Meus pes

Eusebio

n2eusebiomeuspes.html

Os camiños que percorren os meus pes
son camiños que me levan onde non quero ir.
Meus pes son traidores do meu corpo.
Arrástranme por camiños de medo.
Eu tento dar a volta
ou coller outros camiños.
Pero os meus pes non obedecen,
lévanme cara onde non quero.
Bérrolles,
Choro,
e as miñas bágoas salpican os meus pes.
Mais eles non se apiadan
seguen o seu camiño...
que é o meu.
Que podo facer para que obedezan
e dean a volta
e me leven onde eu quero
e camiñen polos camiños que eu escollo


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega