Contarche

María

n2mariacontarche.html

Afogo, non podo respirar,
Apreto os puños para escribir,
Morro se non te podo amar.
O corazón bombea o sangue
Moi rápido, case sen parar
Á ti, o meu doce neno,
Quixérache poder expresar
Este sentimento que sinto,
Que non che consigo contar.
Xa se me revolve o estómago,
Sinto as tripas votar,
Teño claro o que quero,
Sò te quero amar.
A miña lingua enrédase
Preparo a boca para falar,
Córtase coma por un coitelo,
Só te consigo mirar.
As miñas dudas e medos
Quedan dentro deste mar.
Malas ideas e pensamentos,
Quen os pudera matar.
O corazón bombea o sangue
Moi rápido, case sen parar,
Apreto os puños para escribir,
Afogo, non podo respirar.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega