Cinzas

Eco

n2ecocinzas.html

     Só precisaba iso, unha ínfima raiola de sol que atenuara a bruma de cada pensamento, pero non apareceu.
     Recordos punzantes que terxiversaban esa insegura realidade inundaron a miña razón. Canto máis me quería protexer máis me perdía en min mesma, xa nada era coherente. O pasado perdera credibilidade, e o futuro non tiña esperanza algunha á cal aferrarme.
     Simplemente pechei os ollos e berrei! Só existia eu. Todo o demáis, un son estridente carente de sentido pero cheo de significado cifrado baixo unha bágoa imperceptible que se nega a sair.
     Acabouse o aire, acabouse a rabia.
     A miña estancia quedou anulada por un frío vacío. Abrín os ollos, suspirei.
     Para que gardar as cinzas?


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega