Creo

Lartovedo das Mariñas

n2lartovedodasmarinhascreo.html

Eu non creo n’ese deus
que reparte o pan cós ricos,
nen creo n’aquel outro,
de diferentes nomes,
que pra poder ser deus
despreza a liberdade, non pra si,
senón prós que cren nel.
Eu só creo no deus que quero crer,
n’aquel que está por riba de tódo-los demáis.
Creo nuns ideais e nun esprito.
Creo no gran Breogán,
que existe, non coma ladrón,
nen coma privador de liberdades,
senón coma espírito dun pobo,
como espírito dunha nación de identidade oculta,
oprimida por aquela que actuou
en nome dun deus falso e barolento.
Creo nese esprito e a miña fé consiste
na espranza dun mañá libre de deuses.
Creo na forza da razón
pero tamén na da irracionalidade.
Creo na forza dunha ideia.
Creo na forza dun desexo.
Creo na forza dun sentimento.
Creo na forza d’esta, miña loita.
          Creo en Galicia.



18 de Maio do 2004.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega