Muller negra

O Brecht

n2obrechtmullernegra.html

Son muller negra / trastenda da historia
revolución sublimada.

Son esperanza de pobo, sexo e clase
canción leda / desesperada.

Son memoria africana / lunar histórico
da europa "ilustrada".

Son eco lonxano / eterno retorno da inxustiza
efecto de occidente / e a súa avaricia.


Os meus antepasados morrín en coiros / entre látego
e sudor / na metade do charco / entre promesas
de un "novo mundo" que xa existía.

Secaron o xugo do seu froito / a saiva das súas árbores
o sangue das súas veas / co seu deus do "amor" e o seu
ceo.

... mais o seu ceo foi o noso inferno / e o "novo mundo"
alimento praos seus gobernos.

Son muller negra / concebín esperanza e fillos
coa espalda encorvada / de plantación en
plantación.

E de un forzado silencio, rapaz / xurdiron
as primeiras letras do blues / que escoitas
nas radios que fabrica o home branco.

Os primeiros millons das súas discográficas
que alimentan ós seus gobernos, ás súas armas
e o seu sangue.



                         —



Son muller negra / rapaz / non o olvides
e nunca puiden queixarme en prosa / bríndoche
este soul que é sangue / sudor


... esperanza que rebosa


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega