42° 52' N 9° 16' O

Dvento

n2brivesfranciscoboume.html

Se imaxinei,
foi por non ter que quererche
máis.

Ainda te biquei en mil anacos,
de terra, de verde prado;
e soubéchesme a salitre
ferido de alquitrán e cemento.

¿E ti quen es?
Tí non es máis que unha carballeira invadida.
-non te quero ver chorar máis nunca-

Novembro
serao sempre?,
nin o sol nin a lúa chea te deslumbran.
Pero aínda es,
e nin te queixas
-parva-

Estás en min sempre que eu quero,
os dous xuntos,
intransixentes á mirada do mundo.
Mais xa non me sabes tanto a terra,
nin a prado vizoso,
húmido, semivirxinal.

Vasme fervendo máis e máis en humanidade
E de pena, cada día te sinto máis demín;
así (daquela maneira).

¿Sabes xa quen?
Tremo porque algún día botarás conta?
espero que non...
QUÉROTE VER MORRER CO TEU NOME
e podrecer (en tí).


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega