Tampouco é tan difícil

Miau

n3miautampoucoetandificil.html
Tampouco é tan difícil
pensar(me) en camisetas de mazás azuis.
Cordóns até os xeonllos,
movementos de saia sen chegar a sentir o ritmo,
papel de regalo brillante enriba
do queixo ese seco e unha mosca que
tamén aprendeu a bailar pousándose
no televisor de 14 pulgadas.
“Coma quen asa a manteca no guizo”,
así falaba mentres as rodas
seguían a estrada sen pararse na humidade.
Pousa a mosca nas miñas mans
e logo aplauden todos;
limpamos a rosca despacio e ala,
outra vez a agardar que saia do círculo
o número gañador para poder
mover os dedos entre tanto cartel cursi.

Desaparece o último segundo
e xa estamos pensando no tempo de mañá,


(non na choiva nen no sol).


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega