Autobús

María López

n3marialopezautobus.html


Neses outros lugares un medo fantástico
vestido de raíña drag asoma
múltiples cabezas nos encontros das rúas.
Esta droga somnámbula,
qué distintos somos ao sermos soamente,
case totalmente espidos,
co incunable da memoria deitado e entreaberto.
Veño de MIM,
e do que son os outros en min, e traia
tal vez chorar para esta lúa sen petos.
Cada vez que chego dunha longa viaxe
volvo de TARA.
E ti fásteme cotián, e disme estás comigo,
qué fardo non che envorco coas unllas polas costas,
e disme estás comigo.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega