Bágoas

Nûa

n2nuabagoas.html


Hoxe mireime no espello e vin o teu rostro
Case irrecoñecíbel...
Hoxe ó espertar dinme conta que as persoas
Son só apariéncia, que en moitos casos pode chegar
A ser repugnante a súa preséncia.
Hoxe mireime no espello e descubrín un corpo extrano,
Que me sinalaba e invadía o meu territorio.
Hoxe ao verte, as bágoas iniciaron o seu suicidio cara o valeiro.
Reventaban por saír, intentei frealas
Máis nom quixeron...
Hoxe ao abri-la fiestra vin escapa-la miña vida,
Notei que iso chamado aire nom me chegaba ,
Íase quedando atrás cada vez que eu daba un paso
Vin por primeira vez o temor
Íase acercando cada vez máis a min
Debeuse agochar para esperarme
Agarreime ao primeiro que atopei ...
E resultaches ser ti...
Sabes que nom creio nas casualidades,
Máis estabas alí, esperándome...
Se existise unha vacina contra a dor.
Aplicábacha para que te calmases.
¿ou prefires unha aperta?
Eu regáloche a mellor que teña
Necesito sentir aire con aroma a salgado
Ou..¿deberían inventar tamén unha vacina
Contra os sentimentos?
¡¡NOM!!
¿Qué sería deste mundo se nom puidesemos sentir?
Seria falar sen voz,
Escotar cancións sen letra,
Ver sen mirar?
Nom creio nas casualidades
Máis ti estabas ali, esperándome
Para min eres máis ca un recordo
Que invadiu a miña vida nunha maña.
..........e eu..........
¿Que son eu para ti?
—interrogante no aire


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega