Pranto por Luísa Villalta

Lartovedo das Mariñas

n2lartovedodasmarinhasprantoporluisavillalta.html

Afástanos a morte
d’aquelas persoas que non deixan
máis co seu falso retrato
n’unha fotografia.
Pero non de ti, pois entregaches
a túa curta vida pra acadar
aquilo que considerabas Xusto.


A túa ausencia, inda que arrinque bágoas,
será como a ausencia do sol na noite,
que nos fai chega-la súa luz
reflexada no espello da lúa,
pois regaláchesnos algo tan impagábel
como pode se-lo teu pensamento
reflexado no espello da túa poesía.

Mais nos chores;
agora fundiraste con Galicia,
o teu esprito viaxará n’auga dos rios,
voarán polo ar as tuas verbas;
a túa imaxe, que era a imaxe d’esta terra,
quedará eternamente debuxada
no pensamento de tódolos galegos
(Non aqueles só nascidos en Galicia),
pois tódolos que amamos a cultura,
i o país onde nasceu o teu esprito
lembraremos para sempre a túa loita,
tentaremos que a túa vida, de eterna brevedade,
froleza no futuro que agardamos.


Tratemos de ensalzar con toda a forza
a quen tentou acadar coas suas verbas
unha nova Galicia liberada.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega