Maxia en Dogón

Arantxa Serantes

vn2arantxaserantesmaxiaendogon.html


Curva de Níxer
hebe de vida e arte
superación en séculos
e orixinal concepto do Universo
Areniscas quebradas
precipitación de cascadas
obxectos sacros
vivendas abandoadas
ocultas trala máscara
do centro estelar de Sirio.
Kanaga, Siringe
vínculos do ceo e da terra
en forma de Cruz de Malta
cálices de oscuros pobos
casas de palabra labrada
Amma esférico
unión imperfecta de forxas vitais
arca de semente,
ollos de soños e obsesións buscadas
sinais tralas portas,
sementes das que brotan
as oito estrelas principais
letanías de sangue e lume
para recupera-la consciencia
pilares de media lúa
imperios de lúa chea
cabalos negros galopando
furia dos deuses,
rostros dominados
por mitolóxicos escabeles
de basa terrestre.
Nostalxia de fama desaparecida
espectadores en tres dimensións
prestando meditación adormecida
natural e exhuberante ostentación
do corpo húmido
nas escuras noites
de verán conxurado
reflexos irisados
dunha venus de ébano.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega