A lembranza

Nûa

n2nuaalembranza.html


Hoxe volvino a facer e sei que nom debín.
Xa levo así uns días, aínda que sei
que a ti nom che gustaría —pero sempre fuches ti
o que me dixeches que lembrar nom era sempre bo.
Sabes que nos botamos de menos, nom fai falla que ninguén
cho diga—
quizais fora mellor nom medrar e quedar para sempre
sendo a nena dos teus ollos, pero nom é así.
Por desgracia a vida segue cara diante, e ti
hai tempo que quedaches atrás.
¿perdíche-lo tren? Nom sei o que perdiches
pero xa nom vale a pena, buscalo.
ao mellor simplemente descarrilou ante os teus ollos,
sen que te quixeses dar conta .
Agora xa é tarde e ti sábelo,
todo ten un sabor amargo e solitario.
Sei que nom o debín facer, pero
o cariño é o que ten?.
Bágoas amargas, ollos húmidos
é o teu retrato diario.
Con escasas lembranzas paseas
ao longo dun camiño cultivado entre
desconfianzas e penas.
¿Qué ves cando me miras?
Xa nom son a nena dos teus ollos,
pero esa nenez sigue aí,
polo menos para ti.
¿Cál é a causa destes versos con personalidade própia?
O TEU NOME.
¿Cal é a causa de que te inmortalice?
O TEU NOME.
¿Cal é a causa do teu sufrimento?
A VIDA.
¿Qué ves cando me miras?
¿Unha rapaza?
—Son Rebeca
A lembranza fai falla,
pero é difícil asumir que pouco a pouco
todo quedará no olvido,
e que a lembranza será simplemente a «palavra maestra»
para botar abaixo muros fortemente construídos.
Pero tranquilo, fuches ti o que me dixeches
que lembrar nom sempre era bo?
Encerrado nun bloque de cemento a lembranza vaise
escurrindo por calquera burato.
Sei que nom o debín facer pero,
volvín a pensar en TI.
A lembranza fai que te recorde coa túa face leda.
¿Lémbraste de min?
¿Sabes quen son?
—(Nom atopo resposta)
¿Quen se está apoderando da túa lembranza?
—O ALZHEIIMER


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega