Ías...

Rosa Lois

n2rosaloisias.html

Ías rozándome os seos
nun acto de solidaridade
contigo mesmo, e comigo.
Buscamos levemente
a calor tan fervente
que desprenden as linguas.
Névoa de cristal corríase
ó través da ventá.
E o xemido,
premonición doutra caricia,
Máis fonda, quizais.
E os cristais,
escachando nun movemento
tan fráxil, e tan brusco...
tan meu, e tan teu
Nunca volveremos ser quen fomos.-


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega