Caracola

Roi Buligan

vn1roibuligancaracola.html
A ti que me alentas



Sempre ven calma despois da furia e nesa calma, agocho o meu ollo máxico e roubo estes cachos de vida esgazados a fiachos como trapos vellos.
Só si estivera morto tería dereito a estar aquí pero estou vivo entre mortos e espero a que a morte sexa fermosa para recoller a testemuña. O xogo entre a liña tan fina dáme a virtude que non ten sentido máis que alén do inferno
O silencio era tan intenso que se podía oír perfectamente detrás das dunas o murmurio rítmico de ondas cativas e lentas...fora un día duro e alí abríase o mar daquel recuncho tropical, tranquilo e sosegante e venceume sen dificultade un sono perigoso, un sono mortal ca miña experiencia nunca toleraría.
Cando erras por campos sanguentos espertar é sempre nacer aínda que sexa un espertar doloroso cunha vara de xunco afiada que se che crava nas costelas ata brotar unha mancha vermella.
Aqueles ollos desconfiados e escuros crararavaban aínda máis fondo pero espertar seguía sendo pracer naquelas latitudes e ante min só había unha nena de once ou doce anos, ¿quen sabe? alí o tempo non mide igual a idade dos meniños
¡Quieta, fasme dano! ¿ non ves que sangro?- E extendinlle os dedos mollados na ferida dándome conta ridiculamente do pouco que lle impresionarían esas gotiñas de sangue que estaría xa abundante nos ollos da cativa
¿Quen es? Non es de aquí, es un soldado de fora mataches a meus irmáns con esa arma...asasino
Asasino, que raro soábame, quizás meu ollo máxico asasinaba as almas
Pero...¿por que dis eso?
¿E esa arma que che colga do ombro?...asasino
Esta arma...¿que arma?
Asasino...se a tocas fenderei a miña lanza no teu corazón negro, ensináronme os meus irmáns
Non por favor,nena confúndeste...
Asasino...¿por que nos matas? ¿ que che fixemos?
Nena, non son un asasino, basta xa, son un fotografo, fo-to-grá-fo, ¿enténdesme? ¿Nunca viches un fotógrafo? ¿nunca vichedes unha fotografía na escola?
¿unha fotografía?
Eso é, unha fotografía ¿na escola non vistedes fotos? Fotos nos libros de xente, de lugares, de animais
Hai moito que non vou a escola...pero teño fotos, fotos dos meus pais e un can que tiñamos e da cidade e...
Pois iso fago eu, fago fos de persoas e de cidades e ao mellor tamén de cans...si son bonitos ¿ o teu can é bonito?
Xa morreu o meu can, igual que meu pai e miña nai igual cos meus irmáns...
Tranquila...síntoo...síntoo o que lle pasou a túa familia pero segues facéndome dano e eu non teño que ver con esas mortes
Si ti fas fotos ¿que ves facer aquí que só hai mortos? ¿fas fotos de mortos?
Contestar non é fácil e unha simple nena faiche ver con claridade o absurdo das cousas A veces si...
¿Por queeee?
É difícil de explicar...si o mundo ve o que pasa aquí...
Si ven as túas fotos non haberá máis mortos ¿ e eso?
Non o sei... -vives na mentira e sobrevives nun mundo falso e ambiguo pero aquela inocencia furiosa e desesperada non te deixa mentir e non mintes nin dis a verdade só dubidas.
N sabes nada, fotógrafo.
Ma ¿como te chamas? Non mo dis...ben, dacordo, vouche ensinar a cámara
A modo fotógrafo...meus irmáns ensináronme...
Mira, ¿ves? debaixo desta funda só hai unha cámara, ¿ves? Non é unha pistola, nin ten balas, só ten unha película dentro que despois se converte en fotos como as que ti tes...esto é un obxectivo pero só dispara imaxes,non mata, mira este botón serve para facer a foto, premes aquí e...
¡Non a fagas! daraslla aos asasinos e virán por mi
Bueno xa adiantamos algo, xa non me chamas asasino
Non sabes nada fotógrafo...non sabes porque fas o que fas, non sabes porque viñeches
Son un tonto nena
He, he, he, es un tonto, he, he, tonto
Tes un riso moi bonito nena, anda quita a túa lanza derriba deste tonto senón dentro de pouco vas ter carneiro ao espeto
He, he, es gracioso tonto, fasme rir, está ben érguete pero porque xa estou cansa se me enfadas...
Ti mandas, nena ¿estas soá verdade?
A rapaza baixou a cabeza pero non contestou, correu pola praia uns metros diante de min e agachouse para coller algo nunha poza
Mira tonto eu tamén teño unha máquina máxica como a túa - púxome no oído unha gran caracola e oín como outras veces o rumoroso mar
¿oíches? Regálocha e cando volvas a túa casa seguirás oíndo o son das ondas e podes imaxinar como xogo na beira da mar
Gracias Caracola é o mellor regalo que me fixeron nunca, oirei o son so mar e...
¿por que me chamas caracola?
Porque non me dis o teu nome
Pois chámame caracola logo- e volveu a correr pisando nas ondiñas susurrantes como a nena rebuldeira que era
O vento quente zoaba de novo, nunca me pasara, esquecer as cousas, o traballo, a vida, a morte fermosa, nunca me asaltara a compaixón por ninguén por ningunha cousa e bruscamente cravóuseme un sentimento no meu negro corazón, o sentimento era quente tamén pero o vento seguía zoando e ben sabía que significaba...
Fixemos un lume nun lugar recollido para comer e descansar, ela ensinarame os recunchos da illa cos seus ollos vivos e morenos de seda negra, foi duro seguila polas penas e rochas esquivando a marea e entre pechada vexetación na que o seu corpo miúdo se escorría como un coitelo afiado ¡tiña tantas ganas de vivir! E eu era a testemuña das mortes fermosas...
O segundo día o vento zoaba aínda máis forte e meu sentimento ancorábase firme a pesar do aire bruador e deitaba nas palmeiras
Na miña mochila gardaba aínda algunha comida pero Caracola non tiña o gusto axeitado a esos sabores da comida deshidratada
Tés que comer
Non me gusta
Filla, tés que comer ou morreras
¿que dixeches?
Que tés que comer
Chámacheme filla ¿por que?
Eu...- Caracola escapou antes de que me puidera explicar e foise deixando tras de si o ronsel dun pranto apagado, o pranto dunha nena desgustada co seu pai...non o sei
Dábame medo coñecela tan ben en tan pouco tempo,sería parte do meu talento para retratar as almas sería un instinto que non coñecera nunca pero sabía que ela estaría chorando naquela rocha que avistaba o mar onde miraba ao infinito para buscar por onde marchar. Alí ca cabeza entre as xeonllos, chorando, mirando as estrelas empapadas polas bágoas.
Senteime ao u carón e paseille un brazo polos ombr ela inclinouse sobre mi e seiu chorando
Chora nena, chora, non sei como aguantaches tanto tempo sen chorar
Os meus irmáns ensináronme
Es só unha nena
Vaste ir ¿verdade?
Terei que irme, si
Eu quedarei aquí soá esperando ós asasinos, mataranme ¿sábelo? Non dis nada, ¿ por que me fixeches crer que te importaba?
Impórtasme
¿Vas levarme contigo?
Non podo levarte así como así para o meu país pero buscarei alguén que poida encargarse de ti e chamareite e ...
Deixa de mentirme fotógrafo - a nena separóuseme con violencia e saltou da rocha
Caracola, por favor...
Dime unha cousa, cando este morta sacarasme unha fotografía ¿verdade? pediraslles ós asasinos que che deixen sacarme unha foto, así me levarás ¿verdade? asasino, asasino...
As palabras perdéronse na praia entre as ondiñas pequenas e susurrantes e chantáronse fondas no meu pto nunha dor terrible e lacerada que non cicatrizaría nunca.
Non puiden máis que buscar entre pesadelos e berros na noite quéimante e aventada. A maña seguinte lembraba pouco máis ca desesperación dun pai ansioso por atopar a unha filla querida e perdida: Caracola quérote, ven comigo, xúroche que te levarei comigo,
Volve Caracola.
Despois da calma ven a furia, o ruído, os chios , os alaridos das bestas infames, os queixumes dos espíritos inocentes que se apagan como velas no vento que zoa e alí sobrevivo como sempre fixen, esperando que o horror se vaia consumindo en vidas alleas das que nunca sei nada nin quero saber.
Despois da furia a calma, sempre así en ciclos como as mareas constantes.
E alí emerxo como un animal amedrentado e cobizoso agochando o meu ollo máxico e buscando mortes fermosas.
Esqueciches algo nestes campos horribles e oes como chaman por ti con un fío de voz agudo e enfermo, corro ca cámara en ristre preparado para ser de novo testemuña e vexo unha nena tendida na area de ollos vivos e morenos de seda negra. Unha pingueira roxa verte polo seu sorriso ó verme
Tonto, he, he, ¿onde estabas? Busqueite
Filla, non din contigo ¿porque te fuches?
Non te crin
¿ e agora créesme?
Si
¿por que?
Porque choras
Quérote Caracola, heite curar e levar comigo, serás miña nena ¿queres?
Si, hem, hem - a nena tusiu dobrando seu peito feble
Non fales cariño - acarícielle o pelo, era a miña nena
¿ levas a cámara?
Mirei e seguía alí
Si ¿ que máis da iso agora?
Sácame unha foto
Nena non digas tonterias, espera a poñerte ben e...
¿tan fea estou? Non estou morta ¿oes? Sácame a foH...quixen pedircho moitas veces pero nca me atrevín
Pe...
Por favor non esperes a que morra, por favor, por favor, sácama xa, non podo sorrir máis, léme contigo, lévame contigo...

Esta foto que teño na casa é a última que puiden sacar, a fotografía ampliada de Caracola neste salón, en branco e negro, luz e sombra, como a súa vida, como a miña.
É o único motivo que me permite seguir vivo neste mundo de horrores.
Cando ollo ese sorriso da pequena tamén sorrío eu e cando quero oíla xogar entre as ondiñas cativas e susurrantes collo a caracola e oio o mar e os seus risos confundidos no mesmo son.
Despois da furia ven a calma como nas mareas, como nas vidas.




logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega