Paseando ríu arriba,
amodiño baixo a sombra da ribeira,
fiquei mirando onde pousaba unha raiola,
e no cómaro, escondidiña, atopei unha violeta,
unha tímida, máis fermosa, violeta,
acaricei as súas raíces con amor de terra,
leveina comigo, feliz, cheo de xúbilo
unha tesouro no cofre da primaveira.
Pranteina no medio do meu xardín,
coa ternura de quen é pai por vez primeira,
rodeada de narcisos, xacintos e lirios,
da sempre olorosa madreselva,
de fachendosas dalias de cen cores
de rosas nas pomposas roseiras.
O veren a miña pequena violetiña,
mofáronse todas dela,
"pobre descolorida, tan pouca cousa,
só nos cómaros nacen as malasherbas".
Entre as risas e as mofas de quen non sinte,
íase murchando a prantiña coa pena.
Entón funme co silencio, acobardado,
baixando a cabeza,
e quebrouseme o corazón
por sentir vergoña dela.
Revireime, sentín palpitar o peito,
falou por min a nai natureza:
"cóllea e lévaa lonxe,
que non merecen nin tan sequiera vela,
que se as flores non a queren,
que medre entre as silveiras".
E así o fixen, ca dor de quen perde un fillo
leveina ó cómaro de onde a trouxera.
Dinlle un bico, regueina coas bagoas,
escondina entre as herbas,
amareina por sempre na noite en silencio,
pero xamais se volverán mofar dela.
|