicaoslain) e microfiltro (o superexecutivo agresivo menos fashion victim cá mr. llollovic) veña a decir que había demasiada luz, que facían demasiado vulgares (xa me diredes, chamándose perralleiroslain) polo que a un púxoo onde lle daba o sol seguido e o outro metiuno no soto, pois aínda tiveron máis que decir, pero despachounos de seguido. díxolles que ou conformaban ou que falaba con ortega que non poñía peros ningún. mr.llollovic que tiña a espiña cravada de cando ortega lle roubou o nome segredo de zara para as súas tendas de cando fose rico e se independizase de bollicaoslain, asinou. microfiltro, ó ver que o seu competidor directo asinaba, tamén asinou, por non da-lo brazo a torcer e deixarlle o campo libre tan facilmente. uns minutos despois, na pista máis exclusiva de alvedro
eu estábao mirando mal, o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa)pillou a indirecta e deixou de mirar a dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador pola desaparición de mariposa* (a nosa japiflauer favorita) que fora noutrora a súa rival nos campionatos de flallincaps, rivalidade que devirou a compañeirismo, e o compañeirismo derivou en xa me entendedes)coma o seu socio-empregado ideal; aínda que lle quedou ese desacougo do que podería chegar a ser. e non sei porque me molestaba, total o dinámico ese que estaba afeito a vivir a todo trapo (nunca mellor dito) non se ía rebaixar a traballar
có soldo que nos pagaban en crawford investigueixons, que era unha pasta, pero aínda así. o investigador saiu con dinámico cara alvedro, e eu mentras por fin, dei aberto a carpeta de coiro negro que lle quitara das mans (propiamente falando) a clio (si, si, ese clio, ese) e que contiña información terrible sobre o malvado doutor tcp/ip. respirei profundamente, ben, si, xa estaba preparada. abrin a carpeta. mirei a información. era un montón de folios de certificados médicos, de expedientes, de experimentos; pois a min non me parecía desa clase de doutores, para min que era dos que lían libros e vían películas de culto. botando un ollo por enriba vin algo que me chamou moitísimo a atención... estaba subliñado en verde
juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) sabía que pese a pinta que tivese o mounstruo das sete caras seguía sendo o mounstruo das sete caras, é decir, perigoso, non por intelixente se non por malo. tratou de chamar a capítulo ó resto das nosas heroínas, pero non o daba conseguido. o taxista que se contaxiou da risa floxa que lle dera ás nosas heroínas tivo que frear en seco e para-lo taxi porque non se vía en condicións de manter firme o volante, e sería ilegal e o que queirades, pero era un tipo serio. foi daquela cando a estilosa srta. newlook tomou conciencia da situación e decidiu que xa era hora de facer honra á súa clase (entendida como clase de saber estar, non da outra de estatus superior) e deixar de arrolarse polo chan dun taxi ilegal. os angeles de charlitas, é decir, a líder do sector_a (a nosa radical favorita), poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) e mariposa*, ó ver que ninguén máis ría, decidiron poñerse serias. o freazo en seco do taxi ilegal deixou descolocados ós todo terreo negros que as perseguían, moitos seguiron de largo, outros deron volantazos para non apisonalas (cousa que moito sentido non tiña, porque ó fin e ó cabo, estabanas perseguindo con lanza mísiles e toda a hostia (perdón e todo o desplegue de medios armamentísticos) para acabar con elas), e outros frearon en seco, dun destes últimos saiu disparado o monomediometro, que










capítulo 58


quedou espatarrado no chan con cara de alelado. as nosas heroínas, que por fin conseguiran adopta-la postura de seriedade que a situación requería, ó sair do taxi e ver a semellante elemento en semellantes circunstancias volveron a partirse de risa, é que non podían. nin sequera juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo), nin sequera ela poido aguantar. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) foi a que máis tardou porque o de rirse dalguén que se acababa de espatarrar contra o chan nunha mala postura non lle parecía moi ético, pero despois riu todo o atrasado. de mariposa* (a nosa japiflauer favorita) nin falamos, o segundo que conseguiu mante-la compostura só lle valiu para coller folgos. e poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) é que non daba feito. a que parecía mante-las formas, por propia definición era a estilosa srta. newlook, que se escojonaba, pero con estilo. aproveitando o desconcerto, e cá complicidade que da ser compañeiras de vellas conspiracións a líder do sector_a e juindon dirixiron a mariposa*, poppy e a srta. newlook e as cinco a un tempo conseguiron facerse cás armas dos matóns de traxe negro. cando o mounstruo das sete caras vestido de capitán intrépido có traxe da comunión e un gorro algo escaso se decatou da situación, enfadouse moitísimo, montou en cólera que se di. duplicou o seu tamaño, e juindon mirou ás outras como restregándolle o vedes, vedes como era un mounstruo perigoso. elas mirárona, decíndolle que se concentrara no que estaban, que non era momento de restregamentos, quitando o do monomediometro polo chan, claro.
as nosas heroínas, pacifistas de pro e nunca dispararían a ninguén por moi mounstruo de sete caras que fose, tiñan que argallar algo para desfacerse del, sen corromperse. a srta. newlook dixo que ela case pasaba do mordisco mortal, porque moita necesidade (que ela facíao por necesidade, non por vicio, malpensad@s) non tiña e apetecible tampouco era para darse unha alegría. os angeles de charlitas propuxeron unha especie de zancadilla para que o mounstruo caese polo seu propio peso, juindon ademáis apoiaba a maniobra engánchandolle ó pescozo un adival laranxa que tiñan alí os do rodeo do casino do lado. pero non fixo falta, xa anao (a nosa executiva agresiva favorita) avisara ó fbi, que á súa vez avisara á cia, que lle dera un toque ós marines, que trouxeran toda a maquinaria de guerra americana, que esto de se-los pacificadores do mundo tenche estas cousas, aproveitando o desconcerto de tanto desplegue anao apareciu conducindo coma unha tola un daqueles todoterreos, freou en seco, abriu e as nosas heroínas entraron sen pensalo. pisou a fondo o acelerador

cando o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) e o seu novo "axudante supereficiente" dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador por atopar a mariposa*, estas cousas do compañeirismo, xa me entendedes) chegaron a alvedro viron que había un certo alboroto, a dinámico pareciulle distinguir entre a comitiva protocolaria a mr. llollovic, que non podía ser, porque tiña que estar ó pe do cañón, na empresa, que para eso delegara nel. a dinámico estábaselle hinchando unha vea ó lado da cella dereita, que mal rollo. entre a multitude mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) viu de lonxe a dinámico, pensou durante uns segundos e todo divino, como sempre e con paso firme foi cara dinámico, viña acompañado de miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin), que acababa de aterrar, e que era a causante de todo aquel jolgorio, porque alguén lle dou o soplo á prensa do corazón










capítulo 59


miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin), nin de lonxe esperaba tal recibimento, pero tampouco lle importaba, porque se algo lle permitía estar podre de pasta (perdón, ter un alto poder adquisitivo) era estar sempre á última moda e seguir ó pé da letra os mandados das pasarelas internacionais. o seu encontro con mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) foi, como esperaban ambos, moi emotivo, por fin, por fin na miña casa pensaba mr. llollovic, facendo cálculos mentais do impresionada que ía quedar miss comtred cando vise o seu ático acristalado, decorado á ultímisima moda, cós deseños máis exclusivos e os detalles máis impresionantes. a miss comtred, que a emoción de atoparse de novo có seu compañeiro favorito das festas da jaisosaiti (porque eran duas pedazolurpias criticonas) a embargaba, non tiña moitas esperanzas de pasalo ben, porque se todo era do nivel do areoporto, que xa tiña estado en aeroportos mellor equipados aló cando iba ós safaris dos ricos club, no medio da sabana africana. pero ela colliuno con ánimo, e ver tanta prensa á súa espera animouna. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), quedou impresionado cá elegancia de miss comtred, que se ben non igualaba á da estilosa srta. newlook, tiña un toque distinción que a diferenciaba do resto. dinámico non podía deixar de pensar que depositara a súa confianza para dirixi-la empresa e nin caso que lle fixo a miss comtred, pero é que nin a viu. eso sí a vea do lado da cella hinchábaselle cada vez máis. mr. llollovic que xa o todoterreo negro que anao (a nosa executiva agresiva favorita) lle roubara ó exercito de matóns de traxe negro do mounstruo das sete caras, dou unha volta por todo aquel enxame de forzas armadas, e homes de negro. tivo que frear en seco de novo, có conseguinte trastorno ás nosas heroínas, que moi ben xa non ían. fíxoo non por fastidiar, que anao era moi agresiva ela pero moi boa xente tamén, e non quixo atropelar ó monomediometro, que ó ergue-la vista e toparse con juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) púxose colorado, aínda que vos pareza mentira. abaixou a cabeza, trataba de agochar un sentimento que viña desenrolando desde aquel episodio da mina de juanflorez onde a nosa libertadora sacara a luz a maior cantidade de cachimans endexamáis vistos xuntos na coruña. en realidade estaba namoradìsimo da nosa juindon. ela mirouno, lembraba moi ben o seu sistema llanadienomequiere e non lle daba lástima ningunha e pasaba ampliamente del, aínda sen saber dos seus sentimentos (os do mediometro, quero decir) cara ela. el agachou a cara detrás das mans porque non quería que ela o vise en tan lamentable estado. de fondo soaba o: nomemires,nomemires,nome,nome,nome,nome,mires,dejalolla... pero non só me chamou a atención por estar subliñado en verde, porque unha pode ser algo lenta, aínda que estupenda por outra parte, pero tanto tanto non. no meu despacho (que non era meu, que era de crawford, que andaba aló pola riviera francesa livinlavidaloca, cun home moi importante do que non se pode deci-lo nome, pero que eu xa dixen as iniciais, que son j.m. por puro amor ó cotilleo xa que total a exclusiva non ma pagan e polo menos doume o gusto, que tamén me dei o gusto de deci-lo nome que era john, e pronto seguirei dándome máis gusto, que cando me poño, bueno esto non é o que parece que pon, referíame ó gusto como satisfaccion, bueno, xa me entendedes, non, non a satisfaccion xa me entendendes non, malpensad@s, satisfaccion en si) respirábase un aire de misterio, na fiestra estaba mirando a néboa, e quen sabe se alguén máis aló ó fondo










capítulo 60


o coñecía anticipouse a calquera reproche que lle poidese facer, ven lle vía a vea hinchada, e xa sabía que aquelo non podía ser bo. sacou da súa bolsa superfashion ultimodelo buratonegrosinfondo tipo mariposa* (a nosa japiflauer favorita) uns calmantes vitaminados de naturterapia, que estaba moi de moda entre os executivos de alto nivel. dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador por atopar a mariposa*, estas cousas do compañeirismo, xa me entendedes) ó ver que mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) seguía sendo o eficiente axudante de sempre xa se relaxou, e incluso sorriu cando viu a caixa dos calmantes vitaminados. miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) viu algo provinciana aquela escea e case lle estaba pesando o de vir á esquina do mundo, por moi ben que conseguira aterrar o seu llet privado sen caer ó mar, e por moita prensa que a estaba agardando; pero mr. llollovic púxoa ó tando de era a única manía que tiña dinámico e que mira, para ser xefe tampouco era tanto, e ben lle podía cumpli-lo capricho nese aspecto. miss comtred decidiu darnos unha oportunidade máis. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) ofreciuse a achegala á cidade (palabras textuais) algo que a miss comtred xa lle parecía inconcebible, pero tan pequena era a cidade que nin sequera chegaba ata onde estaba o aeroporto. mr.llollovic, anticipándose á resposta de miss comtred, máis que nada para súaviza-la negativa, díxolle que non era preciso que xa tiñan coche (se non fose tan fina diría que un cochazo de lahostia, que a miss comtred era fina, pero o mr.llollovic non lle andaba lonxe) e quedaran con non sei quen (escusa barata, por moi finos que fosen estes dous) e que tal e que cual. o investigador, facendo gala do seu talante discreto acepto sen máis a escusa barata destes dous por moi finos que fosen e seguiron có seu. dinámico cás pistas que xuntara nas súas labouras de investigación (o desjrasiado que o meu xefe consideraba mellor cá min) na oficina de espís trín

(agora que escribín o de espís trín decateime de que faltaban puntos e a parte, é que me ten moi abandoada e perdo os bos costumes)

bueno ou directamente con espís trin, porque o dinámico nos seus aires de dono de multinacional da moda (esquendendo o seu pasado de desfalcador), non quixo falar cá amable comercial que o atendía, sasser; leváraos ata alí, na oficina de información, obviamente non lles dixeron nada, foron á pista de aterraxe e puxéronse a falar có persoal, si, había xente que dixera que vira a cinco tolas algo pasadas sair dunha limusin un día pola mañán e meterse nun llet privado e outra que non quixo ir pese ó moito que lle insistiron as que si subiron; menos mal, dixo un machista (de suposto machista nada, era un machista integral), que aquela tiña algo de sentido e volviu para a súa casa que era onde tiñan que estar todas. o investigador dou gracias de que as do movimento supostamente feminista radical do conflicto aquel do garito (antro) do amigo de clio, timofónica non estivese alí. dinámico, tomou nota "moi eficientemente" (este quería quitarme o emprego que o estaba vendo) da descripción que fixo o machista da "outra", a única con sentido según el; así ía alvedro, con semellante persoal. dinámico insistiu en seguir investigando alí; pero o investigador xa tiña información dabondo para continuar cás averiguacións, polo que deixou alí o seu momentáneo axudante e baixou el só para a cidade. de camiño ía sorrindo ó lembrando a cara que puxera miss comtred ó decirlle eso de se os levaba á cidade, ía distraído, parou no semáforo (porque distraído si, pero controlando), de fondo comezaron a soar violíns. a música envolvíao súavemente; a orquesta sinfónica uniuse á banda sonora, no paso de peóns parouse frente ó seu coche unha melena rubia (bueno unha muller con melena rubia) que brillaba có sol. erguiu a vista e quedou mirándoa fixamente; sí, era a mesma da outra vez, agora viuna con máis claridade, estaba sentado e podía concentrarse mellor; ela sorriulle, chiscoulle un ollo, el sorprendiuse e analizouna, facíaselle familiar. si aqueles ollos soábanlle de algo, ela lanzoulle un bico e desapareciu. el seguiuna cá mirada. arrancou ó aviso dos pitidos dos coches de atrás. íalle dando voltas e máis voltas. aquela forma de da-la volta, si, xa a vira antes. non podía ser, si, si que era. non, non podía. en realidade el nunca a vira sen o traxe de coiro negro, podía ser. aqueles ollos. pero se a muller de melena rubia que brillaba có sol era en realidade catwoman, porque tiña unha banda sonora distinta. porque se ía arriscar catwoman a que ninguén averiguase a súa identidade real. porque... subía no ascensor chegando a crawford investigueixons pensando nos porqués, abriu a porta pensando, e entrou no seu despacho, case morre do infarto, alí estaba catwoman
anao (a nosa executiva agresiva favorita) pisaba a fondo o acelerador, as nosas heroínas miraban atrás sen rencor, recobrándose do ataque de risa, mariposa* botando contas de en que gastar tantos cartos, juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo) sorrindo aliviada ó verse a salvo do mounstruo das sete caras, porque ela sabía cal era realmente o perigoso que era pese a súa imaxe un tanto ridícula. a estilosa srta. new look non podía cá dor de barriga da jartá de rirse (do moito que se riu, desculpitas), poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) respiraba alibiada, aínda que no fondo admitía que nunca o pasara tan ben, gustáralle a emoción de vivir ó límite, para eso se metera nos angeles de charlitas, pero esto era distinto, sen ninguén a quen defender máis que a elas mesmas, ata case lle apetecía volver a pasar por todo de novo. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) pola súa parte xa case estaba desexando volver á coruña, porque coma na casa en ningún sitio. si pasárao de medo, rírase coma nunca e coñecera ó protagonista de gris (a ver como llo contaba ó yeti), perdera algúns cartos no casino (a ver como llo contaba ó yeti), vira por fin ó mounstruo das sete caras (para unha cousa que lle podía contar ó yeti, có ridículo que lle parecera non llo ía crer). pensando de novo no yeti, que algunha vez si que se lembrara del, tampouco imos deci-lo contrario, en realidade moitas veces; pensaba como explicarlle que unha cea para animar a juindon acabou nas vegas, días despois. o yeti era comprensivo, indubidablemente, pero seríao tanto. a líder do sector_a confiaba en que si, ó fin e o cabo tampouco fora para tanto, cando el saía cos amigos tamén facía cada unha que para que. pois como llo ía contar, pois así como era, como ela facía sempre, aí tes o que pasou se che gusta ben e se non andando, e funcionaba, á moi cabrona (perdón, á moi afortunada) sempre lle funcionaba










capítulo 61


o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa)tiña o corazón a cen, por tres motivos: o primeiro e principal, porque era catwoman; o segundo e secundario: porque entrou despistado e non contaba con ninguén alí; e o terceiro e terciario, porque non soou a banda sonora (aiIaiiIAiii güil olgueis lovlluuUuuuUUU...) e ademáis lle cabía na razón que poidese estar alí tan ricamente sentada se non había nada que a vira no paso de peóns, que si que era ela, agora que a tiña de frente, que a estaba mirando directamente ós ollos (de veras que a miraba ós ollos) recoñecía a aquela misteriosa muller do paso de peóns e melena rubia que brilla coma o sol con banda sonora de orquesta sinfónica; máis que nada polo que lle debía custar meterse naquel axustado traxe de coiro negro, neste punto a cara do investigador xa cambiou, sobra decir que se lle puxo unha cara un tanto alegre e distraída que catwoman non soubo moi ben como interpretar pero ergueuse e mirouno fixamente para que se centrase. centrouse, centrouse, que lle tiña moito respecto. catwoman ía comezar a relata-lo motivo da súa inesperada (para o investigador) visita cando de súpeto entra pola porta crawford, que andaba aló pola riviera francesa livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido
as nosas heroínas ían a toda hostia (perdón, a gran velocidade) polas autopistas americanas, paralizando todo-los radares e cunha escolta de patrullas do sheriff, do fbi, da cia, dos marines, do exército de terra, do mounstruo das sete caras, do casino (porque moito ganaran pero marcharon sen pagar). non sabían como facer para despista-los a todo, e a solución telma&louis non lles parecía nin de lonxe a solución óptima, que non, que nin de coña, que por moi ben que quedase nos telexornais e nos zappins, que elas non estaban pola labor de tirarse ó vacío polo gran cañón, mirando atrás (sen rencor, eso si) viron que era imposible, que moi torpes que fosen uns e outros non era posible despista-los a todos. ou quizáis si pensaba juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita, que no 60 se me esquenceu o de favorita) e comezou a artellar unha estratexia evasiva. a estilosa srta. newlook pensaba que en caso de necesidade e dado que aínda non chamaran ás forzas aéras, cousa estraña porque os americanos có sobrados que son, ela podía voar ata o seu llet privado, pero o problema (perdón, incidencia) era que ela non sabía pilotar, das poucas cousas que non sabía, de feito para ela era un coñecemento un tanto inútil, porque como xa dixen e como boa vampira raiña da noite, ela podía voar. mariposa* (a nosa japiflauer favorita) e poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) non acababan de ver á estilosa srta. newlook voando, porque como se podía voar con semellante elegancia, tipo superman?, porque a ver como??, no fondo é que non crian que a estilosa srta. new look fose unha vampira; elas tiñan esa idea anticuada e de todo falsa de que @s vampir@s eran mala xente, e ela facíao por necesidade non por vicio (malpensad@s). á líder do sector_a (a nosa radical favorita) ocorreuselle contactar con rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) que se metera a capitán intergaláctico, e aproveitando que juindon o coñecía das sesións de peluquería, porque ambos coidaban a súa melena porque eles o valían. juindon non tardou nada en poñer en marcha a idea da líder do sector_a. anao (a nosa executiva agresiva favorita) seguía pisando o acelerador
de súpeto as páxinas, que estaban dentro da carpeta de coiro negra que lle sacara case á forza a clio (si,si ese clio, ese)comezaron a pasar a toda velocidade, pararon nunha, unha forza misteriosa agarroume a man e puxo o meu dedo índice enriba dun párrafo, que non estaba subliñado en verde fosforito nin nada, como me había de fixar. eran datos tremendamente interesantes, si realmente interesantes; tanto que durante uns segundos nin me cuestionei cal era a forza que movía as follas e me collera a man para sinalar aquelo. cando fun consciente púxoseme o pelo de punta (vale, aínda máis do normal), dei en mirar para todos lados










capítulo 62


pero por máis que miraba non vía nada, eu dándolle voltas a qué forza misteriosa da natureza me estaba movendo, quedei cá mirada perdida na fiestra; daquela sentín un tortazo na cabeza, o golpe non foi moito, pero suficiente para mosquearme aínda máis, e eu veña a pensar e a darlle voltas a aquel misterio, ata que xa escoito, que son invisible!!! e uns murmurios máis que non acertei a descifrar pero que me soaban a reproche; e como o ía saber eu, se era invisible non a vía, unha tampouco ten porque estar en todo, podían se forzas extraterrestres ou algo. cando deixou de rosmar díxome que mirase o que ela me sinalara nos papeis. era información supersegreda sobre o malvado doutor tcp/ip. si, que interesante. tratei de mirar a invisible para confirmarlle que me parecia moi importante aquel achádego e darlle as gracias, pero non sabía para onde mirar, e sentinme un pouco ridícula ó mirar en toda-las direccións con semellante confirmación, así que pasei de todo. invisible díxome que fora ela a que lle dera a carpeta a clio (si,si, ese clio, ese), pero que por motivos obvios tivera que empregar a cor (o amor platónico do malvado doutor tcp/ip) de intermediaria, contoume que temía que o malvado doutor tcp/ip estivese tramando algo desde que lle chegaron noticias da miña misteriosa desaparición (cando andiven dando voltas por medio mundo) e que se puxo a investigar (hala! tododiós a investigar! intrusistas!)
e que viña (coma @s nen@s riquiñ@s) cun caso debaixo do brazo; mentras andaba aló pola riviera francesa livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido; soubo a través das súas canles de información habituais, que estaba de relax pero non relaxada, que a crawford era a xefa por algo, que unha maligna forza estaba cobrando vida na cidade. tal foi a alarma que lle causou que incluso deixou o seu retiro porque un caso así so o podía atender ela, ou eso pensaba. era o caso da famosa escaleira asasina. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) non sabía que máis lle podía pasar naquel día cheo de incógnitas e misterios inexplicables. catwoman pùxose en pe e parece que deixou de lado os motivos que a trouxeran ata o despacho do investigador en crawford investigueixons, para ofrece-la súa axuda no que fose preciso. ó investigador non lle faltou nada para decir que se había que facer parellas de investigación, para reparti-lo traballo el pedía ir con catwoman. crawford estaba concentrada naquel misterioso caso e non fixo caso dos desvarios do seu compañeiro.
juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelentapantenporquellolovalgo favorita) tardou en dar con rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes e porque desque se metera a capitán intergaláctico tiña o seu aquel) non porque estivese nunha sesión de infusións desas, senón porque estaba nunha misión dando saltos polo hiperespacio (e porriba pagábanlle). rox, ó principio pensou que juindon o estaba vacilando, e case lle colga o teléfono de non ser porque sabía que non era o estilo de juindon (non, ho). dirixiuse inmediatamente ás vegas, non lle pillaba lonxe, tan só tiña que entrar na atmósfera e torcer dous grados a esquerada. cando anao (a nosa executiva agresiva favorita) estaba ó borde dun ataque de nervios porque xa estaban chegando ó aeroporto e ó fondo en lugar de ver unha saída vía a toda-las forzas armadas estadounidenses (que tampouco eran moito decir) escóitase o móvil de juindon. as nosas heroínas escoitaron aquela música un tanto hortera e rechamante coma se fose unha melodía divina, como tiña que ser. era rox que estaba xusto enriba do todoterreo que as levaba. mágoa que non tivese teito solar, nin fose descapotable nin nada, total como so era nas vegas, que debía chover medio día ó ano, americanos
xa no hotel (o único hotel megaestrellado da coruña) miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin)decidiu que aquela visita tiña posibilidades, moitas posibilidades. ó ve-la reacción da súa compañeira de festas da jaisosaiti en parís,londres, milán e a rivera francesa; mr. llollovic xa tomou o día con máis calma. chamou ás oficinas de bollicaoslain para decir que non volvía en todo o día, que se portasen ben porque como a calidade dos deseños baixase un punto ía haber algo máis que palabras, a compañeira que lle colliu a chamada nin se molestou en pasa-la orde, porque a calidade nunca baixaba estivese quen estivese ou non estivese quen estivese, que el@s eran todos uns profesionais como tiña que ser; e ademáis, xa todo o mundo sabía que mr. llollovic nunca se enfadaba, se tal alterábase un pouco, pero cunha tableta de chocolate express de facer xa o tiñan todo arranxado










capítulo 63


a líder do sector_a (a nosa radical favorita) colleu o bolso de mariposa* (a nosa japiflauer favorita), abriuno e tirou todo o contido no chan do todo terreo. esto en áxiles movimentos, vamos que todo ocorreu en décimas de segundo. e que conste que o tirou todo no chan, non pola urxencia do momento, nin polo seu caracter un tanto agresivo, aínda que no fondo xa sabemos que non é así, pero éche o que ten ser radical. tirou todo no chan porque xa lle chegou a experiencia do casino cando mariposa* lles demostrou que o seu bolso era un buraco negro sen fondo ademáis (coma todos diredes, pero non, este era aínda máis sen fondo que o resto). a líder do sector_a sabía que naquel bolso tiña que haber un láser de bosillo, porque o mercara un día mariposa* cando foran en misión especial, como angeles de charlitas, a corporación dermoestética. poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) ó primeiro sorprendiuse da reacción da líder do sector_a pero cando a viu rebuscar na morea de cousas que mariposa* levaba no seu bolso comprendiu que era o que buscaba, ela tamén lembraba aquel caso. juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) non sabía moi ben o que buscaba a nosa radical favorita, pero en calquera caso confiaba no seu bo xuizo; aínda que preferiría que lle dixese o que buscaba para acabar antes, pero tampouco se lle podía pedir todo tal como estaban as cousas. anao (a nosa executiva agresiva favorita) miraba ó panorama que tiña enfrente e daba gracias de que toda aquela banda armada quedase alí parada, cousa que non vía moi lóxica porque se as querían atrapar e aquelo, claramente non era unha portería de fútbol, pois o lóxico sería ir a por elas, pero como dixen antes todo transcorría en décimas de segundo
crawford (que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido) explicoulle ó investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) os pormenores do caso, en principio quería levalo ela persoalmente, pero pediulle a el, e a catwoman, que xa que ofrecera a súa axuda non era cuestión de despreciala, porque nunca se sabe no que pode acabar un caso, que estiveran pendentes do teléfono. crawford saiu do despacho, doulle instruccións precisas a celia (que seguía lixerament colgada, agora non sei se decir polas infusións relaxantes ou pola crecente admiración, chamemoslle así, por rox, o jreñudo de vida disipada amigo de pelusa outro que tal baila, metido a capitán intergaláctico) e marchou. daquela o investigador mirou a catwoman, ela mirouno e comezou a contarlle as investigacións de invisible respecto a miña desaparición misteriosa, non lle levaron a ningún sitio, salvo que as misteriosas chamadas proviñan da cisco compani, e pareceu ver unha certa relación ou intención de levarme a algún lugar do mundo en concreto (ela dixo máis ben de mandarme a paseo, pero é que eu son moi fina); pero xa cando cando me dou por ir á deriva, sen facer caso das pistas da voz misteriosa das misteriosas chamadas aquelas; ela decidiu que igual non tiñan moita relación co que ela pensaba. daquela, por casúalidade, (claro, por casúalidade) caiu nas súas mans oi informe me que mostraba, o informe en cuestión tiña o membrete do csi, que casúalidade, coma o detective supersegredo do csi, do outro lado da fiestra a parte da néboa había alguén, presentíao (bueno, vale, que poida que non estivese moi perceptiva cá presencia de invi, pero aquelo era distinto)










capítulo 64


despois do baño relaxante no llacusi miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) apareciu con enerxías renovadas, mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) agardábaa no bar tomando un martini, bueno dous... igual foron tres, ou catro, é que ó fin e o cabo un baño nun llacusi de superlujo leva o seu tempo, que non é o mesmo que na ducha dunha piscina pública non mixta. miss comtred baixou toda elegante e glamurosa, como era ela e mr llollovic, que xa non se vía con capacidade de conducir doulle as chaves do supercoche de lujo para que era guiase. miss comtred estaba desexando ir ó despacho de crawford investigueixons para coñecer de primeira man a todas aquelas personaxes das que lle falaba adslpp. mr. llollovic díxolle que un deles era aquel da gabardina e o sombreiro elegante que viran no aeroporto. miss comtred, por máis que pensaba non conseguía poñerlle cara a aquela imaxe; se o soubese antes prestaríalle máis atención, dixo. catwoman volviu sentar mentras falaba, o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) escoitábaa con moita atención, con toda a atención que lle permitía a súa empanada mental. catwoman decíalle que ela non pensaba que a misteriosa desaparición das nosas heroínas fose consecuencia dun secuestro ou dun plan malvado dalgún malfeitor habitual. faloulle dunha suposta nota de despedida da estilosa srta. newlook ó despistado doutor zyxel 650, cousa que sorprendiu ó investigador, como que unha nota? pero se o calamidade este me dixera que nin lle avisara nin nada. catwoman esbozou un sorriso, vamos estábase partindo en realidade. ela contoulle como fora a noite da desaparición. o investigador, incrédulo, aínda que todo coincidía a perfección cás pesquisas de dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador por atopar a mariposa* (a nosa japiflauer favorita), estas cousas do compañeirismo, xa me entendedes), preguntoulle que de onde sacara a información. ela díxolle que non a sacara de ningunha parte, que o vira cós seus propios ollos. o investigador arqueou a cella. ela, anticipándose díxolle que confiaba na súa pericia profesional e que non pensaba que precesiase axuda para resolver ningún caso, que por eso non dixera nada. el non a matou alí mesmo porque estaba perdidamente namorado dela, pero
por fin a líder do sector_a (a nosa radical favorita) atopou o láser de bolsillo, juindon (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) non lamentou confiar nela e agardar un pouco. con movimentos áxiles abriu o teito do todoterreo negro. rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) planeaba enriba do todoterreo pero non trouxera copiloto e non podía abrir automáticamente a comporta. daquela a estilosa srta newlook sen pensalo un segundo (porque todo estaba ocorrendo en décimas de segundo) alzou o vo cara a nave de rox, tirou da palanca de emerxencia e abriu a comporta, entrou na nave de rox. rox estaba impresionado, e porque a viu sair do todo terreo das nosas heroínas que se non estaría acojonado (perdón asustado). a estilosa srta. newlook presentouse, porque unha situación de emerxencia, un rescate aéreo e ser unha vampira non tiñan porque estar reñidos cás boas maneiras. colliu un cable de seguridade especial para rescates e lanzouse ó vacio, claro sendo vampira raiña da noite calquera o fai, non che digo, así si










capítulo 65


celia (que seguía lixeramente colgada, agora non sei se decir polas infusións relaxantes ou pola crecente admiración, chamemoslle así, por rox, o jreñudo de vida disipada amigo de pelusa outro que tal baila, metido a capitán intergaláctico) baixou tomar unha das súas infusións relaxantes con cpsa, e tan entretidas falando que esquenceu por completo as precisas instruccións que lle deixara crawford (que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido). mentras tanto a nosa intrépida investigadora achegábase confiada ó enderezo onde lle dixeran que se atopaba a misteriosa escaleira asasina, confiando coma sempre n@s colaborador@s, en min estaba claro que podía configar, pero no resto... que non digo eu nada, que non me gusta criticar, pero
as nosas heroínas lograron por fin subir á nave do capitán rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes); juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo) respirou tranquila ó ver que xa por fin parecían a salvo, porque ó final é que eran coma as súas fillas, aquela vocación protectora que ela tiña. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) miraba atrás, sen rencor, eso sí, e xa desexando chegar e achuchar ó yeti. a estilosa srta. newlook tamén se contaxiou da morriña suspirou. poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) que lle encantaba esto de voar e que case lle pide un formulario á estilosa srta. newlook para ser vampira, porque lle chamaba moito aquelo, e miraba pola fiestra da nave e vía as nubes, e imaxinábase alí flotando, flotando (menos mal que tiña ó lado ás nosas heroínas que se chega a ter a celia). mariposa* (a nosa japiflauer favorita) xa case agradecía unha flallincap, e nese momento lembrouse de dinámico catwoman non pretendía, nin de lonxe recochinearse a conta do investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), non lle dixera nada porque sabía que aquel resquicio machista que albergaba no fondo da súa personalidade se ía sentir ofendido e daquela prefería vixiar na distancia. o investigador trataba de comprende-la actitude de catwoman, que no fondo ben sabía el que se lle tivera dito algo igual se ofuscaba. catwoman seguiu informándoo da ruta seguida polas nosas heroínas, e dos múltiples despistes do despistado doutor zyxel 650, botaron horas e horas falando. de súpeto soa o teléfono, é unha chamada de emerxencia, dixo o investigador, presentíao, catwoman










capítulo 66


ergueuse e achegouse ó investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), ó investigador case lle cae o auricular, non polo que lle estaban contando, máis ben pola proximidade de catwoman. si, era unha chamada de emerxencia, dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador por atopar a mariposa*, estas cousas do compañeirismo, xa me entendedes) que quedara investigando aló por alvedro (aficionados, eu non digo nada, pero) quedara pechado "accidentalmente" nun container, que viña sendo un remolque dun trailer de zara; xa me diredes, que tiña que ve-la desaparición das nosas heroínas cun trailer de zara, nada, está visto que nada; pois el alí se metiu; menos mal que por dono de bollicaoslain tiña un trato privilexiado por parte da compañía telefónica (xa sabedes, facíanlle a pelota con voz melosa cando chamaba para pedi-lo saldo, porque moi dono e moi tal, pero ben que controlaba o gasto e porque non me gusta criticar que se non) e tiña cobertura dentro daquelo que parecía un refuxio antinuclear, a que carallo (perdón, que cáspitas) tería que ir meter alí o nariz, pensou o investigador (el pensouno có de que carallo, que conste). dinámico estaba angustiado, notaba que lle faltaba o aire
invisible díxome que lera o informe con calma, pero que lle prestase especial atención á parte que me sinalara. eu xureille por esnupi que si que o lería con moita atención, porque me interesaba, ademáis como a tía era invisible que sabía eu se se ía ou non, porque non me parecía xusto que fose invisble, claro sempre tiña a opción de poñerlle unha manta enriba para saber por onde andaba, pero dábame no corpo que non mo ía permitir, quizais a medida non era de todo politicamente correcta, pero érache dun practico. seguía presentindo que tra-la néboa na fiestra, ó outro lado da rúa había alguén espreitando, si. así aínda que invisible non marchara do despacho e arriscándome a un leñazo que igual tiña merecido collín e marchei, tiña que ir ó edificio de enfrente porque aqueles presentimentos non eran normales, sería que de noite me abduciran os extraterrestes e agora tiña superpoderes?, que clase de superpoderes serían? non sei exactamente que cara debía ter porque o recepcionista que habitualmete está impasible, como que se escojonaba cando me miraba, dei volta para miralo, para poñe-lo no seu sitio, que se cria el. cando dei mirado para o frente case choco con miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) e con mr.llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) o vo foi tranquilo, rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) pilotaba a nave cá pericia que lle daba a experiencia, e tendo en conta que levaba de piloto intergalactico unha semana xa podedes calcular como ía a cousa, porque por aló enriba non hai casas nin baches, nin lagoas, e por sorte tampouco moito tráfico, porque aquel foi un milagre (e non é que me guste criticar). juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita)durmia placidamente, por fin conseguira deixa-las preocupacións a un lado e relaxarse (a saber en quen estaba pensando...), a líder do sector_a (a nosa radical favorita) falaba animadamente con mariposa* (a nosa japiflauer favorita) (a saber de quen estaban falando), poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) estaba practicamente interrogando á estilosa srta. new look sobre a vida de vampira, pola que cada vez se sentía máis atraida










capítulo 67

o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) colliu a catwoman da man, sin que lle dese un paro cardíaco e todo, e saiu a toda presa do despacho, no recibidor estaba o recepcionista falando con mr.llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) e con miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) que estaban pedindo audiencia, o recepcionista non dou freado ó investigador que se movía pola preocupación por dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador por atopar a mariposa*, estas cousas do compañeirismo, xa me entendedes) e a emoción de ter da man a catwoman. o recepcionista amañou aquel desplante como poido, díxolles que se querían que o podían esperar alí, ou se preferían podíano seguir, o coche do investigador era aquel "clásico" que estaba aparcado na entrada. a mis comtred e mr.llollovic, pareciulles moi emocionante mete-lo nariz onde non os chamaban, porque ó fin e ó cabo, para eso foran alí; obviamente decidiron seguir ó investigador e a catwoman, o coche de mr. llollovic era un ultimisimo modelo, unido a que cando se poñía ó volante deixábase invadir polo espíritu do tal xumaquer e en nada estivo á altura do investigador, chegando incluso a ter que disminuir para non pasarlle, porque o investigador, por moito que lle faltase o aire a dinámico (que ben merecido que o tiña por irse de supereficiente, aficionados) non podía desperdicia-la oportunidade de estar a soas con catwoman, de fondo: an breic mai jaaaaAAaart, sei llu lov mi agueiiiiIIIiiiiiiIiiiin, que raro
as nosas heroínas por fin chegaron a alvedro, a aterraxe, bueno, chamar ben se lle podía chamar o desplome porque rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes), anao (a nosa executiva agresiva favorita) espertou de golpe, quedara profundamente durmida ó subir á nave do capitán rox, e pese á animada leria do resto das heroínas durmiu placidamente, tanto que espertou algo desorientada; claro que ben poido ser pola delicada aterraxe (e non é que me guste criticar); juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) foi a primeira en reaccionar, xa estaba localizando as saidas de emerxencia e tiña os chalecos contados e listos para distribuir, estaba en comunicación có 112, e xa lle sacara a chave de seguridade ó extintor. a lider do sector_a (a nosa radical favorita) que estaba de parola con mariposa* (a nosa japiflauer favorita), mirouna decíndolle que se relaxara que tampouco fora para tanto, e é que se lle notaba unha felicidade na cara, ai, o amor. mariposa* sen embargo tiña un mal presentimento. poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) xa parara de interrogar á estilosa srta. newlook sobre a vida vampira, estaba agora meditando os pros e contras, tampouco lle representaba tanto sacrificio abandoa-lo seu traballo para adicarse a unha vida de estilo e elegancia, aínda que a estilosa srta newlook lle deixara ben claro que os cartos non nacían nas árbores e que tiña que facer unhas inversións axeitadas para poder manter ese nivel de vida, de inversións sabía de sobra a nosa poppy mentras, dinámico quedaba sen aire esperando a chegada do investigador mentras, tamén, crawford (que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido) estaba en perigo agardando a que celia










capítulo 68


respondese a súa chamada de socorro, pero celia seguía con cpsa tomando unha daquelas infusións relaxantes perdendo a noción do tempo por completo, eu mentras tanto, estaba cruzando a rúa en dirección ó edificio de enfrente de crawford investigueixons, comprobar se realmente tiña poderes e alí había alguén espreitando, ou me volvera paranoica. subín no ascesor, que non me apetecía subir escaleiras, ademáis unha xa está divina dabondo e non precisa facer estepin dese. calculei cal das portas correspondería cá fiestra que vía desde o meu despacho, que non era o meu, que era o de crawford (que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido); estaba poñendo a orella na porta, non por accidente, nin porque tropezara nin nada, senón porque quería escoitar se había alguén dentro, pero ó arrimarme máis no afán de escoitar mellor notei que a porta se ía para adentro estrañoume pero pensei que era a vertixe que me facía ter alucinacións ou que cós meus poderes sobrenaturais, aqueles que penso que teño porque me abduciron os extraterrestres ou porque comín algo radioactivo cando era pequena, cousa que non me estrañaría dada a acidentada infancia que pasei e redactei puntualmente no seu momento. por se non era eso erguín a vista, estaba alí, de pé, aguantando a porta o detective supersegredo do csi, partíndose de risa, claro. díxome que pasara, pasei, el seguia cos seus pelos de punta tipo comic manga, e ou encollía ou xa me afixera a el. díxome que me sentara e comezou a ensinarme información sobre o malvado doutor tcp/ip e sobre os seus malvados experimentos, aínda que eu pensaba que era dese tipo de doutores que len poesía e toman infusións (das infusións de toda a vida, non das relaxantes de celia); non sabía como pero desapareceralle un informe que contiña información crucial para a localización do laboratorio supersegredo e supermalvado, ó primeiro sospeitara de min, non sei porque, có inocente que eu son. despois, seguiu contando, cando me atopou chamando á porta do malvado doutor xa se decatou de que non tiña nin idea de por onde andaba, si, tal como o ledes, tiña narices o tío
dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador por atopar a mariposa*, estas cousas do compañeirismo, xa me entendedes) estaba xa tirado polo chan do trailer de zara, quen lle mandaría meterse alí, porque xa me diredes, cada vez estaba máis afogado, pero el confiaba en que o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) chegase a tempo, porque sabía da súa eficiencia. mentras tanto crawford, seguía atrapada na misteriosa escaleira asasina, sen poder sair, confiando en que celia reaccionase, era incrible tanta confianza pero non me estraña, coa de tempo que pasou polo mundo adiante (e non é que me guste criticar) xa non se lembraría de como era a súa secretaria. tamén nese mesmiño momento saían da nave rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) anao (a nosa executiva agresiva favorita) nunca estivera por estes lares, e aínda que lle pareciu un pouco cutrelandia, lembrou que as vegas era un montón de area onde se cocían os turistas á brasa, mirou para o mar e sentiu unha certa felicidade. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) estaba desexando colle-lo teléfono e chamar ó yeti, sabía que estaría enfadado, pero o mellor de todo eran as reconciliacións. mariposa* (a nosa japiflauer favorita) seguía con aquel mal presentimento que a deixara distraída pola pista adiante de alvedro; poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) trataba de agarrala do brazo para levala á terminal, pero non daba feito, naquel momento desexaba ser xa unha vampira e ter esa forza infinita que tiñan as vampiras. a estilosa srta. newlook acudiu a botarlle unha man, pero ó ver que non había nada que facer pola forza tratou de empregar argumentos máis sutís como que dinámico a estaría buscando desesperadamente, pero nin con esas; pensaron que xa se perdera a chispa, porque as veces a distancia é o olvido, aínda que aquel non era o caso juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) xa se recuperara do susto da aterraxe, se non forzoso cando menos estraño, que xa estaba o gato de alvedro medio morto do aplastamento polas súas partes estaban pelexando por unha plaza de aparcamento o investigador que levaba ó seu lado a catwoman, e por outro mr.llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) e miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin), que non se saldou con víctimas de milagre e porque o supercoche ultimo modelo de mr. llollovic era moi caro, que se non










capítulo 69


o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) estaba buscando desesperadamente, xa sería menos, que levaba ó seu lado a catwoman e non lle pesaba tanto tardar en sair do coche, aparcamento; ó igual que mr.llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) e miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin). mariposa* (a nosa japiflauer favorita) seguía vagando polas pistas de alvedro, desesperadamente, mentras poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita), a estilosa srta new look, anao (a nosa executiva agresiva favorita) e juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) trataban de convencela de que alí non facía nada que entrase en razón. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) díxolle a rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) que avisase ás outras de que marchaba. ela marchaba por dous motivos basicamente, o primeiro, porque xa coñecía os presentimentos de mariposa* e como se lle metese algo na cabeza daba igual o que lle dixesen e porque xa estaba desexando discutir có yeti. cando estaba na parada de taxis viu o que lle pareciu unha carreira de coches polo aparcadoiro pareciulle ver ó investigador nun deles cunha muller enfundada nun traxe de coiro negro, e no outro duas super fashion victims; pero pensou que eran efectos do llet lag ou do cansancio, porque aquelo non entraba dentro do seu raciocinio.
colliu un taxi e ía distraída (non porque tomase infusións relaxantes nin nada) pensando en, xa me entendedes. de súpeto soou o móvil, o móvil, pensou emocionada, colliuno pensando... pero non non coñecía o número, quen sería? era celia, ó primeiro non a recoñeciu, había tempo que non escoitaba alquela voz relaxada. celia, aínda que relaxada falaba atropelladamente, non precisamente polo colgue, senón pola desesperación. contoulle que estaba de infusións con cpsa e que de repente lle veu á mente o recado de crawford (que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido), daquela deixou a cpsa colgada (poucas veces ocorría eso) e foi rauda e veloz ó despacho de crawford investigueixons e chamou ó investigador, pero non o localizou, e xa presa dos nervios (cousa rarísima nela) púxose a chamar a tododiós que tiña na axenda, antes que a nosa radical favorita lle respondera, só conseguira falar con adslppp (o noso contacto en beigin) que lle dixo que falase con miss comtred que estaba aquí, cousa que lle foi imposible. a líder do sector_a escoitou atentamente as explicacións de celia, aquelo da escaleira asasina soáballe a unha colgadura da secretaria, pero tendo en conta o que acababa de vivir desque organizou aquela cea para animar a juindon, pois decidiu ir por juan florez, non fora ser que tivese razón, despois de todo, aquelo do mounstruo das sete caras aínda era máis ridículo e ela mesma, consciente e en plenitude das súas facultades vírao e fora real. cando colgou díxolle ó taxista que fose a juan florez 80, era o enderezo que lle dera celia (a min que me daba mal rollo aquel edificio), o taxista roñou non sei que, homes, de todo fan un sacrificio, pensou ela, porque ó fin ía cobrar fose a onde fose. cando chegou ó endrezo, lembrou o caso da mina aquela que lle contara juindon, e aquel era o eficio que se construira despois, cando a mina desapareceu, era un edificio de superlujodelamuerte.
o porteiro era un tal ronie (un latinlover metido a porteiro, porque precisaba un traballo tranquilo, despois das súas apaixoantes aventuras aló polo caribe, pola riviera francesa (que non sei que haberá alí que todos acaban pasando por ela), e demáis paraisos do despendole), pediulle o seu pase; ela díxolle que non tiña, pero como era ela, en plan non teño pase porque nin está na constitución, nin é necesario para respiar, ademáis en todo caso seríades vos os que me tivésedes que regalar un porque si e xa; ronie có seu sorriso encantador, díxolle que daquela que lle daba un de visitante, que non había problema; ela case, case lle sorriu, pero porque viu que era moi amable, que se non íase enterar o tal ronie, vamos ho. entrou, aquel recibidor era, bueno coma o hotel das vegas de lujo excesivo, pero sen o factor horterada, ela movíase entre o asombro e a desorientación, escaleiras arriba había un montón de portas e pasillos todo acristalado, cunhas lámparas de cristal de roca e unhas cousas, que nin de lonxe se diría que noutrora houbera alí unha mina. como lle dixeran que o caso era algo así como a escaleira asasina, pois preferiu colle-lo ascensor. o que pretendía era botar unha visúal por todo o edificio a ver se atopaba algunha pista. subiu ata arriba de todo, o edificio parecía completamente abandoado, quitando o porteiro non vira a ninguén máis. non lle pareciu ver cámaras de seguridade, así que abandoouse á investigación directa, é decir, abri-las portas e mirar dentro. no último piso só viu despachos, que despachos valeiros; baixou ó piso seguinte, máis despachos, que despachos, valeiros; baixou ó seguinte piso, foi porta por porta, máis despachos, que despachos. cando estaba saíndo dun deles, xa perdera a conta notou que se movía unha silla, unha desas tapizadas en coiro de la hostia (perdón, de moito nivel) volviu entrar, mirou, non parecía haber ninguén, deixou a porta aberta e foi mirando dentro de cada un dos armarios, en cada unha das portas, e










capítulo 70


este capítulo adícollo á herdeira de cisco compani´s

pechouse a porta, estaba claro, eso sempre pasa, pero á lider do sector_a (a nosa radical favorita) non lle preocupaba; vamos, que estou por decir que non a pechou ela para darse o gusto de experimentar eso que tantas veces sae nas pelis de vaiamedoquemedan de que se pechan as portas cando a heroína está a punto de descubrir ó malo malísimo. aquí aínda non se sabía se de feito había malo malísimo ou mala malísimo, pero o que si tiña claro a lider do sector_a era que ela si era a heroína da historia. con calma, tranquila, e máis chula que decilo, seguiu mirando os armarios. botou de esguello unha mirada á silla que se movía, coma tratando de percibir que fora o que a movera antes. fixouse, mirando ó fondo do despacho, desde a perspectiva da mesa, que ó fondo, aquela parede tiña unha tonalidade distinta do resto. ela que era dun fino que para que, desde que fixera aquel curso de decoración de interiores por correspondencia tanto che poñía o dormitorio tipo zen coma che sacaba ata o máis mínimo defecto da pintura que lle botaras á parede ti con toda a tua boa vontade e ela veña a decirche que habia degradación das cores; pero ela facíao con espíritu constructivo, como leroy merlín. non poido resisti-la tentacion de ir ata alí e apalpala. si aquelo soaba a oco, e incluso había corrente de aire nun dos lados. ela seguía revisando cada punto de cor para atopa-lo que podía ser a palanca ou o resorte que abrise aquela comporta misteriosa. a silla volviuse a mover. a nosa radical favorita nun axil movimento de cabeza puido ver unha sombra que se agachaba dentro dun dos armarios
mentras no aeroporto de alvedro o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) que ía no coche todo cheo con catwoman, e miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) da man, bueno como quen dí, porque ir ía no coche con mr. llollovic, que me din que é mr.llovovic, pero é que a min me gusta máis o primeiro e punto, pois eso que esta banda por fin atopara aparcamento, invadindo o aparcamento dos autobuses, porque era o único sitio onde poideron aparca-los dous coches a un tempo e non tiveron que pelexarse por quen daba a vez, porque según uns e outros todos chegaran primeiro. e na pista de aterraxe seguían poppy (a nosa executiva de alto nivel preferida), anao (a nosa executiva agresiva favorita), a estilosa srta. newlook e juindon (a nosa libertadora de loiramelentapantenporquellolovalgo) andaban detrás de mariposa* (a nosa japiflauer favorita) que parecía un zahorí en busca de auga, ela seguía o seu presentimento. e rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) estaba tratando de aparca-la súa nave, o que denotaba a gran experiencia que tiña como capitán
pola miña parte estaba dialogando có detective supersegredo do csi, a conversa, que comezara polo daquela famosa carpeta que lle sacara das mans, literalmente, a clio (si,si, ese clio, ese), pero como había tan bo rollo e aquel peinado tipo comic manga poñíame pois a cousa derivou noutros temas. invisible, que me seguía porque non se fiaba de min, non sei porque, púxose dos nervios e decidiu que se non nos tiña cando nos precisaba que non lle facíamos falta para nada. marchou e púxose mans a obra na laboriosa misión de desenmascarar ó malvado doutor tcp/ip. naquela carpeta, o que aparecía era un estudio moi detallado que fixera o malvado doutor tcp/ip sobre a invisivilidade da susodita invisible. o malvado, malvadísimo doutor tcp/ip descubrira que invisible non nacera invisible, se non que se volvera invisible despois dunha noite "distraída", unha enchenta de alcol, unha enchenta de vicio (non vou especificar máis porque son moi fina, pero xa me entendedes), unha enchentaaaa que para que. todo esto en combinación con que había lúa chea, a marea estaba alta, a santa compaña ía camiño de san andrés de teixido porque non foran de viv@s, que marte estaba chegando a venus, e que comera dous iogures caducados, porque só había dous días que caducaran e non pasa nada, claro, despois a que ten fama de tacaña son eu, claro. o malvado, malvadísimo doutor tcp/ip non chegara a estas conclusións por casúalidade, como se soe decir o talento non se improvisa. todo comenzou con aquela aposta inxustamente, según el, perdida con invisible sobre o de ler do revés e boca abaixo os episodios nacionais ou as novelas exemplares ou calquera perversión similar. o amor platónico que o malvado malvadísimo doutor tcp/ip sentía por cor levárao a cuestionar aquela amistade sincera e cordial que sentía por invisible sasser xa estaba preocupada porque había varias horas que non sabía de espís trín, e non era normal, non saber nada del, quero decir










capítulo 71


celia estaba máis colgada que nunca, pese a que o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) lle decía que deixase as infusións relaxantes destas que tomaba ela, ou, esto decíallo en broma, porque o investigador nunca faría tal, que as compartise. sen embargo, pese a todo estaba moi preocupada por crawford que seguía perdida aló por sabe deus onde tratando de resolve-lo caso da escaleira asasina. estáballe chorando a cpsa, que ultimamamente resistía ata o reinicio máis brutal coma unha campiona, tratando de non sentirse tan culpable por non da-la voz de alarma a tempo. cpsa decíalle que a líder do sector_a (a nosa radical favorita) era moi competente e estaba perfectamente cualificada para enfrontarse a calquera misterio. aquelo pareciu tranquilizala, si, aínda máis, porque era posible estar máis tranquila. coma se dun telegrama telepático se tratase, a líder do sector_a sentiu o impulso de resolve-lo caso canto antes, achegouse decidida detrás do armario onde se agachara a sombra, por alí non cabía nin un alma, pensou; pero estaba segura de que vira coma unha sombra e ela pensaba que algo máis, se agachara alí detrás. non lle fixo falta matarse moito, en canto apoiou a man na estantería e xa se moviu. conforme a foi abrindo íanse perfilando duas figuras, humanas, si, parecía que eran humanas. non parecían enimigas, porque non lle saltaron á cara nin nada, só estaban alí como esperando non ser vistas. era unha figura feminina e outra masculina, esto non quere decir nada, podían estar perfectamente facendo guarrerías aínda sendo duas figuras do mesmo sexo, a algún xa lle está subindo a febre e preguntándose se este non será o capítulo 69, malpensados (si, malpensados, non malpensad@s)
conocéranse nunha festa de fin de ano na ciscocompani, invisible traballaba alí coma analista de sistemas, que non sei o que é pero ten unha pinta de interesante... el, que era amigo de cisco estaba alí de casúalidade, claro, coma esas mises que din que van acompañando a unha amiga e que as elexiron a elas por casúalidade, claro. en realidade non, obviamente, había tempo que sabía que cor, o seu amor platónico desde a máis tenra mocidade, traballaba alí, nos laboratorios da ciscocompani, en realidade sabíao porque llo soplara cisco, que os homes son dun cotilla, que non fai falta nin decilo. varias veces tratara de facerse o encontradizo, para que non quedase moi descarado que andaba detrás dela, pero cor, que era unha científica eminente éravos moi despistada, loxicamente; xa todos sabemos como é o despistado doutor zyxel 650, pois esta pouco máis ou menos. e nin se decataba da súa presencia, nin sequera aquel día que finxiu desmaiarse por unha intoxicación grave. ela ó seu, tratando de buscar a fórmula que permitise sacar pimentos de padrón que non picasen de sementes que daban pimentos que si picaban, que como tod@s sabemos son as que máis abundan, e polo tanto as máis baratas, e polo tanto as máis interesantes para a ciscocompani, que a fama de tacaña téñoa eu pero a todo hai quen dea. e como as súas estratexias funcionara, e o pobre cisco xa estaba algo farto de aguantarlle as súas neuras, pois convenciuno, tampouco se tivo que empregar a fondo, porque en canto o malvado doutor tcp/ip escoitou a idea aceptou, foi merca-lo mellor traxe do mercado, foi á peluqueria máis fashion da coruña. e preguntarédesvos, cal era esa idea, pois o de ir á festa de fin de ano que celebra todo-los anos na azotea acristalada do edificio da ciscocompani, porque cor era moi despistada, moi científica e o que queirades, pero as festas gustábanlle cousa fina
sasser xa non sabía se chamar á policía, ós bombeiros ou os geos. mentras rebuscaba na axenda caiulle a traxeta de dinámico (o dono de bollicaoslain, metido a investigador por atopar a mariposa* (a nosa japiflauer favorita), estas cousas do compañeirismo, xa me entendedes) e aínda que a impresión que tivera del non fora moi boa, porque a verdade comportárase coma un novo rico prepotente (e que conste que o digo sen malicia ningunha)pareciulle moi bo investigador, porque facia unha de preguntas, ademáis tamén conxeniou moi ben con espís trín e igual andaban os dous de carallada, que esta sasser era máis mal pensada... juindon (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo










capítulo 72


favorita) desistira de agarrar a mariposa* (a nosa japiflauer favorita) para evitar que deambulase por toda-las pistas de aterraxe de alvedro correndo o gran risco de morrer aplastada por unha nave, se todos manexaban coma rox un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes), pensaba juindon; pero como a forza que movía a mariposa* era máis forte que todas as nosas heroínas xuntas deixárona ir. juindon seguíaa cá vista, alertou ás compañeiras cando viu que se metía dentro dun hangar con pinta sinistra. todas, e digo todas, desde a estilosa srta newlook, a anao (a nosa executiva agresiva favorita), desde poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita que se estaba plantexando meter a vampira) a juindon, comenzaron a correr naquela dirección. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) viunas correr desde a terminal e alarmouse, tanto el como catwoman comezaron a correr cara o exterior. miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) e mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) que os seguían de preto, porque aparcar aparcaran a un tempo pero tanto miss comtred coma mr. llollovic son demasiado divinos para andar as carreiras por aí adiante. o investigador e catwoman ían a toda velocidade, máis catwoman, todo hai que decilo, que era máis áxil; de súpeto cruzóuselles un camareiro que lle ía levar os cafés ós de control de pasaportes, porque o ser funcionarios eche o que ten; en definitiva que catwoman e o investigador caeron ó chan e arrolaron un bo anaco, mentras o camareiro seguía todo ancho cara o seu destino
dinámico (o dono de bollicaoslain) tratou de non ser borde con sasser, pese a que cando escoitou soar o móvil pensou que xa eran os seus colegas ó rescate e o ver que nin de lonxe, e que aínda máis sasser nin tiña idea de que estaba alí atrapado case sen aire, si ho. díxolle o máis amablemente posible que deixase de preocuparse polo seu xefe, que espís trín xa era grandiño e que andaría por aí con calquera candonga, que si que llo dixo así, que eu son moi fina, pero a fidelidade historia evos así; díxolle tamén, que fose o antes posible a alvedro a rescatalo que estaba afogando dentro dun trailer de zara, e colgou. sasser tratou de imaxina-la escena: un trailer de zara todo cheo de auga e dinámico, có seu traxe de marca bollicaoxclusive, tratando desesperadamente de manterse a flote, aínda que non lembraba escoitar sonido de auga, que misterio misterioso, que diría dulce maria. chamou a convertible, non vos enganedes non é un "kit" descapotable, era un dos conductores da empresa, que tiña moita facilidade para cambiar de uniforme, tanto o mandabas a unha comunión cun autobús de nenos pequenos, coma a unha festa de futbolistas, xa me entendedes, outro metrosesúal deses; aínda que a min, sinceramente, parecer, parecíame un pirata, pero son manías miñas. díxolle que collera a limusín ultimo modelo, porque ela era a comercial da empresa, toda divina e non podía sair por aí nun coche calquera, ademáis de que aquel era o coche máis rápido que tiñan, claro, para presumir calquera excusa é boa
naquela festa de fin de ano, hai que noite a daquel día soaba de fondo, porque contrataran a orquesta de beatelcom e, o home, desque deixara de andar con malas compañas (lembremos que era un daqueles amigos de clio (si,si, ese clio) que andaban por aquel garito (antro) de timofónica) fixérase case adicto ós bitels. foi con ai guana jol llor jan, que o malvado doutor tcp/ip se decidiu a falar con cor, que estaba rodeada dun montón de plastas, según o malvado doutor claro, que parecían aburrila, e eso sí, para divertido tcp/ip, porque tiña conversa para todo, vamos que podía facer a cor cunha palabra. presentíaoo, estaban feitos o un para o outro. e achegouse, e falou con ela, e houbo bo rollito, siiii; pero non tan bo, porque a media cea sooulle o busca a cor e tivo que ir ó laboratorio urxentemente e nada; tcp/ip preguntábase que podía haber tan urxente na cría de pimentos de padrón, nunca o soubo, pese a que a fortuna de cisco dependía deso. invisible ó velo tan desolado achegouse a el, el pensaba que era cupido ou o espíritu do ano novo; prexuizos ós que se ten que enfrontar a pobre invisible, eso xunta o de que non pode luci-lo modelito, claro, porque o de ser presumida e invisible é moi duro. contolle moitas cousas de cor, xa sabedes e que é tan tenro ver a un home namorado. despois foron quedando os tres xuntos, invisible invitaba a cor a tomar un café e tcp/ip aparecía por alí, e pouco a pouco con moita paciencia por parte de invisible a relación ía sendo cada vez máis fluida. porque paciencia, pois xa me diredes aguantar tanto almibar










capítulo 73


a líder do sector_a (a nosa radical favorita) quedou mirándoos uns segundos, o que lle aguantou o xenio, as duas figuras seguían alí como pretendendo ser invisibles pero, ou moita vista tiña a nosa radical favorita ou moi invisibles non eran (síntese, pero é que este papel xa estaba collido), díxolles que saisen; bueno, decir, decir... mandoulles sair, e tanto que lles mandou. fóra, á luz víase perfectemente que eran duas personas completamente normais; a líder do sector_a respirou tranquila, porque xa contaba con atopar a sabe deus que... que como distinguiu de que sexo eran, pois porque é moi lista e ten un sexto sentido, e punto. a muller díxolle que se chamaba hot spot, o home, que tiña unha cara de cachondeo que para que, díxo que era o sr. zilarte. a líder do sector_a, que o calou á primeira (en sentido figurado, claro) díxolle que si, seguro, e que de nome joseba, claro. ó tal sr. zilarte non lle quedaron moitas ganas de facer chistes. hot spot, preguntoulle que quen era e que facía alí, a líder do sector_a e porque llo preguntou moi educadamente, contoullo. hot spot respirou aliviada, o sr.zilarte tamén, pero tratou de disimular contando un chiste fácil. hotspot díxolle que lograran escapar de milagre, trataba de relatar todo o ocorrido con calma pese a que se podía apreciar que fora moi traumático. díxolle que estaban todos traballando coma decote, que era un día coma outro, escoitaron un berro e foron mirar, proviña da escaleira, achegáronse e non vían a ninguén, pero a xente ía desaparecendo pouco a pouco. eles dous viran caer a moit@s compañeir@s que estaban tratando de axudar a outr@s compañeir@s que caeran tratando de rescatar a outr@s; o tal zilarte maldecía aquel primeiro berro que escoitaran. cando só quedaban eles dous, moi intelixentemente por outra parte, decidiron non ir en axuda dos que desapareceran escaleiras abaixo tan misteriosamente. pensaron que sería moito máis útil chamar pedindo axuda ó exterior. á lider do sector_a non lle cabía na cabeza como non se lle ocorrera a ninguén máis antes, hotspot que llo liu na cara díxolle que todo sucedera en cuestión de segundos, que non houbera tempo de reacción. ela comprendiu as explicacións que lle daba hotspot, pero, pordiós, que xa estábamos na im (numeros romanos) reposición de pratos combinados, que xa a xente navegaba polo espacio exterior con total normalidade, se pouco menos que con mover unha orella xa podían pedir axuda. o tal zilarte picouse, e díxolle que bueno, que non se decataran, que lles podía a curiosidade, e que non sendo gatos, tamén os matou, mira ti
o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) espertou cun raio de sol que lle daba na cara obrigándoo a abri-los ollos, facía un día maravilloso, a area facíalle de confortable colchón, e de fondo o harmonioso son do mar. erguise, o sol da mañanciña facía que a temperatura fose moi agradable; mirou ó seu redor, a praia de branca area estaba deserta, o delicado aire abaneaba as palmeiras con súavidade, cando mirou ó frente viu xurdir do mar unha serea, eso lle pareciu, a perfección dos seus rasgos facíanlle pensar que aquela muller só podía ser un animal mitolóxico. a escena facíaselle coñecida e eso que non levaba un coitelo na man. a muller achegouse a onde estaba el, púxose de rodillas na area, achegou a súa cara a del, e doulle un bico. vaia cara que lle quedou, dixo mr.llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) mentras pasaba ó lado do investigador tirado no chan da terminal de alvedro, miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) fixo esforzos por non rirse da caída dos seus compañeiros, e case o consigue de non ser polo comentario de mr. llollovic; que se pode ser moi sofisticada e moi noble e tal, pero as caídas dos demáis sempre fan gracia. e non só se escojonaron a conta de catwoman e do investigador, senon que aproveitaron a ocasión para adiantarselles na carreira cara a pista de aterraxe onde os agardaban as nosas heroínas. o investigador, cando abriu os ollos tivo sentimentos encontrados, por un lado a decepción de espertar a carón do frío chan de marmore da terminal de alvedro, cá dor dos golpes da caida arrolos; e por outro lado a alegría inmensa de ver ó seu carón, de rodillas a catwoman mirándoo cun sorriso cristalino. catwoman axudoulle a incorporarse, preguntouse se estaba ben e aceptou o seu silencio como un si. e puxeronse en camiño. mentras catwoman apuraba o paso para non peder terreo, o investigador preguntábase se o do bico fora un soño
pasaron os días e aqueles cafés acabaron en esporádicas ceas, sempre cá presencia de invisible, que parecía se-la única capaz de rompe-lo feitizo que as ciencias tiñan sobre cor. o malvado doutor tcp/ip, tivo que empregarse a fondo, deixou de lado a súa afición favorita, que como todos supoñedes era a lectura de novelas románticas; de feito gabábase de te-las primeiras edicións, orixinais de toda-las novelas de corín tellado; incluso pasaba horas e horas conectado para consegui-las edicións, por suposto primeiras edicións orixinais, dos distintos paises nos que se publicaban; conseguíraas case todas, tiña a espiña de china, porque os chinos eran moi seus. o malvado doutor tcp/ip tivera que aprender varios idiomas, o que según el, tampouco era para tanto, cando falaba con cor, claro, porque despois era o primeiro que che espetaba nunha discusión, que non lle discutises que sabía vinte idiomas. pero os chineses, que como dixen son moi seus, non lle perdoaron aquela carta na que se despediu en xapones, non, eso si que non. deixando a parte os coleccionismos do malvado doutor tcp/ip, decía que se vira obrigado a abandoar tan estimulantes pasatempos, para poñerse ó día en ciencias, non porque lle interesase, se non por impresionar a cor. estaba namorado, pero de verdade; chegou incluso a apuntarse nos cursos ccc para convertirse en científico superlisto en tres meses. o temario dos cursos xunta có profesor sempre dispoñible via telefonica conseguiron facer de tcp/ip un experto científico. tamén é certo que as prácticas non lle saían moi ben, porque aquela ran, que acabou sendo o ingrediente principal da salsá du cruá, sofriu máis cá disección que










capítulo 74


que a fashion levando unha camiseta do feirón de sada. e sen embargo conseguiu notables avances na mezcla de tes de froitas, chegando incluso a patentar unha mezcla de tés orientais, que lle dou para vivir de rentas, que era o seu; de feito, el xa vivía de rentas, que sorte tiña o tío, porque traballar o que se di traballar, non traballaba. preguntarédesvos, e de que viviu ata que patentou a mezcla de tés?, pois das rentas que lle daban os pazos e casas rurais que tiña por aí, da súa familia, da que foi o único herdeiro, aínda que eran oito irmáns, porque a nai cando chegou ó seu fillo número oito dixo aquela frase que despois se convertiría nun título dunha serie de éxito, con oito basta. a maléfica maneira na que conseguiu quedar con toda a herdanza estaba a punto de descubrirse, ou eso pensaba el. presentía que o seguían e que o vixiaban, e tiña razón, pero eso non ven ó caso agora. o caso é que cada vez tiña máis conversa con cor gracias ó curso a distancia de expertos científicos de ccc, pero non se atrevía a pedirlle para sair nin nada parecido, porque o malvado doutor tcp/ip era moi malvado, pero tímido no fondo. invisible picábao, para espabilalo máis que nada, a ver se decidía dunha vez, pero non había maneira. invisible tampouco estaba pola labor de andar de carabina toda a vida, e como única solución ocorréuselle o da aposta famosa. se ganaba ela deixaríaa en paz dunha vez e buscaríase a vida coma bo galan, e se non ela tería que conseguirlle unha cita para unha cea romántica con cor. non contaba invisible có mal perder do malvado doutor tpc/ip, tampouco contaba con que lle dese por secuestra-lo despistado doutor zyxel 650 para que non poidese fabricarlle a pócima da visibilidade, cousa que a mataba porque non me jodas, (perdón, non me fastidies) que tiña que mete-la súa necesidade de figurar, porque o de ser invisible e divina eche moi duro. deixando de lado que aquel episodio rematou ben, é decir, cá súa liberación, e cá do despistado doutor zyxel 650, ela decidiu toma-las medidas oportunas para que non a poidesen atacar máis nunca no seu punto feble; e adicouse a buscar información do, ata aquel momento, seu amigo; pero presentía que non estaba soa na busca, e non o estaba
hotspot (unha vixiante da praia, que deixou a súa california natal porque estaba farta de que a encasillasen como a típica loira californiana, retocou as raíces e marchou o máis lonxe da civilización que puido, e acabou montando unha discográfica aquí na coruña) preguntoulle á líder do sector_a se tiña algún plan, se tiña pensado facer algo. o tal joseba zilarte, con moita retranca, así como era el, dixo que por suposto o que tiña pensado era pedir axuda. a líder do sector_a doulle a impresión de que o tal zilarte precisaba un aclaramento de ideas, pero considerou que aquel non era o momento, e xa, toda estupenda, como era ela, díxolle que xa parecía o seu secretario que se puxese a chamar a todocristo (perdón a todo-los contactos) para pedir axuda, e cá mesma retranca cá que el lle falara antes, díxolle que se podía ser que comezase pola policía e / ou os bombeiros. tamén lle dou o teléfono de juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) e das outras angeles de charlitas. esto último gustoulle a zilarte, fíxolle gracia, cousa que tampouco tiña moito mérito, porque se estaba escojonando (era moi risueño, perdón) todo o día. para rematala dixo que se era el o que pedía axuda, que supostamente era o máis importante naquel momento; ela, que supostamente os viñera rescatar, bueno a eles en concreto non, máis ben a crawford (que xa volvera de livinlavidaloca aló pola riviera francesa), que ía facer ela. a líder do sector_a, que xa non sabía se decirlle que ben podía ter máis curiosidade que sorte (por aquelo de que os outros caeran pola escaleira asasina por curiosidade) ou lanzarlle unha das súas miradas asasinas, díxolle que elas, cousa que inquietou algo a hotspot
a juindon, a poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita), a anao (a nosa executiva agresiva favorita) e á estilosa srta. newlook case lles da un ataque cando lle escoitaron a mariposa* (a nosa japiflauer favorita) que lle pareciu oi-la voz de dinámico (o dono de bollicaoslain que por facerse o investigador super profesional acabou pechado nun trailer de zara, xa me diredes que tiña que ir investigar alí dentro). pensaron que toleara de vez, pero non tiña os pelos de punta, nin os ollos vidriosos nin nada, así que lle seguiron a corrente e foron detrás dela. mentras tanto rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) púxose a falar por teléfono, porque a el eso de axudar pois dáballe así como pereza, vamos que pasaba olimpicamente do tema que bastante fixo o pobre con non estrella-la nave e empotrarse contra a terminal cando aterrou. falaba con pelusa, ese,ese o outro que tal baila, e parecía que estaban tratando temas moi profundos porque rox tiña cara de concentrado. da terminal saían miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) e mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) en dirección a rox, el alí todo natural, coma se non fose con el; medio lle estrañou que detrás viñesen o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) e catwoman. cando xa os tiña máis preto, preocupouse ó ve-la cara de preocupación que traian miss comtred, mr.llollovic e catwoman (si, miss comtred e mr.llollovic, a parte da cara de ganamos, ganamos, traian cara de preocupación); pero aínda se preoucupou máis cando viu a cara de alelado que traia o investigador, que o coñecía de cando ía buscar a celia e o miraba mal, pensou










capítulo 75


xa ían face-lo traballo duro, porque, coma sempre, se non o facía ela non debía haber qeun o fixese, mirándoo con moita sorna. hotspot (unha vixiante da praia, que deixou a súa california natal porque estaba farta de que a encasillasen como a típica loira californiana, retocou as raíces e marchou o máis lonxe da civilización que puido, e acabou montando unha discográfica aquí na coruña) non é que se preocupase polos perigos que tiña que afrontar da man (en sentido figurado) da lider do sector_a (a nosa radical favorita), porque no seu traballo de vixiante da praia xa tivera que enfrontarse a tiburóns sanguinarios, a bestas mariñas e o peor, a turistas con camisas jaguallanas; pero no fondo tanta desaparición facíalle pensar que a escaleira asasina era moito máis perigosa que todos aqueles desafios da súa vida californiana. a líder do sector_a, tranquilizouna facéndolle ver que o tiña todo controlado, cousa que non se correspondía exactamente cá realidade, pero que lle serviu para que hotspot afrontase o reto con decisión. ían as dúas, tranquilamente, dentro do tranquilas que podían estar dada-las circunstancias, cara onde hotspot vira que desaparecera toda a xente da oficina, cando escomenzan a escoitar un ruido. paran. tratan de escoitar con atención para determinar de onde procede. a líder do sector_a adiántase, non, non proviña da escaleira, estaba detrás delas e cada vez aproximadamente. hotspot non as tiña todas consigo; á líder do sector_a facíaselle coñecido aquel son acompasado
mariposa* (a nosa japiflauer favorita) chegou por fin ó trailer de zara do que se supoñía que saia a voz de dinámico (o dono de bollicaoslain que por facerse o investigador super profesional acabou pechado nun trailer de zara, xa me diredes que tiña que ir investigar alí dentro), dou dous golpes na parede metálica; as nosas heroínas mirábanse entre si, como esperando para partirse de risa, máis que nada por educación. pero quedaron atónitas (quedar, quedaron pampas de todo, pero unha évos moi fina) cando sairon dous golpes de dentro do trailer. juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) facendo honor ó seu nome, non tardou nin un segundo en ir á parte de atrás do contenedor, e empregando sabediónsondeasaprendería artes, conseguiu abri-la porta. mariposa* non perdeu un segundo, entrou no contenedor sen medo, daba igual o que houbese alí dentro, aqueles dous golpes na parede só podían ser dunha persoa. rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade con celia, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) saudou á comitiva, pero non lle deixaron tempo a moito máis, en canto estiveron a unha distancia prudencial, é decir, en canto estiveron a unha distancia suficiente para que rox non só os poidera escoitar senón tamén entender e comprender, comezaron a acosalo con preguntas. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa)foi o único que conseguiu resposta; porque no fondo rox tíñalle moito respecto, ou medo, ou algo, o caso é que a el si lle respondiu. a pregunta era se sabía algo de dinámico, e a resposta foi non. aínda que o diálogo poida parecer breve, a cousa levou o seu tempo. e en realidade tampouco fixo falta máis porque os berros
sasser (a comercial supereficiente da empresa de aluguer de coches de lujo que ten espís trín) dixéralle a convertible (o pirata conductor) que pisase a fondo o acelerador, infrinxindo toda-las normas da compañía, e por suposto de tráfico, sentíase coma leisi, a de cagni&leisi; chegou a alvedro en cuestión de nada, e foi directamente a onde lle dixera dinámico polo móvil; a verdade, é que se sentiu un pouco defraudada cando viu que xa todo estaba solucionado e que dinámico, na súa liña de divo dos negocios nin as gracias lle dou; pero xa que estaba alí, e por non perde-la viaxe, como boa comercial, falou có investigador e contoulle o da desaparición do seu xefe. miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) lembrou o que lle dixera adslppp (o noso contacto en beigin) de que todos se andaban perdendo e buscando uns a outros continuamente; non poido evitar sorrir con tenrura, e poñe-la orella para saber de que ía. o investigador que a viu moi interesada díxolle que podía ocuparse ela, que lle podía servir de experiencia, que se de paso que estaba se podía entreter un anaco, que se tal, que se non sei que; vamos que nos xa sabemos de sobra que o investigador tiña cousas moito mellores que facer. miss comtred aceptou toda ilusionada e a mr. llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) non lle quedou outra que aceptar tamén
e tanto que non estaba soa na busca, e tanto que o malvado doutor tcp/ip podía presentir que o vixiaban, porque era certo. desde a central dos servicios segredos de investigación seguían moi de cerca as actividades do malvado doutor tcp/ip. aquela misterios maneira de quedar cá herdanza dos seus irmáns, puxo tra-la súa pista, non só a facenda, é decir a todos; se non tamén ó detective supersegredo do csi, que obedecendo ordes superiores comezou a seguirlle o rastro. a herdanza da familia do doutor tcp/ip podía ser en apariencia, irrelevante, pero non era nin moito menos así. a vida discreta que levaban de cara á xente contrastaba cá opulencia da súa vida privada, e aínda que o malvado doutor tcp/ip non era moi dado ás festas, eran tradición na súa famila festas nas que corría o ferrero roxé, o caviar e calquera manxar sofisticado que estivese de moda. por suposto a clase de xente que acudía a estas reunións non era calquera, xuntábanse embaixadores, empresarios, bueno, a hostia (perdón, a crême de la crême). decían as malas linguas que en tempos do pai de tcp/ip se centralizaba máis información confidencial no seu pazo de vran que na central do servicios segredos de investigación, cousa que tampouco é de estrañar porque










capítulo 76


fixeron que a atención se desviara de novo cara trailer de zara, que non era o único trailer que estaba por alí aparcado pero bueno, como dinámico (o dono de bollicaoslain que por facerse o investigador superprofesional acabou pechado nun trailer de zara, xa me diredes que tiña que ir investigar alí dentro) lle dou por meterse alí. os berros eran das nosas heroínas que viron espantadas como se pechaba a porta do trailer mentras elas estaban dentro escojonándose (perdón, rindóse moito) de dinámico por quedar alí metido; bueno, todas menos mariposa* (a nosa japiflauer favorita) que case lle saltaban as bágoas da emoción... en realidade ninguén acertou a decir se era da emoción ou do escojone, pero como queda así como máis romántico o da emoción imos supor que era de emoción e punto. juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) achegouse á porta tratando de ver se había algún punto de apoio ou algunha rendixa ou algo que lle permitise abrila desde dentro. cos berros non podía concentrarse así que mandou facer silencio cun golpe de melena que quedou moi efectivo, ata que todas miraron a dinámico e ó ve-la súa cara de desesperación e abatimento ó verse pechado de novo, volveron a partirse de risa, de calquera xeito juindon prefería a risa ós berros. díxolle a mariposa* que buscase no seu bolso unha linterna para poder ver mellor. dinámico non paraba de berrar histérico pedindo que non se moveran tanto, que deixasen de consumir oxíxeno. fóra do trailer, na mesmiña porta estaba pelusa (si, o outro que tal baila) que pechou a porta por face-la gracia, porque eso si, eravos moi jracioso o rapás, estaba así como arrepentido cando se decatou de que non a podía volver a abrir. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), que xa lle empaquetara o caso da desaparición de espís trín, a miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) e a mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total e investigador accidental) foi correndo a onde estaba pelusa, arrastrando, case literalmente, a catwoman, porque a tiña agarrada da man e non se debía decatar que comezou a correr e pillouna algo desprevenida á pobre, menos mal que se incorporou cun axil movimento dos seus
sexamos sinceros, o que se di profesional profesional si que era, pero eficiente o que se di eficiente moito non era, o servicio segredo de investigación moito non era; de feito tiveron que botar a todos os da nova escola e darlle un cambio de aire ó departamento, cousa que explica o do detective supersegredo có seu peinado ó comic manga. cando el entrou no departamento aquelo era unha pena, e claro con nada que fixo xa destacou e ascendiu con moita rapidez; non por méritos propios, que non dubido que os tivese, non é que me guste criticar diósmelibre, pero é que ben pouco tivo que facer para destacar, ordena-las carpetas por orde alfabético e pouco máis. investigar ó malvado doutor tcp/ip foi o primeiro caso que lle asignaron cando ascendiu (si, xa habia que ascendera e aínda estaba có mesmo caso, vedes o que vos decía). nas primeiras aproximacións á vida do malvado doutor tcp/ip non lle pareciu digno de atención (vedes o que vos decía), de feito como que pasou moito do tema, el adicouse a seguilo, sen máis. cando o tcp/ip vello morreu e saltou o escándalo da herdanza comezou a parecerlle máis interesante, sobre todo porque os sete irmáns desherdados se plantaron diante do xefe e prometeron declarar na súa contra o que fixese falta, e repetiron, o que fixese falta, con tal de que a herdanza quedara no seu poder. os do centro superior de investigación tiñan un par de delitos de filtración de información supersegreda ó enimigo (enimigo:non aclaran quen era o enimigo, porque como cada día era un distinto, vamos que nin eles mesmos se aclaraban) e non lles viña nada mal ter un malo malísimo malvado, fose quen fose, de cara á opinión pública e tal; así que aceptaron a proposición dos sete irmáns do malvado doutor tcp/ip e comezaron a presionar ó detective supersegredo do csi para que encamiñase as súas investigacións cara a culpabilidade de tcp/ip
aquel son de tumbos, un lado, tum, outro lado, tum. si facíaselle coñecido, hotspot (unha vixiante da praia, que deixou a súa california natal porque estaba farta de que a encasillasen como a típica loira californiana, retocou as raíces e marchou o máis lonxe da civilización que puido, e acabou montando unha discográfica aquí na coruña) mirábaa pensando en que se ela que a viña rescatar non estaba preocupada é que a cousa non debía ser grave, igual era a axuda que viña en camiño; desde logo non era a escaleira asasina, que non facía ruido ningún, polo menos antes non o facía. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) camiñaba cara o ruido con paso firme, mirou a hotspot suxeríndolle que a seguise, máis que nada para que non quedase soa (non sei cal das dúas, pero unha orde era unha orde). conforme se achegaban a líder do sector_a comezou a sorrir, si, léchedes ben, dixen comezou a sorrir. hotspot non sabía que pensar, quizáis o final estaba preto, sería o canto do cisne ou a calma antes da tormenta. o son acompasado estaba cada vez máis preto, chegaron a unha esquina, soou o último tum, silencio; as nosas heroínas pararon, miráronse; hotspot quedou parada, pero a líder do sector_a dou un paso firme cara adiante desaparecendo do campo de visión de hotspot. quedou esperando tratando de decidirse entre dar tamén un paso decidido cara adiante ou ir con coidado cara atrás a ver se ainda pillaba ó tal zilarte na oficina e o teléfono funcionaba e, e escoitou un suspiro, un ruido sutil, un non sei que que non soubo definir; seccionaríanlle a cabeza á lider do sector a sería o son que emiten os músculos post mortem ó liberarse do pescozo? caería ó vacío e sería un eco do último alento? quizais unha invasión estraterrestre e sería o ruido da abducción? ou un espíritu do máis aló e sería o ruído da absorción da alma? quizais era un berro de auxilio silenciado, si tiña que decidirse e firme dou










capítulo 77


un paso adiante, e alí os viu, hotspot (unha vixiante da praia, que deixou a súa california natal porque estaba farta de que a encasillasen como a típica loira californiana, retocou as raíces e marchou o máis lonxe da civilización que puido, e acabou montando unha discográfica aquí na coruña) non puido evitar emocionarse, alí estaban os dous abrazados, aínda que ó principio, ó primeiro golpe de vista lle pareciu que a líder do sector_a (a nosa radical favorita) fora absorbida por unha alfombra branca despeluxada, era raro, pero dada-las circunstancias e posto que a escaleira se volvera asasina, non se podía decir que non fose posible. sen embargo estrañoulle que a líder do sector_a lonxe de resistirse e darlle unha malleira como correspondía ó seu carácter combativo, máis ben a estivese acariñando (á alfombra branca espeluxada), di ti que tiña pinta de ser súaviña e confortable, pero case a estaba afogando, ser sería unha morte agradable, se ata lle estaban dando ganas de achuchala, pero quedou mirando, e cando notou que do ombreiro dereito da nosa radical favorita se despegaba un anaco de alfombra, que casúalmente tiña ollos, nariz, boca, orellas, vamos o típico das alfombras; e das costas da nosa radical favorita se desenlazaba outro anaco de alfombra dividíndose en dous anacos, que casúalmente remataban en dúas mans, decatouse de que aquelo da alfombra branca espeluxada asasina non era unha teoría correcta e tivo que agardar a que a líder do sector_a lle dese unha explicación. en realidade tivo que agardar a que se desabrazasen, se volvesen a abrazar, se bicasen, se achuchasen... se mirasen embobados, se acariñasen a cariña, se abrazasen (si, outra vez)...
pelusa (o outro que tal baila) mirou medio acojonado (perdón, con gran espectación e respecto) ó investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) porque rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade con celia, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes)lle contara que era unha especie de dictador que non deixaba que celia tomase as súas infusións relaxantes en horas de traballo nin nada; e porriba como ía enfadado porque lle vira face-la gracia de pecha-la porta mentras os outros estaban dentro, como que o puxo firme e case lle alisa a súa melena rizada. catwoman tratou de tranquilizalo, e case se pode decir que foi inútil porque o enfado baixoulle pero... xa me entendedes, que tranquilizar exactamente non se tranquilizou. pelusa, para arreglalo dixo que coñecía á xefa de mantemento do aeroporto, unha tal xaila, e xa estaba marcando o número, ensinoulle o móvil ó investigador (que por un breve momento pensou en porque dinámico (o dono de bollicaoslain que por facerse o investigador superprofesional acabou pechado nun trailer de zara, xa me diredes que tiña que ir investigar alí dentro) non chamara ós do aeroporto para que o sacasen de alí, en lugar de cortarlle o rollo con catwoman, pero foi só un pensamento fugaz), ó ergue-la vista xa estaba xaila con eles, decíndolles que apartasen da porta que tampouco era que precisase moito espacio para traballar pero que polo menos tiña que ve-la pechadura, que adiviña aínda non era. por suposto apartaron tod@s, faltaría máis. nun par de maniobras, como fixera juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita)para liberar a dinámico
o investigador supersegredo do csi, que presumía de superprofesional e imparcial (quitando cando o seducía unha espía loira, ou rubia, ou morena ou... xa me entendedes) opúxose taxantemente a semellante proposición, dixo que non e de ningunha maneira acusaría a ninguén sen probas, claro que non descartou investigar exhaustivamente ó malvado doutor tcp/ip ata atopar probas de que vendera á súa patria (aquí debería soar algún himno; pero a min faime máis gracia a canción de antes muerta que sencilla, ai que sensilla, ai que sensilla), á súa nación, ó seu pais, ós seus irmáns. mentras o malvado doutor tcp/ip andaba todo tranquilo, ou ía todo tranquilo nalgún dos coches de lujo que herdara dos seus pais; sen sequera sospeitar que o estaban estudiando, que o perseguían, de calquera xeito o que a el lle importaba era consegui-lo cariño de cor (a científica despistada); ignorou por completo o feito de que os seus irmáns, os seus sete irmáns se poideran enfadar por quedar sen un patacón da herdanza, e que como el decía, xa tiñan dabondo. no pazo de vran, onde antano se celebraban as famosas recepcións con ferrero roxé e esas cousas que lle gustan ós embaixadores, agora










capítulo 78


quedaron falando un anaco con sasser (a comercial supereficiente da empresa de aluguer de coches de lujo que ten espís trín), miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) fíxolle unhas preguntas rápidas para facerse cunha idea xeral das pautas de comportamento do desaparecido, o de sempre, xa sabedes: se recibiu ameazas ultimamente, que sistema de seguridade empregaba, notou en falta outro obxecto de valor, cantas amantes desencantadas lle coñecía... mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) notou polo cuestionario unha certa deformación profesional, e que esto de ser unha investigadora de roubos de guante blanco de súpeto trasladada a unha realidade paralela no que o máis sofisticado era andar desaparecendo porque si, pois tiña á nosa investigadora algo despistada; pero como ela, a parte de divina, era unha profesional coma a copa dun pino reconduciou de seguido o interrogatorio ó ve-la cara de mr llollovic. cando considerou que xa tomara notas dabondo para comezar mandou a sasser para a súa casa, oficina ou o que fose con tal que sacala de diante; si, como vos conto, e dìxollo tan ancha, xa está,marcha. mr llollovic, esta vez non lle puxo cara rara nin nada, coma se fose o máis natural do mundo; sasser, que polo seu traballo xa estaba afeita a calquera cousa foi para o coche onde a esperaba convertible, que estaba elexindo que pendiente poñer porque se esquencera aquela mañán o sair da casa e sen pendiente como que se sentia espido
era un pazo semiabandoado, non é que tcp/ip, o malvado doutor tcp/ip quero decir, se dese á mala vida e pasase de todo, que el era moi así, que traia á señora da limpeza pola calle da amargura con tanta perfección, e máis cando se metiu a científico que tiña unha teima có dos microbios e todas esas historias que non vexades. el comezou con unha probeta e un quentapotas (de quentar potas, non é esto ningún eufemismo nin nada), e foi ampliando o laboratorio, e ampliando; total que tiveron que traslada-la bodega ó pazo de inverno porque collía cada enchenta mentras decía que estaba perfeccionando os seus coñecementos científicos, con esto de que o laboratorio se foi ampliando ata chegar á pila das botellas (que seguramente se chame doutra maneira màis fina, pero pese a que eu son moi fina, fina de máis non sei como) e para ir facendo sitio ía vaciándoas, claro. cando a ama de chaves, si, tamén tiña deso, viu que aquela tendencia apuntaba perigosamente cara o alcoholismo decidiu trasladar definitivamente a bodega ó pazo de inverno, tamén porque o sibarita este malvadísimo lle estaba acabando có gran reserva e non tiña nin unha triste botella por se xurdia unha ocasión
xaila tívose que apartar rapidamente, porque juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) saiu disparada pedir explicacións de a ver porque lle pecharan a porta, que ela ben se decatou de que fora alguén, premeditadamente, que si, que aquelo non foi un golpe de aire; viña preparada para dar un golpe de melena mortal. non fixo falta, o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) anticipouse pedíndolle despculpas en nome de pelusa (o outro que tal baila), que estaba poñendo cara de bo, a ver se pasaba por vez; pero non lle pasou, que juindon era moi razonable, pero de tonta non tiña nin un pelo (e eso que tiña a susodita loira...). xaila e catwoman tamén se empregaron a fondo para calmala e por fin conseguirono. o malo é que detrás dela viñan, poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita que estaba plantexándose convertirse en vampira), a estilosa srta newlook, anao (a nosa executiva agresiva favorita) e como non, mariposa* (a nosa japiflauer favorita) e dinámico (o dono de bollicaoslain que por facerse o investigador superprofesional acabou pechado nun trailer de zara, e por fin consegiu sair) que pese a que viñan envoltos nunha nube de tenrua e amor, algo picados tamén estaban, especialmente dinámico, que xa case comezaba a pensar que ía ter que quedar a vivir alí dentro e abrazándose, e mírandose (si, si, outra vez), e achuchándose










capítulo 79


e veña abracitos, e miradiñas tenras, e sorrisos, e volta a mirarse (si, si outra vez) e hotspot xa se fartou, é que xa se estaba comezando a sentir incómoda e pensou que se se enfrontara con éxito a tiburóns sanguinarios, a feras mariñas insospeitadas e sobre todo a turistas con camisas jaguallanas ben podía ela cunha escaleira por moi asesina que fose, que có seu corpo atlético, có lista que era ela e có estupenda que estaba non precisaba de ninguén para resolver aquel misterio. bueno, por se tal, e só por se tal, chamou a antivirus, que era unha amiga súa, que coñecera nunha destas festas locas-locas de joligú, e que traballaba nunha empresa de protección persoal, non porque fose unha cachimana, que non o era nin moito menos, a tal antivirus tamén era unha estupenda da vida, pero daba unhas patadas tan ben dadas a moi cabrona (perdón, a moi profesional) que viu no campo da protección persoal a súa vocación; bueno a vocación, e a máis claro que non che é o mesmo estar nun zulo atendendo o teléfono que non vixiando as costas do bradpit, para que nos imos enganar, o mesmo non é. antivirus despois dun rosario de xuramentos (porque ser era moi fina, divina e o que queirades pero era unha putadiña o de espertala a altas horas da madrugada e a tía que non se cortaba en demostralo), que o padre aabsolva amén, díxolle que estaría na coruña o antes posible (como non) pero que fose indo que non había ser para tanto, porque entre que estaba durmida e que coñecía a hotspot de andar de farra acabando cás existencias de falconcrés, medio lle tomou a broma o da escaleira asasina, en realidade cando colgou dou media volta e seguiu durmindo
unha vez fora, todos ó aire libre, xa tranquilos e felices baixo o maravilloso sol da coruña, mirando atrás, sen rencor eso si, pensaron en volver por fin para as súas casas, todas menos anao (a nosa executiva agresiva favorita) que viñera das vegas repentinamente; enfrontábase agora ó reto dunha nova vida, de comezar de novo, que apaixoante reto. juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) sentiu que por fin pisaba terra, a súa terra, ai, esa morriña. poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) e a estilosa srta newlook non paraban de falar, de capas negras, de cócteles sanguíneos, de voar e das súas cousas; a estilosa srta newlook quedou en que ó día seguinte ía levar a poppy á clube vampiro da coruña, para a súa presentación en sociedade, porque ela facíao todo con moito estilo. tamén quedaron en pasar despois pola tenda de venecia para elexi-lo atuendo axeitado para a ocasión, porque elas o valían. mariposa* (a nosa japiflauer favorita) e dinámico (o dono de bollicaoslain), tra-lo primeiro momento de japi-reencontro, xa comezaron as rencillas polo último campionato de flallincaps, ó fin e ó cabo, dinámico ganouno porque ela non se presentou obviamente, porque nunca ganaba cando ela competía e se un día que non vai el gana a secuencia lóxica é clarísima. dinámico, por suposto, aínda que sabía que era total e absolutamente certo, díxolle que o seu liderato nos campionatos de flallincaps estaba a piques de rematar e que o tiña que admitir, que non había nada peor que unha vella gloria que se nega a retirarse. tod@s, e digo tod@s @s que estaban alí, pero tod@s miráronse entre sí, e o que se lía no aire, porque se lía, era o pensamento de volver a mete-los no trailer; non o fixeron, porque a batería do móvil de dinámico debía ser incombustible e porriba a súa operadora privada, porque tiña unha operadora privada, tiña cobertura ata no inferno, que non é que eu o comprobase. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) díxolle a catwoman que alí el xa rematara, que se quería que a levase a algún sitio
sasser (a comercial supereficiente da empresa de aluguer de coches de lujo que ten espís trín) tivo que esperar aínda uns minutos a que convertible se dese decidido entre o aro de plata de 2cm de diámetro ou o brillante de imitación tipo becam, porque aínda que espís trín lle pagaba un soldazo, non gastaba moito en pendentes, porque sempre os acaba estraviando, vaite a saber ti como (xa me entendedes). sasser cá súa infinita paciencia, esperou a que el rematase e se puxese en camiño, e mentras esperaba non puido evitar facer comentarios do tipo de desjrasiado apura!, pareces a pantoja con tanta xoia! metrosexual do c...! bueno, igual a súa paciencia non era tan infinita. pasou polo seu lado o deportivo último modelo de mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) con miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin), de fondo: ai que sensilla, ai que sensilla...con xanel numero cuatro, que es má barato... ai que sensilla... ai que sensilla










capítulo 80


e acabou facendo daquela bodega un cortello, os homes xa se sabe; pero eso si, nos pisos de arriba do pazo, sen embargo seguía latente baixo as sabas de liño o encanto dos anos felices. o malvado doutor tcp/ip seguia centrado no seu plan de ligar con cor (a científica de altísimo nivel despistada), facéndose un científico de proveito, cultivándose el, cultivando a horta para experimentar cós pimentos de padrón, para ter temas de conversa máis que nada, e uns postres que estaba investigando có pemento como ingrediente principal, que xa ía pola páxina 50 do libro de receitas e aquelo tiña máis pinta de desvario surrealista que non chegaba a ningures que libro de receitas. mentras tanto o detective supersegredo do csi có pelo tipo comic manga non escatimaba esforzos para demostrar que o malvado doutor tcp/ip tiña relación cá transmisión de segredos ó enimigo. non se pode decir que inventase probas, nin moito menos, pero é que se deixaba guiar moito polos sete irmáns desherdados do malvado doutor. que por un casúal o doutor se cruzaba cun ruso, que casúalmente era traficante de diamantes, e lle daba os bos días, porque el era así de educado, un cabaleiro que se di, hala, anotación na ficha; que o doutor quedaba cunha antiga amiga, que por un casúal estivera traballando na central de proceso de datos do servicio segredo do governo chino, porque el sempre mantiña contacto cás súas amigas de verdade, hala anotación na ficha
catwoman díxolle que si, que a levase á casa do despistado doutor zyxel 650, que tiña que falar con el. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) percibiu misterio naquelas palabras, sentiu que catwoman lle quería decir algo importante ó despistado doutor; confesaríalle quizáis eses lazos que os unían e que el viña sospeitando desde había tempo. posiblemente, pensou. de camiño ó coche non falaron, sentían como que non facía falta, por primeira vez o investigador non sentía aquela angustia de non dar o nivel. non é que estivese seguro de dalo, é que xa non lle importaba, estaba a gusto, ela estaba ó seu lado, pois había que disfruta-lo momento. cando se sentaron no coche, el tardou en arrancar, porque quedou atrancado entre dous autobuses e non daba saído, tiña a radio posta pero só se escoitaban interferencias. catwoman parecía ausente, estaría pensando en como decirllo a zyxel 650, pensou o investigador. cando se dou desatrancado dos autobuses a radio comezou a soar annnbreic mai jaaaaAaar, sei llu lovmi ageiiIIiiin annnnaaaaiiiiIIIIiiiiaaaiiiaiiiIIiii güil algueis lov lluuuuu aaiaaaiii... que raro, pensou
aínda que caera nun profundo sono, algo a fixo despertar, e se hotspot (unha vixiante da praia, que deixou a súa california natal porque estaba farta de que a encasillasen como a típica loira californiana, retocou as raíces e marchou o máis lonxe da civilización que puido, e acabou montando unha discográfica aquí na coruña) non estaba de jarana? e se non estaba borrachísima coma aquela última vez que foran á festa dos oscars de gladiator, que vicio deus, que vicio? e se o da escaleira asesina era certo. nada, que non daba durmido, erguiuse, chamou ó aeroporto, que lle preparasen o llet privado e fixo a maleta. mentras tanto hotspot, allea ás dúbidas da súa amiga, ía con paso firme cara o lugar maldito. non dubidaba, en realidade estaba tratando de eliminar da súa cabeza a imaxe pastelona do reencontro da líder do sector_a (a nosa radical favorita) có yeti, e eso que ela non sabía que só había uns días que non se vían.










capítulo 81


... ai que sensilla... ai que sensilla e o acelerador do deportivo último modelo de mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) e miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin), bueno, que ser era de mr llollovic, pero é un decir. pois eso que o acelerador non botaba fume porque era un descapotable e non lle daba tempo a queimarse, pero baixaban pola corveira que nin o tmo có blaster. chegaron ó domicilio privado de espís trín, era un ático na plaza de pontevedra, mirando á futurista praza de lugo, reconstruida, e convertida de novo en plaza de abastos moi ó pesar do alcalde, tiña unha terraza inmesa e unha desas torres acristaladas superpijastusabes, que debía costar un pastón; o primeiro que se lle pasou a mr llollovic pola cabeza, a parte de pedirlle un aumento de soldo a dinámico (o dono de bollicaoslain) foi que unha empresa de aluguer de coches de por moito lujo que fosen non podía dar para pagar aquelo, non, alí había algo raro. miss comtred que parecía ter conexión telepática có noso executivo super fashion victim, xa nas festas en milán se comunicaban con miradas (para localizar bollazos máis que nada, tampouco vaiades pensar), notábase que perfeccionaran o sistema; díxolle que igual fora unha herdanza, pero sen crelo moito, que a ela tamén lle parecía un lujazo, para que nos imos enganar, que a ela ter o que tiña custáralle moitas xeracións de comtreds
porque se o chega a saber non ía ter miramentos ningúns, a ver, xa me diredes a líder do sector_a (a nosa radical favorita) viña toda decidida a rescatal@s e plántaos polo primeiro yeti que aparece. no fondo ela comprendíao, é que se lles notaba nas miradas; ai, a primavera. con estes pensamentos tan alegres, felices e distraídos ía achegándose, perigosamente, sen decatarse case. metiuse inconscientemente escaleira asesina abaixo, parou no medio, o silencio devolviuna á realidade, pero non recuou nin un chisco, que hotspot (a nosa vixiante da praia favorita) xa se enfrontara a tiburóns sanguinarios, e sobre todo a turistas con camisetas jaguallanas, a ela íaselle poñer chula unha escaleira. cada vez estaba máis escuro, e máis silencioso, lembroulle a aquelo que contaban na historia interminable de que non se via nada. ós poucos escalóns xa se lle afixo a vista e case podía distinguir os escalóns, nada que non fixese antes noutras circunstancias tamén distraídas, aínda que por outros motivos. habitualmente non baixaba, e menos subía polas escaleiras, pero a ela parecíalle que estaba baixando de máis, di ti que en ascensor todo se fai máis curto. por fin chegou a un punto onde a cousa comezaba a aclarar, unha luz ténue, case acolledora, nunha súave cor lila, que bonito, pensou, mentras tomaba nota para poñe-la no seu despacho, porque quedaría así como moi alternativo, cousa que lle viña moi ben, porque as directivas das compañías de discos tiñan esa fama, na súa opinión, inxustificada de aves de rapina; porque ela sempre
que tropezaba, casualmente, no super por decir algo, có amigo íntimo da xefa da oficina de contraespionaxe de gibraltar, hala anotación na ficha; que, casúalmente, o chama a secretaria do presidente de maritagüei para falar dun asunto confidencial, hala anotación en ficha. o detective supersegredo do csi tivo que ampliar varias veces a ficha para dar cabida a tantas casúalidades, que el por suposto consideraba actos premeditados e moi ben estudiados do malvado doutor tcp/ip; mentras tanto este, ignorante (ollo non confundir con este ignorante), seguía perfeccionando os seus estudios e investigacions sobre os pimentos de padrón, conseguira unha salsa verde tipo o humus italiano, pero a base de pimentos, a punto estivo de chamar á cisco compani para que lle pasasen con cor (a supercientífica despistada) e contarlle e aproveitando a ocasión e quedar, e, e, tanto se emocionou que lle dou a vertixe e tivo que pasar un mes de repouso na cama. chamou a invisible para que lle dixese sutilmente e como non quere a cousa que el estaba convalecente, por se caia unha visita; pero a despistada científica limitouse a mandarlle unha postal destas de "espero que te recuperes pronto" cunha foto dun bebé de ann guedes, que máis que alivia-la súa ansiedade aumentouna e ademáis sumiuno nun mar de contradiccións porque as letras escritas da man de cor eran a luz que iluminaba o seu día, pero a foto do bebé, mounstruos repelentes que non fan máis que chorar e comer e (xa me entendedes)
o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero que eu son demasiado fina para repetir semell










capítulo 82


ante cousa) miraba a cada pouco para catwoman, que seguía cá mirada ausente. a música da radio confundíao e non daba feito a descifra-lo misterio daquela melodía, pero presentía que pronto sabería todo o que se podía saber sobre a estraña canción, a misteriosa catwoman e quen sabe se non habería algunha sorpresa máis. ela saía do seu trance para indicarlle o camiño ó investigador, que xa o sabía, e aínda que era catwoman reventáballe moito o de ter copiloto, porque el era un xenio ó volante, que non precisaba que lle dixesen cando tiña que torcer, nin a cantos metros estaba o semáforo, nin que tiña que parar porque estaba en vermello; aínda que non tivese a máis mínima intención de parar porque era nunha recta e el, como piloto experto que era, sabía calibrar perfectamente os riscos e podíase permiti-lo luxo de salta-las normas de circulación cando lle petase. pero pasouno por alto, por non rompe-la maxia do momento, que se non habería máis que palabras (nin arañazos, para que nos imos enganar, que era un cabaleiro dos de antes e nunca se lle pasaría pola cabeza semellante cousa). chegando a casa do despistado doutor zyxel 650, pediulle dous favores (pero vaia panda de malpensad@s, non, non eran dese tipo) que escoitase o que escoitase non intervise na conversa, e mirouno dun xeito que ó investigador non lle daba moitas ganas de falar; o segundo favor que lle pediu foi que nunca revelase nada do que ía escoitar, escoitase o que escoitase; e como o seguía mirando daquel xeito tan convincente o investigador non tivo outra que acepta-las condicións, sobre todo tendo en conta que a alternativa era quedar sen escoitar nada, fose o que fose que ía escoitar, e non podía, porque unha ten unha fama de cotilla que non pode con ela, pero a todo hai quen gane

pero non tardou moito aquela mala sensación porque invisible pronto o chamou con novas, decíndolle que si se preocupara realmente e que non sabía se sería demasiado o de presentarse na súa casa e tal, mentira cochina que llo dixo por animalo, que cor (a supercientífica despistada) era tan tímida que nin a invisible se atrevería decirlle que albergaba calquera clase de sentimento cara o malvado doutor tcp/ip, ou cara outro; pero ela intuía que eso era o que pasaba polo seu corazón e díxollo, non por crearlle falsas esperanzas, se non porque pensaba que realmente era así. e así foi evolucionando a cousa ata o momento da famosa aposta. invisible, que pensaba que coñecía a fondo ó malvado doutor porque tiñan conversas de moitos e variados temas, sorprendeuse cá malvada vinganza do secuestro do despistado doutor zyxel 650; se o soubese nunca lle falaría do segredo da sua invisibilidade, cousa da que non falaba habitualmente, por motivos obvios, non se vai poñer unha a confesarlle ó primeiro que se lle pon diante como facer para deixar de ser invisible e todo o rollo. afortunadamente aparecín eu para soluciona-lo todo, porque a verdade por diante, sen falsas modestias, gracias a min. invisible pensou que todo quedara aí, alegrouse de ter de novo ó doutor zyxel disposto a traballar no proxecto aquel

apoiaba ós grupos alternativos, non porque desen máis cartos, que non os daban; se non que como ían de guais e decían que non lles interesaba eso do mercado de masas, ser ídolos e tal, falso; pois eran máis fáciles de manipular, porque á minima que se lle revelasen ela empregaba aquel sutil argumento de "estas estrellas do rock..." e xa se lle poñían todos histéricos e listo. hotspot (a nosa vixiante da praia favorita) seguía avanzando, pensou que aquela paz que se respiraba ben podía ser preludio dunha gran tormenta, pero pagaba a pena. que relax, que ben, que maravilla... se o chega a saber baixaba antes. comezou a escoitar voces, sería un son imperceptible para un oído normal, pero ela traballaba neso e tiña un oído finísimo. unha voz tétrica, como desquilibrada... a veces veo coordinadores... decía, comezou a preocuparse, non porque se asustase daquela voz, que se non morreu de infarto a primeira vez que escoitou ó cantante dos shroud of tears, xa ningunha voz a podía espantar; se non porque non entendía o que estaba decíndo, e repetía para si "a veces veo coordinadores", pero onde me estou metendo, preguntábase. e sen embargo seguiu cara adiante, contando, eso sí, con que a líder do sector_a (a nosa radical favorita) estaba preto e en camiño de axudar, se conseguía despegarse do yeti, claro porque con esto de que era moi confortable. contando tamén que antivirus estaba en camiño, e si que estaba, pero cun pouco de retraso, e sería aínda máis se non fose polo conxuro de meiga para que o avión despegase, porque a néboa caía coma unha tea castigadora sobre o aeroporto










capítulo 83


pero miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) tampouco quería facer prexuizos, máis que nada para ir, como quen di, para enfrontarse sanamente ó caso, porque ela ademáis de sofisticada era unha profesional coma a copa dun pino. mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) pola súa parte, seguía pensando mal, porque para unha satisfacción que lle da a vida, pois como non disfrutala, ademáis, el era moi profesional no seu, pero como detective era un simple acompañante de miss comtred, que de momento aquelo da investigación non lle parecía tan sofisticado como lle comentaba sempre miss comtred. tampouco estaban investigando un roubo de guante blanco, nin estaban na riviera francesa, pero o ático estaba moi ben, e estaba desexando entrar. chamaron ó timbre, non respondía ninguén, lóxico, pensou miss comtred, ó fin e ó cabo estaba desaparecido. chamaron a sasser (a comercial supereficiente da empresa de aluguer de coches de lujo que ten espís trín) para comprobar se recibira xa noticias do seu xefe, porque tampouco era oportuno poñerse a chamar á porta de ninguén, e menos a unha porta de semellante lujo como aquela, para preguntar se xa aparecera o dono. sasser dixo que non, que non tivera noticias súas, aínda que miss comtred notou unha certa dúbida na súa voz
"a veces veo coordinadores" seguíaa coma cantiga da santa compaña nunha noite fría de inverno nun monte perdido da galicia profunda. pero hot spot (a nosa vixiante da praia favorita) seguia cara adiante. a líder do sector_a (a nosa radical favorita) miraba con olliños tenros ó yeti, por fin el dixo, algo do tipo de boteite de menos, e ela entenreceuse máis, pero seguiu decindo, porque non podía deixalo aí, é que non se aguantan, non oiu nunca eso de o bo se breve duas veces bo, pois non debiu, el segui decindo, como se che ocorre deixarme tanto tempo só, sen avisarme, sen decirme nada. imaxino que o yeti decía aquelo en plan canto cantísimo te botei de menos, pero a líder do sector_a non o tomou por aí, como ía. díxolle que non era seu pai para pedirlle explicacións e que ainda que fose seu pai non llas había dar, que xa era grandiña para traer xustificantes, que na gardería non llos pedían e que quen cria el que era, pero imos ver. de non estar tan lonxe a escaleira asasina reconduciría polo bo camiño e acabaría convertindo nunha coqueta escaleira de caracol, porque é que metía medo, pero medo. o yeti, sorriu feliz, por fin volvera a súa radical favorita. ela que se sentiu comprendida, amada e respetada, decidiu que xa era hora de poñerse mans á obra e ir ó rescate de crawford, porque celia xa lle insistira en que estaba esperando pola súa axuda. mirou ó redor e non viu a hot spot, por un mínimo espacio de tempo sentiu medo, non porque lle puidese pasar algo, senón porque polo seu achuchón có yeti, poidera haber outra víctima da escaleira asasina. antivirus mentras sobrevolaba o océano chamaba @s seus contactos na coruña. o tal zilarte estaba chamando desesperadamente a calquera que lle collese o teléfono pero invisible tampouco se fiaba moito do malvado doutor tcp/ip, xa lla xogara unha vez e ben podía haber outra, porque canto máis avanzaba o tempo, máis sabía el do seu punto feble. pediulle axuda a cor (a supercientífica despistada), precisaba que ela comezase a investigar na fórmula da visibilidade, porque o despistado doutor zyxel 650 podía desaparecer (xa me entendedes) en calquera momento; nembargantes sabía de sobra que o malvado doutor tcp/ip nunca lle faría mal a cor, porque podía ser malo malísimo pero tiña o seu corazonciño. pola súa parte o detective supersegredo do csi, seguía facendo anotacións na ficha do malvado doutor, seguía de preto, todo o preto que o podía seguir sen que se decatase, é decir, que tiña que andar cun teleobxectivo da hostia, unha parabólica da hostia, e non se enteraba da misa a metade (perdón, perdón, que se me esquencía que son moi fina, tíñao que seguir a unha distancia considerable empregando medios técnicos a avanzados, o que non derivaba exactamente en resultados óptimos) e convertiu o pobre malvado doutor nun terrorista internacional. mentras el seguía cas súas investigacións sobre o pemento de padrón, para conquistar a cor.
juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) acompañou á estilosa srta newlook e a poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) á casa da estilosa srta newlook, porque ían facer unha reunión con vampi, que era o que levaba esto do vampirismo na coruña; juindon non pensaba meterse a vampira tamén, pero gustáballe saber de todo e tiña curiosidade por saber como eran ese tipo de reunións, se eran tipo as do tapergüer ou así. cando chegaron, a estilosa srta newlook entrou como recoñecendo de novo o seu piso, que parecía máis ben unha leonera, comezou a alterarse, pero cando viu ó despistado doutor zyxel 650 mirou estrañada cara juindon e poppy, elas non comprendían, miraban para o doutor e tampouco lle vían mala pinta. juindon recibiu unha chamada de anao (a nosa executiva agresiva favorita), xa non aturaba máis a discusión entre dinámico (o dono de bollicaoslain) e mariposa* (a nosa japiflauer favorita), rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade con celia, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes) e pelusa (outro que tal baila) insistíanlle para que pasase deles e fora tomar algo con eles, estaban chamando a celia a ver se animaba tamén o investigador (que era tan bo que todos decían que era la polla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa)










capítulo 84


metiuse no ascensor, despois de catwoman, por suposto, pensando en que sería aquelo tan importante que lle tiña que contar catwoman ó despistado doutor zxyel 650, en realidade o que máis curiosidade lle provocaba era saber se as súas sospeitas se confirmarían. no ascensor soaba aquela melodía clásica, os violíns, a orquestra enteira... que raro. invadiuno de novo aquel sentimento de paz, pese a que non daba descifrado o misterio das melodías. quizáis despois tiña que falar el moi seriamente con catwoman, tería que armarse de valor, tería que armarse de diplomacia, tería que facelo, estaba pensando o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), mentras catwoman seguía cá mirada distraída. unha campaniña á antiga usanza avisounos de que xa chegaran, sairon do ascensor, catwoman diante, por suposto, porque o investigador era un cabaleiro (un machista que diría eu se non fose tan fina, pero bueno que esto non ven ó caso, que a educación está porriba do machismo, e eso sí era moi educado); na entrada do piso do despistado doutor zyxel 650 e mai-la estilosa srta newlook atopáronse con juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) e con poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) que estaban mirando perplexas a reacción que tivera a estilosa srta newlook ó ver de novo ó despistado doutor zyxel 650, que tampouco había tanto tempo que non se vían para que o mirase con aquel descoñecemento. catwoman pasou entre as nosas dúas heroínas para comprobar que era o que ocorría alí dentro; para poñer orde, pensou o investigador. catwoman mirou primeiro para a estilosa srta newlook, tratou de tranquilizala. non paraba de decir eso de que fixen eu para merecer un home así, que a ela lle gustaba como era que non, fixeno porque pensei que che gustaría, decía el; eu non sei destas cousas, igual me aconsellaron mal. catwoman mirouno e decatouse
non daba contactado con ninguén, el insistía e insistía, case estaba por chamar a "eses números" que total para o caso que lle facían os dos números de emerxencia que había no manual de protocolo de actuación en caso de situación crítica, pensou que polo menos "neses números" alegraríanlle as súas últimas horas de existencia. no último intento colliulle vesania (a directora xeral do servicio de control, captura e reforma de vagos e maleantes), que non é que lle viñese especialmente ben ó tal zilarte, en realidade non lle servía realmente para nada, pero tiña unha voz agradable, e tampouco era cousa de desaproveita-la ocasión. vesania, lonxe de tomarlle a broma todo o que lle estaba contando joseba, comprendiu a situación, e non só eso, senón que se ofreciu a ir para alí o antes posible. joseba, que xa case esquencera que no edificio había unha escaleira asasina, que desapareceran case todo-los que estaban alí traballando e que duas das últimas persoas que vira había xa moito tempo que non daban señales de vida. vesania comprendiu a situación tan rápido, a parte de pola súa natural intelixencia, senón porque acababa de recibir outra chamada desde usa, da súa antiga compañeira de academia, antivirus, contándolle unha historia parecida, e aínda que estea mal decilo; cando lle escoitou esa mesma historia á súa antiga compañeira de academia, e amiga ante todo, case cae ó chan da risa, non paraba de decirlle aquelo que tantas veces escoitaran nos anos académicos de que as drogas ó final acababan pasando factura; ela pensou que antivirus estaba pagando esa factura
miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) ó ver que sasser (a comercial supereficiente da empresa de aluguer de coches de lujo que ten espís trín) dubidaba, volviulle a face-la pregunta, sasser volviu decir que non, aínda que non o decía con total seguridade, pensaba miss comtred. mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total)non podía cá curiosidade por saber o que lle estaba contando sasser á súa compañeira de investigación, porque estaba poñendo unha cara supermisteriosa divina. miss comtred tivo que agarrar forte o seu teléfono móvil último modelo fashion total para que mr llollovic non llo quitase, non porque lle gustase o móvil, senon para cotillear (que a fama lévoa eu, pero...). sasser comezou a decir cousas do tipo de bueno, o que se di aparecer non aparecera pero; pero que, dixo mr llollovic desde a outra parte do descanso onde miss comtred o castigara a non decir ningunha palabra, cousa que obviamente non conseguiu. miss comtred tratou de crear un clima de confianza, para que sasser soltase prenda, e conseguiuno, díxolle que soubera que aparecera a certa hora pola oficina. miss comtred preguntoulle a que hora, ela dixo que tarde, sin especificar. mr llollovic non aguantou máis e achegouse a miss comtred, que nos digas a que hora, dixo en alta voz, pero alta, alta, e non o digo porque el fose alto, non, porque a voz soaba alta. ela seguiu sen especificar. daquela miss comtred, bastante máis profesional, todo hai que decilo, preguntou que quen llo dixera, sasser volviu dubidar no fondo, o malvado doutor tcp/ip non se sentía demasiado ben polo que lle fixera a súa noutrora boa amiga invisible










capítulo 85


e tratou de poñerse varias veces en contacto con ela para desculparse, e que a súa relación volvera a ser aquela relación de amizade pura e casta de antano; pero invisible non quería nin falar con el, tampouco se pode decir que fose rencorosa, falemos claro, a putadiña (perdón, a mala xogada) que lle fixo o malvado doutor tcp/ip tampouco se pode esquencer facilmente. de calquera xeito invisible estaba moi ocupado tratando de busca-los puntos febles do malvado doutor, e non quería ter ningún tipo de relación con el, para non implicarse emocionalmente de novo e sobre todo, para non comete-lo fatal erro de confiar nel e que lla volvese a xogar. tcp/ip pensaba que esta falta de resposta por parte de invisible se debía simplemente ó rencor, porque lembraba que no fondo tampouco era tan boa, que vamos, seguro que a súa relación con cor avanzaría máis sen ela polo medio, que non lle organizaba as citas ben, que a saber que cousas lle contaba del ás súas costas e cando rematou de face-lo repaso polos inexistentes defectos de invisible sentiu certo alivio o ver que xa non había posibilidade de reconciliación. doulle por pensar na maneira tan brillante na que ía presentarse no traballo de cor, no laboratorio da ciscocompani e propoñerlle a cor unha cita. na súa imaxinación todo saía a perfección, chegaba como tantas outras veces a ve-lo seu intimo amigo cisco (o dono), daría unhas cantas voltas por toda o edificio mentras esperaba a que cisco rematara cunha chamada, porque sempre estaba atendendo chamadas importantísimas e que duran moito, moito tempo; despois, con moita discrección, eso sí, porque o malvado doutor tcp/ip sempre é moi discreto, tanto que
agarrou ó yeti e tirando del, porque parece te lle daba como pereza moverse, a líder do sector_a (a nosa radical favorita) seguiu o camiño cara a súa misión. iba pedindo, polos deuses do universo que hot spot (a nosa vixiante da praia favorita) non fose unha víctima máis da escaleira asasina; apurou o paso, case arrastrando literalmente ó yeti. seguiu os pasos que hotspot dera había uns minutos, pero non había rastro dela. cada vez apuraba máis o paso, sen medo ó perigo que a estaba agardando, sen medo ó que lle poidese ocorrer, e cunha forza sobrenatural que incluso levaba ó yeti a rastras, a el non era que lle molestase, ía divinamente todo tirado polo brillante e encerado chan. nun momento, a nosa radical favorita parou, quedou pensando, mirou á súa man dereita, viu ó yeti todo colgado, tan ricamente. soltoulle a man, o yeti xa se comezou a escamar... pegoulle semellante berro que o puxo firme e acabou poñendo aquela cara de neno bo e trasniño que a líder do sector_a non podía resistir, có que lle acabou perdoando, pero o yeti tivo que seguir correndo polo seu propio pe. chegaron á luz violeta, a líder do sector_a seguía con paso firme. o yeti estaba todo distraído véndose máis que blanco, blanquísimo e tratando de ve-las pegadas que lle deixara a nosa radical favorita cando o do achuchón, e estaba todo entretido o tío, coma no xogo este de enredos. a líder mirouno, respirou profundamente e deixouno alí, homes!, pensou. ela tiña clara a súa misión. "a veces veo coordinadores" escoitou, volviu atrás, non fose o yeti con outra carallada (perdón, con outra sutil broma) das súas. viu que non, que o pobre estaba tan entretido poñendo posturas raras para segui-las pegadas que ela lle deixara que nin falar podía. seguiu avanzando, ó fondo do pasillo viu unha figura, apurou o paso, a figura convertiuse en sombra e desapareceu apurando o paso. pareciulle hotspot
pero como lle ocorrera no seu momento a antivirus con hot spot, algo no seu interior fixo que crese as burradas (perdón, as incríbles cousas que lle contaba a súa amiga) e xa estaba contactando con 3z (a dona de varios locales andergraun) que á súa vez era amiga de meiga (a que fixo o exconxuro para que se despexase a néboa e antivirus poidera despegar) que a súa vez era amiga dun tal dm (que traballaba no servicio de contraespionaxe norteamericano), que á súa vez estaba en tratos con helpdesk (que andaba de lligoló pola riviera francesa có que ganara das exclusivas da liberación da maior cantidade de cachimáns endexamais vistos, aínda que o traballo o fixera case todo juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita)), que tiña como nome en clave helldesk, para despistar. vesania (a directora xeral do servicio de control, captura e reforma de vagos e maleantes) que tivo que cancela-la cita có seu novo mozo, un moi ben formado, pero que o tiña moi creido, có que lle viña moi ben para poñe-lo no seu sitio, pero tamén cabía a posibilidade de que el pensase que o da chamada urxente da súa amiga era unha simple escusa para facerse a interesante; non é que lle importase moito, pero é que estaba formadobenformado. sen embargo a segunda chamada, a do tal zilarte, doulle veracidade á súa historia, e fixo que tomase con máis interese o caso. a verdade é que ela non podía facer moito, pero pensou que 3z si, porque como era dona deses locales tan andergraun seguro que tiña algún contacto que escoitara algo sobre unha escaleira asasina. 3z xa oira de todo na súa vida e pensaba que non lle quedaba nada por escoitar, pois estaba enganada de escaleiras asasinas non lle falaran nunca. como ela tampouco podía facer nada, porque se aínda fora algo relacionado con grupos raros, pois si; e pensou que a súa amiga americana, meiga, que si podía saber algo porque como ela estaba en contacto có máis aló e as forzas da natureza e todas esas paranormalidades. pero meiga, que xa lle chegara có exconxuro da néboa, e que últimamente se sentía un pouco abandoada polos seus poderes, e a súa bola de cristal estaba un pouco achacosa, vamos que tanto lle decía que a infanta cristina se fixera unha ligadura de trompas e o urdangarín a basectomía, como que non había segunda parte de ousianileven; pensou que dm podía se-la persoa que precisaban as súas compañeiras

notaballe algo raro xa de primeiras, pero tardou en reaccionar, cando se decatou comprendiu a reacción da estilosa srta newlook. o despistado doutor zyxel 650 convertírase a 660; non o fixo por mal, catwoman sorriu con tenrura, non o puido evitar. o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) volviuse a namorar daquel sorriso, poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) case o ten que aguantar para que non se esvaecera da emoción. mentras tanto catwoman e juindon trataban de tranquilizar á estilosa srta newlook, que pouco a pouco se foi afacendo ó newlook do seu despistado doutor, e cando o dixo en voz alta tampouco lle pareciu tan mal, agora tiña un sr newlook, non é que fose moi estiloso pero un pouco máis que o 650 si que era. o despistado doutor zyxel 660, xa se comezou a sentir cómodo có súa nova apariencia, porque no fondo el tampouco se encontraba, pero como vira un programa deses de cambio de luk radical pensou que igual era a maneira de que ela volvese

daquela miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de










capítulo 86


que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) viu que era a súa ocasión, que tiña que empregarse a fondo, sasser (a comercial supereficiente da empresa de aluguer de coches de lujo que ten espís trín) dubidaba e eso podía implicar que ó final acabaría contándollo todo, se ela facía as preguntas axeitadas. mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) estaba moi atento a toda a conversa, ó que el escoitaba e o que imaxinaba que se estaba decindo do outro lado do auricular. miss comtred seguiu có seu agudo interrogatorio. como sasser non respondiu á pregunta, miss comtred decidiu cambiala, e en lugar de preguntarlle quen llo dixera, preguntoulle como o soubera. sasser tardou en responder, aínda que se vía que tiña ganas de contalo todo, mr llollovic a punto estivo de arraña-la porta de castaño macizo, miss comtred agardaba pacientemente, sabedora de que pronto ía te-la resposta. ó final sasser falou. comezou cun inocente por casúalidade, e si como se queira "por casúalidade" ela estaba na oficina da empresa de aluguer de coches de lujo de espís trín. miss comtred repetiuno en alto e non lle fixo falta mirar para mr llollovic para saber que non cría nin por asomo aquela casúalidade. miss comtred, que era todo sofisticación díxolle que se lle podía contar aquela casúalidade tan afortunada que a levara a estar (ela soltándoas con toda a súa sofisticación) alí precisamente á hora que aparecera espís trín, esperando claro que aquelo fose unha cita romántica xefe-empregada, que lle daba así como moito morbo ó caso. sasser pareciu adiviña-la doble intención e ofuscouse toda, que a ver que se pensaba ela, que podía ser moi noble, moi investigadora, moi sofisticada e moito o que quixera; pero que non tiña dereito ningún a insinuar semellante cousa (que diría eu). miss comtred mirou victoriosa a mr llollovic, que non podía cá curiosidade. ó ve-la reacción de sasser soubo que ó non acertar na súa suposición de lío xefe-empregada que tanto morbo lle daría ó caso, dou un salto cuantitavivo no interrogatorio, sabía que a seguinte pregunta sería a definitiva e reveladora da misteriosa visita de sasser á oficina, e quen sabe se da desaparición de espís trín
a estilosa srta. newlook, cando se tranquilizou viu que tampouco era para tanto, que agora o seu despistado doutor zyxel 650 se lle convertira nun metrosexual zyxel 660, pois tiña o seu lado bo; o apartamento parecía máis ordenado que de cotío, non había probetas, nin restos orgánicos de sabediós que experimento no sitio máis insospeitado. parecía que seguía ó pé da letra os mandatos do equipo g. ela tería que afacerse a nova orde, que ó fin e ó cabo era o que levaba pedindo desde a última vez que desaparecera. pensandoo ben, xa non tería que ir detrás del para asegurarse de que non saía espido á rúa, xa non tería que preocuparse porque comera, que ás veces pasaba días enteiros sen comer, xa non tería que decirlle que se bañara (os homes son uns porcos, pero non este, todos); e saiulle un sorriso entre victorioso, tenro e obsceno, que case asustou metrosexual zyxel 666. juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) pensou que xa non había máis que facer alí, xa que non había perigo nin de que a estilosa srta newlook lle acabase tirando as cousas pola fiestra ó metrosexual zyxel 660, nin de que á estilosa srta newlook lle dese un vahído ou unha lipotimia (é que ela era estilosa ata para esto). có que decidiu volver á súa casa. aínda que a expedición ás vegas durara uns días, cando abriu a porta da súa casa notou ese olor a casa que non é dunha, percorriu as paredes cá mirada, foi a nevera por ver se tiña algo de comer, e xa cando se afixo de novo á estar alí, e se volviu a sentir coma na súa casa, doulle un punto de morriña, colliu un vello album de fotos, e foi directa, non lle era difícil era a foto máis grande, sorriu ó velo de novo, pero non cun sorriso indiferente como nestes últimos anos, senón con aquel sorriso da morriña que a levara ás vegas, botábao de menos, igual era hora de ir, falar con el e aclara-las ideas. seguramente, mañán iría falar con el, e quedou durmida pensando en timofónica. poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) a punto estivo de marchar con juindon, pero siga fíxolle un aceno para que quedase, ausentáronse un momento zyxel 660 e máis siga, mentras que poppy quedaba na sala cón catwoman e o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa). poppy non sabía moi ben de que falar, o investigador estaba como ausente mirando a catwoman, e catwoman ausente, sen máis. poppy, miraba o reloxo, incómoda, porque ela era moi falangueira e alegre, pero como os outros dous non lle daban pe ningún. ela comezaba, pois fai mellor temperatura que nas vegas, e os outros hmm, mmm. é bonito este apartamento decía ela; e os outros, hmm, mmm. que floreiro tan orixinal, e os outros hmm, mmm. afortunadamente pronto baixou siga, como a estilosa anfitriona que era, cunha bandexa de apertivos espectacular, que poppy non se explicaba como lle dera tempo a preparala e ó mesmo tempo achuchar ó metrosexual 660 que era o que ela pensaba que foran facer ó piso de arriba. catwoman, achegouse a siga e contoulle algo en voz baixa, siga asentiu, e poppy viu como o metrosexual 660, catwoman e o investigador volvían ó piso de arriba. siga non lle dou explicación de ningún tip a poppy, ofreciulle os aperitivos e collendo o teléfono dixolle que chamaba a vampi, para que viñera explicarlle en que consistía eso de ser vampira
dubidou se seguir correndo, non por medo, que a líder do sector_a (a nosa radical favorita) non lle tiña medo a nada, senón por non asustar a hotspot (a nosa vixiante da praia favorita) en caso de que fose ela, desexou ter falado máis con ela, para que nunha situación coma aquela ter unha clave pactada e recoñecerse no estraño mundo da escaleira descoñecida, uns minutos despois chegou ó seu carón o yeti. contoulle o seu dilema, el, como era de esperar non lle ofreciu solución ningunha, pero contoulle un chiste e axudouna a relaxarse. hot spot pola súa parte, quedou quieta, escoitando. non notara que a voz que decía "a veces veo coordinadores" se achegase. volviu cara atrás, a modo, sen facer ruido ningún, sixilosamente, asomou a cabeza con coidado, e viu ó outro lado, case a dez centímetros da sùa cara, ó yeti facéndolle monadas á líder do sector_a, medio lle dou a risa, e pasoulle pola cabeza unha idea algo malvadilla, moi, pero que moi sixilosamente erguiu un pé, cara adiante, e xa dou un salto facendo canto ruído poido. dm (que traballaba no servicio de contraespionaxe norteamericano), pensou que aquelo da escaleira asasina era moi interesante, pero non tanto como aquela modelo sueca que tiña ó seu carón na mesa, naquela cea romántica que prepara sabedións con que fins (xa me entendedes) así que moi discretamente chamou a helldesk (nome en clave de helpdesk (que andaba de lligoló pola riviera francesa có que ganara das exclusivas da liberación da maior cantidade de cachimáns endexamais vistos, aínda que o traballo o fixera case todo juindonkispé)) porque algo lle soaba aquelo de juanflorez a unha historia que lle contara este, e que el non acaba de crer de todo, pero aproveitando a coincidencia










capítulo 87


que cor (a supercientífica distraída) nin se percataba da súa presencia, el pasaba por diante do laboratorio, quedaba mirando pola fiestra cara ela, ela ó seu, mirando tubiños,platos e cousas desas, que seguramente teñen algún nome máis técnico cá este. pero esta vez sería distinto, esta vez el faríase notar, entraría no laboratorio, miraría a cor fixamente ós ollos e conseguiría desperta-la do seu trance científico e caería rendida nos seus brazos. si, tremendo plan, esta vez si que ía funcionar, si que ía funcionar, pensaba el. foi ó armario, abriu as portas do seu armario de castaño de sete portas, nada menos e eran portas grandes, non vaiades pensar. e mirou os seus traxes feitos a medida por un sastre inglés (o de mai teilor is rich, ese), meditouno durante uns segundos e si, tiña que ser aquel, colliu un de solapa ancha, que se levara había uns anos (é que era moi elegante, pero algo cutre) e que polo que vira no vogue deste mes volvíase a levar. e aló se puxo todo elegante e estiloso camiño da cisco compani. mentras invisible, que saira indignada da oficina clandestina do detective supersegredo do csi con peinado tipo comic manga porque eu estaba alí máis ben de rollo que atenta ó caso que me ocupaba, porque a verdade é que se me facía máis caso o detective que o caso en si (xa me entendedes), e claro ela non podía consentir que lle volvese a pasar o da outra vez. non, sería invisible só cando ela quixese, nunca máis volvería a ser invisible por causa doutros, a dióspongoportestigo. e puxo camiño á sede central da cisco compani, porque presentía que alí se estaba cocendo algo, que no fondo aquela humilde e transparente empresa (é que tiña a fachada acristalada, non vaiades pensar) subxacía o escuro segredo do malvado doutor tcp/ip
a min déronme remorsos, si vaia momento, porque parecía que o rollo có detective supersegredo do csi ía ben, pero é que unha profesional débese ó seu traballo, a máis que como a invisible esta lle dera por poñer unha queixa en crawford investigueixons aló quedaba eu no paro outra vez, que non é que me importase moito, porque aproveitaría para volver a facer unha escapadiña en busca das miñas orixes, aló por brasil; pero ó que imos. que arranquei tamén para a cisco compani, porque aquelo que estaba subliñado en verde fosforito era "en cisco compani está a clave do segredo do malvado malvadísimo doutor tcp/ip". e o detective supersegredo non lle quedou outra que vir comigo, porque el ter tiña unha ficha do malvado doutor tcp/ip máis grande que a arxentina, pero para o que lle valía ben podía estar quieto, porque sinceramente, profesional profesional, moito non era. xa na entrada da cisco compani case non nos deixan entrar porque no edificio do lado non sei que pasaba que o guardia de seguridade un tal ronie (un latinlover metido a porteiro, porque precisaba un traballo tranquilo, despois das súas apaixoantes aventuras aló polo caribe, pola riviera francesa (que non sei que haberá alí que todos acaban pasando por ela), e demáis paraisos do despendole), estaba todo alterado porque a xente non daba saído, e el tiña o informe cás horas de entrada do día anterior, e non lle dera importancia ata aquel momento, porque a verdade estaba máis atento á xente que pasaba (xa me entendedes) que ós horarios da xente que traballaba no bloque, pero cando comezou a decatarse de que os que entraran no seu turno non daban saido alarmouse
dm (que traballaba no servicio de contraespionaxe norteamericano), non tardou moito en convencer a helldesk (nome en clave de helpdesk (que andaba de lligoló pola riviera francesa có que ganara das exclusivas da liberación da maior cantidade de cachimáns endexamais vistos, aínda que o traballo o fixera case todo juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita)) que xa comezaba a ter morriña da súa coruña natal, pero que non se daba animado a vir, porque no fondo tiña medo a que juindon lle puxese as pilas, con razón, pola usurpación do mérito naquelo da mina. dm chamou de volta a meiga (a que fixo o exconxuro para que se despexase a néboa e antivirus poidera despegar) para decirllo, que tan pronto colgou falou cá súa amiga 3z (a dona de varios locales andergraun); que corriu a decirllo a vesania (a directora xeral do servicio de control, captura e reforma de vagos e maleantes), que xa estaba farta de que a interrompesen na súa cea superromántica có ben formado, disque, e xa para zanxa-lo asunto chamou de volta ó tal joseba e a antivirus, que estaba a punto de chegar a alvedro, pero que xa respirou máis tranquila, porque lle daba uns minutos de tranquilidade para poñerse divina, porque era unha garda espaldas moi eficiente, moi profesional, pero sobre todo divina. o tal joseba o colga-lo teléfono como que se animou a ir en busca da súa compañeira de agachada hot spot (a nosa vixiante da praia favorita), porque como a axuda xa viña en camiño, malo sería que non chegase a tempo para rescatalo, e que menos que quedar de heroi rescatando a súa compañeira, que por suposto era o que ía decir nas declaracións á prensa, cando viñese a prensa, porque seguro que ía vir. helldesk pola súa parte colliu o seu llet privado (é que non se privan de nada, outras a ve-las vir e estes, de onde sacarán os cartos?) e púxose en camiño cara alvedro. ó yeti case lle cae toda a peluxe có susto que lles dou hotspot (a nosa vixiante da praia favorita) e a líder do sector_a (a nosa radical favaorita) tiña aquela mirada que destetaba ós nenos; hot spot, por un momento arrepentiuse do que fixera, pero non lle durou moito porque lle dou a risa ó ve-la cara de desconcerto do yeti. a líder do sector_a doulle un toque no brazo ó yeti, entre cariñoso e agresivo, para que volvese a consciencia e díxolle a hotspot que xa lle valía, que eles andiveran con todo o coidado do mundo para non asustala e ven ela a poñerlle o corazón na gorxa. "a veces veo coordinadores" escoitouse de novo interrompendo a bronca (perdón, a chamada de atención) da líder do sector_a a hot spot. miráronse os tres, e sen pensalo camiñaron cara a voz, a luz cada vez era máis intensa, pero seguía sen verse nada, tan só pasillos formando un laberinto indescifrable. apuraron o paso ó senti-la voz preto, e canto máis apuraban máis preto. e foron dar a unha sala distinta, a luz era rosa, rosa moi claro (que coqueto), por fin viron a figura, muller case se podería decir, aínda que o estado penoso, pero penoso, penoso, no que estaba non se podía discernir moi ben. achegáronse a ela, a líder do sector_a foi a primeira en achegarse. estaba a piques de preguntarlle se vira a alguén cando a penosa muller comezou a berrar descontrolada victoria, victoria, victoria. a líder do sector_a, tratando de non rir, non fose se-la escaleira asasina en forma humana, mirou ó yeti e a hot spot, que non sabían que decir. achegáronse tamén xunta a penosa muller. non poideron sacarlle máis información que aquela victoria. e comezou a andar de novo sen rumbo. as nosas heroínas mai-lo yeti, que ía no lote, atravesaron a sala, do outro lado había unha porta acristalada. non parecía haber actividade detrás da porta tampouco, pero había que intentalo. entraron, había unha fila de mesas e sillas, todo vacío, nin rastro de xente, nin crawford (que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante do que non se podía deci-lo nome, pero que tiña por iniciais, jm. e que eu por puro amor ó cotilleo dixen o nome que e é jonh, que total como non me pagan a exclusiva, pero agora que xa volviu non sei se deci-lo apelido), nin ninguén. seguiron andando. o yeti sentouse nunha silla e púxose a dar voltas e a facer carreiras pola sala adiante. yetis!. a lider do sector_a que xa estaba curada de espanto nin caso que lle fixo, hot spot mirábao coma pensando que lle faltaba unha luz, fervedura ou algo. de súpeto un ruído na parede, un toc-toc
sasser (a comercial supereficiente da empresa de aluguer de coches de lujo que ten espís trín) non aguantou, o silencio de mr comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) actuou como sistema de presión e comezou a falar, contoulle que estaba na oficina de aluguer de coches de lujo de espís trín, porque era onde se reunía cun amante segredo que tiña, un revolucionario de gafas, con pinta de intelectual e según palabras da mesma sasser que estaba de impresión. miss comtred preguntoulle que porque tiñan que verse alí, habendo tantos sitios no mundo, e sendo este mundo tan libre. mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) ó escoitar esto das citas a escondidas xa non poido máis, volviu xunta miss comtred e puxo a orella o máis preto do teléfono posible, e que miss comtred lle deixara, claro. sasser dixo que levaba anos saíndo có chófer, o pirata, ese, o tal convertible. e que claro non podía engana- lo con ningunha escusa convincente, salvoa o típico de que tiña traballo atrasado, de que se algunha factura, que se tal e que cual. miss comtred, pese a que lle interesaba moito máis, pero moitísimo máis, e a mr llollovic non digamos, o tema do amante bandido e o chofer pirata, como era unha profesional coma a copa dun pino, reconduciou a conversa cara a misteriosa aparición de espís trín aquela noite. sasser díxo que o vira entrar no seu despacho, que foi coller non sei que á súa mesa e que xa marchaba pero o típico desliz destas situacións, o revolucionario con pinta de intelectual tirou sen querer unha figura (carísima, por certo) que había na mesa do despacho de sasser (a saber que estaban facendo enriba da mesa) e espís trin dou volta para ver que ocorria. sasser anticipándose ó que podía ser unha cachada impresionante, saiu, o máis arreglada que poido dada-las circunstancias e ante a pregunta de que facía alí, díxolle que facendo horas extras, cousa que non deixaba de ser certo. ela comentoulle que dera aviso da súa desaparición, el díxolle que non lle contase a ninguén que estivera alí, que o da investigación da súa desaparición seguise o seu curso, que lle viña precisamente moi ben. e díxolle que ía á cisco compani, que tiña un asuntiño pendente. miss comtred tivo que interrumpi-la interesante conversa que estaba mantendo con sasser, porque no seu móvil soaba insistente unha chamada. era adslppp (o noso contacto en beigin) que últimamente, desde que miss comtred viñera para aquí andaba un pouco místico. preguntoulle cando volvía, e ante a resposta de miss comtred decíndolle que aínda non, ameazouna con convertirse en monxe budista e irse para o nepal, abandoandoo todo. miss comtred díxolle que non fixera tal, sen moito entusiasmo porque xa sabía o dramático que é o noso contacto en beigin; que se animase e que viñese el tamén para a coruña, aceptou de inmediato, quen tal lle dixo, en realidade xa tiña o billete comprado
mentras no piso de abaixo estaban a estilosa srta newlook e poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) falando con vampi, sobre todo aquelo que non sabía do vampirismo e se atrevía a preguntar. no piso de arriba catwoman estaba falando moi seriamente có metrosexual 660 ante a atenta mirada do investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) catwoman confesoulle que el era o fillo abandoado dun matrimonio jipi, que se adicaron a vivi-lo seu amor libremente por mediomundo adiante, o agora metrosexual 660 miraba perplexo, porque el sempre pensou que nacera no seo dunha familia multimillonaria, a familia na que se criara; catwoman, contoulle tamén que tiña unha irmá, o 660 alucinaba aínda máis, porque ser éravos moi despistados, pero o de ter que repartir tremenda herdanza xa o facía espabilar un pouco. o investigador sabía o que viña a continuación (vale, vale, vos tamén, pero é que me sodes moi listiñ@s, non é que esto sexa previsible) por fin, catwoman colliu alento e díxollo, confesoulle que ela era a súa irmá tamén abandoada, víctima coma el do libre amor dos seus pais jipis. o noutrora despistado doutor zyxel 650 sentouse porque xa non aguantaba de pé.










capítulo 88


mirounos cós olliños empapados en bágoas, xa o sabía, dixo. catwoman mirou sorprendida para o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa), que estaba aínda máis sorprendido porque a verdade tiña ó agora metrosexual 660 por, como decilo finamente, algo limitado. foi un día xogando na casa dos que ata daquela consideraba meus pais, comezou a conta-lo metrosexual 660, contoulles que estaba xogando, non lembraba a que, e que tras conseguir abrir un caixón que estaba pechado a cal e canto, sabediós con que artes, que era moi inocente, moi limitado e o que queirades, pero esto de andar abrindo caixóns, algo quererá decir (xa me entendedes), porque na mansión de lujo onde vivían debía haber centos de caixóns, e naturalmente, moitos estarían pechados, por algo sería, e veña este a abrilos. pero ó que íamos, que lles seguia contando que comezou a revolver nos papeis que alí había, para min que buscando o testamento, cando viu unha foto dunha familia, que daquela lle parecera estraña, pero non allea. seguiu rebuscando, porque nun principio pensou que eran os seus pais de mozos, pero o que atopou foron os papeis do orfanato, sen embargo nos papeis só aparecía el, e na foto había unha nena rubia. liu con curiosidade todo-los documentos, nome do pai: ceo, nome da nai, nube. o investigador non puido evitar pensar que o fillo era lóxica consecuencia dos pais, sempre andaba algo perdido; pero mentras o metrosexual 660 seguía contandolle as súas desjracias de neno rico abandoado de pequeno e separado da súa irmá rubia, o investigador pensaba, loira, que raro. e comezou a darlle voltas a toda-los fenómenos estraños relacionados con catwoman e a súa banda sonora, si definitivamente catwoman tiña que ser aquela muller do paso de peóns de deslumbrante melena loira, e quen sabe se a mesma que troya, sería certo? catwoman deixou de prestar atención ó relato do seu irmán cando ía contando o do accidente en bici mentras perseguía non sei que clase de ran salvaxe dos montes da galicia profunda, e comezou a prestarlle atención ó investigador, sabía, polas caras que estaba poñendo, que pronto ataría todo-los cabos e descubriría o seu misterio, por fin, pensou, e ata sentiu certo alivio. o que antes era o despistado doutor zyxel 650 seguía relatando a súa máis tenra infancia con todo luxo de detalles, emocionandose cando lembraba aquelas festas de cumpleanos e pensaba que sería da súa irmá non adoptada. có paso dos anos foi facendo averiguacións, o investigador non daba creto ó que oía, pero se sempre estaba nas berzas, ou eso parecía; e xa cando catwoman fixo a primeira aparición nas súas vidas, no rescate aquel, cando lle dou por probar non sei que teoría no timanfaya, e quedou alí metido no crater, e a mirou ós ollos, soubo que era ela. catwoman non saía do seu asombro, preguntoulle porque nunca lle dixera nada, el díxolle que estaba seguro de que se ela estaba alí coidando del era porque ela xa sabía que el era seu irmán, có que se os dous o sabían non facía falta decir nada. o investigador, comezou a poñer a cara, que se lle quedaba sempre cando pasaba moito tempo có despistado doutor, entre pobre miñaxoia, e acabará dunha vez. catwoman abrazou ó noutrora despistado doutor, e puxéronse a chorar coma duas magdalenas. neste punto o investigador decidiu unirse ó abrazo colectivo, non embargado precisamente pola emoción do momento, pero tampouco había que desaproveita-las oportunidadess que lle brindaba a vida

despois daqueles emotivos momentos, foi catwoman a que comezou a conta-la súa historia, sobra decir que o investigador escoitaba atentísimamente, como hipnotizado. a ela non a quixeran adoptar, xa era grande e os pais preferian ter un fillo de menos anos, ela que se prometera a sí mesma coidar do seu irmán pasase o que pasase, conseguiu sair do orfanato, e viviu moitos anos nunha mansión abandoada de panaderas, compartía casa cunha extensa familia de gatos urbáns, dos que aprendiu os áxiles e elegantes movimentos que a caracterizaban, e como non, a sobrevivir neste duro mundo, tamén aprendiu que se pretendía pasar inadvertida, se non quería que lle seguisen o rastro o mellor era adoptar diversas persoalidades para, cando menos, diversifica-las sospeitas. o investigador a piques estivo de interrompe-la esquencendo a promesa que lle fixera antes de entrar no piso do antes despistado doutor zyxel 650 e a estilosa srta newlook, de que tiña que protexerse, pensaba. catwoman, que non o coñecía como se o parise, pero ándaballe preto, adiántouselle e díxolle que quizáis de nada, ou quizáis de todo e dou por finalizada a conversa, as heroínas sonche así de misteriosas, hai que aguantalas. o metrosexual 660, volviu a abrazar á súa xa recoñecida irmá, e despois volviu ós seus experimentos. catwoman e o investigador baixaron, o salón estaba vacío, pero alguén andaba pola cociña, despedíronse e aló ó fondo resoou unha despedida, a voz da estilosa srta new look soaba moi atarefada, có que marcharon sen máis. xa no ascensor, o investigador, quizais animado pola melodiosa música ambiente, díxolle que no fondo sabía que ela, troya e a misteriosa rubia do paso de peóns eran a mesma. catwoman sorriu como perdoándolle a vida, sen crerllo. el díxolle que tiña que ser así, porque como era posible estar namorado apaixoadamente de tres mulleres non sendo que eran a mesma, e bicouna, sen darlle tempo a reaccionar










capítulo 89


poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) sorprendiuse cando por fin coñeciu a vampi, a estilosa srta newlook, faláralle moi ben del, pero poppy era unha muller que non se deixaba levar polas opinións dos demáis, sempre prefería, e ademáis sempre lle fora moi ben na vida con este santo remedio, facerse ela a súa propia opinión de todo. a fascinación que poppy comezara a sentir polo mundo vampiro, naquela fugaz viaxe ás vegas, aumentaba con cada cousa que sabía. vampi púxuoa ó corrente das normas básicas, o da luz, o das comidas, o da sangue, sobre todo o da sangue; que para o resto pode ser algo moi noxento, pero imos ver, o de comer parásitos con pinta de pata de porco en miniatura (percebes) moi normal tampouco é; pero para os vampiros era fundamental. na elección dos suministradores díxolle que non sempre os máis apetecibles eran os que mellor mercancía tiñan, de veras que llo dixo así, e referíase ó que se referia, pero como sodes moi mal pensad@s vos pensades que se refería a outra cousa. mentras a estilosa srta. newlook falaba con venezia por teléfono, para ver se os traxes que encargaran xa estaban listos, parecía que si. vampi dixo que se querían que xa os recollía el, porque notoulle á estilosa srta newlook certa urxencia, mirou a poppy, e aquela sincronía que xurdira nun primeiro momento volviu a aparecer, os dous pensaban que tra-la viaxe ás vegas a parelliña precisaba uns momentos de intimidade. poppy, pensábao máis por lóxica que por feitos probados, porque o agora metrosexual 660, moi apaixoado non lle parecía. sen embargo e para non ser o impedimento daquel tenro reencontro, decidiu que era hora de marchar, vampi tamén o pensou. tan compenetrados estaban que baixando no ascensor comezaron a falar de unha e mil cousas, de nada e de todo, xa sabedes como son os comezos, ata para o máis escuro rei dos vampiros, ata para a máis doce aspirante. foron tomar algo, foron á biblioteca dos arquivos de galicia, se fósedes vampir@s entenderíadelo, as mazmorras do castelo de san antón e a cincuentamil sitios igual de apaixoantes, case a última hora, case no límite, lembraron que tiñan que ir recolle-los traxes para a festa de iniciación. aí poppy puido comprobar de novo, o poderosa que podía chegar a ser, e sobre todo o que ía aforrar, porque chegaba a todo-los sitios en nada, quen quería coche, avión... se non lle vía máis que avantaxas. venezia tiña todo listo, os vestidos elegantes e espectaculares a un tempo. poppy levou o seu e xa venezia se encargou de levar o de siga. vampi, que nestas ocasións tan sinaladas tiña que levar traxe de cerimonia, non podía, coma elas abandoarse ós caprichos da moda vampira, lamentou non poder lucir un daqueles traxes da tenda de venezia, para se cabe deslumbrar aínda máis a poppy. pero de camiño a casa de poppy, vampi faloulle dos perigos que ía ter que afrontar na súa vida, esta era unha parte moi importante do trato, que non fora, ó seu entender, tratado convintemente. poppy interropeuno, díxolle que siga, xa lle falara con todo detalle dese aspecto da que ía se-la súa nova vida, cando viñan de volta das vegas. vampi desconfiaba porque a vía, quizáis moi entusiasmada, pero poppy tranquilizouno, díxolle que xa era grandiña para toma-las súas decisións, que xa era adulta para sopesa-los pros e os contras das cousas e que xa estaba ben, home, pordiós, que podía ser moito rei dos vampiros e o que diaño fose, pero que a súa vida que a decidía ela e a ver que pensaba el que tiña que opinar, que xa estaba atendendo ós seus asuntos e a ver se lle tiña que facer un debuxo para que entendese que ela xa se decidira, ou que? convenciuno, si, a vampi non lle quedou ningunha dúbida, sería unha boa vampira; pero tiña que coidarse, que en menos de nada quitáballe o posto a líder do sector_a (a nosa radical favorita) a parede, toc toc, volviuse a escoitar; hot spot (a nosa vixiante da praia favorita) ía detrás, medio tirando dela para que non se achegase demáis, ou quen sabe, para agarrala en caso de que a parede a tratase de absorber. de novo "a veces veo coordinadores" soou coma un eco, o yeti que seguía xogando a dar voltas na silla incorporouse e decidiu achegarse a onde estaban as nosas heroínas, por ver se lles facía falta algo, máis que nada, non porque tivese medo nin nada parecido. tum, tumm, de novo na parede. a líder do sector_a estaba máis decidida cá nunca a rematar con aquel misterio dunha vez, a saber que urxencia era a que a movía (xa me entendedes). petou na parede, pum,pum. toctoc, do outro lado. hotspot quedou pensando en porque soaba de distinto xeito, pero non lle pareciu moi relevante, así que, có caracter que tiña a nosa radical favorita tampouco lle pareciu do máis oportuno sacalo tema. a líder do sector_a dirixiuse ó yeti, díxolle que a ver se facía algo xa que baixara con elas. o yeti comprendiuna de seguido e comezou a dar golpes na parede, tumpumpim, papará, toc, pim, pum pum, todo moi rítmico. ata que escoita un tictictic, dunha unlla dando na mesa. o yeti comprendiu que os golpes que esperaba a nosa radical favorita eran un pouco máis fortes, menos ritmicos, e sobre máis efectivos. e púxose mans a obra porque para el os desexos da líder do sector_a eran ordes (para calquera outra persoa as ordes da líder do sector_a eran ordes)
con dous golpes certeiros, cousa que sorprendiu bastante a hotspot, que xa comezaba a pensar que o yeti era un luni a pilas que lle trouxeran os reis á líder do sector_a, botou abaixo a parede. despois de que a nube de po se esvaecese víase ó fondo un montón de xente, hotspot entrou, agora sen ningún medo na sala que se abrira ante os seus ollos coma se de sésamo forzado se tratase. comezou a abrazarse a todo o mundo, sobre todo ós compañeiros guapos, que tampouco estaba a cousa para desaproveitar unha ocasión semellante, para que nos imos enganar. a líder do sector_a










capítulo 90


(a nosa radical favorita) tratou de distinguir entre a multitude a crawford ( que xa volvera da riviera francesa onde andivera livinlavidaloca cun home moi importante de inciais jm, que desvelei aínda que non se podía por puro amor ó cotilleo, e aínda que desvelei o nome, o apelido non sei se o desvelarei porque parece que non vos intriga nada, e que emoción ten cotillear se a xente non ten ganas de saber). non lle levou moito tempo, só tivo que busca-lo executivo mellor plantado de todo-los que había por alí, e xustiño ó seu lado estaba crawford, mirándoa con cara de serás desjrasiada, en lugar da de agradecemento que esperaba atopar a líder do sector_a, bueno, ela e calquera; porque xa lle vale á crawford que podía ser moita xefa miña, moi dona de crawford investigueixons, pero có agobio que lle metiu á pobre celia, que case a desengancha das infusións relaxantes, case, case, que non cunda o pánico. e agora pouco menos que o rescate lle corta o rollo. pero a líder do sector_a tampouco lle fixo moito caso e tratou de averiguar que ocorrera, como acabaran todos alí metidos, e sobre todo, e o máis importante, porque tododiós falaba da escaleira asasina se polo que parecía non morrera ninguén. cando a nosa radical favorita dixo o da escaleira asasina, a xente comezou a mirarse entre si, como non entendendo de que lle estaba falando. hot spot tratou de súaviza-la cousa decindo que lle chamaban así porque como non quedaba rastro da xente pensaban que morreran escaleiras abaixo, pero crawford, que como boa profesional antepuña a sinceridade a todo, dixo que en realidade o da escaleira asasina se lle ocorrera a ela cando a chamaran para investigar unhas desaparicións no edificio
pensou que contarlle a celia que tiña entre máns un caso de xente que desaparecía escaleiras abaixo, como que quedaba moi simple; e ocorréuselle o da escaleira asasina, que quedaba como moito máis misterioso, como moito máis profesional. ó principio pensou que sería algo rápido, que igual había unha porta no soto que quedara pechada por dentro ou calquera cousa parecida, pero ela acabab de chegar da riviera e tampouco tiña moitas ganas de enfrenarse a algo serio. cando baixou ó soto e viu aquela luz violeta comprendiu que igual infravalorara o caso. a terrorífica sala dos cubículos vacíos confirmoullo, e cando quedou atrapada do outro lado, daquela soubo que se a súa liberación dependía de celia, porque xa manda, que fose a única que lle collese o teléfono, ben podía ir pensando en quedar alí para sempre, que non se estaba mal, porque había tal cantidade de executivos de bo ver que estivo tres horas pensando por cal ía comezar; decididuse polo moreno de ollos claros con cara de avogado amargado, porque tiña o seu aquel, coma sempre, como correspondía a unha muller da súa talla, caiu rendido ós seus pes, e o caso pasou a un segundo plano. a líder do sector_a trataba de averiguar que pasara exactamente. quedou alí dentro mentras os traballadores do edificio, crawford moi ó seu pesar, o yeti e hot spot ían saíndo. de súpeto, cando volviu dos seus pensamentos, mirou ó seu redor e o silencio comezou a preocupala, non había ninguén, non había ningún ruido, non había saída. ela, a rescatadora, convertírase nunha víctima máis da escaleira asasina. o burato que fixera o yeti, desaparecera. os restos de tabaco, papeis e histerismo tamén, todo volvera o inmaculado terror dunha sala aseptica. por sorte, o tal joseba, que baixara ó rescate, contando con que xa o traballo estaba feito e podía levar algo de mérito, como era natural nel, non se fixou e baixou por onde non era, có que acabou entrando na sala onde estaba a nosa radical favorita pola parte de atrás, a verdade case lle da un susto de morte, cousa que pagou ben cara, porque á nosa radical favorita non lle da un susto calquera, xa me entendedes. con moita dificultade, pero moita moita, a líder do sector_a fixo que joseba lembrase paso a paso por onde viñera, levoulles o seu, porque entre que o tal joseba se puxo coma un flan cá bronca da lider do sector_a, que xa o pobre non baixara moi concentrado, porque baixaba imaxinandose dando roldas de prensa, asinando autógrafos e ligando con rubias guapas, e entre que é un home, homes! pois foi un traballo case pericial, pero tres horas máis tarde, xa cando a normalidade, por decilo dalgún xeito volvera ó edificio, cando todo-los despachos estaban de novo ocupados, o yeti desesperado falando con ronie (un latinlover metido a porteiro, porque precisaba un traballo tranquilo, despois das súas apaixoantes aventuras aló polo caribe, pola riviera francesa (que non sei que haberá alí que todos acaban pasando por ela), e demáis paraisos do despendole) a ver se viran á súa radical favorita. ronie que xa tiña dabondo có susto que levara con que non saía ninguén, non estaba para moita festa e pouco menos que o deixaba falar sen facerlle moito caso

despois de dar moitas voltas conseguiron sair, milagrosamente daquela misteriosa sala do fondo do edificio de juanflorez que estaba ó lado da cisco compani; na entrada o yeti volviu a alegrarse de ver de novo á súa radical particular, o tal joseba moi decepcionado polo escaso éxito de público que tivo o seu espectacular rescate do fondo das mazmorras, e o resto, toda a morea de executivos, e demáis que traballaban no edificio estaban diante, falando, tratando de buscarlle unha explicación, inexistente; porque a verdade é que non había explicación posible (ou ó mellor si) a aquelas horas de encerro, quen sabe igual era un sinal, pero de que? ronie pouco a pouco foise tranquilizando e volviu á cisco compani, agradecerlles o apoio prestado.mentras, no interior da cisco compani estaba o malvado doutor tcp/ip percorrendo pasillos en busca de cor (a supercientífica despistada), invisible en busca do malvado doutor tcp/ip, e o detective supersegredo do csi con peinado tipo comic manga e máis eu en busca de invisible, do malvadísimo doutor tcp/ip ou do que pillásemos.coma se do destino se tratase, coincidimos nun mesmo punto espacial e temporal os cinco (non se adiminten comentarions que leven h ó ler este cinco, advirto).por un segundo ninguén dixo nada, todos quedamos mirándonos. a primeira en falar foi cor, cá súa natural docura, dándonos os bos días e decíndonos que se alegraba de vernos.case interrompéndoa o malvado doutor tcp/ip díxolle que a quería, que estaba moi namorado dela e que daría a súa vida por ela; invisible que fora alí a poñerlle as pilas ó malvadisimo doutor tcp/ip, non soubo que decir, porque en realidade aquelas palabras impetuosas e desordenadas parecéronlle sinceras, tan sinceras que volviu a recobra-la fe no seu, noutrora amigo. o detective supersegredo do csi, estaba articulando a súa primeira protesta, pero foi interrumpida por un desafortunado codazo no estómago, que, todo hai que decilo, lle propinei con moito gusto; porque a min o da investigación da herdanza e a aclaración todo-los misterios que rodeaban ó malvadísimo doutor tcp/ip parecíanme moi ben, pero interromper aquel momento tan romántico debía ser pecado mortal, aínda que non o matei, có bo rollo que tíñamos no-los dous tampouco era plan de matalo
en nada chegou cisco, e díxonos que se queríamos facer reunións sociais que fósemos a un restaurante, que alí se ía a traballar e que xa estaba un tanto farto, dirixíndose ó malvado doutor tcp/ip namorado, de que andivese por alí revoloteando; que o estudio que lle encargara sobre o impacto sociolóxico do pemento de padrón na cultura universal estaba moi retrasado e que xa lle valía; porque os cartos que lle adiantara á conta do famoso estudio, e que lle serviran para desempeñar todo-los bens da súa familia (porque os pais do doutor tcp/ip parece que tamén se deran algo a livinlavidaloca e despois pasa o que pasa) para que non tivera que desprenderse deles; e que toda a confianza que el, cisco, depositara nel, o doutor tcp/ip, estaba algo baixa.que se puxese a
traballar e rematara o informe xa, e que se deixara de flirteos xuvenís que xa non estaba en idade.o doutor tcp/ip púxose colorado, aínda que vos pareza mentira; cor, que aínda non se recobrara da emoción das impetuosas palabras de tcp/ip, tamén; invisible estaba tan conmovida polo amor que flotaba no aire que esquenceu o do secuestro do despistado doutor zyxel 650; ó fin e o cabo, o secuestrado fora outro, e tampouco fora tanto tempo.ó detective supersegredo do csi, bueno a este era pouco matalo, pero de verdade que si, porque tanta investigación e tanto resolve-lo misterio que envolvía ó malvado doutor tcp/ip e non sabía o do contrato, o dos bens empeñados.e eu decateime de que xa non facía falta alí, así que fun marchando

na entrada estaba ronie falando e falando e falando, despois vin a multitude e entre eles á lider do sector_a.comezamos a falar, o típico, canto tempo, si hai moito, nada eu polas vegas, si eu por brasil, se escaleira asasina, se malvado doutor tcp/ip, e juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) por onde anda, pois non sei vou chamala.chama chama; juindon contoulle que estaba na casa pero que lle apetecía sair, e ver a timofónica (si, si o dono do garito aquel, que unha pode ser moi fina, pero era un garito e punto)










capítulo 91


miss comtred (a investigadora da nobleza especializada en roubos de guante blanco porque eran os que máis cartos lle daban, a parte de que se podía pegar unha vida de cine de hotel en hotel, e aló pola riviera francesa e tal, e que se acabou asociando con adslppp o noso contacto en beigin) có seu hábil interrogatorio, sacoulle a sasser a comercial supereficiente da empresa de aluguer de coches de lujo que ten espís trín) todo o que sabía e deixouna seguir cós seus líos amorosos entre convertible (o chofer pirata) e o revolucionario con pinta de intelectual e gafas.díxolle a mr llollovic (o executivo agresivo super fashion victim total) que tiñan que petar na porta, por fin, tras varios intentos espís trín abriulles, mirounos abrindo aínda os ollos, porque a esas horas da noite sóese durmir, salvo, claro, a xente que non ten outra cousa que facer, que xa se podían empastillar e tirarse na cama, pero nin así.preguntoulles, cando se dou desfeito das legañas que que querían.miss comtred contoulle das sospeitas de sasser da súa desaparición.espís trín, non pareciu sorprendido dos histerismos de sasser aínda que nunca chegara a contratar a detectives pero
bueno.díxolles que non desaparecera por nada malo, que se estaba organizando un evento moi importante e que o tiña que levar con moito segredo, pero mr llollovic non se conformou con eso, e ameazouno con seguir alí plantado toda a noite, e eravos ben capaz, que o tío con eso do insomnio poñíase dun persistente, se non lle contaba de que se trataba.miss comtred tratou de súaviza-la ameaza, pero pouco, porque ela tamén quería saber; espís trin, dado que ó dia seguinte tiña que traballar e a cousa era importante contoulles que se trataba da festa vampira anual, que era un acontecemento social delahostia (perdón, moi importante) pero moi exclusivo e segredo.miss comtred case se sentiu ofendida, e díxolle que moitas xeracións de comtres asistiran a eventos moi exclusivos e que aquel non ía ser menos, e que se non lles conseguia invitación, que lle deixaba a mr llollovic alí plantado toda a noite, e ben era capaz; espís trin ó final, por non aguanta-los doulles as invitacións.os dous superfashion investigadores correron ó hotel de miss comtred a descansar para estar divinos ó día seguinte na festa, de fondo ai que sensilla, ai que sensilla

a líder do sector_a (a nosa radical favorita) díxolle a juindonkispé (a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita) que chamase a poppy (a nosa executiva de alto nivel favorita) que ela chamaría a mariposa* (a nosa japiflauer favorita) e á estilosa srta newlook e a anao para repetir o das; juindon contoulle que poppy ía estar ocupada esa noite na festa vampira, a líder do sector_a ó escoitalo da festa xa se autoconvidou, díxolle a juindon que se fora poñendo guapa que a recollía en nada, por moito que juindon tratou de decirlle que era exclusivisima e só para vampiros, a líder do sector_a non lle escoitou.juindon, no fondo sabía que se a nosa radical favorita se poñía en entrar na festa, entraba, así que se foi poñendo espectacular.a nosa radical favorita buscou entre a multitude ó yeti, que estaba na outra punta, díxolle, a berros por suposto, que xa estaban marchando para a casa a arreglarse que pola noite había festa, e dixo, a berros por suposo o sitio e a hora.eu, que me sentin incluida na invitación tamén marchei a poñerme máis espectacular se cabe

pola noite, na entrada do exclusivísimo clube vampiro, montouse unha espectacular, porque hot spot (a nosa vixiante da praia favorita) invitara a todos os do seu edificio, a antivirus (a garda espaldas americana de todo lujo) que chegara esa a tarde a alvedro.a líder do sector_a a máis de juindon, o yeti e a min, avisou a mariposa* que por fin deixara de discutir con dinámico (o dono de bollicaoslain), e que por suposto levou á festa; claro que como cando recibiu a chamada da invitación estaban presentes rox (un jreñudo de vida disipada, amigo de pelusa, outro que tal baila, que ultimamente tiña moita amistade con celia, xa me entendedes, pola afición mutua as infusións relaxantes), pelusa (o
outro que tal baila), xaila (a de mantemento do aeroporto superdivina), e anao (a nosa executiva agresiva favorita) pois tamén os invitou, que onde comen dous comen tres, coma quen di.miss comtred invitou, por suposto a adslppp, que chegara esa noite a alvedro e que estaba todo tirado no hotel, e xa de paso a fr, que viña de chofer porque o seu era conducir; e a helldesk que aterrara á mesma hora e se aloxaba no mesmo hotel.eu invitei ó detective supersegredo do csi, porque había moi bo rollo entre os dous e igual caia algo; que como estaban diante o doutor tcp/ip, cor, invisible e cisco, pois aló se nos apuntaron tamén.todo esto amáis dos implicados, poppy, siga, 660, catwoman e por suposto, o investigador (que era tan bo que todos decían que era lapolla, pero eu son demasiado fina para repetir semellante cousa) , que convidou, á súa vez a celia, ó recepcionista e a crawford, aínda que crawford xa se apuntara á invitación de hotspot
na entrada case non nos deixan entrar, pero como empregamo-lo método llollovic, eu de aquí non me movo, e case parecía unha manifestación (das de atento non, pero bueno) pois acabaron deixándonos entrar.o sitio era espectacular, e tan pronto como comecei a ver a tanto vampiro, tan de negro, tan interesantes, con esa mirada misteriosa mandei a paseo ó detective supersegredo do csi có peinado tipo comic manga, e adiqueime toda a noite ó coñecemento da cultura vampira.non puiden seguir moi de preto como pasou aquela noite cada unha das nosas heroínas e o resto dos bandas estes; pero decir que a música corriu a cargo de beatelcom verde, que por certo xa hot spot comenzaba aquel mesmo día as xestións para facerlle un contrato multimillonario, porque lle via moita madeira e non sei que máis (eu non digo que non fose bo, pero para min que hot spot estaba algo alegre a aquelas horas), o grupo de baile viña da academia de timofónica, que cando volviu ver a juindon confesoulle que se alegrara moito de vela cando lle fora preguntar por aquel teléfono, e que lamentaba que non o chamara máis amiúdo, juindon díxolle que el tullido non parecía e que tamén podía chamar, e así tan románticamente retomaron aquela relación suspendida había un tempo. a líder do sector_a e o yeti... ó seu (xa me entendedes) outro tanto mariposa* e dinámico; outro tanto cor e tcp/ip; outro tanto fr e unha vampira morena que había por alí; outro tanto mr llollovic e un vampiro rubio que había por alí; outro tanto miss comtred e adslppp que decidiran, por fin da-lo paso; outro tanto invisible e... e... non sei porque cando invisible bebía os que se volvían invisibles eran os outros, pero para min que era un morenazo que andaba por alí





e perdices creo que non comemos, pero pasámolo dun ben....










anexo 0


o título: lendas de paixón dun dominio perdido e atopado por un afgano, foi idea da estilosa srta. new look
o título: dominio. lendas de paixón dun dominio perdido e atopado por un afgano, foi idea do capitán rox










anexo 1


fe de erratas. no capítulo 3, o fillo do butaneiro afgano e miña nai non é fillo que é filla, como despois se viu. e a filla da camareira do burguer da esquina non é filla que é fillo.

esto, como decía un profesor petardo que tiven (e que xa contarei) demostra que ninguén é perfecto. nin sequera eu.










anexo 2

fe de erratas. o falso capítulo 1326, é decir o segundo capítulo 44 é, en realidade, o 45, estame ben por querer face-la gracia










anexo 3


ata o capítulo 48 estívenme referindo a nosa libertadora de loiramelenapantenporquellolovalgo favorita como juindouskispé ou cá súa abreviatura cariñosa juindous, en lugar de como debería ser, e fago a partir do capítulo 49 inclusive, juindonkispé ou juindon. estiven por correxilo, pero mirade, unha é un desastre e o primeiro para curarse é recoñece-la enfermidade, sonvos cousas das artistas; juindon, ten paciencia filla










anexo 4


menos mal que está googleman velando por min, que se non non atopaba nin a metade dos capítulos, e eso que eu pensaba que os tiña todos, todos, todos










anexo 5

tamén estiven por correxi-las múltiples faltas de ortografía, froito sen lugar a dúbidas do ritmo de escritura destas memorias, e quen sabe se da paixón do momento; non fai falta aclarar, que dado o meu altísimo nivelazo cultural, os posibles erros só se poden deber á esta circunstancia. o final decidín non correxilos por fidelidade ó aquel do momento... e porque moitas ganas tampouco tiña, a verdade










e por último...


espexal cenqs
a tod@s, por deixarme empregarvos, por non vos enfadar polas miñas burradas e incluso por animarme a escribilas. e veri espexal cenqs @s que participastes máis activamente, dándome ideas, aínda que fosen maléficas, que en definitiva son as mellores, para que nos imos enganar. e as últimas veri espexal cenqs a es@s 2 lector@s non foreir@s, que eso si que ten mérito. gracias a tod@s por darme o meu minuto de gloria. dominio


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega