Sen título I

Lartovedo das Mariñas

n2lartovedodasmarinhassentitulo1.html

A José Monzo Rios e
Francisco Rivas Valiño,
pais das miñas avoas e da
espranza que hoxe nos
acompaña de acadar a
liberdade.




Marchaban co puño ergueito,
cantando nos idiomas das nacións
a marcha enxendrada
n’aquel primeiro setenta e un de París,
mais non o himno
usurpado por aquela gran mentira
tinguida dun falso vermello.
Marchaban co puño ergueito
e, aos que eisí o facian,
en nome de Deus os puños lles cortaron.
Menos mal
que Deus non existe,
e, se existe, non pra nós,
tan só para os que matan no seu nome.
Queimar conventos!
Pra qué cometer tal imprudencia
cando podemos,
tras impartir xustiza con aqueles
que, no seu enfermizo materialismo,
rezan e cantan salmos
ó Deus capitalista do diñeiro,
repartir non, devolver todo o roubado
no santo latrocinio d’esta historia
ós seus herdeiros máis lexítimos.
Das mans arrincadas
nasceron novos puños,
ergámo-los de novo
ate toca-lo ceo
e devolve-lo golpe nos fuciños!
Son moitos anos, pero a xustiza non ten presa;
ou se cadra é tamén
a vinganza quen agarda.




2 de Xullo do 2004.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega