Cancro

Yago Canedo

n4yagocanedocancro.html
A lupa impúdica do ecuánime revelou o mundo como é
e o oculto saíu á luz avergoñando coa súa fachenda inevitábel
de punto e aparte, de inflexión cruel e melancolía mortal.

Varreu todo aquilo que a vista alcanzaba sen medo; o pulso burbullaba
inquedo, expectante.
Terceiras dimensións abriron as súas portas de metacrilato
e escapouse o tempo coas inútiles prevencións, cos rezos e a
futuroloxía,
escapouse a inocencia toda coa palabra do mal pronunciada por vez
primeira co peso da proximidade, sen o veo do espectador.
Coa palabra escrita en carne propia.


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega