Ata que volvas

Paco Martínez Rocha

n2pacomartinezrochaataquevolvas.html

Cando fuxíu
esqueceu despedirse de mín,
porque non quería,
non pode anque queira,
nin eu, nin eu á súa ialma.
Os seus versos calados,
os seus aloumiños de home tristeiro,
penuria de mágoas,
e un fato de erros,
os berros que calan,
afunden nas bágoas do esquezo
o día que xa se foi,
pois de volver,
recolleríao con forza
na miña gabanza
de home pequeno,
de corazón san,
de bó corazón galego.
Porque aínda o quero,
aínda que non o queira querer,
porque,
de veras,
é estúpido dicir:
ata que volvas.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega