h.h.

Martin Nick

Desconecta o móbil
Desconecta o móbil. Mete a man no bolsillo esquerdo e saca un paquete de Marlboro brando. Colle un pitillo, quédanche daezaseis. Cóntaos. Efectivamente, si, quince e o que tes na mán. Encéndeo. Utiliza o chisqueiro bic color laranxa que levas no peto da cazadora.
Agora que o tes encendido, e o móbil apagado, camiña.
Dalle unhas caladas lentas. En certo modo, faite o interesante, camiña erguido. Párate diante da ferretería.
Mírate no espello que está no escaparate, un pouco á esquerda. Aí.
Qué ves? Voucho dicir eu.
Ves un tipo que entrou nos trinta. Leva uns vaqueros, unhas zapatillas, unha camiseta verde que pon "merc" debaixo dunha diana mod, e unha cazadora azul con franxas brancas polos brazos. Levas o pelo casi cortado ó cero. Sempre che gustou parecer que saías na versión limpa de Trainspotting, así que sorrís ó espello e tarareas Iggy Pop.
Como para darte conta de que non eres tan feo como crías cando empecei a escribir esto tardas aproximadamente dous minutos, mirándote incesantemente no espello, por si atopas algo que non sexa do teu gusto, o pitillo vai no carallo, así que o tiras e pisa-la colilla co pé dereito.
Segues a camiñar. A rúa é ancha, no lado dereito dá o sol e ti vas polo esquerdo, recorrendo a liña de sombra. Non tés, por iso demasiada calor, pero debe de facela, xa que a meirande parte dos que van pola outra acera, sobre todo elas, levan camisetas desas que chaman de "manga sisa".
Iso si que non cho vou a explicar, porque non teño nin idea de por que se chaman así. Teño unha certa idea acerca do "cuello cisne", a "manga globo", pero a sisa, nen puta idea.
Ben, xa que parece que vai calor, aínda que ti, repito, non o sintas, sacas a cazadora e a atas ó cu. Si, rapaz, como antes, como cando tiñas dezaséis.
Intenta sacar un sorriso desa cara que viche no espello da ferretería. Veña, oh.
Así me gusta, unha sorrisa amarela do tabaco, pulmonarmente insana e cardiolóxicamente caseque pura.
Hoxe, non sei se o recordas, por esa rúa pola que camiñas, encontrarás unha nova casa.
Nova, non de todo, xa sabes, e coñeces que, cando menos é propiedade usada de segunda ou terceira man. Que xa firmaches unha hipoteca, e que cada un do mes quítanche 500 euros da conta.
Paras nunha "xeladería". Que palabra máis difícil. Tenda de "xeados", para ti que sempre lles chamache "helados". Que as "xeadas" son as de pola mañá, deses días nos que sabes que ó mediodía fará un sol de morte, e un frío de carallo. Non as que se comen con culler de plástico vendo "House".
Da igual, agora, que se normalizou o letreiro da tenda, tamén normalizache a túa vida.
Compras dos xeados, Hagen D., por suposto. Non sei como se escribe D. , así que o pronunciaremos á vez, malamante, claro, "dasz". Salibando un pouco.
Noces de macadamia e strawberry cheesecake. Os criterios que utilizas para elexilos son, por orden decrecte os seguintes:
1. Son os que máis che gustan.
2. son os que máis lle gustan.
3. encántache o nome.

Compralos a escasos vinte metros dese portal de adosado que pagas relixiosamente. Lévalos nunha bolsa azul e recordas, obrígote a recordar, que os Dunkin donuts tamén están, perdón pola expresión tan pouco literaria "cojonudos". (claro que esto de literatura ten o que o Alsa de Mini).
Saca-la chave do bolsillo traseiro dereito, e abre-la porta.
Saúdas: Hola, nena. Non é un "nena" macarra, e un "nena" de "nena", do que lle dicía teu pai a túa nai. Simplemente, nena.
Ela aparecera vestida cuns vaqueros e unha camiseta roxa que ten as letras de debasser dos Pixies.
Ten uns ollos grises enormes, radiantes.
E preguntarache: fumache?
E diraslle: pouco.
E preguntará: qué é iso?
E dirás: jagen dasz (salibando)
E dirá: engorda.
E preguntarás: e logo as gominolas non?
E dirá: imbécil.
E preguntarás: Eu?
E preguntará: quéresme?
E dirás:
Non dirás nada.
...........

Bicarala, claro que a queres, home, non ía acabar en plan traxedia, voltando á rúa e pensando noutra que xa che rompeu o corazón, e tampouco ías a chegar á casa e que ela estivera fodendo con outro. Home, un pouco de optimismo.
Estamos casi no verán, estás bastante delgado, racionalmente enamorado e en verdade correspondido, non vou a foderche a historia con gilipolleces.
Agora que escoitas a New Order e Hard Fi e non te deprimes escoitando a Starsailor, mereces que esos xeados no lugar de acabar sendo devorados ó ver House (por certo, Cuatro, unha merda, non? e La sexta, non digamos, claro que a TVG está dun antropolóxico que mete medo), acaben esparcidos polo corpo da rapaza de ollos grises.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega