Cando

Eu

n2eucando.html

Cando se pechan as fiestras da risa
e os tragos escurrense polos sumidoiros da miseria,
cando me crucifico unha e mil veces,
cada cravo un soño perdido,
a memoria, a miña cruz.
Cando as dudas brindan a miña saúde
en copas de bordes rotos
beizos que sangran,
feridas non ben merecidas.
Cando me enfrento con cada mañá,
desexando no volver a facelo,
en soles de cartulina,
ladróns das miñas propias sombras,
e procurote en cada pisada
de zapatos con barro que non se seca,
unha mentira nun bolsillo
morre por escapar
e volver correndo a buscarte,
e dicirche cómo cambiei,
tantas veces coma estrelas brilaron
en cada silencio, seguido da miña morte.
¿E por qué xa non podo terte?
Se os teus ollos miranme fixo,
o teu aroma impregnase nas miñas retinas
que estou disposta a probar,
tan sinxela como acostumo ser,
un perigo a bordo dos meus ósos,
a nosa distancia fainos a un lado,
do outro xa nos conocemos,
esperanzas que renovan a ilusión,
un corazón que latexa máis forte,
tocas os teus beizos cun dedo
e é a miña man a que o move
chea de desexo inquieto,
tan solta de vergoña e ó frente,
en miles de kilómetros que nos separan,
ansío algún día verte.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega