Lévame

O Brecht

n2obrechtlevame.html

Lévame onde as persoas loitan pola vida,
onde non hai tempo pra afrontala con
metafísicas de supermercado

Lévame onde se actua en troques de falar,
onde os homes maldín ó mundo
empuxados pola necesidade

(non polo aburrimento)

E entón, ensínalles ós homes do diván
a diferenza entre liberdade
e necesidade

Dilles: "hai lugares no mundo,
nos que non e posíbel
practica-la liberdade"


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega