Lumeirada

Céltigo

n2celtigolumeirada.html

     Galiza, nas súas tradiciós máis puras, amósase sempre vencellada ao lume, mais, ao contrario que noutros povos, no noso iste actúa coma elemento criador. Poderíase mesmo dizer que as nosas costumes, as nosas tradiciós máis espritoaes, están forxadas e gravadas a golpes dun martelo que fai desprender milleiros de faíscas a escintilar asustadas pola guerreira quietude do luar celta. Galiza, coma Eire, Escocia, Gales, Man, Portugal e a Pequena Bretaña, é unha terra mística. A súa Raza amosa un misticismo fora do común, que mesmo sobrepasa as barreiras da relixión. O galego non ten que inventar falsas apariós de santos inventados, non, a súa mística consiste na presenza cotiá das apariciós da Terra. A paisase. A imaxe. É a nosa unha Nación de imaxes, vencelladas sempre a sentimentos, pois os galegos, antes que pola razón, nos guiamos polos sentimentos. Somos seres románticos, mais a simple vista pode semellar que coma povo carecemos de anceios; nos comformamos co panem et circenses. Non é esatamente eisí. Temos anceios, anceios míticos, que nos fan sempre voltar a tempos idos, sempre ó pasado, ate chegar ao intre en que eramola capital do Occidente, do Norde, a capital románteca do mundo. O faro, feito realidade polo Pai Breogán, de toda a Zeltia. Faro pra alumeala noite, pois Galiza, ó igoal que se amosa coma Terra durante o día salferido de choiva, é pola noite cando deixa agromala súa Raza úneca e auténtica. Na noite reviven tódolos espritos disa Céltiga. É, seguindo co fío do comezo, o elemento do lume o que fai reviver ises espritos, o que alumea as danzas druídicas que aínda se realizan ó seu redor.
     Por suposto é na noite de San Xohán cando afloran con máis forza os sentimentos de Raza, común a un povo rexo, forte, que se amosa invencível, pois a Galiza nengún, por moito que o tentaron, foi quen de domala, de rematar ca súa identidade. E mentres hai vida hai loita. A Raza, o sentimento de Raza, parece nacer da Terra, rubir polas lapas e voar da lumeirada, arrincada polo vento que nos trae noticias de terras irmás, espallándose polo aer en forma de cheiro. Cheiro á noite de San Xohán. Cheiro ao derradeiro sol que co seu último fío alcende lumes que fan nas herbas amontoadas nalgún dos nos nosos eidos traballados por más labregas, terra da Terra. Rexenera. Torna en Todo o que antes era unha parte. Mais a Raza, sendo coma é froito da Terra, pertence coma elemento ao povo, ao seu conxunto de povos. Cando o povo non comprende ao lume, síntese de toda racialidade, iste amosa o seu enfado queimando os montes.
     Ouro amigo do lume é o augardente. Unha imaxe puramente céltica é a do lume a deslizarse sob da superficie da queimada antre entoaciós de máxicos conxuros e verbas espritoaes, que chaman polos deuses dos nosos antergos pedindo a súa axuda contra as meigas que nos atemorizan no presente. O augardente faise queimada co lume, pro iso non siñifica que iste non seña o que o enxendra dende un primeiro intre. As uvas nos acios ínzanse de lume ao madurecer, todo o lume que o sol fixo penetrar no seu interior dende cada mencer de brétema e orvallo ate cada románeco solpor. O lume do que a nosa estrela empreñou concupiscente a cada froito. As uvas que mdran das nosas vides non son máis que auga, Terra e lume. E o lume, que se esvaece ó seren arrincadas, retorna a elas cando fermentan mornamente en viño nas adegas. Dimpois, o augardente parece de novo esquencelo lume do viño. Por iso os galegos o tentamos recuperar fazendo a queimada.
     O lume, polo dito, pode semellar un elemento exterior, da natureza, da paisaxe. Tamén é, nembargantes, interior. A personalidade do Povo galego cociñouse no lume das lareiras. O lume nacido das madeiras das arbres máis antergas i arraigadas á Terra. Un dos destinos de tódalas mulleres galegas é o de ficar viuvas na súa vellez a carón do lar, soíñas, alimentando de cando en vez notos inconscientes, desagradecidos, que só saben esquencer. A muller galega, a velliña, remata por ser sempre viuva. Vive moito máis que o home. A muller galega, só a galega, refrexa nos seus ollos o noso lume celta.
     Lume fidalgo. Lume labrego no eido e mariñeiro na praia. Lume de Breogán. Lume de Prisciliano. Lume de Xelmírez. Lume suevo. Lume de Ordoño, de Sancho I, e úneco, e de García. Lume de trovadores e xograres. Lume dos Bós e Xenerosos. Lume dos mártires, de tódolos mártires. O noso lume. Galegos que sodes lume, queimade! Non nos deixemos apagar pola iauga dos caudais que se achegan dende lonxe. Bebamos nas augas do Pai Miño, que ferve coma ferve o noso sangue tantas veces derramado. Nas súas augas, que son augardente, pra alcendela nosa chama!


     Viva Galiza Ceive!!!


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega