Agonía

Flower death

n2flowerdeahtagonia.html

Quero durmir coa música da choiva
sempre
pero o vento e os fantasmas fan
demasiado ruído.
Quero poñer ese vestido rosa
e mollarme co aire.
Abrir moito os brazos
e gritar
cuspindo ás nubes a auga que me enche.
Quero afogar
e espertar na beira
de algo.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega