Barco que navega sen ti

Andrés C. M. Riveira

n2andrescmriveirabarcoquenavegasenti.html


Ese bosque estático;
o mar semella un río
de plata fundido en lago converso
cando o vento está ausente,
coma hoxe.
Hoxe ... o ceo semella un abrigo
algodonoso;
e a morte pronto desplegará as súas ás.
Mil millóns de voos infinitos
ocurrirán mil millóns de veces máis
aínda que a túa ausencia mariña se volva
máis amarga cada día, máis húmida,
máis fría,
máis ausente. Todo flúe. Permanece
tan só a túa lembranza.
Pero esto importa pouco
cando aquel vo infinito
tense alzado:
corazón que espreita o ceo, corazón
perdido.
Os estancamentos atañen a
aquelo
que cada un pensa de si mesmo.
Esto é pouco,
pero nada establece que
esta festa deba rexirse de outro xeito.
Polo tanto, non sei qué agardas
nun barco que navega sen ti:
as olas que vimos de cativos,
agora xa non nos acompañan.
Así pois, ¿por que non seguir adiante
nesta travesía?


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega