A única realidade

Xirela

n3xirelaaunicarealidade.html
Dúas vidas na vida,
Dous sentimentos,
Contrarios,
Recíprocos.
Dualidade no corazón.
En silencio,
Lento,
Sen falar.
¿Cal é o máis forte?
¿Cal ten que gañar?
Mais...
¿Algún pode gañar?
Penso
Pero non quero pensar
Pero sinto...
Non sei o que sinto
Pero está aí
Están aí.
Miro, pero non miro,
Falo, calo
E soñar...
Soñar...

Eu quero máis,
As agullas punzantes,
Queiman as ganas
A necesidade,
A sede dos meus beizos
Os beizos.
Ser unha bolboreta
E voar...


Sentir a túa respiración,
O teu cabelo,
Preto e preto
Encrespado nos meus dedos
A suavidade da túa tela
O olor do teu perfume
Viaxar contigo percorrendo o teu corpo.
Pero queda,
Todo queda ao teu lado,
Se podes tocarte
Sentirte
So desexo
E vivir imaxinando...


Perderte todos os días
e todos os días recuperarte un chisco.
Rabuñando os segundos,
Os pequenos beixos
Grandes no meu maxín
Eternos
Apaixonados,
Sempre falsos.


E a ti te teño,
Tempo e tempo ao meu lado.
Mais bicos,
Estes si reais
Estes non imaxinados.
Contigo non soño, contigo sinto
Sei que é unha realidade
Pero non sei se é a que eu quero...
Quero,
Mais non sei o que quero.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega