Negar a conxugación

Flower death

n2flowerdeathnegaraconxugacion.html

Viaxo soa, pero non me importa, porque sei o camiño.
Pero si que me importa, porque penso en ti. E penso que non quero pensar...
Ríndome. Vólvome sumisa.
Hoxe quero pasar polo teu lado e recenderte. Pero non vou pasar, porque non nos imos ver. Nunca nos vemos.
Hoxe quero que me abraces coma onte. Pero non me vas abrazar, porque non nos imos ver. Nunca nos vemos.
Hoxe quero tocarche a cara e mirarte ós ollos. Pero non te vou tocar, non te vou mirar, porque non nos imos ver. Nunca nos vemos.

Porque nada existe.

Ti non es...
Eu non son...
Negamos a conxugación
Como negamos as nosas miradas.
Por iso viaxo soa e quero pensar que non me importa, aínda que teña que volver a negar a conxugación.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega