Gays

Gorem

n2goremgays.html

Días que lembran a miña identidade co medo a non poder amar
O non poder sair desta negrura q non me deixa chorar
Chorar polo que penso e pola inocencia dos meus sentimentos
Polo que podan pensar, polo que podan inventar.

Xente que che oprime, inxurias que me rompen
Olor a rancio da tua voz conservadora
Chea de babas ensangrentadas que non saben falar
Medo que nos intenta ocultar.


Pero non, somos fortes e as palabras non doen
Non doen por que somos libres
Por que o que digan ou falen sabe a merda
Merda que comen, que fai que cheiren as suas palabras.


Días que lembran a miña identidade
Días que sigo o meu impulso a miña alma
Días de risas que non podo ocultar,
Días nos que che quero e non podo respirar.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega