Sen título II

Lartovedo das Mariñas

n2lartovedodasmarinhassentitulo2.html

O oco, o valdeiro,
do autobús azul,
hoxe.

O oco cheio
de lembranzas
do pasado.

O oco que en mín escarba,
que me rabuña
e onte, pensar que onte
o oco non era oco,
o era todo,
o eras tí;
tí no oco que entón non era oco,
e eu,
vendo como inexorabelmente
o oco valeira o seu significado.

Non sei se botarme no seu escuro valdeiro
ou agardarte.



1 de Xullo do 2004.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega