O antroido no instituto Xenroso

Jessica M.

n2jessicamantroido.html

     Unha vez máis, o Xenroso non quixo faltar a esa cita anual cunha festa popular e coñecida por todos: o Antroido.
     O Antroido é, sen lugar a dúbidas, esa celebración na que as pintas e as maneiras de cada un son o de menos; o único que importa é pasalo ben e botarnos unhas boas risadas.
     Como ben dixen antes, o noso instituto non quería ser menos e uniuse a esta festa aportando un variado concurso de disfraces, unha venda de filloas e orellas e como non, unha sesión de risoterapia irresistible.
     Comezando polos disfraces, debo dicir que na variedade está o gusto, e dende logo, diversidade había a moreas: dende un embarazo masculino, que por certo saíu gañador do concurso, ata uns raperos, pasando por unha romaría ou unha voda de lesbianas entre outros disfraces.
     Pero se alguén se aburría ou cansaba, cousa que creo difícil, os alumnos de 4ºESO puxeron, ás portas do polideportivo, un posto de filloas e orellas, co fin de recadar cartos para excursión de fin de curso.
     Dende logo, foi un día moi animado e que culminou coa chegada da comparsa dos profesores do centro que, por se existe algún despistado que non se decatou, ían disfrazados de vellos, algo pouco difícil porque o vestiario xa o tiñan e as enrugas tamén ¿non? (jeje!).
     Bueno, unicamente me queda facer unha mención especial a todas aquelas persoas que, seguindo unha tradición moi antiga, amenizaron a mañá lanzando ovos a todo aquel que se atopara nun radio de dez metros, sen marxinar a profesores e conserxes que tamén levaron o seu, bueno, eles e os seus coches, claro.
     En fin, como puidechedes comprobar foi un Antroido do máis movidiño, pero a verdade é que foi típico do instituto Xenroso.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega