A perda

Gos

n2gosaperda.html

Ando coma o lisiado despois da guerra,
sentindo que sente no corpo a súa perda,
no que medran pel e ósos que xa non medran,
que sente o tacto da nada que o envelena.

Ando coma o cego que non sempre tivo cegueira,
abrindo ben os ollos para que vexan
que non termina de pasar esta noite eterna,
que as cores pensadas a veces se entremezclan.

Ando e vexo o baleiro que deixas
e agora me decato de canto eras,
e que eu son agora non máis que unha marioneta,
unha sombra, un esbozo, un residuo do que era.

Ando por andar, porque é o que me queda,
porque andando boto máis en falta a túa ausencia,
e sufro máis e afóndase a ferida que ensangrenta,
e sinto, e sei que vivo anque non te teña.

E a cada paso sinto que o corpo se abanea,
que o corpo non só se sustenta en dúas pernas,
fáltanme mans que as miñas apretan,
fáltanme beizos, ¡ou, beizos! que fan que sexa.

E agora non son, tan só porque no te teño cerca,
non vexo porque sen ti mirar no vale a pena,
son todo eu sentimento da túa perda,
son nada, nada, todo pola túa perda.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega